Guía de procedementos e servizos

BS628C

Modificación da inscrición no rexistro único de entidades prestadoras de servizos sociais (RUEPSS)

Procedemento dirixido a: Asociacións e ong, Cidadáns, Empresas e profesionais, Entidades locais

Aberto todo o ano

Tramitar a toma de constancia e actualizar os datos obrantes no Rexistro único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais respecto a unha entidade inscrita.

Titulares ou representantes legais de entidades inscritas no Rexistro único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais da Xunta de Galicia.

Xunta de Galicia

Consellería de Política Social e Igualdade

Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Política Social e Igualdade

Subdirección Xeral de Autorización e Inspección de Servizos Sociais

Edificio administrativo San Caetano, s/n

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981957696

Fax: 981957697

Email: inspección.ssociais@xunta.es

Xunta de Galicia

Consellería de Política Social e Igualdade

Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade da Coruña

Avda. Salvador de Madariaga, 9-1º

15008  Coruña, A  (Coruña, A)

Teléfono: 981185771

Fax: 981185701

Xunta de Galicia

Consellería de Política Social e Igualdade

Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade de Lugo

Ronda da Muralla, 70

27071  Lugo  (Lugo)

Teléfono: 982294289

Fax: 982294359

Xunta de Galicia

Consellería de Política Social e Igualdade

Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade de Ourense

Avda. de la Habana, 79

32004  Ourense  (Ourense)

Teléfono: 988386196

Fax: 988386838

Xunta de Galicia

Consellería de Política Social e Igualdade

Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade de Vigo

R/ Concepción Arenal, 8

36201  Vigo  (Pontevedra)

Teléfono: 986817217

Fax: 986817637

Subdirección Xeral de Autorización e Inspección de Servizos Sociais

Prazo de presentación: Aberto todo o ano

Con carácter previo á modificación ou no prazo máximo de 30 días desde a súa efectiva realización.

Modificación dos datos referidos a:

a) A denominación da entidade e/ou dos centros e programas autorizados dos que a entidade sexa titular.

b) O enderezo social da entidade.

c) O obxecto social da entidade.

d) Os datos identificativos dos/as representante/s legais da entidade e/ou dos/as seus administradores/as.

e) O cambio de titularidade dos centros ou programas que a entidade teña autorizados.

f) O cambio de entidade xestora dos centros ou programas que a entidade titular teña autorizados.

2. Non obstante, a modificación dos datos inscritos da entidade realizarase de oficio cando se refira:

a) Aos datos das entidades locais inscritas como entidades prestadoras de servizos sociais, e a modificación a levar a cabo consista no cambio do/a representante legal da entidade como resultado dun proceso electoral.

b) Aos datos inscritos das entidades públicas ou privadas inscritas como entidades prestadoras de servizos sociais, e a modificación a levar a cabo se refira á súa denominación, enderezo social, obxecto social ou aos datos identificativos dos/as representantes legais ou administradores/as da entidade, sempre que modificación sexa comunicada por outro rexistro oficial.

  • Solicitude Anexo I.

  • No caso de representación, documento acreditativo desta por calquera medio válido en dereito.

MODIFICACIÓN DE DATOS

  • Documentación que acredite a modificación producida.

CAMBIO DE TITULARIDADE DE CENTROS/PROGRAMAS AUTORIZADOS

  • Copia do documento público que acredite o cambio de titularidade do centro ou programa do que se trate. Neste documento farase constar a capacidade e/ou representación das partes, a data exacta na que se vai facer efectivo o cambio de titular, recollendo unha mención expresa ao dereito polo que se dispón do inmoble e a asunción por cada unha das partes das posibles responsabilidades e sancións que poidan derivarse da xestión do centro ou programa.

  • No caso de que o cambio de titularidade conste en documento privado, acta notarial ou ben testemuña notarial sobre o mesmo con lexitimación das sinaturas que nel constan.

  • Compromiso do/da representante da nova entidade sobre o mantemento das condicións do servizo ás persoas usuarias que o contrataron con anterioridade ao cambio de titularidade, ou ben do acordo subscrito con todas elas sobre a súa alteración.

  • Novas normas de funcionamento para proceder ao seu visado.

  • Relación do persoal asignado ao servizo.

  • Copia das pólizas de seguros obrigatorias a nome da nova entidade.

  • Copia dos permisos ou licenzas que foran exixibles, ou xustificante de telos solicitados.

CAMBIO DE ENTIDADE XESTORA DE CENTROS/PROGRAMAS AUTORIZADOS

  • Copia do contrato de xestión no que se indique a data de inicio e a súa duración.

  • De ser o caso, novas normas de funcionamento para proceder ao seu visado, a relación do persoal asignado ao servizo e a copia das pólizas de seguros obrigatorias

COMPROBACIÓN DE DATOS

Os documentos relacionados serán obxecto de consulta ás administracións públicas. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente e achegar unha copia dos documentos.

  • DNI/NIE da persoa solicitante

  • DNI/NIE da persoa representante

  • NIF da entidade solicitante

  • NIF da entidade representante

Prazo de resolución: 3 meses

Sentido do silencio: NEGATIVO

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia (DOG nº 245 do 18 de decembro de 2008).

    • Decreto 254/2011, do 23 de decembro, polo que se regula o réxime de rexistro, autorización, acreditación e a inspección de Servizos Sociais de Galicia (DOG nº 14 do 20 de xaneiro de 2012).

Outros procedementos relacionados

BS103D

Autorización para a creación /construción de centros de servizos sociais.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

BS103E

Autorización de inicio de actividades de centros e programas de servizos sociais.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

BS103F

Autorización de cesamento de actividades de centros e programas de servizos sociais.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

BS103K

Autorización de modificación substancial de centros e programas de servizos sociais.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano