Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
MT202C
Revisión da autorización ambiental integrada
Procedemento dirixido a: Cidadáns
Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático
1. Nun prazo de catro anos a partir da publicación das conclusións relativas ás MTD en canto á principal actividade dunha instalación, o órgano competente garantirá que:
a) Revisáronse e, se fose necesario, adaptado todas as condicións da autorización da instalación de que se trate, para garantir o cumprimento do Real Decreto Lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación; en particular, do artigo 7; e
b) A instalación cumpre as condicións da autorización.
A revisión terá en conta todas as conclusións relativas aos documentos de referencia MTD aplicables á instalación, desde que a autorización fose concedida, actualizada ou revisada.
2. Cando unha instalación non estea cuberta por ningunha das conclusións relativas ás MTD, as condicións da autorización revisaranse e, no seu caso, adaptarán cando os avances nas mellores técnicas dispoñibles permitan unha redución significativa das emisións.
3. En calquera caso, a autorización ambiental integrada será revisada de oficio cando:
a) A contaminación producida pola instalación faga conveniente a revisión dos valores límite de emisión impostos ou a adopción doutros novos.
b) Resulte posible reducir significativamente as emisións sen impoñer custos excesivos como consecuencia de importantes cambios nas mellores técnicas dispoñibles.
c) A seguridade de funcionamento do proceso ou actividade faga necesario empregar outras técnicas.
d) O organismo de conca, conforme ao establecido na lexislación de augas, estime que existen circunstancias que xustifiquen a revisión da autorización ambiental integrada no relativo a verteduras ao dominio público hidráulico. Neste suposto, o organismo de conca requirirá, mediante informe vinculante, ao órgano competente para outorgar a autorización ambiental integrada, #a fin de que inicie o procedemento de revisión nun prazo máximo de vinte días.
e) Así o esixa a lexislación sectorial que resulte de aplicación á instalación ou sexa necesario cumprir normas novas ou revisadas de calidade ambiental en virtude do artigo 22.3 do Real Decreto Lexislativo 1/2016, do 16 de decembro.
4. A revisión da autorización ambiental integrada non dará dereito a indemnización e tramitarase polo procedemento simplificado establecido no Real Decreto 815/2013, do 18 de outubro. O procedemento de revisión terá en conta o previsto no artigo 27 do Real Decreto Lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, cando se refira a instalacións cuxa actividade puidese causar efectos negativos significativos intercomunitarios ou transfronteirizos.
A instancia do órgano competente, o titular dunha instalación con autorización ambiental integrada presentará toda a información referida no artigo 12 do Real Decreto Lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación, que sexa necesaria para a revisión das condicións da autorización. No seu caso, incluiranse os resultados do control das emisións e outros datos que permitan unha comparación do funcionamento da instalación coas mellores técnicas dispoñibles descritas nas conclusións relativas ás MTD aplicables e cos niveis de emisión asociados a elas.
Xunta de Galicia
Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático
Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade
Subdirección Xeral de Avaliación Ambiental
San Lázaro, s/n
15703 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981541040/ 981957290
Email: avaliacion-ambiental.cmot@xunta.gal
Prazo de presentación: Aberto todo o ano
Esta orde entrará en vigor aos vinte (20) días naturais da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
1. A solicitude de revisión da autorización ambiental integrada (AAI) regúlase na Directiva 2010/75/UE do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de novembro de 2010, sobre as emisións industriais (prevención e control integrados da contaminación), no artigo 26 do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación, e no artigo 16 do Real decreto 815/2013, do 18 de outubro, polo que se aproba o Regulamento de emisións industriais e de desenvolvemento da Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación.
2. O modelo para a súa solicitude é o que consta no anexo XXIX desta orde co código de procedemento MT202C.
3. Neste procedemento a persoa solicitante deberá declarar que todos os datos contidos na solicitude e nos documentos que se achegan son certos.
Presentación de solicitudes
Nos procedementos regulados nesta orde que se detallan a seguir, as solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.
- De conformidade co disposto no artigo 14 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e no artigo 10 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, a presentación electrónica será obrigatoria para as persoas xurídicas, as entidades sen personalidade xurídica, as persoas que exerzan unha actividade profesional para a cal se requira colexiación obrigatoria e os traballadores autónomos e as traballadoras autónomas para os trámites e as actuacións que realicen coas administracións públicas no exercicio da súa actividade profesional, así como as persoas representantes dunha das anteriores.
- Se algunha das persoas interesadas obrigadas á presentación electrónica presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
- Aquelas persoas interesadas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Documentación
A documentación necesaria para a tramitación deste procedemento é a que se especifica no anexo XXIX; isto é, a memoria para a revisión da autorización ambiental integrada (en cumprimento do artigo 26.1 do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, e do artigo 16.2 do Real decreto 815/2013, do 18 de outubro).
- Non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos. Presumirase que esta consulta é autorizada polas persoas interesadas, salvo que conste no procedemento a súa oposición expresa.
Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirir á persoa interesada a súa presentación ou, na súa falta, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.
- A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.
A presentación electrónica da documentación complementaria será obrigatoria para os suxeitos obrigados á presentación electrónica da solicitude. Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.
Nos procedementos regulados nesta orde con presentación electrónica e presencial, a documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica. Aquelas persoas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
- Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, a persoa interesada ou representante deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro.
- No caso de que algún dos documentos que vai presentar a persoa solicitante ou representante, de forma electrónica, supere os tamaños límite establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica, permitirase a presentación de forma presencial dentro dos prazos previstos. Para isto, e xunto co documento que se presenta, a persoa interesada deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro. Na sede electrónica da Xunta de Galicia publicarase a relación de formatos, protocolos e tamaño máximo admitido da documentación complementaria para cada procedemento.
Comprobación de datos
1. Para a tramitación dos procedementos previstos na presente orde, consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:
a) DNI/NIE da persoa física solicitante ou comunicante.
b) NIF da persoa xurídica solicitante ou comunicante.
c) DNI/NIE da persoa representante.
d) NIF da entidade representante.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os documentos.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes
A sede electrónica da Xunta de Galicia permítelles ás persoas interesadas realizar trámites electrónicos, con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada. Cando as persoas interesadas non resulten obrigadas á presentación electrónica das solicitudes tamén poderán tramitarse presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
- Fase de solicitude
- Solicitude (Anexo XXIX)
Prazo de resolución:
Nove meses
Sentido do silencio:
Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 7 de xullo de 2020 pola que se habilitan electronicamente os procedementos administrativos de prazo aberto do órgano competente en materia de Calidade Ambiental e Cambio Climático desta consellería e se habilitan na sede electrónica da Xunta de Galicia (DOG nº 198 do 30 de setembro de 2020).
-
-
Ámbito Europeo
-
Directiva 2010/75/UE do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de novembro de 2010, sobre as emisións industriais (prevención e control integrados da contaminación) (DOUE núm. 334, do 17.12.2010).
-
-
Ámbito Estatal
-
Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación (BOE núm. 316, do 31.12.2016).
-
Real decreto 815/2013, do 18 de outubro, polo que se aproba o Regulamento de emisións industriais e de desenvolvemento da Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación (BOE núm. 251, do 19.10.2013)
-
Outros procedementos relacionados
Autorización de obras ou traballos no dominio público hidráulico ou zona de policía de leitos.
Aberto todo o ano
Actuacións menores no dominio público hidráulico e zona de policía
Aberto todo o ano
Autorización de verteduras de augas residuais (tramitación ordinaria).
Aberto todo o ano
Concesión de augas.
Aberto todo o ano