Guía de procedementos e servizos

IF302D

Incremento anual ordinario ou modificación extraordinaria de tarifas de contratos de xestión de servizos públicos de transporte regular de viaxeiros por estrada.

Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais

Aberto todo o ano

Incremento anual das tarifas das concesións de transporte regular permanente de uso xeral de viaxeiros por estrada, por solicitude do concesionario, co fin de actualizar as tarifas e prezos a cobrar polos servizos, debido á variación dos custos.

Actualización individualizada das tarifas das concesións de transporte regular permanente de uso xeral de viaxeiros por estrada, por solicitude do concesionario, cando teñan variado as partidas que integran a estrutura de custos de xeito que se altere significativamente o equilibrio dos supostos económicos básicos na adxudicación da concesión.

Xunta de Galicia

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

Dirección Xeral de Mobilidade

Subdirección Xeral de Ordenación do Transporte

Servizo de Ordenación do Transporte Regular de Viaxeiros

Praza de Europa, 5-A 2ª planta. Área Central - Polígono de Fontiñas.

15707  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981544375

Fax: 981544351

Xunta de Galicia

Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Departamento Territorial da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas de A Coruña

Alcalde Pérez Arda, 4

15006 

Teléfono: 881881003

Fax: 881881000

Xunta de Galicia

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

Departamento Territorial da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes de Lugo

Servizo de Mobilidade de Lugo

Ronda da Muralla, 70

27071  Lugo  (Lugo)

Teléfono: 982294421

Fax: 982294389

Xunta de Galicia

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

Departamento Territorial da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes de Ourense

Servizo de Mobilidade de Ourense

R/ Valente Docasar, 2 baixo

32003  Ourense  (Ourense)

Teléfono: 988687307/ 988687308

Fax: 988687303

Xunta de Galicia

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

Departamento Territorial da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes de Pontevedra

Servizo de Mobilidade de Pontevedra

Fernández Ladreda, nº 43 - 1º andar

36003  Pontevedra  (Pontevedra)

Teléfono: 886206015/ 886206016

Fax: 886206026

Servizo de Ordenación do Transporte Regular de Viaxeiros

Prazo de presentación: Aberto todo o ano

Segundo a Orde de modificación do 18 de xuño de 2019 (DOG nº 118 do 24 de xuño de 2019), o prazo de presentación de solicitude comezará o día 15 de xullo de 2019 e permanecerá aberto durante todo o ano.

  • Actuacións relativas ás concesións de servizos de transporte regular de viaxeiros de uso xeral por estrada ( 31.01.07)

Pode realizar o pago destas taxas na Oficina Virtual Tributaria.

  • Solicitude segundo o Anexo I.

  • Documento xustificativo de ter aboada a taxa.

  • Estudo económico do contrato, segundo o anexo da Orde do 6 de marzo de 2008 (só e necesario en caso de revisión extraordinaria).

  • Cadro de desagregación de custos, segundo o anexo da Orde do 6 de marzo de 2008 (só e necesario en caso de revisión extraordinaria)

Contra a resolución deste procedemento poderá interpoñerse recurso a través de  "IF321C. Recurso  en materia de mobilidade"

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 7 de abril de 2016 pola que se adaptan e se habilitan electronicamente os procedementos administrativos de prazo aberto da Consellería de Infraestruturas e Vivenda (DOG nº 69 do 12 de abril de 2016).

    • Orde do 18 de xuño de 2019 pola que se modifica a Orde do 7 de abril de 2016 pola que se adaptan e habilitan electronicamente os procedementos administrativos de prazo aberto da Consellería de Infraestruturas e Vivenda (DOG nº 118 do 24 de xuño de 2019).

  • Ámbito Estatal
    • Lei 16/1987, do 30 de xullo, de Ordenación dos Transportes Terrestres (BOE nº 182 do 31 de xullo de 1987).

    • Real Decreto 1211/1990, do 28 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei de Ordenación dos Transportes Terrestres (BOE nº 241 do 8 de outubro de 1990).

Outros procedementos relacionados

IF301K

Prórroga de transporte regular temporal a praias.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

IF301L

Certificación para matriculación e expedición de permiso de circulación ou cambio de titularidade.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

IF301P

Autorización de transporte e de actividades auxiliares e complementarias.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

IF301Q

Cambio de residencia de autorización de transporte e de actividades auxiliares e complementarias.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano