Guía de procedementos e servizos

ED504F

Actividades de inmersión lingüística en lingua inglesa English Week dirixidas a alumnado de sexto curso de educación primaria e de educación secundaria obrigatoria.

Procedemento dirixido a: Cidadáns, Empresas e profesionais

Convocatoria 2019 - Prazo pechado: 24/05/2019 00:00 - 01/07/2019 23:59

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Esta orde ten por obxecto regular a convocatoria e selección de centros docentes non universitarios para participar en actividades de inmersión en lingua inglesa dirixidas a alumnado de sexto curso de educación primaria e de educación secundaria obrigatoria durante o ano 2019.

As actividades a que se refire esta orde desenvolveranse de acordo co obxectivo e o programa que se especifica a seguir:

1. O obxectivo principal deste programa é proporcionar ao alumnado participante unha actividade de inmersión lingüística que lle permita mellorar as súas destrezas de comprensión e expresión oral en lingua inglesa, a través de actividades non só académicas senón tamén de carácter cultural, que servirán de reforzo ao programa ordinario do currículo dos alumnos e das alumnas.

2. O contido dos cursos inclúe un programa de actividades académicas, de tempo libre e obradoiros. En calquera caso, a finalidade do programa é promover a convivencia entre o alumnado e a motivación pola comunicación en lingua inglesa, facendo uso de medios tecnolóxicos que favorezan a devandita aprendizaxe.

3. A metodoloxía será activa, lúdica e cooperativa; promoverá aprendizaxes significativas por parte do alumnado, incidindo na educación en valores democráticos e nos aspectos relacionados coa sustentabilidade e coñecemento da contorna.

O custo total de cada actividade inclúe:

1. Os monitores ou monitoras que acompañarán o alumnado en cada un dos grupos durante a actividade.

2. Os gastos de docencia e o material escolar.

3. As actividades culturais, deportivas e complementarias dos cursos.

4. Os gastos de mantenza e aloxamento do alumnado e do profesorado acompañante.

5. Certificado de realización da actividade.

6. Seguro de accidentes e de responsabilidade civil.

Poderán participar nesta convocatoria os centros docentes non universitarios sostidos con fondos públicos dependentes da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional en que se impartan ensinanzas de educación primaria e de educación secundaria obrigatoria.

Xunta de Galicia

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos

Servizo de Programas de Formación

San Caetano, s/n

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981957538

Fax: 981546550

Dirección Xeral de Formación Profesional

Prazo de presentación: PECHADO

24/05/2019 00:00 - 01/07/2019 23:59

O prazo para a presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e rematará o 1 de xullo de 2019.

- Cada centro poderá participar cun máximo de 25 alumnos e/ou alumnas do mesmo nivel educativo.

- Non poderán ter a condición de beneficiarios das axudas previstas nesta orde os centros privados concertados en que se dea algunha das circunstancias previstas no artigo 10.2 e 3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

  • As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal

Se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude de forma presencial, requirirase para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que foi realizada a emenda.

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 https://sede.xunta.gal/tramites-e-servizos/chave365.

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar durante a tramitación deste procedemento deberán ser realizados electronicamente accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Documentación complementaria necesaria para a tramitación do procedemento.

  • Os centros interesados deberán achegar coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación:

    • a) Certificación de que o consello escolar foi informado da participación nestas actividades, segundo o modelo que figura no anexo II.

    • b) Proxecto de participación, cun máximo de cinco folios, segundo o modelo que figura no anexo III.

  • A documentación complementaria presentarase obrigatoriamente por vía electrónica. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.

Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

  • Comprobación de datos.

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas no caso dos centros privados concertados:

  • a) DNI/NIE da persoa representante.

  • b) NIF da entidade solicitante.

  • c) Certificado de estar ao día das obrigas tributarias coa Axencia Estatal da Administración Tributaria para subvencións e axudas.

  • d) Certificado de estar ao día de pagamento coa Tesouraría Xeral da Seguridade Social.

  • e) Certificado de estar ao día no pagamento coa consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia.

2. No caso de que as persoas representantes dos centros privados concertados se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os documentos correspondentes.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos poderase solicitar ás persoas representantes a presentación dos documentos correspondentes.

Prazo de resolución: Cinco meses

Sentido do silencio: Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 8 de maio de 2019 pola que se regulan a convocatoria e a selección de centros docentes non universitarios sostidos con fondos públicos dependentes desta consellería para participaren en actividades de inmersión lingüística en lingua inglesa, English Week, dirixidas ao alumnado de sexto curso de educación primaria e de educación secundaria obrigatoria (DOG nº 97 do 23 de maio de 2019).

    • Extracto da Orde do 8 de maio de 2019 pola que se regulan a convocatoria e a selección de centros docentes non universitarios sostidos con fondos públicos dependentes desta consellería para participaren en actividades de inmersión lingüística en lingua inglesa, English Week, dirixidas ao alumnado de sexto curso de educación primaria e de educación secundaria obrigatoria (DOG nº 97 do 23 de maio de 2019).

    • Resolución do 30 de xaneiro de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se resolve a convocatoria e selección de centros docentes non universitarios sostidos con fondos públicos dependentes desta consellería para participar en actividades de inmersión lingüística en lingua inglesa, English Week, dirixidas ao alumnado de sexto curso de educación primaria e de educación secundaria obrigatoria. (DOG nº 30 do 13 de febreiro de 2020).

Outros procedementos relacionados

ED301A

Autorización de centros privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

ED301B

Modificación de autorización de centros privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

ED301C

Autorización de centros privados para impartir ensinanzas artísticas.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

ED301D

Modificación de autorización de centros privados para impartir ensinanzas artísticas.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano