Guía de procedementos e servizos

IN605A

Inscrición/modificación no Rexistro de ascensores.

Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais

Aberto todo o ano

Se vostede como responsable dunha empresa instaladora, quere realiza-la instalación ou posta en marcha dun ou máis aparellos elevadores ou a modificación dunha instalación, debe solicitarlle á Xunta de Galicia a autorización necesaria para iso, cando así o especifique a Instrucción Técnica Complementaria (ITC).

Consideranse instaladoras, as empresas dedicadas á instalación, montaxe a desmontaxe dos aparellos elevadores que estean inscritos no Rexistro de Empresas Instaladoras.

Os instaladores deberán cumprir, como mínimo, os seguintes requisitos:

- Posuí-los medios técnicos e humanos que especifiquen en cada ITC.

- Ter cuberta a responsabilidade civil que poda derivarse da súa actuación.

- Responsabilidade de que a execución das instalación se efectuen de acordo coas normas e requisitos que se establezan nas ITC.

O instalador deberá negarse a instalar un ascensor cando as condicións estructurais do edificio non permitan cumprir tódolos requisitos de seguridade esixidos regulamentariamente e nas ITCs.

Para mais información e consultas públicas acudir a:

http://oficinavirtualindustria.xunta.es/

Xunta de Galicia

Consellería de Economía e Industria

Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña

Servizo de Industria da Coruña

Vicente Ferrer, 2 - 1ª planta

15071  Coruña, A  (Coruña, A)

Teléfono: 981184906/ 981182294

Fax: 981184790

Xunta de Galicia

Consellería de Economía e Industria

Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria de Lugo

Servizo de Industria de Lugo

Ronda da Muralla, 70

27071  Lugo  (Lugo)

Teléfono: 982294661/ 982294814

Fax: 982294681

Xunta de Galicia

Consellería de Economía e Industria

Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria de Ourense

Servizo de Enerxía e Minas de Ourense

Curros Enriquez, 1 - 4º

32003  Ourense  (Ourense)

Teléfono: 988386716

Fax: 988386727

Xunta de Galicia

Consellería de Economía e Industria

Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria de Ourense

Servizo de Industria de Ourense

Curros Enríquez, 1º-4º

32003  Ourense  (Ourense)

Teléfono: 988386748/ 988386744

Fax: 988386727

Xunta de Galicia

Consellería de Economía e Industria

Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria de Pontevedra

Servizo de Industria de Pontevedra

R/ Fernández Ladreda, 43-5º

36003  Pontevedra  (Pontevedra)

Teléfono: 986805240

Fax: 986817580

Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Minas

Prazo de presentación: Aberto todo o ano

  • Inscrición en rexistros oficiais. Primeira inscrición. Modificacións da primeira inscrición. ( 30.02.00)
  • Inscrición ou modificación de importancia no rexistro de ascensores ( 32.19.01)

Pode realizar o pago destas taxas na sede electrónica como un dos pasos da tramitación en liña.

  • Para a inscrición no rexistro dun ascensor, deberá xuntar á solicitude os seguintes documentos:

    • Expediente técnico.

    • Declaración de conformidade.

    • Actas dos ensaios relacionados co control final.

    • Copia dun contrato de conservación.

    • Libro de visita para inspección oficial.

  • Para a modificación do rexistro dun ascensor, deberá xuntar á solicitude diferentes documentos segundo a data na que se instalou o ascensor:

    • No caso de ascensores instalados antes do 1 de abril de 1967, deberán cumprir con establecido no Regulamento de 1952:

      • Proxecto das variacións no ascensor asinado por técnico competente e visado polo Colexio Oficial ó que perteñeza.

      • Licencia da Casa do Concello para a construcción do inmoble no que o aparello vai ser reformado.

      • Xustificante de pago das taxas. Clave: 30.02.00

    • No caso de ascensores instalados entre o 1 de abril de 1967 e o 14 de xaneiro de 1986, deberán cumprir co establecido na Orde do 30 de xuño de 1966:

      • Proxecto das variacións no ascensor asinado por técnico competente e visado polo Colexio Oficial ó que perteñeza.

      • Licencia da Casa do Concello para a construcción do inmoble no que o aparello vai ser reformado.

      • Xustificante de pago de taxas. Clave: 30.02.00

      • No caso de ascensores instalados entre o 14 de xaneiro de 1986 e o 26 de setembro de 1991, (haberá certos ascensores instalados entre o 6 de outubro de 1987 e o 26 de setembro de 1991, que pertencerán o seguinte punto), deberán cumprir co establecido na Orde do 19 de decembro de 1985:

      • Proxecto técnico da modificación esencial.

      • Certificado da Empresa instaladora, visado por Técnico titulado competente designado pola mesma.

      • Xustificante de pago de taxas. Clave:30.02.00

    • No caso de ascensores instaladores entre o 26 de setembro de 1991 e o 1 de xullo de 1999 (haberá ascensores instalados a partir do 1 de outubro de 1997 que voluntariamente, pertenzan o seguinte punto), deberán cumprir co establecido na Orde do 23 de setembro de 1987:

      • Certificado da Empresa instaladora, visado por Técnico titulado competente designado pola mesma.

      • Copia do contrato de conservación correspondente, asinado polo propietario ou arrendatario do ascensor, no seu caso, e o conservador.

      • Xustificante de pago de taxas. Clave: 30.02.00

    • Por último, no caso de ascensores instalados desde o 1 de xullo de 1999 e aqueles que se acollan voluntariamente a este punto desde o 1 de outubro de 1997, deberán cumprir co establecido no Real Decreto 1314/1997:

      • Expediente técnico.

      • Declaración de conformidade.

      • Actas dos ensaios relacionados co control final.

      • Copia dun contrato de conservación.

      • Xustificante de pago de taxas. Clave: 30.02.00

  • A presentación das solicitudes dos procedementos que se indican no anexo I da Resolución do 22 de xullo de 2014, realizarase unicamente por medios electrónicos a través dos formularios normalizados dispoñibles na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es, e na oficina virtual de Industria, http://oficinavirtualindustria.xunta.es, de conformidade co establecido nos artigos 27.6 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, e 24.2 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Para a presentación das solicitudes será necesario o documento nacional de identidade (DNI) electrónico ou calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia.

    A documentación complementaria presentarase electronicamente utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante ou representante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada segundo o disposto nos artigos 35.2 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, e 22.3 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.

    A oficina virtual de Industria, http://oficinavirtualindustria.xunta.es permite a consulta en liña da información relacionada cos procedementos vinculados ao órgano competente en materia de industria, ademais do acceso a unha serie de servizos electrónicos para realizar xestións e consultas.

    De conformidade coa Lei orgánica 15/1999, do 13 decembro, de protección de datos de carácter persoal, os datos persoais recollidos na tramitación desta disposición, cuxo tratamento e publicación autorizan as persoas interesadas mediante a presentación de solicitudes, serán incluídos nun ficheiro denominado «Relacións administrativas coa cidadanía e entidades» cuxo obxecto é xestionar o presente procedemento, así como para informar as persoas interesadas sobre o seu desenvolvemento. O órgano responsable deste ficheiro é a Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Economía e Industria. Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición poderanse exercer ante a Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Economía e Industria, mediante o envío dunha comunicación ao seguinte enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n, bloque 5, planta 4ª, 15781 Santiago de Compostela, ou a través dun correo electrónico a lopd.industria@xunta.es

    Co obxectivo de manter adaptados á normativa vixente os formularios vinculados a normas reguladoras de procedementos administrativos de prazo aberto, estes poderán ser actualizados na sede electrónica da Xunta de Galicia, sen necesidade de publicalos novamente no Diario Oficial de Galicia (DOG), sempre que a modificación ou actualización non supoña unha modificación substancial deste. Por conseguinte, para a presentación das solicitudes será necesario utilizar os formularios normalizados, dispoñibles na sede electrónica da Xunta de Galicia, onde estarán permanentemente actualizados e accesibles para as persoas interesadas.

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Resolución do 22 de xullo de 2014, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se informa sobre a tramitación electrónica de diversos procedementos (DOG nº 160 do 25 de agosto de 2014).

    • Resolución do 6 de novembro de 2014, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se amplía o prazo para a presentación en soporte papel de diversas solicitudes (DOG nº 224 do 21 de novembro de 2014).

