Guía de procedementos e servizos

PE120F

Axudas destinadas a servizos de asesoramento para fomentar a pesca sostible

Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais

Convocatoria 2022 - Prazo pechado: 25/01/2022 00:00 - 24/02/2022 23:59

Consellería do Mar

Sobre o procedemento

Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, e a convocatoria para 2022 de axudas destinadas á realización de actuacións por parte de propietarios de buques pesqueiros para fomentar unha pesca sustentable desde unha perspectiva ambiental, socialmente responsable, baseada no coñecemento e competitiva.

Poderán ser persoas beneficiarias persoas físicas, xurídicas ou pluralidade de persoas físicas, agrupacións ou entidades sen personalidade xurídica ou comunidade de bens.

Xunta de Galicia

Consellería do Mar

Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica

Subdirección Xeral de Competitividade da Cadea Mar-Industria

Servizo de Innovación Tecnolóxica da Frota

San Caetano, s/n

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981540099

Fax: 981546288

Email: sxmar.cmrm@xunta.gal

http://www.xunta.gal/mar

Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: PECHADO

25/01/2022 00:00 - 24/02/2022 23:59

Para esta convocatoria de 2022 o prazo de presentación das solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo fose inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houbese día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último do mes.

1. Ser propietario dun buque de 3ª lista do Rexistro de Matrícula de Buques e Empresas Navieiras.

2. O buque debe ter o seu porto base na Comunidade Autónoma de Galicia e atoparse de alta no Rexistro de Buques Pesqueiros da Comunidade Autónoma de Galicia e no Rexistro Xeral da Frota Pesqueira.

3. O buque para o cal se solicita axuda debe constituír un seguro que garanta a cobertura de danos a terceiros.

4. No caso de buques cuxa primeira venda dos produtos que captura sexa en fresco e, polo tanto, obrigatoria en lonxa, o volume de vendas que se obteña da suma das notas de venda durante o ano anterior ao da convocatoria deberá ser superior ao 50 % da media obtida para ese porto base e polo segmento de frota que figura no Rexistro de Buques Pesqueiros de Galicia (RBPG).

5. No caso de buques para os cales a primeira venda dos produtos que captura non sexa obrigada en lonxa, o buque debe dispoñer da autorización para realizar a devandita venda e debe transmitila ao órgano competente.

6. O buque non pode ter unha resolución desfavorable de regularización salvo que, posteriormente, se regularizase, para o que deberá asinar o anexo IV.

7. Os investimentos para os cales se solicite axuda non poderán estar iniciados nin pagados antes de que se acredite o non inicio deles, nos termos indicados no artigo 12 desta orde.

No caso de que o solicitante conte cunha certificación de non inicio anticipada, os investimentos non poderán estar finalizados nin completamente pagados antes de que se acredite, unha vez presentada a solicitude, a non finalización destes por parte dos servizos da Consellería do Mar. No caso de que o barco estea fóra da Comunidade Autónoma de Galicia, o órgano competente autorizará a persoa ou entidade encargada de facer esta certificación. Non obstante, o órgano competente poderá determinar que a inspección in situ se realice no porto base do buque.

8. Non estar incursa en ningunha das circunstancias previstas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

9. Non estar incursa en ningunha clase de inhabilitación para a obtención de axudas previstas nos puntos 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

10. Estar ao día no pagamento de obrigas por reintegro de subvencións, conforme o artigo 10.2.g) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e o artigo 9 do Regulamento de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

11. Non ter pendente de pagamento ningunha sanción firme por infracción da normativa marítimo-pesqueira.

12. Non cometer infracción grave:

– Da PPC definida como tal en actos lexislativos do Parlamento Europeo e do Consello.

– Do Regulamento (UE) nº 1005/2008 do Consello, polo que se establece un sistema contra a pesca ilegal, non declarada e non regulamentada e do Regulamento (UE) nº 1224/2009 do Consello, polo que se establece un réxime comunitario de control, durante os 12 meses anteriores á data da presentación de solicitudes. Se o operador ten nove puntos de infracción polas infraccións graves segundo o Regulamento (UE) nº 404/2011, cada punto de infracción acumulado que se engada aos nove puntos de infracción polas infraccións graves segundo o Regulamento (UE) nº 404/2011 suporá un mes adicional de inadmisibilidade da axuda por punto acumulado.

13. No marco do FEP ou FEMP, non ter sido declarado culpable de cometer fraude, segundo a definición do artigo 1 do Convenio relativo á protección dos intereses financeiros das comunidades europeas (DOUE serie C 316, do 27.11.1995).

14. Que non estea nin estivese nos últimos 24 meses involucrado na explotación, xestión ou propiedade dos buques incluídos na lista comunitaria dos buques INDNR (pesca ilegal non declarada e non regulamentada) ou de buques que nin estean nin estivesen nos últimos 12 meses enarborando o pavillón de países considerados terceiros países non cooperantes ao abeiro do Regulamento (CE) nº 1005/2008 do Consello, do 29 de setembro de 2008, polo que se establece un sistema comunitario para previr, desalentar e eliminar a pesca ilegal, non declarada e non regulamentada.

15. Ter capacidade administrativa, financeira e operativa para cumprir as condicións da axuda.

16. Antes de que se dite a proposta de resolución de concesión, deben estar ao día nas obrigas tributarias e coa Seguridade Social e non ter pendente de pagamento ningunha débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.

17. Á solicitude xuntaráselle unha declaración responsable por parte do solicitante, do representante ou apoderado, do cumprimento dos requisitos establecidos nos puntos 9 a 16 do artigo 5 desta Orde.

Requisitos específicos das persoas beneficiarias

Se a finalidade é «servizos de asesoramento para fomentar a pesca sustentable»:

– Os estudos e o asesoramento deberán ser prestados por organismos científicos, universitarios, profesionais ou técnicos ou entidades que presten asesoramento económico e que estean debidamente capacitadas. Este último caso refírese a consultorías ou asesorías dedicadas a este fin. En calquera caso, deberase presentar documentación que acredite a capacitación/experiencia no sector das empresas que ofrecen servizos de asesoramento.

– Non se poderá recibir esta axuda máis dunha vez ao ano na mesma convocatoria.

Forma de presentación de solicitudes

1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

Só se admitirá unha solicitude por barco en cada liña de axudas.

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

2. Para os efectos da presentación da solicitude, os interesados poderán actuar por medio de representantes. A acreditación da representación deberá realizarse mediante a presentación da correspondente autorización e aceptación utilizando o anexo XI da presente orde.

Documentación complementaria necesaria para a tramitación do procedemento

1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

– Anexo I.F de solicitude de axudas destinadas a servizos de asesoramento para fomentar a pesca sustentable, código do procedemento (PE120F).

– Anexo II da declaración responsable de non inicio do investimento, se é o caso.

– Anexo III.F de axudas destinadas a servizos de asesoramento para fomentar a pesca sustentable.

– Anexo IV, declaración de non ter resolución desfavorable a un proceso de regularización.

– Anexo V.1, de pluralidade de persoas físicas, se é o caso.

– Anexo V.2, de agrupacións ou entidades sen personalidade xurídica ou comunidades de bens, se é o caso.

– Anexo VI.1, declaración relativa á condición de peme de persoa/s física/s solicitante/s.

– Anexo VI.2, declaración relativa á condición de peme de persoas xurídicas.

– Anexo VI.3, declaración de persoa física partícipe en persoa xurídica.

– Anexo XI, nomeamento de representantes para os efectos de presentación da solicitude, se é o caso.

– Anexo de indicadores FEMP que corresponda: Anexo XII.F de axudas destinadas a servizos de asesoramento para fomentar a pesca sustentable.

2. A documentación complementaria está formada por:

I) Se o solicitante é unha persoa física:

a) Declaración da renda da persoa solicitante dos dous últimos exercicios económicos pechados para os que se cumpriu o prazo de presentación legalmente establecido.

II) Se o solicitante é unha persoa xurídica:

a) Certificación rexistral actualizada dos estatutos sociais e da escritura de constitución.

b) Poder suficiente do representante, no caso de que tal poder non figure nos estatutos.

c) Certificación actualizada do Rexistro Mercantil das contas anuais individuais depositadas do último exercicio económico pechado, incluíndo informe de auditoría, se é o caso.

d) Imposto de sociedades do último exercicio económico pechado, en que conste o seu envío telemático ou a súa presentación.

e) Certificación actualizada do Rexistro Mercantil das contas anuais consolidadas, depositadas pola persoa solicitante, ou certificación actualizada do Rexistro Mercantil das contas anuais consolidadas onde a persoa solicitante estea incluída por consolidación, do último exercicio económico pechado, incluído informe de auditoría consolidado, se é o caso.

f) Certificado acreditativo de carecer de antecedentes penais obtido a través do Rexistro Central de Penados do Ministerio de Xustiza, que deberá conter a totalidade de antecedentes penais non cancelados, para os efectos de verificar que non foi declarado culpable de cometer fraude no marco do FEP ou FEMP. Se da información anterior non se entende acreditada a ausencia de antecedentes penais, solicitarase ao interesado que achegue certificado que acredite a totalidade de antecedentes penais ou a ausencia deles.

III) Cando as pretensións correspondan a unha pluralidade de persoas, poderán ser formuladas nunha única solicitude, por medio de representante legalmente habilitado, e, na súa falta, co que figure en primeiro termo. Para os efectos do ingreso da subvención, a conta bancaria sinalada no anexo I deberá estar a nome de todas as persoas solicitantes:

a) Escritura de constitución da comunidade de bens, agrupacións ou entidades sen personalidade xurídica, se é o caso. En calquera caso, deberá nomearse un representante ou apoderado único da agrupación e especificar a porcentaxe de participación de cada un dos seus membros (anexo V.2).

b) No caso dunha comunidade de bens ou unha agrupación ou entidade sen personalidade xurídica que estea en réxime de atribución de rendas, deberán presentar o modelo 184 de declaración informativa de entidades en réxime de atribución de rendas, dos dous últimos exercicios económicos pechados para os que se cumpriu o prazo de presentación legalmente establecido.

c) Anexo V.1 de pluralidade de persoas físicas ou anexo V.2 de agrupacións ou entidades sen personalidade xurídica ou comunidade de bens.

d) Acordo de nomeamento de representante ou apoderado para os efectos da solicitude da axuda, asinado por todos.

e) No caso de comunidades de bens, agrupacións ou entidades sen personalidade xurídica: certificado acreditativo de carecer de antecedentes penais desta entidade, obtido a través do Rexistro Central de Penados do Ministerio de Xustiza, que deberá conter a totalidade de antecedentes penais non cancelados, para os efectos de verificar que non foi declarada culpable de cometer fraude no marco do FEP ou FEMP. Se da información anterior non se entende acreditada a ausencia de antecedentes penais, solicitarase ao interesado que achegue certificado que acredite a totalidade de antecedentes penais ou a ausencia deles.

f) Declaración da renda das persoas solicitantes dos dous últimos exercicios económicos pechados para os que se cumpriu o prazo de presentación legalmente establecido.

Outra documentación complementaria:

IV) Declaración resumo anual do IVE do último exercicio económico pechado, ou no caso de non realizala, as liquidacións trimestrais ou mensuais do IVE do último exercicio económico pechado para as que se cumpriu o prazo de presentación legalmente establecido, en que conste o seu envío telemático ou a súa presentación, se é o caso.

V) Liquidacións trimestrais ou mensuais do IVE do exercicio en curso para as que se cumpriu o prazo de presentación legalmente establecido, en que conste o seu envío telemático ou a súa presentación, se é o caso.

VI) Certificado actualizado da declaración censual de alta en obrigas tributarias, de cada solicitante, en que conste o seu envío telemático ou a súa presentación, de data posterior á data de publicación desta orde.

VII) Cando o importe do gasto unitario supere a contía de 40.000 euros, no caso de execución de obras, ou de 15.000 euros, no caso de subministración de bens ou prestación de servizos, a persoa beneficiaria deberá achegar, como mínimo, tres ofertas de diferentes provedores. A elección entre as ofertas presentadas realizarase de conformidade con criterios de eficiencia e economía e a elección deberá xustificarse expresamente nunha memoria cando non recaia na proposta económica máis vantaxosa.

VIII) Facturas pro forma dos investimentos para as cales se solicita subvención, con descrición detallada e pormenorizada de cada un dos investimentos, instalacións, equipamentos e sistemas que os integran, achegando, de ser o caso, os planos, esbozos ou vistas 3D necesarios para a súa correcta definición e, se é o caso, certificado de importación.

IX) Certificación actualizada do Rexistro de Bens Mobles, sección de Buques, acreditativa da propiedade do buque e o estado de cargas ou gravames deste, ou solicitude da devandita certificación ante o Rexistro, sen prexuízo da achega da devandita certificación previa a ditarse a proposta de resolución.

X) Folla de asento actualizada (expedida nos 3 meses anteriores contados desde a data de publicación desta orde) ou acreditación de solicitala, sen prexuízo da achega da folla de asento previa a ditarse a proposta de resolución.

XI) Seguro que garanta a cobertura de danos a terceiros.

XII) Se a realización do investimento require proxecto técnico ou planos, deberá achegarse e estar asinado por técnico competente. Tamén deberá acompañarse en soporte informático (formato jpg ou pdf). Deberán achegarse os planos de antes e despois da realización do investimento que se solicita.

XIII) Se a axuda é para limitar o impacto da pesca no medio mariño e adaptación da pesca á protección das especies e se trata dun proxecto vinculado, segundo a definición establecida nesta orde, deberá asinar o compromiso de execución do investimento que figura no anexo VIII.A e indicar o nome de todos os buques involucrados.

XIV) Se a axuda é para investimentos que melloren a hixiene, saúde, seguridade e condicións de traballo en buques pesqueiros, deberá achegar plan de prevención de riscos laborais no buque, asinado por persoa competente.

XV) Se o investimento é para «aumentar o valor engadido, a calidade dos produtos e a utilización das capturas non desexadas» a través de investimentos innovadores a bordo, deberá achegar:

• Memoria explicativa de que o proxecto é innovador.

• Informe dun organismo público científico ou técnico que conclúa que a arte que emprega o buque é selectiva.

XVI) Se o investimento é en «servizos de asesoramento para fomentar a pesca sustentable», deberá achegar memoria descritiva da entidade asesora que inclúa: tipo de asesoramento, obxectivos que se pretende conseguir, cronograma e metodoloxía de traballo.

XVII) Informe de riscos actualizado expedido pola Central de Información de Riscos do Banco de España, con data posterior á da publicación da orde, asinado electronicamente ou debidamente asinado e selado.

XVIII) Plan de financiamento do proxecto:

a) Informe en que se indique a forma en que se vai financiar o proxecto, especificando se se realizará con recursos propios, alleos ou con ambos os tipos de financiamento.

b) Documentación xustificativa do tipo de financiamento:

Recursos propios:

– Certificados bancarios actualizados, debidamente asinados e selados, das contas do solicitante onde conste/n o/os titular/es destas, o tipo de conta (corrente, aforro, a prazos, etc. –as contas de crédito considéranse recursos alleos–) e os fondos dispoñibles para realizar o investimento. No caso de que o tipo de conta non sexa unha conta corrente ou conta de aforro, deberá indicar a súa dispoñibilidade, ou en caso contrario, o prazo de vencemento.

– Ampliación de capital: escritura notarial de ampliación de capital en diñeiro, a súa correspondente inscrición no Rexistro Mercantil e o/os certificado/s bancario/s do/dos desembolso/s deste.

Recursos alleos:

– Préstamos formalizados con entidades de crédito: póliza de préstamo vixente debidamente intervida ante notario.

– Pólizas de crédito formalizadas con entidades de crédito: póliza de crédito vixente (última renovación), debidamente intervida por notario, e certificado bancario actualizado debidamente asinado e selado, onde identifique o número da póliza de crédito a que fai referencia, o límite da póliza, o importe dispoñible e disposto.

– Préstamos formalizados con socios: contrato de préstamo entre socios, debidamente asinado por prestamista e prestameiro, certificado/s bancario/s do/dos desembolso/s daquel, e a liquidación definitiva do imposto correspondente no organismo competente, se é o caso.

Noutros casos, achegarase a documentación financeira correspondente (non se admitirán préstamos de entidades provedoras).

De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común, non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán solicitados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.

De forma excepcional, se non se puidesen obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.

3. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar, de maneira motivada, o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

4. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

5. No caso de que algún dos documentos a presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no número anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Comprobación de datos

Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) DNI/NIE da persoa física solicitante. Cando as pretensións correspondan a unha pluralidade de persoas físicas, DNI/NIE de todas elas.

b) DNI/NIE da persoa representante ou NIF da entidade representante.

c) DNI/NIE da persoa representante legal da persoa xurídica, ou da persoa representante nomeada para os efectos da presentación da solicitude, segundo sexa o caso.

d) NIF da persoa xurídica solicitante, da entidade ou agrupación sen personalidade xurídica ou da comunidade de bens, segundo corresponda.

e) Certificación de que cada persoa solicitante estea ao día no cumprimento das súas obrigas coa Axencia Estatal da Administración Tributaria.

f) Certificación de que cada persoa solicitante está ao día no cumprimento das súas obrigas coa Tesouraría Xeral da Seguridade Social.

g) Certificación de que cada persoa solicitante está ao día no cumprimento das súas obrigas coa Facenda da Xunta de Galicia.

h) Consulta de acharse ao día no pagamento de obrigas por reintegro de subvencións obtida da Consellería de Facenda (Atriga).

i) Informe acreditativo de non ter sanción firme pendente de pagamento por infracción da normativa marítimo-pesqueira, emitido pola unidade correspondente da Consellería do Mar.

j) Consulta de non estar en concurso de acredores, artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, obtida a través do Rexistro Público Concursal do Ministerio de Xustiza.

k) Informe acreditativo de non cometer infracción grave da política pesqueira común, do Regulamento (UE) nº 1005/2008, do Consello, polo que se establece un sistema contra a pesca ilegal, non declarada e non regulamentada, e do Regulamento (UE) nº 1224/2009 do Consello, polo que se establece un réxime comunitario de control, emitido polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación.

l) Certificado acreditativo de carecer de antecedentes penais, no caso de persoas físicas ou de pluralidade de persoas. No caso de que o solicitante sexa unha agrupación ou entidade sen personalidade xurídica ou comunidade de bens, certificado de carecer de antecedentes penais dos seus integrantes. Os certificados deberán ser obtidos a través do Rexistro Central de Penados do Ministerio de Xustiza, e deberán conter a totalidade de antecedentes penais non cancelados, a efectos de verificar que non foi declarado culpable de cometer fraude no marco do FEP ou FEMP. Se da información anterior non se entende acreditada a ausencia de antecedentes penais, solicitarase ao interesado que achegue certificado que acredite a totalidade de antecedentes penais ou a ausencia deles.

m) Consulta do sistema nacional de publicación de subvencións do Ministerio de Facenda de non ser declarado culpable de cometer fraude, no marco do FEP ou FEMP.

n) Consulta de non estar nin ter estado nos últimos 24 meses involucrado na explotación, xestión ou propiedade dos buques incluídos na lista comunitaria dos buques INDNR, obtida a través da base de datos do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación.

ñ) Autorización da Consellería do Mar ou solicitude desta autorización para a realización do investimento previsto, no caso de que esta sexa necesaria.

o) Consulta de concesións de subvencións e axudas.

p) Consulta de inhabilitación para obter subvencións e axudas.

No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Trámites administrativos posteriores á presentación da solicitude

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Despois de presentar

Prazo de resolución:

Seis meses

Sentido do silencio:

Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Autonómico
    • Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia (DOG nº 214 do 5 de novembro de 1999).

    • Corrección de erros.-Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia (DOG nº 218 do 11 de novembro de 1999).

    • Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG nº 121 do 25 de xuño de 2007).

    • Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG nº 20 do 29 de xaneiro de 2009).

    • Corrección de erros.-Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG nº 61 do 30 de marzo de 2009).

    • Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG nº 30 do 15 de febreiro de 2016).

    • Orde do 28 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases e se regulan os procedementos para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas para investimentos que fomenten a pesca sustentable para propietarios de buques pesqueiros, cofinanciadas co Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP), e se convocan para o ano 2022 os devanditos procedementos, tramitados como expedientes anticipados de gasto (DOG nº 15 do 24 de xaneiro de 2022).

    • Extracto da Orde do 28 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases e se regulan os procedementos para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas para investimentos que fomenten a pesca sustentable para propietarios de buques pesqueiros, cofinanciadas co Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP), e se convocan para o ano 2022 os devanditos procedementos, tramitados como expedientes anticipados de gasto (DOG nº 15 do 24 de xaneiro de 2022).

    • Resolución do 18 de xaneiro de 2024, da Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, pola que se dá publicidade ás axudas concedidas correspondentes á convocatoria do exercicio 2023 (DOG nº 27 do 7 de febreiro de 2024).

  • Ámbito Europeo
    • Regulamento (UE) nº 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello de 17 de decembro de 2013 polo que se establecen disposicións comúns relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo, ao Fondo de Cohesión, ao Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural e ao Fondo Europeo Marítimo e de Pesca, e polo que se establecen disposicións xerais relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo, ao Fondo de Cohesión e ao Fondo Europeo Marítimo e de Pesca, e derrógase o Regulamento (CE) nº 1083/2006 do Consello.

    • Regulamento (UE) nº 508/2014 do Parlamento Europeo e do Consello do 15 de maio de 2014, relativo ao Fondo Europeo Marítimo e da pesca, e polo que se derrogan os Regulamentos (CE) nº 2328, (CE) nº 861/2006, (CE) nº 1198/2006 e (CE) nº 791/2007 do Consello, e o Regulamento (UE) nº 1255/2011 do Parlamento Europeo e do Consello.

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

PE113E

Axudas destinadas aos familiares dos profesionais do mar falecidos no exercicio da súa actividade.

Tramitar en liña

Prazo aberto: 30/01/2025 00:00 - 15/12/2025 23:59

PE301A

Recoñecemento como organización de produtores pesqueiros (OPP).

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

PE301B

Retirada do recoñecemento como organización de produtores pesqueiros (OPP).

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

PE401B

Permiso de explotación a pé.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano