Guía de procedementos e servizos

MT200A

Colaboración entre a Xunta de Galicia e as corporacións locais para a realización de obras con cargo ao financiamento extraordinario para o plan HURBE.

Procedemento dirixido a: Entidades locais

Aberto todo o ano

Ábrese un prazo de presentación de solicitudes para todos aqueles concellos que estean interesados en colaborar coa Xunta de Galicia no marco do Plan Hurbe, para a realización de obras cuxa titularidade corresponda aos respectivos municipios, e que teñan por destino un uso ou servizo público encadrado dentro dalgún dos tres programas do Plan Hurbe.

Os programas do actual Plan Hurbe 2014-2017 son:

- Programa de equipamentos públicos.

- Programa de humanización de rúas.

- Programa de urbanización e mellora de espazos públicos.

No marco do Programa de equipamentos públicos a Xunta de Galicia promoverá a execución de equipamentos urbanos municipais, baixo criterios de eficiencia e sustentabilidade, co fin de dotar os concellos dunha adecuada oferta de actividades de lecer, recreativas, culturais e de lecer. Serán obxectivos específicos deste programa:

- Incrementar a oferta de infraestruturas e equipamentos óptimos para o desenvolvemento de actividades e eventos de carácter cultural que permitan garantir o acceso á cultura á totalidade da poboación.

- Contribuír á dinamización cultural, económica e de cohesión social, priorizando as actuacións en comarcas carentes destas infraestruturas.

Dentro do Programa de humanización de rúas, promoveranse todas aquelas actuacións orientadas a mellorar a seguridade, accesibilidade e, en definitiva, unha mellora na calidade das rúas que garanta o benestar dos veciños. Destacan os seguintes obxectivos específicos:

- Recuperación de espazo público peonil para facilitar os desprazamentos e potenciar a súa función como espazo de encontro dos veciños.

- Mantemento e conservación das rúas en óptimas condicións de seguridade, para os vehículos e transeúntes.

No que se refire ao Programa de urbanización e mellora de espazos públicos.

Potenciaranse as actuacións de conservación e recuperación de espazos públicos para a súa posta en valor como espazo social, cultural e economicamente activo, destacando como obxectivos específicos:

- Rexeneración ambiental de espazos degradados para o seu uso pola colectividade.

- Incrementar a oferta dos espazos de convivencia, con especial atención a aqueles que revistan un especial interese histórico, artístico ou arquitectónico.

Entidades Locais.

Xunta de Galicia

Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Secretaría Xeral de Vivenda e Urbanismo

Dirección Xeral de Urbanismo

Edificios Administrativos. San Caetano

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981544356

Fax: 981544343

Dirección Xeral de Urbanismo

Prazo de presentación: Aberto todo o ano

Comezará o día seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

  • Copia do DNI da persona representante, só no caso de non autorizar a súa consulta.

  • Á solicitude de colaboración presentada (anexo I), xuntarase unha memoria valorada, un anteproxecto de obra con avance da estimación orzamentaria, ou un proxecto de obra.

  • A presentación das solicitudes realizarase unicamente por medios electrónicos a traves do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es, de conformidade co establecido nos artigos 27.6 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, e 24.2 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.es/chave365).

    A documentación complementaria presentarase electronicamente utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante ou representante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada segundo o disposto nos artigos 35.2 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, e 22.3 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.

    No caso de que algún dos documentos que vai presentar de forma electrónica a persoa solicitante ou representante supera os tamaños límites establecidos pola sede electrónica, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos. Para iso, e xunto co documento que se presenta, a persoa interesada deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro. Na sede electrónica da Xunta de Galicia publicarase a relación de formatos, protocolos e tamaño máximo admitido da documentación complementaria para cada procedemento.

    As obras respecto das cales se solicite a colaboración deberán ser obras cuxo inicio de execución teña lugar no presente exercicio 2016, e poderá estenderse a dita execución non máis alá do exercicio 2017.

    O concello poderá contribuír economicamente ao financiamento da obra, expresando tal circunstancia, así como o importe da súa achega, na solicitude.

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Decreto 246/1992, do 30 de xullo, polo que se regulan determinadas condicións da execución de obras públicas en réxime de cooperación coas corporacións locais ou outros entes de dereito público (DOG nº 159 do 17 de agosto de 1992).

    • Corrección de erros.-Decreto 246/1992, do 30 de xullo, polo que se regulan determinadas condicións da execución de obras públicas en réxime de cooperación coas corpoacións locais ou outros entes de dereito público (DOG nº 170 do 1 de setembro de 1992).

    • Corrección de erros.-Decreto 246/1992, do 30 de xullo, polo que se regulan determinadas condicións da execución de obras públicas en réxime de cooperación coas corporacións locais ou outros entes de dereito público (DOG nº 181 do 16 de setembro de 1992).

    • Resolución do 15 de xuño de 2016, da Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, pola que se abre o prazo de presentación de solicitudes, en materia de colaboración entre a Xunta de Galicia e as corporacións municipais, para a realización de obras con cargo ao financiamento extraordinario para o Plan Hurbe no ano 2016 (DOG nº 116 do 20 de xuño de 2016)

Outros procedementos relacionados

IN229A

Declaración de concello emprendedor.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

MT201A

Autorización de ampliación do prazo de almacenamento de residuos.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

MT201B

Baixa no rexistro xeral de produtores e xestores de residuos de Galicia (RXPXRG)

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

MT201C

Inicio de actividade de planta móbil

Tramitar en liña

Aberto todo o ano