Guía de procedementos e servizos

ED601C

Axuda económica ás familias usuarias dos comedores escolares dos centros docentes sostidos con fondos públicos non xestionados pola Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.

Procedemento dirixido a: Cidadáns

Curso escolar 2025/2026 - Prazo aberto: 06/07/2026 09:00 - 06/08/2026 20:00

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Sobre o procedemento

Axudas económicas ás familias usuarias dos comedores escolares non xestionado directa nin indirectamente pola Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional nos centros docentes sostidos con fondos públicos.

Poderán ser beneficiarias da axuda as persoas proxenitoras e as persoas titoras ou representantes legais do alumnado matriculado no curso 2025/26, nos niveis de segundo ciclo de Educación Infantil, Educación Primaria e Educación Especial dos centros docentes sustentados con fondos públicos non universitarios do alumnado usuario dun comedor escolar non xestionado nin directa nin indirectamente pola Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.

Xunta de Galicia

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Departamento Territorial da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional da Coruña

Servizo de Apoio aos Servizos Educativos da Coruña

R/ Vicente Ferrer, 2 - 15071 A Coruña

15071  Coruña, A  (Coruña, A)

Teléfono: 981 184741/ 981 184780/ 981 184739/ 981 182442

Email: axucome.educacion.coruna@xunta.gal

Xunta de Galicia

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Departamento Territorial da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional de Lugo

Servizo de Apoio aos Servizos Educativos de Lugo

Ronda da Muralla, 70 - 27071 Lugo

27071  Lugo  (Lugo)

Teléfono: 982 294 169/ 982 294 186/ 982 294 163/ 982 294 187/ 982 294 193

Email: transporte.lugo@edu.xunta.gal

Xunta de Galicia

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Departamento Territorial da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional de Ourense

Servizo de Apoio aos Servizos Educativos de Ourense

R/ Concello, 11 - 32071 Ourense

32071  Ourense  (Ourense)

Teléfono: 988 386 648/ 988 687 777/ 988 386 650

Email: comedores.educacion.ourense@xunta.gal

Xunta de Galicia

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Departamento Territorial da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional de Pontevedra

Servizo de Apoio aos Servizos Educativos de Pontevedra

Avda. Mª Victoria Moreno, 43 - 36071 Pontevedra

36071  Pontevedra  (Pontevedra)

Teléfono: 986 805 951/ 886 206619/ 986 805954

Email: comedores.pontevedra@edu.xunta.gal

Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: ABERTO

06/07/2026 09:00 - 06/08/2026 20:00

 O prazo para a presentación de solicitudes iniciarase transcorridos 8 días naturais desde o día seguinte ao da publicación desta orde no DOG e será dun mes.

No caso de que o día de inicio do prazo sexa inhábil, o prazo comezará o día hábil seguinte, cunha hora de inicio das 9.00 horas e unha hora de fin de prazo ás 20.00 horas.

Enténdese por último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día de inicio, conforme o establecido neste artigo. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte. Se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.

1. O alumnado deberá ser usuario do servizo de comedor escolar do centro no que se atope matriculado, con asistencia, polo menos, do 40 % dos días lectivos durante o curso escolar 2025/26.

2. Así mesmo, as persoas beneficiarias teñen que cumprir os requisitos establecidos no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño. Todos os requisitos deberán reunirse no momento de finalización do prazo de presentación de solicitudes.

Solicitudes

1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por vía electrónica a través do formulario normalizado de solicitude, anexo I,  dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

Para a presentación das solicitudes electrónicas poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

2. A solicitude será única para todos os fillas e fillos e, de ser o caso, tuteladas e tutelados, que estean admitidos no mesmo centro docente para o curso 2025/26.

3. Poderán presentar as solicitudes de axudas as persoas proxenitoras, titores/as ou representantes legais do alumnado, e a súa presentación implicará que aceptan as bases da convocatoria, que cumpren os requisitos exixidos nela e que son certos os datos indicados na solicitude.

4. A persoa solicitante asinará na declaración responsable que forma parte da solicitude, que dispón do documento asinado polo cónxuxe ou persoa con unión análoga á conxugal ou outro membro da unidade familiar, no que autoriza ou se opón á comprobación dos datos destas últimas, conforme o modelo do anexo II. O devandito documento poderá ser requirido pola Administración pública en calquera momento.

5. A presentación da solicitude supón a aceptación das bases reguladoras, así como a aceptación da axuda, en caso de resultar beneficiario da subvención.

Documentación complementaria

1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación:

a) Anexo III. Declaración responsable da entidade xestora do comedor escolar, en que o alumno curse os seus estudos, na que se indique que este utilizou o comedor escolar durante o curso, así como o número de días, o prezo diario do devandito servizo e o importe total pagado e os datos do pagador.

Esta declaración tamén pode realizarse pola entidade contratada pola entidade xestora para a prestación do servizo.

b) Declaración responsable onde figuren xunto á/ao alumna/o, os demais membros computables da unidade familiar, segundo se establece no artigo 7 desta orde.

c) Certificado de discapacidade do/da alumno/a ou calquera membro da familia non expedido pola Administración autonómica.

d) Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero no ámbito familiar, en calquera das formas que enumera o artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero, cando o agresor forme parte da unidade familiar.

e) Resolución xudicial constitutiva da curatela representativa ou resolución xudicial que estableza a patria potestade prorrogada ou rehabilitada mentres non se produza a revisión desta medida.

f) Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou de certificado do centro de menores, para o alumnado en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia.

g) Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia, no caso de que o pai e a nai ou o titor o titores carezan de DNI e NIE.

h) Outra documentación que se considere pertinente.

2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela na que fose realizada a emenda.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

4. En todo caso, os documentos deberán ser válidos e eficaces no momento da súa presentación e reflectir a situación persoal e familiar á data de fin do prazo para presentar solicitudes, excepto os datos económicos que serán os do exercicio fiscal 2024.

Comprobación datos

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que as persoas interesadas se opoñan á súa consulta:

a) DNI ou NIE da persoa solicitante e do resto dos membros computables da unidade familiar.

b) DNI ou NIE da persoa representante do/da solicitante.

Consultaranse, ademais, os seguintes datos cando a persoa interesada faga constar na solicitude que lle é de aplicación a circunstancia que acredita o documento correspondente:

c) Certificado de discapacidade da persoa solicitante e do resto dos membros computables da unidade familiar expedido pola Administración autonómica, de ser o caso.

d) Percepción de pensión por incapacidade permanente total, absoluta ou grande invalidez, ou de pensión de clases pasivas por xubilación ou retiro por incapacidade permanente para o servizo ou inutilidade (equivalente a unha discapacidade igual ou superior ao 33 %), da persoa solicitante e do resto dos membros computables da unidade familiar, de ser o caso.

No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario respectivo e achegar os documentos.

2. Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para consultar:

a) Declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas ou, a falta desta, o certificado tributario de imputacións da persoa solicitante e do resto dos membros computables da unidade familiar do exercicio 2024 (consulta de nivel de renda).

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Trámites administrativos posteriores 

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Despois de presentar

Prazo de resolución:

Cinco meses

Sentido do silencio:

Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 22 de xuño de 2026 pola que se establecen as bases polas que se rexerá a concesión dunha axuda económica ás familias usuarias dos comedores escolares dos centros docentes sostidos con fondos públicos non xestionados por esta consellería e se procede á súa convocatoria para o curso escolar 2025/26 (DOG nº 118 do 26 de xuño de 2026).

    • Extracto da Orde do 22 xuño de 2026 pola que se establecen as bases polas que se rexerá a concesión dunha axuda económica ás familias usuarias dos comedores escolares dos centros docentes sostidos con fondos públicos non xestionados por esta consellería e se procede á súa convocatoria para o curso escolar 2025/26 (DOG nº 118 do 26 de xuño de 2026).

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

ED550C

Escolarización extraordinaria en centro docente sostido con fondos públicos

Aberto todo o ano

ED550A

Reserva de praza en centro docente sostido con fondos públicos

Prazo pechado: 15/01/2026 00:00 - 04/02/2026 23:59

ED550B

Admisión ordinaria en centro docente sostido con fondos públicos.

Prazo pechado: 01/03/2026 00:00 - 20/03/2026 23:59

ED601A

Axudas destinadas ao cofinanciamento dos servizos de comedor escolar xestionados polas asociacións de nais e pais do alumnado dos centros públicos non universitarios dependentes da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.

Tramitar en liña

Prazo pechado: 18/10/2025 08:00 - 18/11/2025 20:00