Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
BS323A
Incorporación ao consello asesor e consultivo de xuventude de Galicia.
Procedemento dirixido a: Cidadáns
O Consello Asesor e Consultivo de Xuventude de Galicia está integrado na consellería competente en materia de xuventude, sen prexuízo da súa autonomía, pero non participa na estrutura xerárquica da consellería.
A consellería competente en materia de xuventude facilitará ao Consello Asesor e Consultivo de Xuventude de Galicia os medios persoais e materiais necesarios para o exercicio das funcións recollidas na Lei 6/2012, do 19 de xuño, dentro das dispoñibilidades orzamentarias da consellería competente en materia de xuventude.
O Consello Asesor e Consultivo de Xuventude de Galicia terá como fins os seguintes:
a) Representar a xuventude galega a través da súa condición de membro de pleno dereito no Comité Galego de Políticas de Xuventude.
b) Emitir os informes que afecten a xuventude e lle sexan solicitados polo Comité Galego de Políticas de Xuventude ou polo órgano de dirección competente en materia de xuventude.
c) Emitir informe sobre o impacto na xuventude dos proxectos de disposicións normativas promovidas pola Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia que afecten a mocidade.
d) Analizar, con carácter permanente, a situación da xuventude en Galicia, facilitando así a toma de decisións, e especialmente as problemáticas que incidan maiormente na xuventude galega, a través do Observatorio Galego da Xuventude.
e) Elevar anualmente ao Parlamento unha memoria en que se reflicta a situación da xuventude como grupo social e, ao tempo, propoñer as medidas legais que xulgue necesarias.
f) Contribuír á institucionalización do movemento asociativo xuvenil de Galicia, consolidando, por un lado, o xa existente e, por outro, promovendo a creación de asociacións xuvenís de distinta natureza.
g) Garantir a participación activa e dinámica da xuventude en todas as ordes da vida social, educativa, laboral, política, económica, deportiva, de lecer, de tempo libre e cultural de Galicia.
h) Representar a xuventude de Galicia no Consello da Xuventude de España, así como noutros organismos de ámbito estatal, europeo e internacional dos que poida ser membro, participando así na articulación das políticas de xuventude nos distintos niveis.
i) Establecer relacións de cooperación e colaboración con outros consellos da xuventude do Estado.
j) Elevar propostas de acción á consellería competente en materia de xuventude.
k) Defender os intereses da xuventude presentando ante os organismos públicos e privados correspondentes as medidas tendentes a facer efectivos os intereses que corresponden á xuventude.
b) As federacións, confederacións ou unións de asociacións xuvenís inscritas no Rexistro de Entidades Xuvenís de Galicia, de ámbito estatal, autonómico ou local, compostas, como mínimo, por tres asociacións con organización e implantación propia en Galicia.
A súa incorporación exclúe a dos seus membros de xeito independente.
c) Os consellos locais de xuventude.
d) As seccións ou organizacións xuvenís dos partidos políticos.
e) As seccións ou organizacións xuvenís dos sindicatos e asociacións empresariais.
f) As organizacións estudantís que desenvolvan a súa actividade no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia.
g) As seccións xuvenís das demais asociacións de ámbito autonómico de calquera natureza que figuren rexistradas e clasificadas no Rexistro de Entidades Xuvenís de Galicia, sempre que estatutariamente teñan recoñecidas autonomía funcional, organización e goberno propio para as materias especificamente xuvenís.
Os/as membros do Consello Asesor e Consultivo de Xuventude de Galicia terán as seguintes obrigas:
a) Asistir ás xuntanzas da Asemblea Xeral, así como ás dos órganos do Consello Asesor e Consultivo de Xuventude de Galicia de que sexan membros.
b) Acatar as normas establecidas no presente regulamento, así como os acordos validamente adoptados polos órganos do Consello Asesor e Consultivo de Xuventude de Galicia.
c) Colaborar e participar activamente nos órganos do Consello Asesor e Consultivo da Xuventude de Galicia de que formen parte, contribuíndo ao cumprimento dos fins do Consello.
d) Respectar as opinións e manifestacións expresados polos/as demais membros do Consello, non proferir palabras nin verter conceptos ofensivos ao decoro ou dignidade dos/as demais membros do Consello.
e) Respectar a orde e a cortesía no desenvolvemento dos debates.
f) As demais que deriven, para os membros de órganos colexiados, da Lei 16/2010, do 17 de decembro.
Xunta de Galicia
Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude
Dirección Xeral de Xuventude
Instituto da Xuventude de Galicia
Servizo Participación Xuvenil e Escola Galega de Xuventude
Edificio Administrativo San Lázaro, 3º andar
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981957057/ 981544866
Fax: 981545843
Prazo de presentación: Aberto todo o ano
Este decreto entrará en vigor aos vinte días da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Xunto coa solicitude, as entidades que desexen formar parte do Consello Asesor e Consultivo de Xuventude de Galicia deberán presentar a seguinte documentación:
a) Certificación do rexistro administrativo onde se atope inscrita a entidade.
b) Copia compulsada dos estatutos.
c) Memoria de actividades do último ano.
d) Certificado do/a secretario/a da entidade en que conste a representación legal da persoa que asina a solicitude e o acordo do órgano competente polo que se nomean representante e substituto/a no Consello Asesor e Consultivo de Xuventude de Galicia.
e) De ser unha federación, confederación ou unión de asociacións xuvenís, declaración responsable de que os seus membros non forman parte do Consello Asesor e Consultivo de Xuventude de Galicia de xeito independente. De cambiar esta circunstancia en calquera momento, deberase notificar á Secretaría do Consello Asesor e Consultivo de Xuventude de Galicia.
As entidades xa incluídas no Rexistro de Entidades Xuvenís de Galicia estarán exentas de presentar a documentación recollida nas letras a) e b) do número anterior.
As solicitudes poderán presentarse por calquera das formas previstas no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de rexime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e irán dirixidas á Secretaría do Consello Asesor e Consultivo de Xuventude de Galicia, adscrita á consellería competente en materia de xuventude.
Así mesmo, e de acordo co establecido no Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes, e unha vez aprobada por Orde do 15 de setembro de 2011 a posta en funcionamento da sede electrónica da Xunta de Galicia, as persoas interesadas poderán presentar electronicamente as solicitudes na sede electrónica da Xunta de Galicia, no enderezo electrónico https://sede.xunta.es. A documentación complementaria poderá presentarse electronicamente, utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada segundo o disposto no artigo 35.2 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos e 22.3 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. A achega de tales copias implica a autorización á Administración para que acceda e trate a información persoal contida nos correspondentes documentos. As mencionadas imaxes electrónicas carecerán de carácter de copia autentica.
- Inicio
- Solicitude (Anexo I)
Prazo de resolución: Tres meses
Sentido do silencio: Positivo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Decreto 57/2014, do 8 de maio, polo que se aproba o Regulamento do Consello Asesor e Consultivo de Xuventude de Galicia (DOG nº 101 do 28 de maio de 2014).
-
Corrección de erros. Decreto 57/2014, do 8 de maio, polo que se aproba o Regulamento do Consello Asesor e Consultivo de Xuventude de Galicia (DOG nº 104 do 3 de xuño de 2014).
-
Outros procedementos relacionados
Prazas xuvenís, Programa campaña de verán.
Prazo aberto: 02/05/2025 00:00 - 15/05/2025 23:59
Axudas enmarcadas no Programa Iniciativa Xove.
Prazo aberto: 07/05/2025 00:00 - 06/06/2025 23:59
Inclusión no censo de entidades xuvenís.
Aberto todo o ano
Expedición de títulos de ensinanzas impartidas nas escolas de tempo libre.
Aberto todo o ano