Guía de procedementos e servizos

PE504E

Prórroga das concesións experimentais.

Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais

Aberto todo o ano

Consellería do Mar

Sobre o procedemento

Se vostede, ten que renova-lo título habilitante para continuar coa explotación da autorización temporal de carácter experimental, deberá solicitarlle á Xunta de Galicia que lle conceda a correspondente prórroga.

Persoas físicas ou representantes dunha entidade xurídica legalmente constituída.

Xunta de Galicia

Consellería do Mar

Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica

Subdirección Xeral de Acuicultura

Servizo de Innovación Tecnolóxica da Acuicultura

Praza Europa 5ª-4º (Polígono de Fontiñas)

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981 54 63 47

Email: servizo.innovacion.acuicultura.cmrm@xunta.gal

Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: Aberto todo o ano

Requírese non ter sanción firme en materia de protección de recursos marítimo-pesqueiros pendente de pagamento.

  • Solicitude segundo o Anexo I.

  • No suposto de cotitularidades, Anexo II.

  • Abono da taxa administrativa.

  • Copia da escritura acreditativa de la constitución de la sociedade inscrita no rexistro mercantil.

  • Copia dos estatutos polos que se rexe.

  • Informe técnico-biolóxico sobre a producción acadada.

  • Memoria económica-financeira.

  • Cronogramas coas previsións de producción e económicas no período de prórroga solicitado.

  •   Comprobación de datos.

Os documentos relacionados serán obxecto de consulta ás administracións públicas. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo e achegar unha copia dos documentos.

  • DNI/NIE da persoa solicitante.

  • DNI/NIE da persoa representante.

  • NIF da entidade solicitante.

Despois de presentar

Prazo de resolución: Seis meses

Sentido do silencio: Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Autonómico
    • Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia (DOG nº 243 do 16 de decembro de 2008).

    • Lei 6/2009, do 11 de decembro, de modificación da Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia (DOG nº 243 do 15 de decembro de 2009).

    • Orde do 22 de abril de 2015 do Vicepresidente e Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se adaptan e incorporan á sede electrónica da Xunta de Galicia os procedementos administrativos de prazo aberto da Consellería do Medio Rural e do Mar (DOG núm. 77 do 24.04.2015).

    • Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG nº 228 do 21 de novembro de 1996).

    • Orde do 17 de decembro de 1999 pola que se regula o procedemento para o outorgamento de prórrogas das autorizacións tempoarais de carácter experimental en polígonos de viveiros (DOG nº 13 do 20 de xaneiro de 2000).

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

PE113E

Axudas destinadas aos familiares dos profesionais do mar falecidos no exercicio da súa actividade.

Tramitar en liña

Prazo aberto: 30/01/2025 00:00 - 15/12/2025 23:59

PE301A

Recoñecemento como organización de produtores pesqueiros (OPP).

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

PE301B

Retirada do recoñecemento como organización de produtores pesqueiros (OPP).

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

PE401B

Permiso de explotación a pé.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano