Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
BS303A
Prazas xuvenís, Programa campaña de verán
Procedemento dirixido a: Cidadáns
Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude
Ofertar as prazas para actividades xuvenís dentro da programación da Campaña de verán 2026 que se detalla no anexo I, para facilitar que a mocidade galega poida participar en actividades de tempo libre de calidade.
As diferentes actividades que integran esta programación levaranse a cabo en diferentes quendas durante os meses de xullo, agosto e setembro.
A información sobre a convocatoria desta campaña atoparase detallada na páxina web xuventude.xunta.es
Persoas mozas residentes en Galicia.
Xunta de Galicia
Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude
Departamento Territorial da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude de Lugo
Servizo de Xuventude e Voluntariado de Lugo
Ronda da Muralla, nº 70
27001 Lugo (Lugo)
Teléfono: 982294224/982294599/982294923/982294353
Email: xuventudelugo@xunta.gal
Xunta de Galicia
Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude
Departamento Territorial da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude de Ourense
Servizo de Xuventude e Voluntariado de Ourense
Celso Emilio Ferreiro, 27
32004 Ourense (Ourense)
Teléfono: 988386120/988386113/988386117/988386118
Email: servicio.xuventude.ourense@xunta.gal
Xunta de Galicia
Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude
Departamento Territorial da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude de Pontevedra
Servizo de Xuventude e Voluntariado de Vigo
R/ Concepción Arenal, 8
36201 Vigo (Pontevedra)
Teléfono: 986817078/986817080/986817079/98681778282
Email: xuventude.voluntariado.vigo@xunta.gal
Xunta de Galicia
Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude
Departamento Territorial da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Coruña
Servizo de Xuventude e Voluntariado da Coruña
Oficina de Información Xuvenil de Ferrol
Praza Camilo José Cela, s/n
15403 Ferrol (Coruña, A)
Teléfono: 981337290/981337291
Email: oficinaxuventudeferrol@xunta.gal
Xunta de Galicia
Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude
Departamento Territorial da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Coruña
Servizo de Xuventude e Voluntariado da Coruña
Gregorio Hernández, nº 2-4,
15071 Coruña, A (Coruña, A)
Teléfono: 881881238/881881240/881881241
Email: xuventudecoruna.benestar@xunta.gal
Xunta de Galicia
Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude
Dirección Xeral de Xuventude
Edificio administrativo San Lázaro, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 881999025/981545293/881999314/981540122
Email: actividades.xuventude@xunta.gal
Prazo de presentación: PECHADO
16/04/2026 00:00 - 29/04/2026 23:59
O prazo de presentación de solicitudes será de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
1. Poderán solicitar a súa participación nas actividades xuvenís ofertadas nesta convocatoria as persoas mozas residentes en Galicia, nacidas no ano sinalado no anexo I para cada actividade. Para participar nestas actividades, o/a menor solicitante deberá ter expedido e en vigor o DNI ou NIE na data de presentación da solicitude.
2. Idades mínima e máxima para participar na Campaña de verán 2026:
Persoas nacidas no ano 2017 deberán ter 9 anos ao inicio do campamento
Persoas nacidas no ano 2008 non poderán facer os 18 anos antes da finalización do campamento.
3. Para ser admitida/o no campamento será necesario non padecer enfermidade transmisible con risco de contaxio. Para estes efectos, as persoas admitidas deberán comunicar se padecen algunha enfermidade transmisible con risco de contaxio cubrindo a epígrafe correspondente do anexo III-Cuestionario de saúde e autonomía persoal e declaración de saber nadar.
Para os campamentos que inclúan na súa programación actividades acuáticas, é requisito saber nadar, sen prexuízo do sinalado para as persoas con discapacidade no número 5. No formulario de solicitude a persoa representante do/da menor declarará responsablemente, segundo o caso, que este/a sabe nadar ou que non sabe nadar, para os efectos de participación en actividades acuáticas do campamento solicitado na Campaña de verán da Xunta de Galicia.
4. Ningunha persoa participante poderá ser admitida en máis dun campamento nesta convocatoria. A praza adxudicada será intransferible.
5. As persoas que teñan unha discapacidade igual ou superior ao 33 % deberán facer constar esta circunstancia na epígrafe que figura no anexo de solicitude, co fin de planificar os apoios persoais necesarios, se os precisa.
Para facilitar a selección dos campamentos e instalacións xuvenís máis axeitadas ás condicións das persoas participantes, a programación de actividades e as características das instalacións en que se desenvolven poderanse consultar na páxina web https://xuventude.xunta.gal
En función do tipo de discapacidade, poderá exceptuarse, de ser o caso, o requisito de saber nadar.
No caso de persoas participantes cunha discapacidade igual ou superior ao 33 % , de conformidade co artigo seguinte, polas prazas do procedemento xeral indicadas no anexo I, epígrafe A, no anexo I, epígrafe B (minicampamentos Coñece Galicia) e no anexo I, epígrafe D (intercambios noutras comunidades autónomas), ou polas prazas reservadas para inclusión relacionadas no anexo I, epígrafe C. Para tal efecto, deberán indicar no anexo de solicitude se solicitan ou non unha praza reservada para inclusión.
6. As persoas menores en situación de tutela ou garda pola Administración e que se atopen en acollemento residencial poderán participar nesta convocatoria, esta condición deberá indicarse no anexo de solicitude marcando o recadro correspondente.
7. O incumprimento dos requisitos sinalados neste artigo impedirá a participación da persoa solicitante no campamento.
Solicitudes
1. De acordo co establecido no artigo 10.2 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
Para a presentación electrónica das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
2. Para as persoas cunha discapacidade igual ou superior ao 33 %poderán solicitarse as prazas do procedemento xeral indicadas no :
anexo I, epígrafe A
anexo I, epígrafe B (minicampamentos Coñece Galicia)
anexo I, epígrafe D (intercambios noutras comunidades autónomas)
prazas reservadas para inclusión relacionadas no anexo I, epígrafe C
No caso de optar polas prazas reservadas para inclusión, deberase marcar o recadro correspondente no formulario de solicitude.
3. Para o suposto de dous/dúas ou máis irmáns/ás, poderanse solicitar idéntica/s instalación/s, quenda/s e campamento/s, identificado/s co mesmo código e pola mesma orde de prioridade, vinculando as solicitudes entre si, de xeito que, ou ben resultarán adxudicatarias todas elas para a mesma instalación, quenda e campamento, ou ben ningunha. A situación das persoas menores que convivan no domicilio en situación de acollemento familiar equipárase ás de persoas irmáns.
Todos/as os/as menores deberán, neste caso, cumprir os requisitos de idade exixidos para as instalacións, quendas e campamentos solicitados.
Na solicitude de cada unha destas persoas menores deberase indicar que se trata dunha solicitude vinculada con outra/s, marcando o recadro correspondente e indicando o número de DNI/NIE da/das outra/s persoa/s menor/es coas cales se quere vincular.
Cando se trate dunha persoa sen discapacidade que teña irmás/irmáns con discapacidade e queiran presentar solicitudes vinculadas entre si, só poderán solicitar as prazas do procedemento xeral indicadas no anexo I, epígrafe A, no anexo I, epígrafe B (minicampamentos Coñece Galicia) e no anexo I, epígrafe D (intercambios noutras comunidades autónomas).
En ningún caso unha persoa sen discapacidade igual ou superior ao 33 % poderá ocupar unha praza das reservadas para inclusión (anexo I, epígrafe C).
O incumprimento do disposto no punto anterior por algunha das persoas solicitantes suporá a exclusión de todas as persoas que presenten solicitudes vinculadas á desa persoa.
Estas solicitudes vinculadas teñen efecto durante o sorteo para a adxudicación da praza e para xerar as listas de espera. Non obstante, no momento das adxudicacións desde a lista de espera teranse en conta como solicitudes individuais.
5. A solicitude debe cubrirse de acordo co seguinte réxime:
a) Cada persoa moza só poderá presentar unha solicitude e deberá indicar se opta por formular unha solicitude vinculada a outra/s ou non, e se opta polo procedemento de inclusión ou non.
b) Os datos da persoa solicitante deben ser os da persoa moza que opta a participar nas actividades e debe indicarse o seu número de DNI ou NIE.
c) A solicitude deberá ser asinada pola persoa proxenitora, titora ou acolledora do/da menor solicitante, que actuará como representante.
d) Na solicitude indicaranse, de ser o caso, os datos da outra persoa proxenitora, titora ou acolledora do/da menor.
e) Cada solicitante poderá elixir, por orde de prioridade, un máximo de cinco quendas de campamento. Cada quenda vai identificada cun código no anexo I, epígrafes A, B, C e D.
f) As persoas solicitantes deben residir na Comunidade Autónoma de Galicia e, polo tanto, o enderezo que se inclúa na solicitude deberá ser, necesariamente, nalgún concello de Galicia.
g) No caso de que un/unha menor figure en máis dunha solicitude, sexa esta asinada como representante pola mesma persoa proxenitora, titora ou acolledora ou por outra distinta, serán inadmitidas todas as solicitudes dese/a menor e este/a quedará fóra da adxudicación.
h) No caso de solicitudes vinculadas, de non optar por idéntica/s instalación/s, quenda/s e campamento/s, identificado/s co mesmo código e pola mesma orde de prioridade, consideraranse solicitudes individuais non vinculadas.
6. Logo da presentación da solicitude, asignarase un número de expediente que poderá consultarse na epígrafe «A miña sede» da sede electrónica da Xunta de Galicia no enderezo https://sede.xunta.gal
Se na consulta se detecta algún erro ou non consta a solicitude que a persoa interesada presentou en forma e prazo, debe chamar a calquera dos números de teléfono que aparecen no anexo VI, de información sobre a convocatoria.
A comunicación dos erros deberá efectuarse, como data límite, ata tres días hábiles antes do sinalado para a realización do sorteo. Unha vez transcorrido ese día, non procederá reclamación ningunha.
7. A presentación da solicitude implica a aceptación das normas deste procedemento.
8. As persoas solicitantes poderán solicitar información e asesoramento en relación coa convocatoria nos teléfonos relacionados no anexo VI e tamén de modo presencial nas dependencias sinaladas no citado anexo.
Documentación complementaria
1. As persoas admitidas deberán presentar no prazo de cinco (5) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación do resultado do sorteo, a seguinte documentación:
a) Xustificante de pagamento do prezo da actividade emitido pola Axencia Tributaria de Galicia.
b) Copia do certificado de nacemento ou libro de familia. En caso de separación ou divorcio das persoas proxenitoras, copia da sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou do convenio regulador onde conste a custodia do/da menor.
c) Copia da documentación xudicial ou administrativa en que se designe a persoa titora ou gardadora do/da menor.
d) Copia da resolución de acollemento familiar, de ser o caso.
e) Copia do certificado de recoñecemento da condición de familia monoparental cando fose expedido por outra comunidade autónoma.
f) Copia do título de familia numerosa cando fose expedido por outra comunidade autónoma.
g) Copia da tarxeta sanitaria ou seguro médico privado.
h) Cuestionario de saúde e autonomía persoal e declaración de saber nadar (anexo III). As persoas con discapacidade deberán facilitar neste documento a información actualizada que permita valorar os apoios específicos que precisa, de ser o caso.
i) Declaración sobre a autorización para a captación de imaxes (anexo IV).
2. No caso de persoas con discapacidade, ademais, deberán presentar un certificado acreditativo do grao de discapacidade, cando non fose expedido na nosa comunidade autónoma, e copia do ditame técnico facultativo, emitido polo equipo de valoración e orientación correspondente.
3. A documentación complementaria para a adxudicación deberá presentarse de conformidade co disposto no artigo 12.
4. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberanse indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
Comprobación de datos
1. Para a tramitación destes procedementos e tras a adxudicación da praza, de ser o caso, consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:
a) DNI/NIE da persoa solicitante.
b) DNI/NIE da persoa representante.
c) DNI/NIE da persoa titular da conta, no caso de solicitude de devolución de cota prevista no artigo 15.
d) Datos de residencia con data da última variación do padrón da persoa solicitante.
2. Consultaranse, ademais, os seguintes datos cando a persoa interesada faga constar na solicitude que é de aplicación a circunstancia que acredita o documento correspondente:
a) Certificado do grao de discapacidade do/da menor solicitante expedido pola Comunidade Autónoma de Galicia.
b) Título de familia numerosa expedido pola Comunidade Autónoma de Galicia.
c) Certificado de familia monoparental expedido pola Comunidade Autónoma de Galicia.
d) Carné Xove do/da menor.
3. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario de inicio e, no caso de resultar adxudicatarias dunha praza, achegar os documentos no prazo de cinco (5) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación do resultado do sorteo.
Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
4. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Trámites administrativos posteriores
Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
- Fase de solicitude
- Información sobre a convocatoria. Programa Campaña de verán 2026 (Anexo VI)
- Fase de adxudicación praza
- Renuncia á praza e solicitude de devolución de cota (Anexo V)
- Autorización para captación de imaxes (Anexo IV)
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 30 de marzo de 2026 pola que se regula a oferta de prazas para actividades xuvenís dentro do programa Campaña de verán 2026 e se procede á súa convocatoria (DOG nº 69 do 15 de abril de 2026).
-
Outros procedementos relacionados
Declaración responsable de inicio da actividade, prestación de servizos de escolas de tempo libre.
Para realizar este trámite presencialmente debes imprimir o seguinte modelo e presentalo nunha oficina.
Utiliza a opción "DESCARGAR PDF IMPRESIÓN" para imprimilo.
Podes cubrir o formulario en liña e imprimilo unha vez cuberto. Poderás gardar os avances e continuar noutro momento utilizando as opcions "Gardar" e "Recuperar".
Aberto todo o ano
Inclusión no censo de entidades xuvenís.
Aberto todo o ano
Expedición de títulos de ensinanzas impartidas nas escolas de tempo libre.
Aberto todo o ano
Recoñecemento oficial dos servizos de información xuvenil.
Para realizar este trámite presencialmente debes imprimir o seguinte modelo e presentalo nunha oficina.
Utiliza a opción "DESCARGAR PDF IMPRESIÓN" para imprimilo.
Podes cubrir o formulario en liña e imprimilo unha vez cuberto. Poderás gardar os avances e continuar noutro momento utilizando as opcions "Gardar" e "Recuperar".
Aberto todo o ano