Guía de procedementos e servizos

IF208B

Recurso de reposición ante o Xurado de Expropiación de Galicia.

Procedemento dirixido a: Cidadáns

Aberto todo o ano

Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

TRAMITAR PRESENCIALMENTE
Sobre o procedemento

Aprobar o formulario normalizado que se van empregar no procedemento de recurso de reposición ante o Xurado de Expropiación de Galicia.

As administracións públicas, as persoas xurídicas, as entidades sen personalidade xurídica, as persoas que exerzan unha actividade profesional para a cal se requira colexiación obrigatoria para os trámites e actuacións que realicen coas administracións públicas no exercicio da súa actividade profesional e as persoas representantes dunha das anteriores.

Xunta de Galicia

Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Xurado de Expropiación de Galicia

R/ Avelino Pousa Antelo, 1

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981957703

Email: xurado.expropiacions@xunta.gal

Xurado de Expropiación de Galicia
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: Aberto todo o ano

Esta orden entrará en vigor al día siguiente de su publicación en el Diario Oficial de Galicia e o prazo de presentación de solicitudes comezará o día 5 de febreiro de 2019.

  • As persoas interesadas poderán achegar, xunto co formulario de interposición de recurso de reposición IF208B, a seguinte documentación:

    • a) Texto do recurso.

    • b) Documentación que acredite a representación do comparecente.

    • c) Documento/s que acredite a lexitimación do/a recorrente cando a posúa por terlla transmitido outro por herdanza ou calquera outro título.

  • A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.

A presentación electrónica será obrigatoria para os suxeitos obrigados á presentación electrónica da solicitude. Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

Aquelas persoas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberanse indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

  • No caso de que algún dos documentos que cómpre presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pódese consultar na sede electrónica da Xunta de Galicia.

  • Comprobación de datos.

1. Para a tramitación destes procedementos consultaranse automaticamente os datos incluídos nos documentos elaborados polas administracións públicas, os documentos identificativos (DNI/NIE para persoas físicas e NIF para persoas xurídicas), tanto das persoas solicitantes coma das representantes.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os documentos.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas que presenten os documentos correspondentes.

  • A sede electrónica da Xunta de Galicia permítelles ás persoas interesadas realizaren trámites electrónicos, con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada. Cando as persoas interesadas non resulten obrigadas á presentación electrónica das solicitudes, tamén se poderán tramitar presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Despois de presentar

Prazo de resolución: Un mes

Sentido do silencio: Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Autonómico
    • Decreto 172/2018, do 20 de decembro, polo que se aproba o Regulamento de organización e réxime de funcionamento do Xurado de Expropiación de Galicia (DOG nº 9 do 14 de xaneiro de 2019).

    • Corrección de erros. Decreto 172/2018, do 20 de decembro, polo que se aproba o Regulamento de organización e réxime de funcionamento do Xurado de Expropiación de Galicia (DOG nº 16 do 23 de xaneiro de 2019).

    • Orde do 14 de xaneiro de 2019 pola que se establecen os formularios normalizados que se van empregar nos procedementos administrativos de prazo aberto tramitados ante o Xurado de Expropiación de Galicia (DOG nº 24 do 4 de febreiro de 2019)

  • Ámbito Estatal
    • Lei do 16 de decembro de 1954 de Expropiación Forzosa (BOE nº 351 do 17 de decembro de 1954).

    • Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de Expropiación Forzosa (BOE nº 160 do 20 de xuño de 1957).

    • Lei 39/2015, da 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas (BOE nº 236 do 2 de outubro de 2015).

    • Lei 2/2016, de 10 de febreIro, do solo de Galicia. (BOE nº 34 de 4 de abril de 2016)

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

IF204A

Autorización para a execución de obras, instalacións ou a realización de calquera outra actividade, así como os cambios de uso, na zona de dominio público viario e/ou nas zonas de protección das estradas de titularidade da Comunidade Autónoma de Galicia, excepto accesos.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

IF205C

Consulta previa de viabilidade dunha autorización.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

IF205D

Autorización de novo acceso, cambio de uso ou reordenación dun acceso existente na rede de titularidade da Comunidade Autonóma de Galicia.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

IF206B

Informe de usos especiais da estrada

Tramitar en liña

Aberto todo o ano