Guía de procedementos e servizos

ED311F

Premios extraordinarios nas ensinanzas artísticas profesionais de música, danza, e de artes plásticas e deseño na Comunidade Autónoma de Galicia.

Procedemento dirixido a: Cidadáns

Convocatoria 2023 - Prazo pechado: 17/06/2023 00:00 - 17/07/2023 23:59

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

TRAMITAR PRESENCIALMENTE

Convocar na Comunidade Autónoma de Galicia os premios extraordinarios na modalidade de ensinanzas artísticas profesionais nos ámbitos de Música, de Danza, e de Artes Plásticas e Deseño para o alumnado que finalizase as ensinanzas profesionais de Música, de Danza ou de ciclos formativos de grao superior de Artes Plásticas e Deseño, no curso 2022/23 nun centro docente da Comunidade Autónoma de Galicia e cumpra os requisitos establecidos nesta orde.

Alumnado que finalizase as ensinanzas profesionais de Música, de Danza ou de ciclos formativos de grao superior de Artes Plásticas e Deseño, no curso 2022/23 nun centro docente da Comunidade Autónoma de Galicia.

Xunta de Galicia

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Dirección Xeral de Formación Profesional

Subdirección Xeral de Aprendizaxe Permanente, Ensinanzas Artísticas, Idiomas e Deportivas

Servizo de Ensinanzas de Réxime Especial e Aprendizaxe Permanente

Edificio Administrativo San Caetano, s/n

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981546556/ 981546555

Email: sereap@edu.xunta.gal

https://www.edu.xunta.gal

Dirección Xeral de Formación Profesional

Prazo de presentación: PECHADO

17/06/2023 00:00 - 17/07/2023 23:59

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día de prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes do vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo finaliza o último día do mes.

Poderá optar aos premios extraordinarios de ensinanzas artísticas profesionais o alumnado que cumpra os seguintes requisitos:

Ámbito de música.

a) Ter finalizado as ensinanzas profesionais de Música, no curso 2022/23, en centros públicos ou privados autorizados de ensinanzas profesionais de Música da Comunidade Autónoma de Galicia.

b) Ter obtido unha nota media igual ou superior a 8,75 nos dous últimos cursos das ensinanzas profesionais de Música. Para estes efectos, as materias validadas non serán tidas en conta. No caso de que a persoa aspirante ingresase en sexto curso, a nota media calcularase tendo en conta unicamente as materias do dito curso.

c) O alumnado que desexe optar a estes premios deberá, ademais, presentar unha copia dunha gravación de vídeo, en formato AVI ou MPEG, en soporte DVD, na cal a persoa aspirante interprete tres pezas (obras ou movementos completos de obras) de diferentes estilos, dunha dificultade non inferior ao nivel de sexto curso de ensinanzas profesionais de Música, cunha duración máxima de 25 minutos, e un tamaño máximo dun xigabyte (1 GB), entre as tres pezas. O alumnado unicamente poderá presentar a solicitude de xeito individual, realizando a interpretación como solista, con acompañamento da agrupación que precise, se é o caso. A devandita gravación non poderá estar editada, deberá corresponder a unha gravación en directo sen aplicación de ningún tipo de procesamento de son e/ou imaxe. O alumnado poderá realizar máis dunha toma de vídeo sempre e cando realice unha interpretación continua de cada movemento. A persoa aspirante deberá especificar os títulos e os/as autores/autoras das pezas que interpreta tanto na solicitude (anexo I) como no soporte da gravación, respectando a orde de interpretación.

Ámbito de danza.

a) Ter finalizado as ensinanzas profesionais de Danza, no curso 2022/23, en centros públicos ou privados autorizados de ensinanzas profesionais de Danza da Comunidade Autónoma de Galicia.

b) Ter obtido unha nota media igual ou superior a 8,75 nos dous últimos cursos das ensinanzas profesionais de Danza. Para estes efectos, as materias validadas non serán tidas en conta. No caso de que a persoa aspirante ingresase en sexto curso, a nota media calcularase tendo en conta unicamente as materias do dito curso.

c) O alumnado que desexe optar a estes premios deberá, ademais, presentar unha copia dunha gravación de vídeo, en formato AVI ou MPEG, en soporte DVD, na cal a persoa aspirante interprete, co acompañamento que precise, se é o caso, tres pezas (variacións, obras ou fragmentos de obras coreográficas) de diferentes estilos, dunha dificultade non inferior ao nivel de sexto curso das ensinanzas profesionais de Danza, cunha duración máxima de 15 minutos e un tamaño máximo dun xigabyte (1 GB), entre as tres pezas. O alumnado poderá realizar unha toma de vídeo distinta para cada unha das tres pezas (variacións, obras ou fragmentos de obras coreográficas), sempre que realice unha interpretación continua de cada peza. A persoa aspirante deberá especificar os títulos e coreógrafos/as das pezas que interpreta tanto na solicitude (anexo I) coma no soporte da gravación, respectando a orde de interpretación. Cando a variación, obra ou fragmento da obra coreográfica presentada corresponda a unha interpretación en conxunto, deberá especificarse que bailarín/bailarina, dentro do grupo, é a persoa aspirante.

Ámbito de artes plásticas e deseño.

a) Ter finalizado un ciclo formativo de grao superior de Artes Plásticas e Deseño, no curso 2022/23, en centros públicos ou privados autorizados da Comunidade Autónoma de Galicia.

b) Ter obtido unha nota media final igual ou superior a 8,75 no ciclo formativo de grao superior de Artes Plásticas e Deseño cursado. A nota media final obterase da media aritmética das cualificacións dos módulos que teñan expresión numérica, sen que se teñan en conta no dito cálculo as cualificacións de «apto», «exento» ou «validado». No cálculo da nota media non se incluirá a cualificación do proxecto integrado ou proxecto final.

c) O alumnado que desexe optar a estes premios deberá, ademais, presentar a memoria e documentación gráfica do proxecto integrado ou proxecto final do ciclo formativo de grao superior polo cal concorre, en formato PDF, AVI ou MPEG cun tamaño máximo dun xigabyte (1 GB)

Solicitudes.

1. As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado (anexo I), dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

Opcionalmente, poderanse presentar presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Para a presentación electrónica das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

2. As solicitudes subscribiraas a persoa interesada ou a persoa que acredite a súa representación por calquera medio válido en dereito.

3. A sede electrónica da Xunta de Galicia dispón de instrucións de axuda que deberán ser observadas en todo momento polas persoas solicitantes para a presentación electrónica deste procedemento. En caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información durante o proceso de obtención dos formularios, poderán dirixirse ao teléfono de información 012 ou ao enderezo electrónico 012@xunta.gal

Se as dúbidas están relacionadas coa presente convocatoria, poderán facer as súas consultas no enderezo electrónico sereap@edu.xunta.gal

Documentación complementaria.

As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

1. Acreditación da representación por calquera medio válido en dereito no caso de actuar por medio de representante.

2. Certificación académica dos estudos obxecto de baremo, na cal se reflicta a cualificación final obtida pola persoa aspirante, asinada polo/a secretario/a co visto e prace do/da director/a do centro público no que estea o expediente académico da persoa aspirante.

3. Documentación segundo corresponda aos respectivos ámbitos:

Ámbito música e danza: unha copia de vídeo en formato AVI ou MPEG en soporte DVD, cun tamaño máximo dun xigabyte (1 GB).

Ámbito artes plásticas e deseño: memoria e documentación gráfica do proxecto integrado ou proxecto final do ciclo formativo de grao superior de Artes Plásticas e Deseño polo cal concorre, en formato PDF, AVI ou MPEG, cun tamaño máximo dun xigabyte (1 GB).

De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán recadados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada. De forma excepcional, se non se puidesen obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.

A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica. Opcionalmente, as persoas interesadas poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

No caso de que algún dos documentos que se presente de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no número anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

No ámbito de artes plásticas e deseño, o proxecto final ou proxecto integrado en formato PDF, AVI ou MPEG poderá ser entregado, de ser necesario, en soporte DVD. Nese caso o DVD deberá ser enviado ao Servizo de Ensinanzas de Réxime Especial e Aprendizaxe Permanente, Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela.

Nos ámbitos de música e de danza, a copia do vídeo en formato AVI ou MPEG en soporte DVD deberá ser enviado ao Servizo de Ensinanzas de Réxime Especial e Aprendizaxe Permanente, Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela.

Non serán admitidos os proxectos integrados, proxectos finais, vídeos de música, vídeos de danza en formatos e/ou tamaños diferentes aos establecidos na presente convocatoria.

Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

Comprobación de datos.

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) DNI ou NIE da persoa solicitante.

b) DNI ou NIE da persoa representante, só no caso de actuar por medio de representante.

c) Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias coa Axencia Estatal de Administración Tributaria (AEAT).

d) Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.

e) Certificado de estar ao día no pagamento coa Axencia Tributaria de Galicia (Atriga).

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos. Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes.

A sede electrónica da Xunta de Galicia permítelles ás persoas interesadas realizar trámites electrónicos, con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada. Opcionalmente, tamén poderán tramitarse presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Prazo de resolución:

Cinco meses

Sentido do silencio:

Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 2 de xuño de 2023 pola que se convocan os premios extraordinarios na modalidade de ensinanzas artísticas profesionais nos ámbitos de música, de danza, e de artes plásticas e deseño na Comunidade Autónoma de Galicia correspondentes ao curso 2022/23 (DOG nº 114 do 16 de xuño de 2023).

    • Extracto da Orde do 2 de xuño de 2023 pola que se convocan os premios extraordinarios na modalidade de ensinanzas artísticas profesionais nos ámbitos de música, de danza, e de artes plásticas e deseño na Comunidade Autónoma de Galicia correspondentes ao curso 2022/23 (DOG nº 114 do 16 de xuño de 2023).

    • Resolución do 20 de setembro de 2023, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se designan os membros e se fai pública a composición do xurado de selección que analizará e valorará as solicitudes das persoas aspirantes aos premios extraordinarios na modalidade de ensinanzas artísticas profesionais nos ámbitos de música, de danza e de artes plásticas e deseño na Comunidade Autónoma de Galicia, correspondentes ao curso 2022/23 (DOG nº 185 do 28 de setembro de 2023).

    • Resolución do 15 de decembro de 2023 pola que se publica a adxudicación dos premios extraordinarios na modalidade de ensinanzas artísticas profesionais nos ámbitos de música, de danza, e de artes plásticas e deseño na Comunidade Autónoma de Galicia, correspondentes ao curso 2022/23, convocados pola Orde do 2 de xuño de 2023 (Diario Oficial de Galicia número 114, do 16 de xuño) (DOG nº 243 do 26 de decembro de 2023).

Outros procedementos relacionados

ED317A

Avaliación e acreditación académica do alumnado que cursa as ensinanzas da formación profesional inicial

Aberto todo o ano

ED317B

Solicitude de exención de módulos de formación en centros de traballo (FCT) pola correspondencia coa practica laboral

Aberto todo o ano

ED330B

Participación no fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar.

Prazo aberto: 16/05/2025 00:00 - 20/06/2025 23:59

ED333B

Programa retorna talento FP.

Prazo aberto: 28/03/2025 00:00 - 26/05/2025 23:59