Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
IN606B
Axudas de apoio á etapa de formación posdoutoral para demais entidades.
Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais
Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Concesión de axudas de apoio á etapa de formación posdoutoral nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema de I+D+i galego.
Poderán ser beneficiarias destas axudas as universidades públicas do SUG, os organismos públicos de investigación de Galicia, as fundacións públicas de investigación sanitaria de Galicia (Fundación Pública Galega Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela, Fundación Pública Galega de Investigación Biomédica INIBIC, Fundación Pública Galega de Investigación Biomédica Galicia Sur), e os centros do CSIC (Consello Superior de Investigacións Científicas) radicados en Galicia sempre que contraten as persoas seleccionadas a través dun contrato laboral de duración determinada con dedicación a tempo completo, de acordo co marco lexislativo actual, en virtude do cal a persoa seleccionada quedará vinculada á dita entidade.
Xunta de Galicia
Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Axencia Galega de Innovación (GAIN)
Área de Xestión
Rúa Airas Nunes, s/n
15702 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 881999213
Email: axudas.gain@xunta.es
Prazo de presentación: PECHADO
01/02/2025 00:00 - 28/02/2025 23:59
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
Poderán acceder a estas axudas os organismos e entidades sinaladas no parágrafo anterior que presenten como candidatas persoas co grao de doutoramento que cumpran na data límite de presentación de solicitudes as condicións que se indican a continuación:
a) Que a data de finalización dos estudos conducentes á obtención do título de licenciatura, grao ou equivalente que lle deu acceso ao doutoramento sexa igual ou posterior ao 1 de xaneiro de 2014.
b) Estar en posesión do grao de doutora ou doutor e que este fose obtido en data igual ou posterior ao 1 de xaneiro de 2020. Entenderase como data de obtención do título de doutoramento a data de lectura e aprobación da tese de doutoramento.
A data de obtención do título universitario oficial de doutoramento poderá ser anterior ao 1 de xaneiro de 2020, pero deberá ser igual ou posterior ao 1 de xaneiro de 2018, no caso das persoas tituladas que acrediten fidedignamente algún dos seguintes supostos:
– Que se atopaban de baixa maternal ou que tiñan a cargo menores de tres anos entre o 1 de xaneiro de 2018 e o 31 de decembro de 2019.
– Que teñan recoñecida unha discapacidade igual ou superior ao 33 por cento.
– Que interrompesen a súa formación por causa dunha enfermidade grave ou que se dedicasen á atención de persoas maiores da familia en primeira liña parental.
No caso das persoas candidatas que estean en posesión de máis dun título de doutoramento, os requisitos expresados referiranse ao primeiro dos doutoramentos obtidos.
c) Non se admitirán como candidatas a ser destinatarias destas axudas a persoas que teñan ou tivesen algún tipo de contrato de investigación posdoutoral dentro dunha convocatoria de recursos humanos correspondente á etapa posdoutoral. Inclúense nesta incompatibilidade, entre outras, as axudas posdoutorais de convocatorias de concorrencia competitiva de ámbito nacional ou autonómico.
E, en particular, non se admitirán:
– Axudas e/ou contratos posdoutorais que recollan estadías en centros de investigación no estranxeiro de dous ou máis anos de duración, computado de xeito individual nun só período de dous ou máis anos de duración ou conxuntamente se as axudas e/ou contratos prevén o seu desenvolvemento en períodos fraccionados
– Axudas e/ou contratos posdoutorais no estranxeiro que prevexan unha duración igual ou superior a dous anos, computado de xeito individual nun só período de dous ou máis anos de duración ou conxuntamente se a axuda e/ou o contrato prevé o seu desenvolvemento en períodos fraccionados.
No caso das persoas candidatas que foron seleccionadas noutros programas de axudas posdoutorais e que non asinasen o contrato, deberán entregar unha xustificación da non aceptación da axuda e/ou renuncia ante o organismo correspondente en que figure a data en que se produciu.
No anexo III indicado no artigo 7 destas bases deberán declararse todas as axudas, contratos e/ou estadías de carácter posdoutoral que a persoa candidata obtivese con anterioridade á presentación da solicitude de participación nestas axudas.
d) Ademais, as solicitudes que presenten persoas candidatas que opten á condición de bolseiras Fulbright deben cumprir os seguintes requisitos:
– A duración da estadía nos EUA será dun mínimo de 20 meses e un máximo de 24 meses de maneira continuada, tendo en conta as normas indicadas no artigo 5.1.b).5 desta orde.
– Ter nacionalidade española.
– Nivel de idioma inglés –falado e escrito– adecuado para completar o proxecto de investigación nos EUA. As persoas candidatas que estean en posesión dun certificado que demostre o seu nivel de inglés deberán achegalo e a Comisión Fulbright comprobará esta circunstancia na entrevista que se indica no artigo 12.6. No caso de que unha persoa candidata non demostre un nivel de inglés suficiente na entrevista, non poderá obter a condición de bolseira Fulbright, aínda que seguirá gozando da axuda de formación posdoutoral.
– Non ter participado e completado unha estadía de investigación posdoutoral nos EUA cun visado J-1 na categoría de Research Scholar/Professor durante os 24 meses previos á data de incorporación ao seu centro de destino.
– Non estar gozando na actualidade dun programa de investigación posdoutoral nos EUA cun visado J-1 por un período superior a seis meses.
– Non ser residente, cidadán ou ter dereito á cidadanía dos Estados Unidos.
Para viaxar aos Estados Unidos, as persoas beneficiarias Fulbright deberán estar en posesión dun visado especial J-1 de acordo coa normativa estadounidense, e os familiares acompañantes dun visado J-2 ligado ao visado da persoa beneficiaria. A persoa beneficiaria e/ou os familiares acompañantes, unha vez completado o período da estadía financiada, comprometeranse a non fixar a súa residencia permanente nos Estados Unidos ata que transcorran dous anos. En caso contrario, deberase contar coa oportuna autorización dos dous países.
Solicitudes
1. As entidades solicitantes presentarán as solicitudes de maneira individualizada para cada unha das persoas candidatas propostas. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través dos formularios normalizados ED481B para as universidades do SUG (anexo II) e IN606B para as demais entidades (anexo II.bis), dispoñibles na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
2. De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
Para a presentación electrónica das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Así mesmo, será necesaria a sinatura electrónica con certificados recoñecidos ou cualificados dos documentos que deban asinar as persoas representantes das entidades solicitantes e as persoas candidatas propostas. O anexo IV da convocatoria, así como as cartas de aceptación dos centros estranxeiros para a realización das estadías, poderán ser asinadas de forma manuscrita, debendo figurar a dita sinatura xunto ao selo do centro correspondente; ou mediante sinatura electrónica con certificado recoñecido ou cualificado.
3. Cada persoa soamente poderá ser presentada como candidata por unha única entidade beneficiaria e sempre e cando cumpra os requisitos exixidos.
4. De presentarse máis dunha solicitude da mesma entidade para unha mesma persoa candidata terase en conta a última solicitude presentada e considerarase que se desiste das outras.
5. Como se trata dun procedemento de concorrencia competitiva, non se admitirán melloras da solicitude referidas a novos méritos transcorrido o prazo de presentación destas. A valoración e priorización das solicitudes levaranse a cabo exclusivamente en relación coa información e documentación achegada nestas, nas melloras realizadas en prazo e en resposta aos requirimentos oportunos ou ás situacións ou méritos non acreditados suficientemente que se indicarán nas listas de solicitudes admitidas e excluídas.
Documentación complementaria
1. As entidades interesadas deberán achegar con cada solicitude a seguinte documentación que é común para os dous procedementos:
a) Documento asinado pola persoa candidata a ser destinataria da axuda segundo o anexo III, no cal se fagan constar os seguintes aspectos:
– Que acepta ser presentada como candidata ás axudas, indicando que se presenta por unha única entidade solicitante no ámbito desta convocatoria, e no cal se faga constar a rama de coñecemento e a área temática ás cales se adscribe, así como a declaración opcional do compromiso de utilizar a lingua galega na memoria final da actividade.
– Que non ten ningún tipo de incompatibilidade respecto do indicado no artigo 2.2.c) desta convocatoria.
– Que o plan de estadías que se propón non se desenvolve no país de nacemento, no de nacionalidade, naquel en que obtivo o título de licenciatura, grao ou equivalente ou o de doutoramento que lle deu acceso ao programa.
– Que se compromete a manterse en contacto coa entidade beneficiaria destas axudas e, de ser o caso, coa Administración concedente, unha vez rematado o período da axuda con fins estatísticos.
O arquivo denominarase «anexo III».
b) Documento asinado pola persoa responsable ou coordinadora do grupo de investigación, ou equivalente, aceptando a persoa candidata a ser destinataria da axuda no seo do equipo de traballo (anexo IV). Este documento tamén deberá ser asinado pola persoa directora do departamento, unidade de traballo ou equivalente manifestando a súa conformidade para a integración da persoa candidata na unidade correspondente. No caso de que sexan a mesma persoa, deberán facelo constar no dito documento. O arquivo denominarase «anexo IV».
c) Declaración da entidade solicitante na cal se faga constar en que universidade e con que data obtivo a persoa candidata o grao de doutoramento, así como a titulación de licenciatura, grao ou equivalente que lle deu acceso ao doutoramento e a data de finalización destes estudos. O arquivo denominarase «Declaración doutoramento».
No caso de que o título de doutoramento fose obtido no estranxeiro deberá estar homologado ou ser equivalente segundo o establecido no Real decreto 889/2022, do 18 de outubro, polo que se establecen as condicións e os procedementos de homologación, de declaración de equivalencia e de validación de ensinanzas universitarias de sistemas educativos estranxeiros e polo que se regula o procedemento para establecer a correspondencia ao nivel do Marco español de cualificacións para a educación superior dos títulos universitarios oficiais pertencentes a ordenacións académicas anteriores. Para os efectos sinalados neste punto terase en conta a data de defensa da tese, non a data da homologación ou equivalencia.
Nestes casos, deberá achegarse copia da homologación ou equivalencia. O arquivo denominarase «Homologación» ou «Equivalencia».
d) Currículo (CV) da persoa candidata a ser destinataria da axuda nun modelo normalizado, preferentemente no modelo da páxina web https://cvn.fecyt.es/. O arquivo denominarase «Currículo - CV».
Para os efectos do proceso de avaliación, só se terá en conta a información contida no CV na data de peche do prazo de presentación de solicitudes. Non será posible a actualización posterior da información contida nel. No caso de que se solicite aclaración ou emenda, a información que se achegue deberá referirse, como máximo, á data de peche do prazo de presentación de solicitudes.
e) Un arquivo PDF precedido dun índice en que, en relación co CV citado no punto anterior, se acheguen os documentos dos méritos que se desexen alegar, así como as ligazóns ás publicacións ou documentos científico-técnicos, contribucións a congresos ou calquera outra cuestión que se considere oportuna. Para os efectos do proceso de avaliación, soamente se valorará aquela información indicada no CV que teña correspondencia cos documentos ou ligazóns achegados neste arquivo. O arquivo denominarase «Méritos».
f) Plan de traballo das actividades que se propoñen realizar durante os tres primeiros anos da axuda (primeira fase). O plan de traballo terá unha extensión de 1.200-2.000 palabras, deberá indicar o título do proxecto de investigación e estará asinado pola persoa candidata a ser destinataria da axuda e pola persoa responsable ou coordinadora do grupo de investigación ou equivalente. O arquivo denominarase «Plan Traballo».
O plan de traballo deberá estar redactado en galego ou castelán. Se o documento orixinal está redactado noutro idioma distinto, deberá xuntarse unha tradución deste.
g) Plan de estadía detallado, do cal haberá un modelo dispoñible na internet nos enderezos http://www.edu.xunta.gal e http://gain.xunta.gal, no cal se indiquen os períodos de estadía previstos, a súa duración e os centros de destino escollidos, así como unha xustificación da importancia e relevancia internacional dos centros e grupos de destino para o traballo que se vai desenvolver. Este plan terá que estar asinado pola persoa candidata a ser destinataria da axuda e a persoa responsable ou coordinadora do grupo de investigación ou equivalente que figura na solicitude. Para cada centro ou centros de destino engadirase unha carta de aceptación da estadía asinada obrigatoriamente pola persoa directora do centro estranxeiro ou figura equivalente con atribucións na área directiva de recursos humanos. O arquivo denominarase «Plan estadía».
h) Documentación que acredite os supostos de excepcionalidade previstos no artigo 2.2.b) desta orde sobre a data de obtención do título de doutoramento, se é o caso, incluído o certificado de discapacidade da persoa candidata se non está expedido pola Xunta de Galicia. O arquivo denominarase «Excepcionalidade».
i) Documentación que acredite os permisos de nacemento de fillo ou filla, adopción, garda con fins de adopción ou acollemento, risco durante o embarazo e/ou lactación natural e incapacidade temporal asociada ao embarazo, parto ou lactación natural, ou por razóns de violencia de xénero ou calquera tipo de acoso no traballo no período comprendido entre os 5 anos anteriores á data de lectura da tese e a data de peche de presentación de solicitudes, se é o caso, para a aplicación do factor de corrección que se indica no artigo 11.3. O arquivo denominarase «Permisos».
j) Certificado da entidade solicitante que indique a integración da persoa candidata nalgún grupo, centro, unidade, equipo ou equivalente que coincida con algunha das epígrafes do artigo 12.2. O certificado deberá indicar a convocatoria na cal obtivo o financiamento. Tamén deberá indicar se está integrado nalgún Campus de Especialización acreditado pola Xunta de Galicia. Deberá estar asinado pola persoa representante da entidade solicitante e pola persoa responsable ou coordinadora do grupo de investigación ou equivalente. O arquivo denominarase «Integración».
k) Ademais, para as persoas candidatas que opten á condición de bolseiras Fulbright, declaración responsable segundo o modelo que figura como anexo V a esta orde. Estas persoas poderán achegar o certificado de coñecemento do idioma inglés de acordo co artigo 2.2.d). O arquivo denominarase «anexo V».
2. De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común, non será necesario achegar os documentos que xa foron presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán solicitados por medios electrónicos a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.
3. De forma excepcional, se non se puideran obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.
4. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.
Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.
As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
5. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
6. No caso de que algún dos documentos que se van presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
7. Todas as sinaturas deben ser electrónicas con certificados electrónicos recoñecidos ou cualificados, salvo causas correctamente xustificadas, para as que se aceptarán sinaturas manuscritas.
8. A inexactitude, falsidade ou omisión, de carácter esencial, de calquera dato ou documento que acompañe a solicitude da axuda ou que conste nunha declaración responsable comportará a inadmisión da solicitude da axuda e será causa de resolución da axuda se se ten constancia despois da súa concesión.
Comprobación de datos
1. Para a tramitación destes dous procedementos consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:
a) DNI ou NIE da persoa representante da entidade solicitante.
b) DNI ou NIE da persoa candidata á axuda. É obrigatorio estar en posesión dalgún destes documentos antes de facer a solicitude.
c) Certificado de estar ao día nas obrigas tributarias coa Axencia Estatal da Administración Tributaria da entidade solicitante.
d) Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social da entidade solicitante.
e) Certificado de estar ao día no pagamento das débedas coa Administración pública da Comunidade Autónoma da entidade solicitante.
f) Informe de vida laboral da persoa candidata.
Consultaranse, ademais, os seguintes datos cando a persoa interesada faga constar na solicitude que lle é de aplicación a circunstancia que acredita o documento correspondente:
– Certificado de discapacidade emitido pola Xunta de Galicia da persoa candidata.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.
Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar das persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes
Todos os trámites administrativos que as entidades solicitantes deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser realizados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. Obrigatoriamente, faranse a través do procedemento ED481B ou IN606B e por cada expediente.
Prazo de resolución:
Cinco meses
Sentido do silencio:
Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 26 de decembro de 2024 pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas de apoio á etapa de formación posdoutoral nas universidades do SUG, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema de I+D+i galego, e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (DOG nº 21 do 31 de xaneiro de 2025).
-
Extracto da Orde do 26 de decembro de 2024 pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas de apoio á etapa de formación posdoutoral nas universidades do SUG, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema de I+D+i galego, e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (DOG nº 21 do 31 de xaneiro de 2025).
-
Outros procedementos relacionados
Aprobación de centros e institutos de investigación do sistema universitario de Galicia
Aberto todo o ano
Rexistro de instalacións con equipos de presión.
Aberto todo o ano
Inscrición/modificación no Rexistro de ascensores.
Aberto todo o ano
Excepcionalidade para refuxios ou espazos libres en ascensores.
Aberto todo o ano