Guía de procedementos e servizos

BS505A

Rexistro de acción voluntaria de Galicia. Sección de entidades de acción voluntaria.

Procedemento dirixido a: Asociacións e ong, Cidadáns, Empresas e profesionais

Aberto todo o ano

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

Sobre o procedemento

Regular o réxime xurídico e o funcionamento do Rexistro de Acción Voluntaria de Galicia en desenvolvemento da Lei 10/2011, do 28 de novembro, de acción voluntaria.

O Rexistro de Acción Voluntaria configúrase como un órgano único e público que asumirá as funcións de cualificación e inscrición das entidades de acción voluntaria, o depósito das experiencias das persoas voluntarias e a certificación das accións voluntarias desenvolvidas por estas.

As entidades de acción voluntaria con sede social na Comunidade Autónoma de Galicia e aqueloutras que desenvolvan programas e proxectos de interese xeral no ámbito competencial autonómico.

Xunta de Galicia

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

Dirección Xeral de Xuventude

Servizo de Voluntariado e Participación

San Lázaro, s/n

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981957916

Fax: 981957110

Xunta de Galicia

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

Departamento Territorial da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Coruña

Servizo de Xuventude e Voluntariado da Coruña

CC. Elviña - Avda. Salvador de Madariaga, 9-1º

15008  Coruña, A  (Coruña, A)

Teléfono: 881881236

Fax: 881881237

Xunta de Galicia

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

Departamento Territorial da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude de Lugo

Servizo de Xuventude e Voluntariado de Lugo

Ronda da Muralla, 70

27071  Lugo  (Lugo)

Teléfono: 982294346

Fax: 982294339

Xunta de Galicia

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

Departamento Territorial da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude de Ourense

Servizo de Xuventude e Voluntariado de Ourense

Avda. da Habana, 81 baixo

32004  Ourense  (Ourense)

Teléfono: 988386112

Fax: 988386119

Xunta de Galicia

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

Departamento Territorial da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude de Pontevedra

Servizo de Xuventude e Voluntariado de Vigo

Concepción Arenal, 8

36201  Vigo  (Pontevedra)

Teléfono: 986817048

Fax: 986817082

Servizo de Voluntariado e Participación
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: Aberto todo o ano

A inscrición no Rexistro das entidades de acción voluntaria é voluntaria e declarativa. A devandita inscrición será condición indispensable para acceder ás axudas e subvencións, así como para subscribir convenios coas Administracións Públicas de Galicia en materia de voluntariado.

  • A solicitude de inscrición no Rexistro presentarase ante o órgano competente en materia de voluntariado, segundo o modelo normalizado, Anexo I, asinado polo/a representante legal da entidade, xunto coa seguinte documentación:

    • Copia do acordo de creación da entidade e dos seus estatutos se se trata da primeira inscrición, ou a referencia ao rexistro da Administración autonómica no que foron presentados, coa expresión do número de inscrición e data.

    • Numero de inscrición noutros rexistros nos que por razón da súa natureza estea inscrita a entidade de acción voluntaria.

    • Programa de actividades da entidade en materia de voluntariado.

    • Xustificante do pagamento das taxas no caso da inscrición ou da modificación da 1ª inscrición.

COMPROBACIÓN DE DATOS

Os documentos relacionados serán obxecto de consulta ás Administracións públicas. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente e achegar unha copia dos documentos.

  • DNI o NIE da persoa representante

CONSENTIMENTO PARA A COMPROBACIÓN DE DATOS

A persoa interesada autoriza a consulta a outras administracións públicas dos seguintes datos. De non autorizar a consulta, deberá achegar o documento correspondente.

  • NIF da entidade solicitante

Despois de presentar

Prazo de resolución:

Tres meses

Sentido do silencio:

Positivo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 14 de marzo de 2014 pola que se regula o Rexistro de Acción Voluntaria de Galicia(DOG nº 55 do 20 de marzo de 2014).

    • Corrección de erros. Orde do 14 de marzo de 2014 pola que se regula o Rexistro de Acción Voluntaria de Galicia (DOG nº 62 do 31 de marzo de 2014).

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

BS103D

Autorización para a creación /construción de centros de servizos sociais.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

BS103E

Autorización de inicio de actividades de centros e programas de servizos sociais.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

BS103F

Autorización de cesamento de actividades de centros e programas de servizos sociais.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

BS103K

Autorización de modificación substancial de centros e programas de servizos sociais.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano