Orientámolo/a, paso a paso, para presentar unha solicitude no rexistro electrónico
TR308A - Certificado de profesionalidade e acreditacion parcial acumulable.
Esta orde ten por obxecto regular o procedemento de tramitación dos certificados de profesionalidade e das acreditacións parciais acumulables (acreditación de unidades de competencia) que correspondan, conforme a lexislación vixente, ao alumnado da formación profesional para o emprego, da formación profesional do sistema educativo e as persoas participantes nos procedementos de recoñecemento da competencia profesional de Galicia; así como aprobar o formato de solicitude (TR308A) para a expedición de certificados de profesionalidade e acreditacións parciais acumulables.
Finalidade do procedemento .
O procedemento para a solicitude de certificados de profesionalidade e de acreditacións parciais acumulables que se regula na presente orde ten como finalidade dar resposta á necesidade de integración, transferencia e recoñecemento das competencias profesionais obtidas, favorecendo a transparencia do mercado de traballo e posibilitando a validación das unidades de competencia que coincidan entre os certificados de profesionalidade e os títulos de formación profesional e facilitar así a aprendizaxe permanente.
1. Poderán solicitar a expedición dun certificado de profesionalidade :
• O alumnado que cursase ensinanzas de formación profesional para o emprego autorizadas pola Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral e acredite ter superado con avaliación positiva todos os módulos formativos que conforman o certificado de profesionalidade.
• O alumnado que cursase ensinanzas de formación profesional do sistema educativo en Galicia que superen todos os módulos profesionais asociados ás unidades de competencia que conforman o certificado de profesionalidade; excepto que teña completado o correspondente título de FP.
• As persoas que, a través do procedemento de recoñecemento da competencia profesional adquirida por experiencia laboral ou formación non formal en Galicia, acrediten a totalidade das unidades de competencia que conforman o certificado de profesionalidade.
• As persoas que, mediante a acumulación de acreditacións parciais acumulables adquiridas por calquera das vías descritas nos puntos anteriores, completen todas as unidades de competencia que conforman o certificado de profesionalidade.
2. Poderá solicitar unha acreditación parcial acumulable :
• O alumnado que cursase ensinanzas de formación profesional para o emprego en Galicia e acredite ter superado con avaliación positiva algún módulo formativo e non complete todos os módulos dun certificado de profesionalidade.
Xunta de Galicia
Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade
Dirección Xeral de Formación para o Emprego e Orientación
Subdirección Xeral de Cualificacións e Capacidades para o Emprego
Edificio Administrativo S. Lazaro, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981546840
Email: ctb.igcualif@xunta.gal
Dirección Xeral de Formación para o Emprego e Orientación
Orde do 12 de febreiro de 2019 pola que se establece o procedemento de expedición de certificados de profesionalidade e acreditacións parciais acumulables (DOG nº 50 do 12 de marzo de 2019).
Orde do 5 de maio de 2020 pola que se autoriza e se dá publicidade dunha relación de procedementos que, por razóns motivadas, deben continuar coa súa tramitación durante a vixencia do estado de alarma. (DOG nº 90 do 11 de maio de 2020).
Real Decreto 34/2008, do 18 de xaneiro, polo que se regulan os certificados de profesionalidade (BOE nº 27 do 31 de xaneiro de 2008).
Real Decreto 1675/2010, do 10 de decembro, polo que se modifica o Real Decreto 34/2008, do 18 de xaneiro, polo que se regulan os certificados de profesionalidade e os reais decretos polos que se establecen certificados de profesionalidade ditados na súa aplicación (BOE nº 318 do 31 de decembro de 2010).
Corrección de erros do Real Decreto 1675/2010, do 10 de decembro, polo que se modifica o Real Decreto 34/2008, do 18 de xaneiro, polo que se regulan os certificados de profesionalidade e os reais decretos polos que se establecen certificados de profesionalidade ditados na súa aplicación (BOE nº 7 do 8 de xaneiro de 2011).
Real Decreto 189/2013, do 15 de marzo, polo que se modifica o Real Decreto 34/2008, do 18 de xaneiro, polo que se regulan os certificados de profesionalidade e os reais decretos polos que se establecen certificados de profesionalidade ditados na súa aplicación (BOE nº 69 do 21 de marzo de 2013).
Corrección de erros do Real Decreto 189/2013, do 15 de marzo, polo que se modifica o Real Decreto 34/2008, do 18 de xaneiro, polo que se regulan os certificados de profesionalidade e os reais decretos polos que se establecen certificados de profesionalidade ditados na súa aplicación (BOE nº 236 do 2 de outubro de 2013).
Prazo de presentación: Aberto todo o ano
Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
- As persoas interesadas deberán solicitar á Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral o certificado de profesionalidade ou as acreditacións parciais acumulables no modelo establecido no anexo I desta orde.
- Cando unha persoa completase un certificado de profesionalidade a través de distintas accións formativas, a solicitude de expedición do certificado de profesionalidade dirixirase á Administración competente que xestionase a última acción, que se encargará tamén do rexistro del, tal e como se establece no artigo 28 da Orde ESS/1897/2013, do 10 de outubro, pola que se desenvolve o Real decreto 34/2008, do 18 de xaneiro, polo que se regulan os certificados de profesionalidade.
- As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Documentación complementaria necesaria para a tramitación do procedemento de solicitude de certificado de profesionalidade e de acreditación parcial acumulable .
- As persoas interesadas que queiran solicitar un certificado de profesionalidade deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:
- A. O alumnado que cursase ensinanzas de formación profesional para o emprego autorizadas pola Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral:
- Copia do diploma ou diplomas que acrediten a superación de todos os módulos formativos correspondentes ao certificado de profesionalidade ou a exención do módulo de prácticas profesionais non laborais, no caso en que proceda.
- Copia da documentación que acredite os requisitos académicos ou dos requisitos de acceso ás accións formativas que dan dereito á obtención dun certificado de profesionalidade segundo o disposto no artigo 2 da Orde do 7 de xaneiro de 2014 onde se recollen os requisitos formativos para o acceso á formación dos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3 de cualificación profesional na Comunidade Autónoma de Galicia.
- B. O alumnado que cursase ensinanzas de formación profesional do sistema educativo en Galicia:
- Copia da certificación de módulos profesionais asociados á totalidade de unidades de competencia que conforman o certificado de profesionalidade.
- Copia da certificación do módulo de formación en centros de traballo ou a exención do módulo de FCT que permita a acreditación do módulo de prácticas non laborais incluído no certificado de profesionalidade.
- Copia da documentación que acredite os requisitos académicos de acceso ao ciclo formativo ou dos requisitos de acceso ás accións formativas que dan dereito á obtención dun certificado de profesionalidade.
- C. As persoas do procedemento de recoñecemento da competencia profesional adquirida por experiencia laboral ou formación non formal en Galicia:
- Copia do documento que acredite as unidades de competencia obtidas a través deste procedemento de recoñecemento da competencia profesional.
- A. O alumnado que cursase ensinanzas de formación profesional para o emprego autorizadas pola Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral:
As persoas interesadas que queiran solicitar unha acreditación parcial acumulable deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:
- Copia do diploma ou diplomas que acrediten a superación dos módulos formativos correspondentes ao certificado de profesionalidade.
- Copia da documentación que acredite os requisitos académicos ou dos requisitos de acceso ás accións formativas que dan dereito á obtención dun certificado de profesionalidade, segundo o disposto no artigo 2 da Orde do 7 de xaneiro de 2014 onde se recollen os requisitos formativos para o acceso á formación dos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3 de cualificación profesional na Comunidade Autónoma de Galicia.
Non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos. Presumirase que esta consulta é autorizada polas persoas interesadas, salvo que conste no procedemento a súa oposición expresa.
Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á persoa interesada a súa presentación, ou, na súa falta, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.
- A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.
Opcionalmente, as persoas interesadas poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
- Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, cando se dispoña del.
- A sede electrónica da Xunta de Galicia permite as persoas interesadas realizar trámites electrónicos, con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada. Opcionalmente, tamén poderán tramitarse presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
- Comprobación de datos .
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:
- DNI ou NIE da persoa solicitante.
- DNI ou NIE da persoa representante.
2. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Máis información
Localice o procedemento ou servizo na guía de procedementos e servizos, consulte a información do trámite e revise a documentación obrigatoria para presentar a solicitude que figura na pestana "Presentación" no apartado "Documentación para a presentación".
No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles modelos en formato PDF para aqueles documentos para os que se precisan. Se os necesita:
- Primeiro descargue no seu equipo os modelos PDF (asegúrese de que están descargados, non abertos no navegador).
- A continuación cubra os modelos. Se algunha táboa ten filas e non son suficientes pode engadilas nese documento descargado.
- Por último garde ou imprima en versión PDF un arquivo electrónico de cada modelo cuberto.
- Asine o documento, se así se require.
- Para finalizar anexe o modelo ou modelos en PDF na súa presentación.
No caso de que o procedemento non figure na guía, poderá empregar a solicitude xenérica.
Prema en "Tramitar en liña" para iniciar o trámite electrónico.
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Agora xa está dentro do seu espazo persoal "A miña sede".
Cubra o formulario e lembre que pode gardalo para recuperalo máis adiante desde o apartado "Os meus borradores" de "A miña sede".
Cando o teña cuberto, prema en "Continuar".
Anexe a documentación que queira presentar xunto co formulario. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Pode consultar como enviar ficheiros que non teñen o tamaño ou o formato aceptados por esta sede.
Asine o formulario e a documentación que quere entregar.
Pode facelo cun certificado electrónico empregando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá no seu móbil.
Descargue o xustificante da presentación.
Poderá tamén acceder a este documento desde o apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede".
Consulte como proceder cos documentos de gran tamaño e en distintos formatos
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Lembre que este servizo soamente estará disponible desde o espazo "A miña sede" da sede electrónica e naqueles procedementos que teñan habilitados trámites electrónicos posteriores á solicitude cando así o estableza a súa norma reguladora.
Prepare os arquivos electrónicos necesarios e comprobe que utiliza formatos compatibles coa sede: .bmp, .ce3, .cex, .csv, .cte, .dbf, .doc, .docx, .dwg, .dxfn, .hexhash, .inp, .jpg, .ods, .odt, .pd2, .pdf, .pdl, .png, .prj, .shp, .shx, .tiff, .txt, .xls, .xlsx, .xml, .tgd, .kmz, .kml e .gpx
O tamaño máximo do conxunto de documentos achegados a unha presentación en esta sede é de 100 MB, e non se admiten arquivos comprimidos.
Comprobe o tamaño total do conxunto de documentos que precisa achegar:
- Se é inferior a 100 MB pode achegar todos os documentos á solicitude
- Se é superior a 100 MB separe os arquivos de máis de 100 MB, agrupe o resto en subconxuntos de documentos que non superen os 100 MB e proceda segundo os seguintes pasos
- Presente a solicitude achegando un subconxunto de documentos de menos de 100 MB.
- Repita o trámite de achega de documentación separada da solicitude para cada un dos subconxuntos restantes de documentos, seguindo estes pasos:
- Unha vez finalizada a presentación acceda ao apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede", seleccione o expediente da solicitude que acaba de realizar, pulse na opción "Accións" e seleccione "Achega de documentación separada da solicitude".
- Cubra o formulario e pulse en "continuar"
- Achegue o seguinte subconxunto de documentos
- Asine e complete a achega de documentación separada
- Repita este proceso para cada subconxunto de documentos de menos de 100 MB
Se algún arquivo supera individualmente os 100 MB:
- Proceda segundo se explica nos pasos anteriores para o resto de arquivos
- Descargue no seu equipo o modelo xenérico para a achega de documentación separada
- Cubra o modelo, indicando o expediente ou número de rexistro de entrada da solicitude electrónica realizada e a unidade responsable do procedemento
- Imprima o modelo e presénteo de forma presencial, xunto coa documentación en formato físico -CD, DVD, USB-, en calquera das oficinas de rexistro
Prazo de resolución: Cinco meses
Sentido do silencio: Negativo
Máis información
Consulte como responder a un requirimento de emenda de documentación
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos. Na pestana "Presentación", no apartado "Documentación para a presentación" figura o listado de documentos requiridos para a presentación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos. Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede". Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365. Busque o expediente relacionado co requirimento e seleccione no menú "Acción" da dereita a opción "Emenda ao requirimento".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Emenda ao requirimento" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a emenda utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario indicando os datos ou documentos achegados para a emenda.
Anexe os documentos que queira presentar. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a emenda.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da emenda.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Coñeza como achegar documentación xustificativa a un expediente en curso
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Na pestana "Despois da presentación", no apartado "Xustificación" figura o listado de documentos requiridos para a xustificación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos.
Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede".
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Busque o expediente para o que precisa achegar documentación xustificativa. No menú "Acción" que aparece á dereita seleccione a opción "Achega de documentación xustificativa".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Achega de documentación xustificativa" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a xustificación utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario.
Indique os documentos que achega para a xustificación.
Anexe os documentos que queira presentar para a xustificación. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a xustificación.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da xustificación.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Todos os seus expedientes, presentacións e borradores en "A miña sede"
Para xestionar os seus expedientes o primeiro que debe facer é acceder o seu espazo persoal premendo en "A miña sede" e, a continuación, identificarse empregando calquera dos certificados admitidos nesta sede ou Chave365.
Poderá ver na súa bandexa de entrada os seus últimos expedientes, presentacións e borradores.
Verá en pantalla información detallada de cada expediente ou presentación (número de expediente/rexistro, código e nome do procedemento etc.).
Se desexa ver todos os seus expedientes e presentacións, prema no botón "Ver todos/Buscar".
Ao acceder á pantalla de busca, pode buscar expedientes ou borradores por distintos criterios ou localizalos directamente se coñece o código de acceso.
Poderá realizar accións concretas sobre un expediente (achegar documentación adicional, mellorar unha solicitude, modificar os seus datos de notificación etc.) desde:
- A bandexa de entrada dos seus últimos expedientes, presentacións e borradores, premendo o botón "Acción" da columna "Que podo facer?"
- O detalle do expediente electrónico, premendo directamente nas accións dispoñibles da columna "Que podo facer?"