Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
IF301K
Prórroga de transporte regular temporal a praias.
Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais
Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes
Os transportistas que obtiveran autorización da Dirección Xeral de Mobilidade para dedicarse ó transporte regular de viaxeiros durante o período estival con destino a praias, deberá solicitar, para continuar con esta actividade, prórroga da devandita autorización por un tempo máximo de cinco períodos estivais.
Para a concesión da prórroga deberanse manter as mesmas circunstancias que deron orixe á autorización e a Administración valorará o cumprimento dos termos da autorización e o grao de satisfacción dos usuarios. As solicitudes presentaranse na Xefatura Territorial onde teña orixe o servicio.
Xunta de Galicia
Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes
Dirección Xeral de Mobilidade
Subdirección Xeral de Ordenación do Transporte
Praza de Europa, 5-A 2ª planta. Área Central - Polígono de Fontiñas.
15707 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981544582
Fax: 981544351
Xunta de Galicia
Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
Departamento Territorial da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas de A Coruña
Alcalde Pérez Arda, 4
15006
Teléfono: 881881003
Fax: 881881000
Xunta de Galicia
Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes
Departamento Territorial da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes de Lugo
Servizo de Mobilidade de Lugo
Ronda da Muralla, 70
27071 Lugo (Lugo)
Teléfono: 982294421
Fax: 982294389
Xunta de Galicia
Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes
Departamento Territorial da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes de Ourense
Servizo de Mobilidade de Ourense
R/ Valente Docasar, 2 baixo
32003 Ourense (Ourense)
Teléfono: 988687307/ 988687308
Fax: 988687303
Xunta de Galicia
Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes
Departamento Territorial da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes de Pontevedra
Servizo de Mobilidade de Pontevedra
Fernández Ladreda, nº 43 - 1º andar
36003 Pontevedra (Pontevedra)
Teléfono: 886206015/ 886206016
Fax: 886206026
Prazo de presentación: Aberto todo o ano
Segundo a Orde de modificación do 18 de xuño de 2019 (DOG nº 118 do 24 de xuño de 2019), o prazo de presentación de solicitude comezará o día 15 de xullo de 2019 e permanecerá aberto durante todo o ano.
Solicitude segundo o Anexo I.
Relación de vehículos cos que se pretende realizar o servizo.
Documento xustificativo de ter aboada a taxa.
Xustificante de ter pasada a ITV do/dos vehículos.
Seguro de responsabilidade civil ilimitada, coa/s súa/s correspondente/s póliza/s do/s vehículo/s que cubra a totalidade do período estival do ano para o que se solicita a prórroga.
Xustificante de ter equipo de aire acondicionado no/s vehículo/s, con excepción do/s que realicen expedicións ás praias de proximidades cun percorrido menor de 40 km.
Comprobación de datos.
Os documentos relacionados serán obxecto de consulta ás administracións públicas. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo e achegar unha copia dos documentos.
NIF da entidade solicitante.
DNI/NIE da persoa representante.
- Inicio
- Solicitude (Anexo I)
Prazo de resolución: Tres meses
Sentido do silencio: Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Decreto 98/1994, do 28 de abril, polo que se regula o transporte regular temporal de viaxeiros ás praias (DOG nº 83 do 2 de maio de 1994).
-
Orde do 7 de abril de 2016 pola que se adaptan e se habilitan electronicamente os procedementos administrativos de prazo aberto da Consellería de Infraestruturas e Vivenda (DOG nº 69 do 12 de abril de 2016).
-
Orde do 18 de xuño de 2019 pola que se modifica a Orde do 7 de abril de 2016 pola que se adaptan e habilitan electronicamente os procedementos administrativos de prazo aberto da Consellería de Infraestruturas e Vivenda (DOG nº 118 do 24 de xuño de 2019).
-
Outros procedementos relacionados
Autorización para a execución de obras, instalacións ou a realización de calquera outra actividade, así como os cambios de uso, na zona de dominio público viario e/ou nas zonas de protección das estradas de titularidade da Comunidade Autónoma de Galicia, excepto accesos.
Aberto todo o ano
Consulta previa de viabilidade dunha autorización.
Aberto todo o ano
Autorización de novo acceso, cambio de uso ou reordenación dun acceso existente na rede de titularidade da Comunidade Autonóma de Galicia.
Aberto todo o ano
Reversión de expropiación.
Aberto todo o ano