Guía de procedementos e servizos

MT202J

GARANTÍA FINANCEIRA

Procedemento dirixido a: Cidadáns

Aberto todo o ano

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

TRAMITAR PRESENCIALMENTE

Modelo normalizado de comunicación da declaración responsable de constitución de garantía financeira conforme ao anexo IV do Real decreto 2090/2008, do 22 de decembro, polo que se aproba o Regulamento de desenvolvemento parcial da Lei 26/2007, do 23 de outubro, de Responsabilidade Medioambiental.

Este procedemento empregarase por parte dos operadores das actividades económicas ou profesionais do anexo III da Lei 26/2007, do 23 de outubro, de Responsabilidade Medioambiental. Empregarán para a súa comunicación o modelo que consta no anexo XXXVI desta orde co código de procedemento MT202J.

Xunta de Galicia

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade

San Lázaro, s/n

15781 

Teléfono: 981541725

Email: sdx.coordinacion.ambiental@xunta.es

Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade

Prazo de presentación: Aberto todo o ano

Esta orde entrará en vigor aos vinte (20) días naturais da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Presentación de solicitudes

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

- De conformidade co disposto no artigo 14 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e no artigo 10 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, a presentación electrónica será obrigatoria para as persoas xurídicas, as entidades sen personalidade xurídica, as persoas que exerzan unha actividade profesional para a cal se requira colexiación obrigatoria e os traballadores autónomos e as traballadoras autónomas para os trámites e as actuacións que realicen coas administracións públicas no exercicio da súa actividade profesional, así como as persoas representantes dunha das anteriores.

- Se algunha das persoas interesadas obrigadas á presentación electrónica presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

- Aquelas persoas interesadas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Documentación

A documentación necesaria para a tramitación deste procedemento é a que se especifica no anexo XXXVI; isto é:

• A declaración responsable de constitución da garantía financeira conforme ao anexo IV do Real decreto 2090/2008, do 22 de decembro, polo que se aproba o Regulamento de desenvolvemento parcial da Lei 26/2007.

• Outra documentación que interese achegar por parte da persoa solicitante.

Non será necesario achegar os documentos que xa se teñan presentado anteriormente. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e diante de que órgano administrativo presentou os citados documentos. Presumirase que esta consulta é autorizada polas persoas interesadas, salvo que conste no procedemento a súa oposición expresa.

A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica. Aquelas  persoas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, a persoa interesada ou o seu representante deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou o código único de rexistro.

No caso de que algún dos documentos que vaia presentar a persoa solicitante ou o seu representante, de forma electrónica, supere os tamaños límite establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica, permitirase a súa presentación de forma presencial dentro dos prazos previstos. Para iso, e xunto co documento que se presenta, a persoa interesada deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro. Na sede electrónica da Xunta de Galicia publicarase a relación de formatos, protocolos e tamaño máximo admitido da documentación complementaria para cada procedemento.

Comprobación de datos

Para a tramitación do presente procedemento, consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:

a) DNI/NIE da persoa física solicitante ou comunicante.

b) NIF da persoa xurídica solicitante ou comunicante.

c) DNI/NIE da persoa representante.

d) NIF da entidade representante.

Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes

A sede electrónica da Xunta de Galicia permítelles ás persoas interesadas realizar trámites electrónicos, con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada.

Cando as persoas interesadas non resulten obrigadas á presentación electrónica das solicitudes tamén poderán tramitarse presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 7 de xullo de 2020 pola que se habilitan electronicamente os procedementos administrativos de prazo aberto do órgano competente en materia de Calidade Ambiental e Cambio Climático desta consellería e se habilitan na sede electrónica da Xunta de Galicia (DOG nº 198 do 30 de setembro de 2020).

  • Ámbito Europeo
    • Directiva 2004/35/CE do Parlamento Europeo e do Consello, do 21 de abril de 2004, sobre responsabilidade ambiental en relación coa prevención e reparación de danos ambientais. (DOUE Núm. L 143 de 30/04/2004)

  • Ámbito Estatal
    • Lei 26/2007, do 23 de outubro, de responsabilidade ambiental. (BOE Núm. 255, do 24-10-2007)

    • Real Decreto 2090/2008, do 22 de decembro, polo que se aproba o Regulamento de desenvolvemento parcial da Lei 26/2007, do 23 de outubro, de responsabilidade ambiental. (BOE Núm. 308, do 23-12-2008)

    • Orde ARM/1783/2011, do 22 de xuño, pola que se establen a orde de prioridade e o calendario para a aprobación das ordes ministeriais a partir das cales será exixible a constitución da garantía financeira obligatoria, previstas na disposición final cuarta da Lei 26/2007, de 23 de outubro, de Responsabilidade Medioambiental (BOE núm. 154, de 29 de xuño de 2011)

    • Lei 11/2014, do 3 de xullo, pola que se modifica a Lei 26/2007, do 23 de outubro, de Responsabilidade ambiental. (BOE núm. 162 do 4 de xullo de 2014)

    • Real decreto 183/2015, do 13 de marzo, polo que se modifica o Regulamento de desenvolvemento parcial da Lei 26/2007, do 23 de outubro, de responsabilidade ambiental, aprobado polo Real decreto 2090/2008, do 22 de decembro (BOE núm. 83 do 7 de abril de 2015)

    • Orde APM/1040/2017, do 23 de outubro, pola que se establece a data a partir da cal será exixible a constitución da garantía financeira obrigatoria para as actividades do anexo III da Lei 26/2007, do 23 de outubro, de responsabilidade ambiental, clasificadas como nivel de prioridade 1 e 2, mediante Orde ARM/1783/2011, do 22 de xuño, e pola que se modifica o seu anexo. (BOE núm. 263 do 30 de outubro de 2017)

    • Orde TEC/1023/2019, do 10 de outubro, pola que se establece a data a partir da cal será exixible a constitución da garantía financeira obrigatoria para as actividades do anexo III da Lei 26/2007, do 23 de outubro, de responsabilidade ambiental, clasificadas como nivel de prioridade 3, mediante a Orde ARM/1783/2011, do 22 de xuño.(BOE núm. 248, de 15 de outubro de 2019)

Outros procedementos relacionados

AU113A

Autorización de obras ou traballos no dominio público hidráulico ou zona de policía de leitos.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

AU113C

Actuacións menores no dominio público hidráulico e zona de policía

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

AU114A

Autorización de verteduras de augas residuais (tramitación ordinaria).

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

AU208A

Concesión de augas.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano