Guía de procedementos e servizos

PR870A

Outorgamento de licenzas para a prestación do servizo público de comunicación audiovisual radiofónica por entidades locais.

Procedemento dirixido a: Entidades locais

Aberto todo o ano
Regular o procedemento de concesión de emisoras de FM municipais na Comunidade Autónoma de Galicia.
Corporacións locais que queran acceder á titularidade da concesión para a explotación por xestión indirecta dos servizos de radiodifusión sonora en ondas métricas con modulación de frecuencia.

Xunta de Galicia

Presidencia da Xunta de Galicia

Secretaría Xeral de Medios

Dirección Xeral de Comunicación

San Caetano, s/n

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981541246

Dirección Xeral de Comunicación

Prazo de presentación: Aberto todo o ano

- Presentar perante a Xunta de Galicia a solicitude correspondente.

- Acordo da corporación municipal para efectuar a solicitude da emisora.

  • Certificación da acta do pleno do concello no que se acordase a solicitude de licenza administrativa para a xestión do servizo.

  • No caso de tratarse dunha entidade local das previstas na Lei de bases de rexime local distinta do municipio, certificación acreditativa da constitución da entidade local correspondente, así como o acordo da solicitude de licenza administrativa para a xestión do servizo.

  • Memoria tecnica.

  • Certificación acreditativa da poboación empadroada na entidade local correspondente, conforme o último censo municipal.

  • Plano da situación prevista para o centro emisor, con indicación da súa cota e das súas coordenadas xeográficas e cobertura que se pretende de acordo coa normativa estatal.

  • Memoria explicativa detallada na que se recollan o seguintes datos:

    • Obxectivos da emisora.

    • Programación que se vai desenvolver detallando a porcentaxe do horario destinado a espazos locais, educativos e socioculturais.

    • Medios persoais para a prestación do servizo.

    • Forma de xestión prevista, de acordo co establecido no artigo 21 do presente decreto.

  • Proxecto de viabilidade económica no que se inclúan os custos estimados, o calendario de execución dos investimentos e as previsións de financiamento.

  • Regulamento de organización e funcionamento do servizo aprobado polo Pleno.

  • -A documentación complementaria presentarase electronicamente utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante ou representante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada segundo o disposto nos artigos 35.2 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos, e 22.3 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.

    - As copias dos documentos gozarán da mesma validez e eficacia que os seus orixinais sempre que exista constancia de que sexan autenticas.

    - Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, a persoa interesada ou representante deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro.

    - No caso de que algún dos documentos que se van presentar por parte da persoa solicitante ou representante, de forma electrónica, superase os tamaños límites ou tivese un formato non admitido pola sede electrónica, permitirase a súa presentación de forma presencial dentro dos prazos previstos. Para iso, e xunto co documento que se presenta, a persoa interesada deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro.

  • -A presentación das solicitudes realizarase unicamente por medios electrónicos a traves do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es, de conformidade ao establecido nos artigos 27.6 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos, e 24.2 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Para a presentación das solicitudes será necesario o Documento Nacional de Identidade electrónico ou calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia .

Prazo de resolución: Tres anos

Sentido do silencio: Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 2 de xullo de 2014 pola que se adaptan e incorporan á sede electrónica da Xunta de Galicia os procedementos administrativos de prazo aberto da Presidencia da Xunta de Galicia e da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza (DOG nº 132 do 14 de xullo de 2014).

    • Decreto 102/2012, do 29 de marzo, polo que se desenvolve o servizo de comunicación audiovisual radiofónica no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 64 do 2 de abril de 2012).

  • Ámbito Estatal
    • Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local (BOE nº 80, do 3 de abril de 1985).

    • Real Decreto 1273/1992, do 23 de outubro, polo que se regula o outorgamento de concesións e a asignación de frecuencias para a explotación do servizo público de radiodifusión sonora en ondas métricas con modulación de frecuencia polas Corporacións locais (BOE nº 288, da 1 de decembro de 1992).

    • Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración Local de Galicia (BOE nº 237, do 3 de outubro de 1997).

    • Lei 7/2010, do 31 de marzo, Xeneral da Comunicación Audiovisual (BOE nº 79, do 1 de abril de 2010).

Outros procedementos relacionados