Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
ED317A
Avaliación e acreditación académica do alumnado que cursa as ensinanzas da formación profesional inicial
Procedemento dirixido a: Cidadáns
Será de aplicación nos centros docentes públicos e privados do ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia autorizados para impartir ensinanzas de formación profesional, conforme as ofertas formativas que se establecen no Decreto 114/2010, do 1 de xullo, polo que se establece a ordenación xeral da formación profesional do sistema educativo de Galicia.
En materia de validacións e exencións atenderase ao establecido nos artigos 52 e 53 do Decreto 114/ 2010, do 1 de xullo, polo que se establece a ordenación xeral da formación profesional do sistema educativo de Galicia. Ademais, poderanse validar aqueles módulos profesionais que se determinen nas normas que se establezan para tal efecto
1. As solicitudes de validación de estudos cursados, ou por acreditación de unidades de competencia, con módulos profesionais dos ciclos formativos, requiren a matriculación previa do alumnado para continuar estudos nun centro docente autorizado para impartir estas ensinanzas, e presentaranse perante a dirección do centro educativo dentro dos primeiros vinte días contados desde o comezo das clases. No caso de centros privados ou públicos non dependentes da consellería con competencias en materia de educación, a dirección dará traslado das solicitudes ao centro público a que estea adscrito, no prazo de cinco días hábiles.
Antes do día 5 de decembro de cada ano, a dirección do centro público deberá resolver ou, de ser o caso, remitir ao órgano competente as solicitudes de validacións.
2. A solicitude de validación de módulos profesionais formalizarase no modelo de instancia establecido para tal efecto no anexo XIV desta orde, e xuntaráselle unha fotocopia compulsada do DNI do alumno ou a alumna, e da certificación académica oficial dos estudos cursados ou, se for o caso, do certificado de profesionalidade elaborado a partir do Catálogo nacional de cualificacións profesionais ou da acreditación parcial de unidades de competencia. A presentación da fotocopia do DNI ou NIE non será necesaria en caso de que a persoa solicitante autorice a consulta de datos no Sistema de Verificación de Datos de Identidade do Ministerio da Presidencia.
3. As solicitudes de validación dos módulos profesionais non consideradas no artigo anterior desta orde serán remitidas polo director ou a directora do centro onde conste o expediente do alumno ou da alumna:
a) Á Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, no caso de módulos profesionais que non estean incluídos nas ensinanzas mínimas que regulen os títulos de formación profesional e que completen os contidos do currículo da Comunidade Autónoma de Galicia, que resolverá segundo proceda.
b) Ao Ministerio de Educación, no resto dos casos, que resolverá segundo proceda. Xunto coa solicitude deberanse achegar, ademais da documentación anteriormente relacionada, os programas dos estudos realizados, agás no caso de ser ensinanzas regradas non universitarias.
4. O alumnado que estea pendente de validación nalgún módulo profesional deberá asistir ás clases ata a presentación da resolución favorable desta. Se a confirmación da validación é posterior ás avaliacións finais, deberanse facer as dilixencias oportunas de modificación da cualificación en todos os documentos oficiais. Non terán validez as resolucións de validación para o alumnado procedente de renuncia ou que causase baixa no curso académico de presentación da solicitude de validación.
5. Os departamentos de orientación dos centros informarán e asesorarán o alumnado sobre o procedemento de validacións e exencións, de forma específica, durante o período de matrícula e o inicio de curso.
Xunta de Galicia
Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Dirección Xeral de Formación Profesional
Subdirección Xeral de Cualificacións, Planificación e Xestión da Formación Profesional
Servizo de Programación da Formación Profesional
San Caetano, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981546543
Fax: 981546551
Prazo de presentación: Aberto todo o ano
Solicitude normalizada segundo o anexo XIV.
Fotocopia compulsada do documento de identificación: DNI (no caso de non autorizar a consulta telemática dos datos de identidade) NIE, pasaporte ou documento de identidade da Unión Europea.
Certificación academica oficial dos estudos cursados ou, de ser o caso, do certificado de profesionalidade elaborado a partir do Catálogo nacional de cualificacións profesionais.
Acreditación parcial de unidades de competencia do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais.
Certificación de matrícula dos estudos de formación profesional que está a cursar (no caso de validacións para resolver polo Ministerio de Educación ou pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria).
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 12 de xullo de 2011 pola que se regulan o desenvolvemento, a avaliación e a acreditación académica do alumnado das ensinanzas de formación profesional inicial (DOG nº 136 do 15 de xullo de 2011).
-
Outros procedementos relacionados
Solicitude de exención de módulos de formación en centros de traballo (FCT) pola correspondencia coa practica laboral
Aberto todo o ano
Participación no fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar.
Prazo aberto: 16/05/2025 00:00 - 20/06/2025 23:59
Programa retorna talento FP.
Prazo aberto: 28/03/2025 00:00 - 25/06/2025 23:59
Homologación e/ou validación de títulos e estudos estranxeiros de ensinanzas non universitarias.
Aberto todo o ano