    • Decreto lexislativo 1/2015, do 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de política industrial (DOG nº 128 do 9 de xullo de 2015).

    • Decreto 107/2017, do 26 de outubro, relativo aos ascensores instalados na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 216 do 14 de novembro de 2017).

    • Resolución do 5 de decembro de 2017, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se establece o formato da notificación de posta fóra de servizo do ascensor regulada no Decreto 107/2017, do 26 de outubro, relativo aos ascensores instalados na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 243 do 26 de decembro de 2017).

    • Resolución do 5 de decembro de 2013 pola que se fai pública a ampliación do límite de crédito dispoñible para o exercicio 2013 das axudas aos proxectos de equipamentos tecnolóxicos para a innovación das pemes cun investimento subvencionable entre 300.001 e 500.000 (procedemento IG103) ao abeiro das bases reguladoras das axudas do Instituto Galego de Promoción Económica á reorientación e competitividade das pemes galegas, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013 (DOG nº 237 do 12 de decembro de 2013).

    • Orde do 5 de maio de 2020 pola que se autoriza e se dá publicidade dunha relación de procedementos que, por razóns motivadas, deben continuar coa súa tramitación durante a vixencia do estado de alarma. (DOG nº 90 do 11 de maio de 2020).

  • Ámbito Estatal
    • Orde do 30 de xuño de 1966 pola que se aproba o texto revisado do Regulamento de Aparellos Elevadores (BOE nº 177 do 26 de xullo de 1966).

    • Orde pola que se determinan as condicións que deben reuni-los aparellos elevadores de propulsión hidráulica e as normas para a aprobación dos seus equipos impulsores (BOE nº 190 do 9 de agosto de 1974).

    • Orde do 31 de marzo de 1981 pola que se fixan as condicións técnicas mínimas esixibles ós ascensores e se dan normas para efectua-las revisións xerais periódicas dos mesmos (BOE nº 94 do 20 de abril de 1981).

    • Real Decreto 2291/1985, do 8 de novembro, que aproba o Regulamento de aparellos de elevación e manutención (BOE nº 296 do 11 de decembro de 1985).

    • Orde do 19 de decembro de 1985 pola que se aproba a Instrucción Técnica Complementaria MIE-AEM-1 do Regulamento de aparellos de elevación e manutención referente a ascensores electromecánicos (BOE nº 12 do 14 de xaneiro de 1986).

    • Orde do 23 de setembro de 1987 pola que se modifica a Instrucción Técnica Complementaria MIE AEM-1 do Regulamento de Aparellos de Elevación e Manutención referente a ascensores electromecánicos (BOE nº 239 do 6 de outubro de 1987).

    • Corrección de erros da Orde de 23 de setembro de 1987 pola que se modifica a Instrución Técnica Complementaria MIE-AEM 1 do Reglamento de Aparellos de Elevación e Manutención referente a ascensores electromecánicos (BOE nº 114 de 12 de maio de 1988).

    • Real Decreto 1314/1997, do 1 de agosto polo que se dictan as disposicións de aplicación da Directiva do Parlamento Europeo e do Consello 95/16/CE, sobre ascensores (BOE nº 234 do 30 de setembro de 1997).

    • Real Decreto 88/2013, do 8 de febreiro, polo que se aproba a Instrucción técnica complementaria AEM 1 «Ascensores» do Regulamento de aparellos de elevación e manutención, aprobado polo Real decreto 2291/1985, do 8 de novembro

    • Corrección de erros do Real Decreto 88/2013, do 8 de febreiro, polo que se aproba a Instrucción técnica complementaria AEM 1 «Ascensores» do Regulamento de aparellos de elevación e manutención, aprobado polo Real decreto 2291/1985, do 8 de novembro

Outros procedementos relacionados

FA701A

Inscrición no Rexistro Xeral de Contratistas da Comunidade Autónoma de Galicia.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

FA701B

Modificación da Inscrición no Rexistro Xeral de Contratistas da Comunidade Autónoma de Galicia.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

IG500A

Novacións modificativas nos préstamos concedidos polo Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) nos diversos programas instrumentados ao abeiro do decreto 133/2002

IN201B

Obtención/renovación do obradoiro artesán

Tramitar en liña

Aberto todo o ano