Guía de procedementos e servizos

BS420D

Axudas para o funcionamento e fomento da gratuidade da atención educativa dos nenos e nenas da Comunidade Autónoma de Galicia en escolas infantís 0-3 e puntos de atención á infancia de titularidade municipal

Procedemento dirixido a: Entidades locais

Convocatoria Curso 2026/2027 - Prazo aberto: 23/09/2026 08:00 - 23/10/2026 23:59

Consellería de Política Social e Igualdade

Sobre o procedemento

A  concesión de axudas económicas para escolas infantís 0-3 anos e puntos de atención á infancia de titularidade municipal .

Estas axudas van dirixidas ao sostemento dos referidos centros de educación infantil 0-3 anos existentes e constan de dúas liñas:

liña 1 :  financiará gastos de mantemento.

liña 2:  compensará a aplicación dunha bonificación do 100 % do prezo correspondente á atención educativa e matrícula, de ser o caso, das prazas ocupadas polo alumnado de 0-3 anos.

O período subvencionable na liña 1 é o comprendido entre o 1 de setembro de 2026 e o 31 de xullo de 2027.

O período subvencionable na liña 2 é o comprendido entre o 1 de setembro de 2026 e o 31 de xullo de 2027 pola totalidade do alumnado para aqueles concellos que apliquen a dita bonificación.

- Para os efectos da aplicación da bonificación do 100 % do prezo establecidos nesta orde, entenderase por atención educativa o conxunto de atencións e coidados profesionais de carácter integral, prestados baixo unha perspectiva educativa, aos nenos e ás nenas durante a súa estancia na escola infantil 0-3 ou punto de atención á infancia (en diante, PAI), segundo a modalidade de xornada pola que opten. A opción elixida implica a asistencia regular á escola infantil 0-3 ou PAI durante un máximo de 8 horas e un mínimo de 3 horas diarias, respectivamente.

Exceptúanse da actuación subvencionable o custo do servizo de comedor, as actividades extra á atención educativa, os materiais e calquera outro tipo de servizos e conceptos que supoñan un custo adicional cuantificable para a escola infantil 0-3 ou PAI.

- Para ter dereito ás axudas reguladas nesta orde os nenos e nenas deben ter a súa residencia na Comunidade Autónoma de Galicia.

- Para os efectos desta orde, considérase que as nenas e os nenos con necesidades específicas de apoio educativo ocupan dúas prazas. Neste caso, a axuda que resulte segundo o establecido neste artigo multiplicarase por dous.

Os concellos da Comunidade Autónoma de Galicia.

Xunta de Galicia

Consellería de Política Social e Igualdade

Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica

Subdirección Xeral de Demografía e Conciliación

Servizo de Conciliación Familiar

Edificio Administrativo San Caetano, s/n

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 881997411/ 881995389

Email: demografiaeconciliacion@xunta.gal

https://politicasocial.xunta.gal/gl/areas/familia

Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: ABERTO

23/09/2026 08:00 - 23/10/2026 23:59

O prazo de presentación das solicitudes comezará ás 8:00 horas do sexto día hábil seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e finalizará ás 23:59 horas do día en que se cumpra un mes desde a data en que se abra o prazo de presentación de solicitudes. De acordo co previsto no artigo 30 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, se o último día do prazo fose inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, e se no mes de vencemento non houbese día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.


1. Poderán optar a estas axudas os concellos da Comunidade Autónoma de Galicia que se atopen nos supostos seguintes:

a) Ter en funcionamento unha ou varias escolas infantís 0-3 ou un PAI da súa titularidade que dispoñan do permiso de inicio de actividades para a prestación do servizo outorgado pola Consellería de Política Social e Igualdade.

b) Que a escola infantil 0-3 ou o PAI polos que se solicitan as axudas dispón da documentación que acredita que os nenos e nenas que asisten a ela seguen o calendario de vacinación infantil do Programa galego de vacinación, de acordo co establecido no artigo 48 da Lei 5/2021, do 2 de febreiro, de impulso demográfico de Galicia, e teñen a súa residencia na Comunidade Autónoma de Galicia.

c) Que a escola infantil 0-3 ou o PAI para a/o que se solicitan as axudas estea aplicando, polo que respecta á atención educativa, un réxime de prezos equivalente ao previsto no Decreto 49/2012, do 19 de xaneiro, polo que se aproba o réxime de prezos das escolas infantís 0-3 dependentes desta consellería.

d) Que o concello cumprise coa súa obriga de remitir as contas xerais de cada exercicio ao Consello de Contas, de acordo co estipulado no artigo 4 do Decreto 193/2011, do 6 de outubro, polo que se regulan especialidades nas subvencións ás entidades locais galegas.

e) Que o concello estea ao día no pagamento das liquidacións derivadas do réxime de cofinanciamento regulado no artigo 69 da Lei 2/2017, do 8 de febreiro, de medidas fiscais, administrativas e de ordenación.

2. Non se poderá obter a condición de entidade beneficiaria destas subvencións cando concorra algunha das circunstancias ou prohibicións sinaladas nos números 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

Todos os requisitos e condicións exixidos deberán cumprirse na data en que finalice o prazo de presentación de solicitudes.

Solicitudes

1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado, anexo I, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365 ).

Documentación complementaria

1. Os concellos interesados deberán achegar coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación específica para a liña 2, destinada á compensación da bonificación do 100 % do prezo correspondente á atención educativa, referida á relación nominal dos/das nenos/as matriculados na escola infantil 0-3 ou PAI para o curso 2026/27.

Os concellos solicitantes desta axuda deberán cubrir a dita relación na aplicación informática ESCINF, no enderezo seguinte: https://escinf.xunta.es/escinfextweb, con data límite no prazo de finalización de presentación de solicitudes, e esta deberá constar actualizada en todo momento coas altas e baixas do alumnado que se produzan.

2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberanse indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

4. No caso de que algún dos documentos que se vaia presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a súa presentación de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no número anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) Número de identificación fiscal (NIF) do concello solicitante.

b) Documento nacional de identidade (DNI) ou número de identidade de estranxeiro (NIE) da persoa representante.

c) Resolución do permiso de inicio de actividades do centro para o que se solicita a subvención.

d) Tarifa de prezos, adaptada ao disposto na letra c) do artigo 3.

e) Certificación de estar ao día nas obrigas tributarias emitida pola Axencia Estatal de Administración tributaria (AEAT).

f) Certificación de estar ao día nas obrigas coa Seguridade Social.

g) Certificación de estar ao día nas obrigas tributarias coa Facenda da Comunidade Autónoma de Galicia.

2. No caso de que as entidades interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da entidade interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás entidades interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Trámites administrativos posteriores

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Despois de presentar

Prazo de resolución:

Dous meses

Sentido do silencio:

Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 4 de setembro de 2026 pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para o funcionamento e gratuidade da atención educativa das escolas infantís 0-3 e puntos de atención á infancia de titularidade municipal para o curso 2026/27, e se procede á súa convocatoria (DOG nº 175 do 15 de Setembro de 2026).

    • Extracto da Orde do 4 de setembro de 2026 pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para o funcionamento e gratuidade da atención educativa das escolas infantís 0-3 e puntos de atención á infancia de titularidade municipal para o curso 2026/27, e se procede á súa convocatoria (DOG nº 175 do 15 de Setembro de 2026).

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

BS420C

Axudas a entidades privadas para o fomento da gratuidade da atención educativa dos nenos e nenas da Comunidade Autónoma de Galicia en escolas infantís 0-3.

Tramitar en liña

Prazo aberto: 28/07/2026 00:00 - 30/10/2026 23:59

BS423A

Título de familia numerosa / Carné familiar.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

BS426A

Inscrición no Rexistro de Mediadores e Mediadoras Familiares de Galicia.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

BS426B

Mediación e designación de Mediadores ou Mediadoras Familiares.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano