Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
BS701A
Subvencións a concellos galegos para a mellora da accesibilidade nos edificios e espazos de uso público. Feder 2014-2020
Procedemento dirixido a: Entidades locais
Esta orde ten como obxecto o establecemento das bases reguladoras e a convocatoria, para os anos 2017 e 2018, de subvencións destinadas aos concellos galegos para a mellora ou adaptación de infraestruturas e/ou dotación de equipamento en espazos públicos e edificios destinados á prestación de servizos públicos co fin de garantir a accesibilidade e a supresión de barreiras arquitectónicas e de comunicación.
Poderán ser beneficiarios destas subvencións os concellos da Comunidade Autónoma de Galicia que cumpran os requisitos previos establecidos na presente orde e demais normativa aplicable.
Xunta de Galicia
Consellería de Política Social e Igualdade
Dirección Xeral de Persoas con Discapacidade
Subdirección Xeral de Programas de Apoio á Discapacidade
San Caetano, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981546736/ 981547398/ 981540142
Email: autonomiapersoal.sxps@xunta.es
Prazo de presentación: PECHADO
10/08/2017 00:00 - 11/09/2017 23:59
O prazo de presentación será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, e se no mes do vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo finaliza o último do mes.
Non poderá obterse a condición de entidade beneficiaria destas subvencións cando concorra algunha das circunstancias ou prohibicións sinaladas nos números 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.
Requisitos e obrigas específicos os establecidos no artigo 6.
1. As entidades interesadas deberán achegar a solicitude segundo o modelo normalizado que figura como anexo I, dirixida á Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade da Consellería de Política Social, en que se fará constar a totalidade de datos reflectidos naquel e que acreditan os aspectos relacionados no punto 4 do artigo 11 desta orde. A súa presentación implica a aceptación da totalidade de prescricións previstas nesta orde, así como na demais normativa aplicable. Á solicitude xuntaráselle a documentación complementaria indicada no artigo seguinte.
2. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).
Se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave 365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
3. Na solicitude, anexo I, que deberá estar asinada polo/a representante da entidade, ademais dos correspondentes datos identificativos para os efectos de notificacións e bancarios, figurarán, entre outros, os acreditativos de determinados aspectos sinalados nos artigos 4 e 5 desta orde e demais normativa aplicable que a seguir se relacionan, así como os do/a interlocutor:
a) Declaración responsable comprensiva dos seguintes aspectos:
1º. Solicitude ou non doutras subvencións co mesmo obxecto e, se é o caso, datos relativos á concesión e percepción, así como compromiso de comunicación inmediata de calquera variación para este respecto.
2º. Veracidade dos datos contidos na solicitude e documentación complementaria.
3º. Inexistencia de concorrencia de causa que implique prohibición para obter a condición de beneficiario, segundo o establecido na normativa reguladora de subvencións.
4º. Coñecemento do cofinanciamento a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (P. O. Galicia 2014-2020) nun 80 %.
5º. Coñecemento das obrigas derivadas da presente orde e demais normativa aplicable.
6º. Acordo coas actuacións de control, supervisión e verificación dos órganos da Administración do Estado, da Comunidade Autónoma e da Unión Europea.
b) Se é o caso, manifestación da oposición á consulta dos documentos sinalados no artigo 13.1.
c) Se é o caso, constancia dos datos relativos a documentos xa presentados anteriormente: tipo de documento, órgano administrativo ante o cal se presentou, código de procedemento e data de presentación.
d) Indicación dos datos da persoa que se designa para as funcións de coordinación e comunicación coa unidade tramitadora do procedemento e medios de contacto.
e) Sinalamento da documentación complementaria que se xunta.
Documentación complementaria necesaria para a tramitación do procedemento.
1. Coa solicitude achegarase a documentación xustificativa da personalidade e cumprimento de obrigas, se é o caso, da representación e dos requisitos establecidos no artigo 6, puntos 1 e 2.
2. Non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos. Presumirase que esta consulta é autorizada polas persoas interesadas, agás que conste no procedemento a súa oposición expresa.
Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á persoa interesada a súa presentación, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.
3. A documentación complementaria deberá presentarse por vía electrónica. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá requirir de maneira motivada a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.
Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.
4. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberá indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
5. No caso de que algún dos documentos que se presente de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a súa presentación de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Comprobación de datos.
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:
a) DNI/NIE da persoa física que compareza como representante da entidade.
b) NIF da entidade.
c) Certificación sobre o cumprimento de obrigas tributarias coa Axencia Estatal da Administración Tributaria.
d) Certificación sobre cumprimento de obrigas fronte á Seguridade Social.
e) Certificación sobre cumprimento de obrigas coa Administración pública da Comunidade Autónoma.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro habilitado no modelo de solicitude e achegar os documentos correspondentes.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
- Fase de solicitude
- Certificación sobre acordo de solicitude de subvención (Anexo II)
- Certificación ou acta acreditativa da data de licenza da obra de construción ou de última reforma integral (Anexo V)
- Certificación ou acta sobre non inicio da execución material da actuación e compromiso para estes efectos (Anexo III)
Prazo de resolución: Cinco meses
Sentido do silencio: Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 21 de xullo de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións aos concellos galegos, destinadas á mellora da accesibilidade nos edificios e espazos de uso público, cofinanciadas polo programa operativo do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para os anos 2017 e 2018 (DOG nº 151 do 9 de agosto de 2017).
-
Orde do 22 de decembro de 2017 pola que se modifica a Orde do 21 de xullo de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións aos concellos galegos, destinadas á mellora da accesibilidade nos edificios e espazos de uso público, cofinanciadas polo programa operativo do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para os anos 2017 e 2018 (DOG nº 246 do 29 de decembro de 2017).
-
Orde do 8 de maio de 2018 pola que se fai público o incremento do crédito previsto na Orde do 21 de xullo de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións aos concellos galegos, destinadas á mellora da accesibilidade nos edificios e espazos de uso público, cofinanciadas polo programa operativo do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para os anos 2017 e 2018 (DOG nº 94 do 18 de maio de 2018).
-
RESOLUCIÓN do 14 de xaneiro de 2020, da Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, pola que se realiza a publicación das subvencións concedidas ao abeiro da Orde do 21 de xullo de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións aos concellos galegos destinadas á mellora da accesibilidade nos edificios e espazos de uso público, cofinanciadas polo programa operativo do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para os anos 2017 e 2018 (DOG nº º4 do 22 de xaneiro de 2020).
-
Outros procedementos relacionados
Declaración de concello emprendedor.
Aberto todo o ano
Colaboración entre a Xunta de Galicia e as corporacións locais para a realización de obras con cargo ao financiamento extraordinario para o plan HURBE.
Aberto todo o ano
Axudas para actuacións encamiñadas á protección dos animais de compañía abandonados en Galicia destinadas ás entidades locais.
Prazo aberto: 22/01/2025 00:00 - 12/09/2025 23:59
Declaración urxente de ocupación de bens de expropiación.
Aberto todo o ano