Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
IF312B
Devolución das taxas de dereitos de exame das probas de constatación da competencia profesional para o desempeño das funcións de xestor de transporte
Procedemento dirixido a: Cidadáns
Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes
Só as persoas solicitantes que resulten definitivamente excluídas da realización das probas terán dereito á devolución do importe dos dereitos de exame.
As persoas solicitantes que resulten definitivamente excluídas da realización das probas.
Prazo de presentación: ABERTO
15/04/2026 00:00 - 15/05/2026 23:59
15/07/2026 00:00 - 17/08/2026 23:59
15/10/2026 00:00 - 16/11/2026 23:59
02/01/2027 00:00 - 29/01/2027 23:59
Só as persoas solicitantes que resulten definitivamente excluídas da realización das probas terán dereito á devolución do importe dos dereitos de exame a que se refire o número 5.1 da Resolución do 29 de outubro de 2025, sempre que o soliciten nos seguintes prazos:
– Para as solicitudes presentadas para concorrer ás probas no primeiro período, deberán solicitar a devolución do importe entre o día 15 de abril e o 15 de maio de 2026, ambos incluídos.
– Para as solicitudes presentadas para concorrer ás probas no segundo período, deberán solicitar a devolución do importe entre o día 15 de xullo e o 17 de agosto de 2026.
– Para as solicitudes presentadas para concorrer ás probas no terceiro período, deberán solicitar a devolución do importe entre o día 15 de outubro e o 16 de novembro de 2026.
– Para as solicitudes presentadas para concorrer ás probas no cuarto período, deberán solicitar a devolución do importe entre o día 2 e o 29 de xaneiro de 2027.
Esta solicitude débese presentar por internet a través da sede electrónica.
Tramitar en liña
A solicitude débela presentar electronicamente a través do botón “Tramitar en liña” dispoñible nesta páxina.
Para presentar a solicitude en liña:
- Pulsa o botón «Tramitar en liña» desta páxina.
- Identifícate electronicamente.
- Firma a solicitude cun sistema de sinatura electrónica admitido.
Podes consultar os sistemas de identificación e firma admitidos na sede electrónica da Xunta de Galicia na seguinte ligazón.
A documentación que debes presentar depende do tipo de solicitude que realices.
A Administración poderá comprobar automaticamente algúns datos necesarios para a tramitación.
Se non pode comprobalos, indicarémosche que documentos debes achegar.
Nalgúns casos, terás que completar e presentar formularios adicionais, chamados anexos.
Podes descargalos desde a ligazón que aparece xunto ao nome de cada formulario.
Documentación
Solicitudes.
A solicitude axustarase ao modelo incorporado como anexo II desta resolución seguindo o procedemento dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal), co código IF312B.
Comprobación de datos.
1. Para a tramitación do procedemento IF312B, consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:
• DNI/NIE da persoa solicitante.
• DNI/NIE da persoa representante.
2. Consultaranse, ademais, os seguintes datos cando a persoa interesada marque na solicitude o recadro correspondente para sinalar as circunstancias que lle sexan de aplicación:
• Certificado de discapacidade expedido pola Xunta de Galicia.
• Inscrición como demandante de emprego.
• Prestacións ou subsidios por desemprego que se perciban.
• Títulos oficiais non universitarios.
• Títulos oficiais universitarios.
• Certificado de residencia con data da última variación no padrón da persoa solicitante.
3. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos. Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
4. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas que presenten os documentos correspondentes.
Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes
Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Como podes consultar ou realizar trámites despois de presentar a solicitude?
Unha vez que presentes a solicitude e se inicie o expediente (conxunto de documentos e actuacións relacionados coa túa solicitude), podes realizar trámites electrónicos a través da Carpeta cidadá (espazo privado onde podes consultar as túas xestións coa Administración) na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Desde a Carpeta cidadá podes:
- Consultar o estado do teu expediente.
- Acceder á documentación.
- Realizar os trámites que estean dispoñibles.
Se non estás obrigado a relacionarte electronicamente coa Administración, tamén podes realizar estes trámites de xeito presencial nas oficinas de asistencia en materia de rexistro (oficinas onde podes presentar documentos e recibir axuda para os teus trámites).
Podes consultar a localización destas oficinas en:
https://012.xunta.gal/servizos-destacados/oficinas-de-atencion
Nestas oficinas non é necesario solicitar cita previa.
Se desexas garantir a túa atención nunha hora determinada, solicita cita previa en:
Podes obter máis información chamando ao teléfono 012 ou ao 981 900 643, servizo de información da Xunta de Galicia.
Xunta de Galicia
Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes
Dirección Xeral de Mobilidade
Subdirección Xeral de Ordenación do Transporte
Servizo de Ordenación do Transporte Regular de Viaxeiros
San Caetano, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 881995053/ 981544375
Email: formacion.transportes@xunta.es
https://conselleriadepresidencia.xunta.gal/formacion/xestor-transporte/exame
Órgano responsable
-
Resolución do 29 de outubro de 2025, da Dirección Xeral de Mobilidade, pola que se convocan para o ano 2026 as probas de constatación da competencia profesional para o desempeño das funcións de xestor de transporte en empresas de transporte por estrada (DOG nº 220 do 13 de novembro de 2025). Ligazón á normativa
Outros procedementos relacionados
Autorización para a execución de obras, instalacións ou a realización de calquera outra actividade, así como os cambios de uso, na zona de dominio público viario e/ou nas zonas de protección das estradas de titularidade da Comunidade Autónoma de Galicia, excepto accesos.
Aberto todo o ano
Consulta previa de viabilidade dunha autorización.
Para realizar este trámite presencialmente debes imprimir o seguinte modelo e presentalo nunha oficina.
Utiliza a opción "DESCARGAR PDF IMPRESIÓN" para imprimilo.
Podes cubrir o formulario en liña e imprimilo unha vez cuberto. Poderás gardar os avances e continuar noutro momento utilizando as opcions "Gardar" e "Recuperar".
Aberto todo o ano
Autorización de novo acceso, cambio de uso ou reordenación dun acceso existente na rede de titularidade da Comunidade Autonóma de Galicia.
Aberto todo o ano
Reversión de expropiación.
Aberto todo o ano