Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
BS321A
Axudas para facilitar a obtención dos permisos de condución das clases A2, B.
Procedemento dirixido a: Cidadáns
Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude
A concesión das axudas para facilitar a obtención dos permisos de condución clases A2, B por parte das persoas mozas residentes en Galicia coa finalidade de mellorar a súa autonomía, mobilidade e a súa empregabilidade.
Persoas mozas residentes en Galicia.
Xunta de Galicia
Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude
Dirección Xeral de Xuventude
Instituto da Xuventude de Galicia
Edificio Administrativo San Lázaro s/n - Planta baixa
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 881999194
Email: actividades.xuventude@xunta.gal
Prazo de presentación: PECHADO
25/08/2025 09:00 - 25/09/2025 20:00
O prazo de presentación solicitudes será dun mes, que se contará desde o día 25 de agosto de 2025 ás 9.00 horas ata o día 25 de setembro de 2025 ás 20.00 horas, salvo que se produza con anterioridade o esgotamento do crédito orzamentario dispoñible, caso en que se observará o disposto no artigo 2.2.
Poderán solicitar as axudas as persoas mozas que cumpran os seguintes requisitos na data de presentación da súa solicitude:
a) Ter feitos os 18 anos de idade e non ter feitos os 31.
b) Estar empadroadas na Comunidade Autónoma de Galicia cunha antigüidade mínima dun ano.
c) Non estar traballando por conta propia nin allea. Enténdese que están traballando por conta propia ou allea aquelas persoas que estean en situación de alta nalgún réxime da Seguridade Social ou nunha mutualidade de previsión social, coa excepción de alumnos e alumnas que realicen prácticas formativas ou prácticas académicas externas incluídas en programas de formación previstas na disposición adicional quincuaxésimo segunda do Real decreto lexislativo 8/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da lei xeral da Seguridade Social.
d) Ter aprobado o/s permiso/s de conducir para o/s cales se solicita esta axuda con data de expedición entre o 1 de outubro de 2024 e a data de presentación da solicitude.
e) Que a suma dos ingresos anuais dos membros da unidade familiar sexa igual ou inferior a cinco veces o indicador público de renda de efectos múltiples (IPREM) de 2025, no seu cómputo anual, incluíndo dúas pagas extras.
Solicitudes.
1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.
De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que sexa realizada a emenda.
Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
2. As persoas solicitantes poderán solicitar información e asesoramento, en relación coa convocatoria, nos teléfonos relacionados no anexo V e, tamén, de modo presencial, nas dependencias sinaladas no citado anexo.
Documentación complementaria.
1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación:
a) Documentación acreditativa da representación da persoa que actúe no nome da persoa solicitante, se é o caso. A representación deberá acreditarse a través do modelo normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia ou por calquera outro modo válido en dereito. O modelo normalizado pode descargarse na seguinte ligazón: https://sede.xunta.gal/modelos-normalizados
b) Autorización temporal para conducir expedida pola Dirección Xeral de Tráfico, no caso de que a persoa solicitante teña aprobado o/s carné/s obxecto da solicitude pero o documento aínda non fose expedido. Esta xustificación debe conter a data de obtención do permiso, que debe estar no intervalo recollido no artigo 5.d).
c) O/s certificado/s de empadroamento histórico que acredite/n a antigüidade mínima exixida no artigo 5, no caso de que a última variación padroal sexa inferior a 1 ano.
d) Convenio especial, acordo específico para o desenvolvemento da actividade formativa ou documento análogo que acredite a realización das prácticas formativas ou académicas, para o caso de alumnos e alumnas que realicen prácticas formativas ou prácticas académicas externas incluídas en programas de formación previstas na disposición adicional quincuaxésimo segunda do Real decreto lexislativo 8/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei xeral de seguridade social.
e) Certificación literal de nacemento de cada persoa membro da unidade familiar ou libro de familia. Neste último caso, copia de todas as follas do libro de familia en que figuren todas as persoas que compoñen a unidade familiar. A determinación das persoas membros da unidade familiar realizarase atendendo á situación existente na data de presentación da solicitude.
f) Acreditación da relación matrimonial ou análoga á conxugal, de ser o caso.
g) Certificación da Axencia Estatal de Administración Tributaria (AEAT) de non ter a obriga de declarar, se é o caso.
h) Anexo II, de comprobación de datos de terceiras persoas cando forme parte de unidades familiares compostas por máis dun membro, que deberá achegar debidamente cuberto e asinado por todas as persoas que compoñan a unidade familiar.
A concorrencia dos demais requisitos exixidos no artigo 5 será obxecto de comprobación automática polo órgano convocante, conforme se recolle no artigo 11.
2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.
Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que sexa realizada a emenda.
As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar, de maneira motivada, o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
Comprobación de datos.
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:
a) DNI/NIE da persoa solicitante e, se é o caso, da persoa representante e demais persoas membros que compoñen a unidade familiar.
b) Certificado de residencia con data de última variación padroal da persoa solicitante. No caso de que a última variación padroal sexa inferior a 1 ano, deberá achegarse coa solicitude o certificado indicado no artigo 9.1.c).
c) Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias coa Axencia Estatal da Administración Tributaria (AEAT) da persoa solicitante.
d) Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social da persoa solicitante.
e) Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias coa Axencia Tributaria de Galicia (Atriga) da persoa solicitante.
f) Permiso/s de condución da persoa solicitante. No caso de que a persoa solicitante teña aprobado/s o/s carné/s obxecto da solicitude pero o documento aínda non fose expedido, deberá achegarse coa solicitude a autorización temporal para conducir indicada no artigo 9.1.b).
g) Informe sobre o estado de alta na Seguridade Social na data de presentación da solicitude da persoa solicitante.
h) Certificado da renda expedido pola Axencia Estatal de Administración Tributaria (AEAT) da persoa solicitante e, se é o caso, das demais persoas membros que compoñen a unidade familiar.
2. Consultaranse ademais os seguintes datos cando a persoa solicitante faga constar na solicitude que lle é de aplicación a circunstancia que acredita o documento correspondente:
a) Acreditación da convivencia actual das persoas que compoñen a unidade familiar, se é o caso.
3. No caso de que as persoas interesadas ou as demais persoas membros que compoñen a unidade familiar se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.
Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
4. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas e ás demais persoas que compoñen a unidade familiar a presentación dos documentos correspondentes.
Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes.
Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar logo da presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
- Fase de solicitude
- Comprobación de datos de terceiras persoas, cando forme parte de unidades familiares compostas por máis dun membro, que deberá achegar debidamente cumprimentado e asinado por todas as persoas que compoñan a unidade familiar. (Anexo II)
- Información sobre a convocatoria. Axudas permisos de conducir clases A2 e B (Anexo V)
Prazo de resolución:
Cinco meses
Sentido do silencio:
Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 8 de agosto de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para facilitar a obtención dos permisos de condución clases A2 e B á mocidade galega e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (DOG nº 157 do 19 de agosto de 2025).
-
Extracto da Orde do 8 de agosto de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para facilitar a obtención dos permisos de condución clases A2 e B á mocidade galega e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (DOG nº 157 do 19 de agosto de 2025).
-
DIRECCIÓN XERAL DE XUVENTUDE
Edificio administrativo San Lázaro
15781 Santiago de Compostela
Teléfonos: 881 999 314, 881 999 194, 881 999 025
actividades.xuventude@xunta.gal
Servizo de Información Xuvenil
Ramón Piñeiro, 17-19
15701 Santiago de Compostela
Teléfonos: 881 997 605, 881 997 606, 881 997 608, 881 997 607
informacion.xuventude@xunta.gal
DEPARTAMENTOS TERRITORIAIS
Departamento Territorial da Coruña
Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude
Servizo de Xuventude e Voluntariado
Gregorio Hernández, 2-4
15011 A Coruña
Teléfonos: 881 881 238, 881 881 240
xuventudecoruna.benestar@xunta.gal
Departamento Territorial de Lugo
Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude
Servizo de Xuventude e Voluntariado
Ronda da Muralla, 70
27071 Lugo
Teléfonos: 982 294 224, 982 294 599
xuventudelugo@xunta.gal
Departamento Territorial de Ourense
Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude
Servizo de Xuventude e Voluntariado
Celso Emilio Ferreiro, 27
32004 Ourense
Teléfonos: 988 386 117, 988 386 118
servizo.xuventude.ourense@xunta.gal
Departamento Territorial de Pontevedra
Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude
Servizo de Xuventude e Voluntariado
Concepción Arenal, 8
36201 Vigo
Teléfonos: 986 817 078, 986 817 079
xuventude.voluntariado.vigo@xunta.gal
ESPAZOS XOVES DA DIRECCIÓN XERAL DE XUVENTUDE
A CORUÑA
Espazo Xove de Betanzos
Valdoncel, 7
15300 Betanzos. A Coruña
Teléfono: 881 880 279
espazoxovebetanzos.xuventude@xunta.gal
Espazo Xove de Carballo
Valle Inclán, 24
15100 Carballo. A Coruña
Teléfono: 881 880 421/420
espazoxovecarballo.xuventude@xunta.gal
Espazo Xove de Curtis
Estrada Estación, s/n
15310 Curtis. A Coruña
Teléfono: 881 880 650.
espazoxovecurtis.xuventude@xunta.gal
Espazo Xove de Noia
Pedra Sartaña, s/n
15200 Noia. A Coruña
Teléfono: 881 866 185
espazoxovenoia.xuventude@xunta.gal
Espazo Xove de Pontedeume
Alameda de Raxoi, s/n
15600 Pontedeume. A Coruña
Teléfono: 881 930 476
espazoxovepontedeume.xuventude@xunta.gal
LUGO
Espazo Xove de Chantada
Rosalía de Castro, 1
27500 Chantada. Lugo
Teléfono: 982 870 258
espazoxovechantada.xuventude@xunta.gal
Espazo Xove de Vilalba
Novo Cazón, s/n
27800 Vilalba. Lugo
Teléfono: 982 828 340
espazoxovevilalba.xuventude@xunta.gal
Espazo Xove de Viveiro
Avda. Cervantes, s/n
27850 Viveiro. Lugo
Teléfono 982 870 956
espazoxoveviveiro.xuventude@xunta.gal
OURENSE
Espazo Xove de Ourense
Celso Emilio Ferreiro, 27
32004 Ourense. Ourense
Teléfono: 988 788 241
espazoxoveourense.xuventude@xunta.gal
PONTEVEDRA
Espazo Xove de Lalín
Pena Toares, 2
36500 Lalín. Pontevedra
Teléfono: 886 151 267
espazoxovelalin.xuventude@xunta.gal
Espazo Xove de Tui
Sanz, 28
36700 Tui. Pontevedra
Teléfono: 886 110 797
espazoxovetui.xuventude@xunta.gal
Espazo Xove de Vilagarcía
Juan Carlos I, 37
36600 Vilagarcía. Pontevedra
Teléfono: 886 151 843
espazoxovevilagarcia.xuventude@xunta.gal
Outros procedementos relacionados
Incorporación ao consello asesor e consultivo de xuventude de Galicia.
Aberto todo o ano
Certificado de experiencias de educación non formal en materia de xuventude.
Aberto todo o ano
Subvencións para entidades de acción voluntaria e entidades locais enmarcadas no programa servizo de voluntariado xuvenil.
Prazo pechado: 16/01/2025 00:00 - 17/02/2025 23:59
Mobilidade transnacional xuvenil Galeuropa: Axudas individuais de mobilidade para a mocidade galega
Prazo pechado: 31/08/2022 00:00 - 30/09/2022 23:59