Guía de procedementos e servizos

IF301P

Autorización de transporte e de actividades auxiliares e complementarias.

Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais

Aberto todo o ano

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

A prestación de servizos de transporte público ou privado complementario, tanto de viaxeiros como de mercadorías esixe a obtención dunha autorización administrativa, que é outorgada pola Consellería de Infraestruturas e Vivenda previa solicitude do interesado.

A tramitación da solicitude e obtención da autorización, documentada na chamada “tarxeta de transportes”, faise ante o Servizo de Mobilidade da provincia que corresponda.

O outorgamento da autorización implica que o solicitante queda inscrito no Rexistro Xeral de Transportistas do Ministerio de Fomento.

Xunta de Galicia

Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Departamento Territorial da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas de A Coruña

Alcalde Pérez Arda, 4

15006 

Teléfono: 881881003

Fax: 881881000

Xunta de Galicia

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

Departamento Territorial da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes de Lugo

Servizo de Mobilidade de Lugo

Ronda da Muralla, 70

27071  Lugo  (Lugo)

Teléfono: 982294421

Fax: 982294389

Xunta de Galicia

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

Departamento Territorial da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes de Ourense

Servizo de Mobilidade de Ourense

R/ Valente Docasar, 2 baixo

32003  Ourense  (Ourense)

Teléfono: 988687307/ 988687308

Fax: 988687303

Xunta de Galicia

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

Departamento Territorial da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes de Pontevedra

Servizo de Mobilidade de Pontevedra

Fernández Ladreda, nº 43 - 1º andar

36003  Pontevedra  (Pontevedra)

Teléfono: 886206003/ 886206004

Fax: 886206026

Dirección Xeral de Mobilidade

Prazo de presentación: Aberto todo o ano

Segundo a Orde de modificación do 18 de xuño de 2019 (DOG nº 118 do 24 de xuño de 2019), o prazo de presentación de solicitude comezará o día 15 de xullo de 2019 e permanecerá aberto durante todo o ano.

  • Outorgamento, transmisión, rehabilitación, cambio de residencia, troco ou modificación da autorización ( 31.01.01)

Pode realizar o pago destas taxas na Oficina Virtual Tributaria.

  • Solicitude segundo o Anexo I.

  • Común para todas as clases de autorización:

  • Documento xustificativo de ter aboada a taxa.

  • Autorización de MPC privado:

  • Documentación do(s) vehículo(s): ITV vixente; permiso(s) de circulación do(s) vehículo(s), ficha(s) técnica(s).

  • Unicamente no suposto de aumento de copias, deberá presentarse documentación xustificativa do volume de transporte autorizable (acorde co volume de mercadorías adquiridas e producidas pola empresa, así como co número dos seus clientes e provedores) que xustifique o aumento.

  • Autorización de MDL público lixeiro (ata 3.500kg MMA):

  • Documentación do(s) vehículo(s): ITV vixente; permiso(s) de circulación do(s) vehículo(s), ficha(s) técnica(s).

No suposto de levantamento da suspensión ou sustitución de vehículo, deberá ter unha antigüidade igual ou inferior a do vehículo anteriormente adscrito.

  • No suposto de levantamento de suspensión deberá acreditar que cumpre o resto de requisitos necesarios para a obtención da autorización.

  • No suposto de substitución de vehículo deberá entregar o orixinal da tarxeta substituída.

  • Autorización de MDL público lixeiro (máis de 3.500kg MMA) e MDP pesado:

  • Documentación do(s) vehículo(s): ITV vixente; permiso(s) de circulación do(s) vehículo(s), ficha(s) técnica(s). No suposto de levantamento da suspensión ou sustitución de vehículo, deberá ter unha antigüidade igual ou inferior a do vehículo anteriormente adscrito.

  • Unicamente no suposto de aumento de copias, deberá presentarse documentación xustificativa da capacidade económica que xustifique o aumento (5.000 euros cada vehículo adicional): Persoa física, pódese acreditar coa certificación da entidade financeira que acredite este extremo, ou declaración responsable acompañada de documentación contable, fiscal que avale esta declaración...; persoa xurídica, acredítase coas contas anuais ou imposto de sociedades (Capital social máis reservas); Libro de inventarios e contas anuais da empresa; Copia do balance do último exercicio recollido no libro de inventarios e contas anuais da empresa; Certificación expedida polo Secretario do Consello de Administración ou órgano equivalente da empresa, co visto e prace do seu Presidente, acreditativa do contido das anotacións relativas a capital social e reservas que figuren no balance recollido no libro de inventarios e contas anuais da empresa, referido ao último exercicio.

  • Autorización de MDL público lixeiro (máis de 3.500kg MMA) e MDP pesado:

  • No suposto de levantamento de suspensión deberá acreditar que cumpre o resto de requisitos necesarios para a obtención da autorización.

  • No suposto de substitución de vehículo deberá entregar o orixinal da tarxeta substituída.

  • Autorización de VT taxi:

  • Documentación do(s) vehículos a adscribir á autorización: ITV vixente; permiso(s) de circulación do(s) vehículo(s), ficha(s) técnica(s). No suposto de levantamento da suspensión ou sustitución de vehículo, deberá ter unha antigüidade igual ou inferior a do vehículo anteriormente adscrito.

  • Licenza municipal de Taxi.

  • No suposto de levantamento de suspensión deberá acreditar que cumpre o resto de requisitos necesarios para a obtención da autorización.

  • No suposto de substitución de vehículo deberá entregar o orixinal da tarxeta substituída.

  • Autorización de VS ambulancia:

  • Documentación do(s) vehículos a adscribir á autorización: ITV vixente; permiso(s) de circulación do(s) vehículo(s), ficha(s) técnica(s),Certificación técnico-sanitaria respecto do vehículo novo ou substituto. No suposto de levantamento da suspensión ou sustitución de vehículo, deberá ter unha antigüidade igual ou inferior a do vehículo anteriormente adscrito.

  • Acreditación do mantemento ou cumprimento do nº mínimo de condutores.

  • Xustificante da subscrición e pagamento do seguro de RC esixible no caso de aportar un novo vehículo.

  • No suposto de levantamento de suspensión deberá acreditar que cumpre o resto de requisitos necesarios para a obtención da autorización.

  • No suposto de substitución de vehículo deberá entregar o orixinal da tarxeta substituída.

  • Autorización de VD autobús:

  • Documentación do(s) vehículos: ITV vixente; permiso(s) de circulación do(s) vehículo(s), ficha(s) técnica(s). No suposto de levantamento da suspensión ou sustitución de vehículo, deberá ter unha antigüidade igual ou inferior a do vehículo anteriormente adscrito.

  • Unicamente no suposto de aumento de copias, deberá presentarse documentación xustificativa da capacidade económica (9.000 euros o 1º vehículo, 5.000 euros cada vehículo adicional): Persoa física, pódese acreditar coa certificación da entidade financeira que acredite este extremo, ou declaración responsable acompañada de documentación contable, fiscal que avale esta declaración...; persoa xurídica, acredítase coas contas anuais ou imposto de sociedades (Capital social máis reservas); Libro de inventarios e contas anuais da empresa; Copia do balance do último exercicio recollido no libro de inventarios e contas anuais da empresa; Certificación expedida polo Secretario do Consello de Administración ou órgano equivalente da empresa, co visto e prace do seu Presidente, acreditativa do contido das anotacións relativas a capital social e reservas que figuren no balance recollido no libro de inventarios e contas anuais da empresa, referido ao último exercicio.

  • Libro de Ruta para o seu dilixenciamento.

  • Cadro de vehículos (arquivo dixital).

  • No suposto de levantamento de suspensión deberá acreditar que cumpre o resto de requisitos necesarios para a obtención da autorización.

  • No suposto de substitución de vehículo deberá entregar o orixinal da tarxeta substituída.

  • Autorización de VPC privado autobús:

  • Documentación do(s) vehículo(s): ITV vixente; permiso(s) de circulación do(s) vehículo(s), ficha(s) técnica(s).

  • Unicamente no suposto de aumento de copias, deberá presentarse documentación xustificativa do aumento de volume de transporte autorizable (acorde co número de empregados ou das persoas que, pola súa relación permanente coa actividade que se desenvolve nos establecementos da empresa, deban asistir habitualmente a este).

  • No suposto de levantamento de suspensión deberá acreditar que cumpre o resto de requisitos necesarios para a obtención da autorización.

  • No suposto de substitución de vehículo deberá entregar o orixinal da tarxeta substituída.

  • Autorización de VSPC ambulancia privada:

  • Documentación do(s) vehículos: ITV vixente; permiso(s) de circulación do(s) vehículo(s), ficha(s) técnica(s). No suposto de levantamento da suspensión ou sustitución de vehículo, deberá ter unha antigüidade igual ou inferior a do vehículo anteriormente adscrito.

  • Unicamente no suposto de aumento de copias, deberá presentarse documentación xustificativa do aumento de volume de transporte autorizable (acorde co número de empregados ou das persoas que, pola súa relación permanente coa actividade que se desenvolve nos establecementos da empresa, deban asistir habitualmente a este).

  • Xustificación de que se dispón do nº de condutores esixible atendendo ao nº de copias que xa ten a empresa.

  • Xustificante da subscrición e pagamento do seguro de RC esixible no caso de aportar un novo vehículo.

  • No suposto de levantamento de suspensión deberá acreditar que cumpre o resto de requisitos necesarios para a obtención da autorización.

  • No suposto de substitución de vehículo deberá entregar o orixinal da tarxeta substituída.

  • Autorización de VTC aluguer con conductor:

  • Documentación do(s) vehículos: ITV vixente; permiso(s) de circulación do(s) vehículo(s), ficha(s) técnica(s) No suposto de levantamento da suspensión ou sustitución de vehículo, deberá ter unha antigüidade igual ou inferior a do vehículo anteriormente adscrito.

  • No suposto de levantamento de suspensión deberá acreditar que cumpre o resto de requisitos necesarios para a obtención da autorización.

  • No suposto de substitución de vehículo deberá entregar o orixinal da tarxeta substituída.

  • Comprobación de datos.

Os documentos relacionados serán obxecto de consulta ás administracións públicas. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo e achegar unha copia dos documentos.

  • NIF da entidade solicitante.

  • DNI/NIE da persoa representante.

  • Certificado de estar ao día do pagamento de obrigas tributarias coa AEAT.

  • Certificado de estar ao día do pagamento coa Seguridade Social.

  • Certificado de estar ao día no pagamento das débedas coa Administración pública da comunidade autónoma.

Contra a resolución deste procedemento poderá interpoñerse recurso a través de  "IF321C. Recurso  en materia de mobilidade"

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 7 de abril de 2016 pola que se adaptan e se habilitan electronicamente os procedementos administrativos de prazo aberto da Consellería de Infraestruturas e Vivenda (DOG nº 69 do 12 de abril de 2016).

    • Orde do 18 de xuño de 2019 pola que se modifica a Orde do 7 de abril de 2016 pola que se adaptan e habilitan electronicamente os procedementos administrativos de prazo aberto da Consellería de Infraestruturas e Vivenda (DOG nº 118 do 24 de xuño de 2019).

    • Lei 4/2013, do 30 de maio, de transporte público de persoas en vehículos de turismo de Galicia (DOG nº 113 do 14 de xuño de 2013).

  • Ámbito Estatal
    • Lei 16/1987, do 30 de xullo, de Ordenación dos Transportes Terrestres (BOE nº 182, do 31 de xullo de 1987).

    • Real Decreto 1211/1990, do 28 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei de Ordenación dos Transportes Terrestres (BOE nº 241 do 8 de outubro de 1990).

Outros procedementos relacionados

IF204A

Autorización para a execución de obras, instalacións ou a realización de calquera outra actividade, así como os cambios de uso, na zona de dominio público viario e/ou nas zonas de protección das estradas de titularidade da Comunidade Autónoma de Galicia, excepto accesos.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

IF205C

Consulta previa de viabilidade dunha autorización.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

IF205D

Autorización de novo acceso, cambio de uso ou reordenación dun acceso existente na rede de titularidade da Comunidade Autonóma de Galicia.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

IF207B

Reversión de expropiación.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano