Guía de procedementos e servizos

IF510B

Autorización para desenvolver actividades e actuacións doutra natureza, sen ocupación exclusiva de dominio público en portos dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia, por parte das Administracións Públicas

Procedemento dirixido a: Entidades locais

Convocatoria 2026 - Aberto todo o ano

Consellería do Mar

Sobre o procedemento

O presente procedemento ten por obxecto regular a realización de actividades e actuacións de outra natureza por parte de outras Administracións Públicas, sexan ou non de carácter netamente portuario, sempre e cando non exista unha ocupación do dominio público con exclusividade, intensidade, perigosidade ou rendibilidade, nin exista un procedemento propio para ela.

Dirixido exclusivamente á administracións públicas para o desenvolvemento de fins propios destas, sempre e cando teñan carácter de uso público e sen exclusividade.

Xunta de Galicia

Consellería do Mar

Portos de Galicia

Portos de Galicia de Pontevedra (zona Sur)

Rúa Victor Said Armesto, nº 1, 1º e 2º

36002  Pontevedra  (Pontevedra)

Teléfono: 886159290

Email: zonasur@portosdegalicia.com

https://portosdegalicia.gal/gl/

Xunta de Galicia

Consellería do Mar

Portos de Galicia

Portos de Galicia da Coruña (zona Centro)

Avda. Porto da Coruña, nº 5-1º

15006  Coruña, A  (Coruña, A)

Teléfono: 981182626

Email: zonacentro@portosdegalicia.com

https://portosdegalicia.gal/gl/

Xunta de Galicia

Consellería do Mar

Portos de Galicia

Dirección (Portos de Galicia)

Área de Explotación e Planificación Portuaria

Praza Europa 5A-6ª- fONTIÑAS

15707  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981545319

Email: facturacion@portosdegalicia.com

https://portosdegalicia.gal/gl/

Xunta de Galicia

Consellería do Mar

Portos de Galicia

Portos de Galicia de Lugo (zona Norte)

Rúa Nicomedes Pastor Diaz, nº 13, 1º

27002  Lugo  (Lugo)

Teléfono: 982828426

Email: zonanorte@portosdegalicia.com

https://portosdegalicia.gal/gl/

Portos de Galicia
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: Aberto todo o ano

O prazo de presentación de solicitudes é a partir do día seguinte ao da publicación no DOG desta resolución


  • Tarifas portuarias aplicables nos portos e instalacións competencia da Comunidade Autónoma de Galicia ( 32.99.00)

Pode realizar o pago destas taxas na Oficina Virtual Tributaria.

Solicitudes

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (Anexo III) , dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

A solicitude deberá dirixirse á:

  • zona de Portos de Galicia onde se localice o porto.

A solicitude presentada realizarase individualizada para cada actividade e para cada porto.

Documentación complementaria 

1. As administracións interesadas deberán achegar co formulario de solicitude a seguinte documentación:

a) Documentación gráfica do porto, mediante o emprego de planos ou fotografías aéreas, con indicación de onde se solicita realizar a actividade.

b) Segundo as características da actividade solicitada, memoria descritiva na cal se explique en maior profundidade que no formulario o seu desenvolvemento e na cal se deberán incluír a análise de riscos da actividade e as medidas de mitigación, tanto en materia de seguridade como de ambiente.

c) Cando a solicitude implique a execución de actuacións de carácter permanente: documento técnico acorde coas características da actuación (memoria valorada ou proxecto técnico) onde se describan en detalle (en memoria, planos, orzamento, prazos de execución, etc.), e de xeito desagregado, aquelas que se solicitan na zona de servizo do porto, reflectindo graficamente o ámbito portuario onde se pretende actuar.

d) Documentación acreditativa da representación, agás que se encontre inscrita no REAG.

2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada.

3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberanse indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

4. No caso de que algún dos documentos que se van presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

 Comprobación de datos 

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

• DNI/NIE da persoa representante.

• Certificado de estar ao día no pagamento á Seguridade Social.

• Certificado de estar ao día no pagamento das débedas á Administración pública da Comunidade Autónoma.

• NIF da entidade solicitante.

• NIF da entidade representante.

• Certificado de domicilio fiscal.

• Imposto de actividades económicas (IAE).

• Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias á AEAT.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no formulario correspondente (anexo III) e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas que presenten os documentos correspondentes.

Trámites administrativos posteriores 

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Despois de presentar

Prazo de resolución:

Tres meses

Sentido do silencio:

Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Autonómico
    • Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia

    • Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia.

    • Resolución do 1 de setembro de 2026 pola que se aproban os procedementos de autorización de actividades comerciais e industriais e doutra natureza, sen ocupación exclusiva de dominio público en portos dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia, por parte de entidades privadas ou administracións públicas (DOG nº 173 do 11 de Setembro de 2026).

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

IF206B

Informe de usos especiais da estrada

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

IF505A

Acceso, modificación e baixa, ás instalacións portuarias controladas por barreiras físicas e para uso de puntos de fornecemento de auga e electricidade.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

IF510A

Autorización para desenvolver actividades comerciais e industriais, sen ocupación exclusiva de dominio público en portos dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia, por parte de entidades privadas

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

PR870A

Outorgamento de licenzas para a prestación do servizo público de comunicación audiovisual radiofónica por entidades locais.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano