Guía de procedementos e servizos

ED550A

Reserva de praza en centro docente sostido con fondos públicos

Procedemento dirixido a: Cidadáns

Convocatoria 2025 - Prazo pechado: 15/01/2025 00:00 - 04/02/2025 23:59

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

TRAMITAR PRESENCIALMENTE

Esta orde ten por obxecto regular o procedemento de reserva (ED550A) en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato.

Alumnos de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato.

Xunta de Galicia

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos

Subdirección Xeral de Centros

San Caetano, s/n

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981546506

Email: sxcentros@edu.xunta.gal

Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos

Prazo de presentación: PECHADO

15/01/2025 00:00 - 04/02/2025 23:59

 O prazo de presentación de solicitudes de reserva (ED550A) comprende entre os días 15 de xaneiro ao 4 de febreiro de 2025, ambos incluídos.

- Solicitude segundo o Anexo I da Orde.

- Anexo I-bis (Comprobación de datos e consentimento da outra persoa proxenitora, titora ou acolledora).

- Documento acreditativo da representación.

- Certificado de discapacidade do/a alumno/a non expedido pola Administración autonómica.

- Informe de trastorno grave de conduta do/a alumno/a.

Comprobación de datos.

Os documentos relacionados serán obxecto de consulta ás administracións públicas. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente do Anexo e achegar unha copia dos documentos.

- DNI/NIE da persoa solicitante.

- DNI/NIE da persoa representante

- Certificado de discapacidade do/a alumno/a expedido pola Administración autonómica

- Certificado de dependencia do/a alumno/a

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (DOG nº 29 do 11 de febreiro de 2022).

    • Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (DOG nº 212 do 8 de novembro de 2022).

    • Corrección de erros. Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (DOG nº 51 do 14 de marzo de 2023).

Outros procedementos relacionados

ED317A

Avaliación e acreditación académica do alumnado que cursa as ensinanzas da formación profesional inicial

Aberto todo o ano

ED317B

Solicitude de exención de módulos de formación en centros de traballo (FCT) pola correspondencia coa practica laboral

Aberto todo o ano

ED322A

Axudas complementarias no marco do Programa comunitario de mobilidade Erasmus+, destinadas ao alumnado que cursa ensinanzas artísticas superiores en centros públicos de Galicia.

Tramitar en liña

Prazo aberto: 01/04/2025 00:00 - 30/04/2025 23:59

ED333B

Programa retorna talento FP.

Prazo aberto: 28/03/2025 00:00 - 28/04/2025 23:59