Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
BS701B
Axudas para a concesión de subvencións destinadas a concellos e mancomunidades da Comunidade Autónoma de Galicia para o financiamento de actuacións en materia de accesibilidade de competencia municipal, ao abeiro do Plan de Recuperación, Transformación e Resilencia financiado pola Unión Europea NextGenerationEU.
Procedemento dirixido a: Entidades locais
Consellería de Política Social e Igualdade
Establecer as bases reguladoras e proceder á convocatoria para o ano 2023 de axudas económicas aos concellos e mancomunidades da Comunidade Autónoma de Galicia para a execución de proxectos de investimento que contribúan a mellorar as condicións de accesibilidade e a supresión de barreiras en edificacións, instalacións, equipamentos ou espazos públicos dos seus respectivos termos municipais.
Os concellos e mancomunidades da Comunidade Autónoma de Galicia.
Xunta de Galicia
Consellería de Política Social e Igualdade
Dirección Xeral de Persoas con Discapacidade
Avda. Fernando de Casas Novoa, nº 35
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981544640
Email: programas.discapacidade@xunta.gal
Prazo de presentación: PECHADO
22/07/2023 00:00 - 21/08/2023 23:59
O prazo de presentación de solicitudes será dun (1) mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e rematará, en todo caso, no momento de esgotamento do crédito orzamentario, o que será obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia mediante resolución ditada pola persoa titular da Dirección Xeral de Persoas con Discapacidade. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo remata o último día do mes. Os sábados e festivos considéranse inhábiles para todos os efectos.
Poderán ser entidades beneficiarias das axudas os concellos e mancomunidades da Comunidade Autónoma de Galicia que conten cun censo máximo de 10.000 habitantes (segundo o ultimo informe publicado polo Instituto Galego de Estatística na data en que finalice o prazo de presentación de solicitudes).
En ningún caso poderán ter a condición de beneficiarios aqueles concellos e mancomunidades que incorran nalgunha das circunstancias previstas no artigo 10.2 e 3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.
Solicitudes.
1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo I), dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).
De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, se algún dos concellos e mancomunidades interesados presenta a súa solicitude presencialmente, será requirido para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
2. Na solicitude, anexo I, asinada polo/a representante da entidade, deberán figurar os datos identificativos e acreditativos dos aspectos sinalados nesta orde e demais normativa aplicable.
3. Se a solicitude non está debidamente cuberta ou non se presenta a documentación exixida, o órgano instrutor requirirá a entidade solicitante para que, nun prazo improrrogable de dez días hábiles, emende a falta ou achegue os documentos preceptivos. Neste requirimento farase indicación expresa de que, se así non o fixer, se considerará que desiste da súa petición, logo da correspondente resolución, que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 21 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.
Documentación complementaria.
1. Os concellos e mancomunidades solicitantes deberán achegar, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, a seguinte documentación:
a) Solicitude (anexo I).
b) Memoria explicativa e xustificativa que permita unha definición exacta da intervención que se vai realizar.
c) Proxecto, anteproxecto ou memoria económica valorada da actuación proposta, axustados á normativa vixente en materia de accesibilidade.
d) Declaración responsable conforme a actuación proposta se axusta á normativa de accesibilidade vixente.
e) Orzamento detallado, agrupado por partidas, dos gastos necesarios para a execución do proxecto.
f) Certificación emitida e asinada pola persoa secretaria da entidade solicitante (anexo II).
g) Declaración responsable sobre os principios transversais do Plan de recuperación, transformación e resiliencia (PRTR) (anexo IV).
h) Declaración de aceptación da cesión e tratamento de datos, en relación coa execución e actuacións do Plan de recuperación, transformación e resiliencia derivado da Orde HFP/1030/2021, do 29 de setembro, pola que se configura o sistema de xestión do Plan de recuperación, transformación e resiliencia (anexo V).
i) Declaración do compromiso en relación coa execución de actuación do Plan de recuperación, transformación e resiliencia (PRTR) (anexo VI).
j) Documentación técnica segundo a natureza da actuación sobre a que se solicita a subvención, que deberá comprender:
1º. Para a execución de actuacións de mellora da accesibilidade en edificios ou espazos públicos deberase achegar a seguinte documentación:
1º.1. Proxecto, anteproxecto ou memoria económica valorada da actuación proposta, axustados á normativa vixente en materia de accesibilidade.
1º.2. Declaración responsable conforme a actuación proposta se axusta á normativa de accesibilidade vixente.
2º. Para a adquisición de subministracións e equipamentos accesibles deberase achegar a seguinte documentación:
2º.1. Memoria económica valorada da actuación proposta, axustada á normativa vixente en materia de accesibilidade.
2º.2. Orzamento detallado, agrupado por partidas, dos gastos necesarios para a execución do proxecto.
2º.3. Declaración responsable conforme o equipamento proposto se axusta á normativa de accesibilidade vixente, de ser o caso.
De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente polo concello ou a mancomunidade interesada ante calquera Administración. Neste caso, o concello ou a mancomunidade interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán obtidos electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.
De forma excepcional, se non se puidesen obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.
2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. Se algún dos concellos e mancomunidades interesados presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.
As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberanse indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
4. No caso de que algún dos documentos que se vaia presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a súa presentación de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no número anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Comprobación de datos.
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:
a) NIF da entidade solicitante.
b) DNI ou NIE da persoa representante da entidade.
c) Certificado de estar ao día no pagamento nas obrigas tributarias coa Axencia Estatal da Administración Tributaria.
d) Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.
e) Certificado de estar ao día no pagamento das débedas coa Administración pública da Comunidade Autónoma.
f) Consulta de inhabilitación para obter subvencións.
g) Consulta de concesións de subvencións e axudas.
h) Consulta da inscrición no Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.
Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes.
Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar durante a tramitación deste procedemento deberán ser realizados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
- Fase de solicitude
- Certificación en fase de solicitude (Anexo II)
- Declaración responsable sobre principios transversais plan de recuperación, transformación e resiliencia (PRTR) (Anexo IV)
- Declaración de compromiso en relación coa execución de actuacións do plan de recuperación, transformación e resiliencia (PRTR) (Anexo VI)
- Solicitude (Anexo I)
- Declaración de cesión e tratamento de datos e de ausencia de conflicto de intereses (Anexo V)
Prazo de resolución:
Dous meses
Sentido do silencio:
Negativo
- Fase xustificación
- Solicitude de pagamento da axuda (Anexo III)
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 6 de xullo de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas aos concellos e mancomunidades da Comunidade Autónoma de Galicia para o financiamento de actuacións en materia de accesibilidade de competencia municipal, ao abeiro do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, de conformidade co Regulamento (UE) número 2021/241, do 12 de febreiro de 2021, polo que se establece o Mecanismo de recuperación e resiliencia, e se convocan para o ano 2023 (DOG nº 139 do, 21 de xullo de 2023).
-
Extracto da Orde do 6 de xullo de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas aos concellos e mancomunidades da Comunidade Autónoma de Galicia para o financiamento de actuacións en materia de accesibilidade de competencia municipal, ao abeiro do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, de conformidade co Regulamento (UE) número 2021/241, do 12 de febreiro de 2021, polo que se establece o Mecanismo de recuperación e resiliencia, e se convocan para o ano 2023 (DOG nº 139 do, 21 de xullo de 2023).
-
Resolución do 6 de novembro de 2023, da Dirección Xeral de Persoas con Discapacidade, pola que se publica a Resolución do 3 de novembro de 2023, de concesión de subvencións a concellos e mancomunidades da Comunidade Autónoma de Galicia para o financiamento de actuacións en materia de accesibilidade de competencia municipal, ao abeiro do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, de conformidade co Regulamento (UE) número 2021/241, do 12 de febreiro de 2021, polo que se establece o Mecanismo de recuperación e resiliencia (DOG nº 216 do 14 de novembro de 2023).
-
Orde do 29 de novembro de 2023 de modificación da Orde do 6 de xullo de 2023, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas aos concellos e mancomunidades da Comunidade Autónoma de Galicia para o financiamento de actuacións en materia de accesibilidade de competencia municipal, ao abeiro do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, de conformidade co Regulamento (UE) número 2021/241, do 12 de febreiro, polo que se establece o Mecanismo de recuperación e resiliencia e se convocan para o ano 2023 (DOG nº 230 do 4 de decembro de 2023).
-
Outros procedementos relacionados
Autorización para a creación /construción de centros de servizos sociais.
Aberto todo o ano
Autorización de inicio de actividades de centros e programas de servizos sociais.
Aberto todo o ano
Autorización de cesamento de actividades de centros e programas de servizos sociais.
Aberto todo o ano
Inclusión no censo de entidades xuvenís.
Aberto todo o ano