Guía de procedementos e servizos

PE713A

Permiso de inmersión de organismos nos centros de acuicultura de augas continentais.

Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais

Aberto todo o ano

Consellería do Mar

TRAMITAR PRESENCIALMENTE
Sobre o procedemento

O desenvolvemento e a aplicación dos procedementos de control sanitario e do funcionamento dos centros de acuicultura en augas continentais e a regulación do Rexistro de Centros de Acuicultura, en aplicación do establecido nos artigos 61, 62 e 63 do Regulamento de ordenación da pesca fluvial e dos ecosistemas acuáticos continentais (Decreto 130/1997).

Terán a consideración de centros de acuicultura en augas continentais todo tipo de instalacións nas que se manteñan vivas especies que habiten ou poidan habitar nas augas continentais, así como os seus ovos ou gametos, con fins de producción, comercialización ou consumo, e nas que se faga uso das augas continentais tanto mediante captación coma mediante vertido de efluentes líquidos.

Toda introducción ou expedición de esperma, ovos, embrións ou peixes vivos requirirá autorización previa da Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural de conformidade co establecido no punto 3º do artigo 61 do devandito regulamento.

Centros de acuicultura en augas continentais.

Xunta de Galicia

Consellería do Mar

Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica

Subdirección Xeral de Acuicultura

Servizo de Innovación Tecnolóxica da Acuicultura

Praza Europa 5ª-4º (Polígono de Fontiñas)

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981 54 63 47

Email: servizo.innovacion.acuicultura.cmrm@xunta.gal

Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: Aberto todo o ano

  • Autorización de inmersión ( 32.36.10)

Pode realizar o pago destas taxas na sede electrónica como un dos pasos da tramitación en liña.

  • Solicitude segundo o Anexo I.

  • Abono da taxa administrativa.

  • Documento acreditativo do estado sanitario dos organismos.

Despois de presentar

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Autonómico
    • Decreto 130/1997, do 14 de maio, polo que se aproba o Regulamento de ordenación da pesca fluvial e dos ecosistemas acuáticos continentais (DOG nº 106 do 4 de xuño de 1997).

    • Orde do 25 de outubro de 1999 pola que se regula o funcionamento dos centros de acuicultura en augas continentais e o seu rexistro (DOG nº 212 do 3 de novembro de 1999).

    • Orde do 22 de abril de 2015 do Vicepresidente e Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se adaptan e incorporan á sede electrónica da Xunta de Galicia os procedementos administrativos de prazo aberto da Consellería do Medio Rural e do Mar (DOG núm. 77 do 24.04.2015).

    • Decreto 168/2015, do 13 de novembro, polo que se aproba a estrutura orgánica da Consellería do Mar (DOG nº 221 do 19 de novembro de 2015).

    • Lei 2/2021, do 8 de xaneiro, de pesca continental de Galicia (DOG nº 9 do 15 de xaneiro de 2021).

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

PE113E

Axudas destinadas aos familiares dos profesionais do mar falecidos no exercicio da súa actividade.

Tramitar en liña

Prazo aberto: 30/01/2025 00:00 - 15/12/2025 23:59

PE301A

Recoñecemento como organización de produtores pesqueiros (OPP).

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

PE301B

Retirada do recoñecemento como organización de produtores pesqueiros (OPP).

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

PE401B

Permiso de explotación a pé.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano