Orientámolo/a, paso a paso, para presentar unha solicitude no rexistro electrónico
TU986B - Subvencións para actuacións de eficiencia enerxética en empresas turísticas.
1. As subvencións reguladas por estas bases teñen por obxecto a realización de actuacións de eficiencia enerxética que impulsen a economía circular en edificios completos cuxo uso sexa o aloxamento turístico. Están incluídas as seguintes tipoloxías: hoteis, pensións, establecementos de turismo rural, albergues turísticos e apartamentos turísticos. Os establecementos que pretendan acollerse á subvención teñen que conformar a totalidade da edificación e destinarse integramente a aloxamento turístico. Para estes efectos, considérase que tamén conforman a totalidade da edificación aqueles aloxamentos turísticos con locais de restauración integrados na edificación con acceso directo desde a vía pública, sempre e cando os locais de restauración correspondan á mesma persoa titular do establecemento de aloxamento turístico, estean de alta no REAT dentro dalgún dos grupos de clasificación do artigo 77 da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia, e o proxecto presentado sexa unha intervención completa no conxunto do edificio.
2. Son aplicables as bases reguladoras contidas no Acordo da Conferencia Sectorial de Turismo do 29 de marzo de 2022, sobre repartición territorial de crédito correspondente ao orzamento de 2022, da liña de financiamento para proxectos de eficiencia enerxética e economía circular de empresas turísticas, do Plan de recuperación, transformación e resiliencia (en diante, Acordo do 29 de marzo de 2022), publicado no Boletín Oficial del Estado núm. 81, do 7 de abril, coas especificacións e limitacións recollidas neste anexo.
3. En todo o non recollido nas bases reguladoras do Acordo da Conferencia Sectorial do 29 de marzo de 2022 e neste anexo, aplicarase o disposto na Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións; no seu regulamento aprobado polo Real decreto 887/2006, do 21 de xullo; na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; no seu regulamento, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, e na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. En defecto do previsto nesta normativa, aplicaranse as normas de dereito administrativo. As axudas obxecto desta convocatoria réxense ademais polas normas comunitarias aplicables por razón do financiamento pola Unión Europea e polas normas nacionais de desenvolvemento ou transposición destas, en particular polo Regulamento (UE) nº 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro de 2021, polo que se establece o Mecanismo de recuperación e resiliencia; Real decreto lei 36/2020, do 30 de decembro, polo que se aproban medidas urxentes para a modernización da Administración pública e para a execución do Plan de recuperación, transformación e resiliencia; Orde HFP/1030/2021, do 29 de setembro, pola que se configura o sistema de xestión do Plan de recuperación, transformación e resiliencia; Orde HFP/1031/2021, do 29 de setembro, pola que se establecen o procedemento e formato da información que deben proporcionar as entidades do sector público estatal, autonómico e local para o seguimento do cumprimento de fitos e obxectivos e de execución orzamentaria e contable das medidas dos compoñentes do Plan de recuperación, transformación e resiliencia; e pola Decisión de execución do Consello relativa á aprobación da avaliación do Plan de recuperación e resiliencia de España (Council Implementing Decision-CID), do 13 de xullo de 2021.
Actuacións subvencionables e prazo de execución .
1. As actuacións subvencionables deben cumprir cos requisitos específicos que se establecen para cada unha delas no anexo III desta resolución e encadrarse nunha ou varias das seguintes tipoloxías:
a) Mellora da eficiencia enerxética da envolvente térmica (tipoloxía 1).
b) Mellora da eficiencia enerxética e uso de enerxías renovables nas instalacións térmicas de calefacción, climatización, refrixeración, ventilación e auga quente sanitaria; incluída a instalación de redes de calor e frío alimentadas por fontes de enerxía renovable e/ou calor residual para complexos turísticos de varios edificios (tipoloxía 2).
c) Mellora da eficiencia enerxética das instalacións de iluminación (tipoloxía 3).
2. As actuacións subvencionables deberán realizarse en edificacións existentes e construídas con anterioridade ao 1 de xaneiro de 2007, sempre que sexan edificios completos, no sentido indicado no artigo 1.1, cuxo uso sexa o aloxamento turístico: hoteis e pensións, recollidos no Decreto 57/2016, do 12 de maio, polo que se establece a ordenación dos establecementos hoteleiros; establecementos de turismo rural, recollidos no Decreto 191/2004, do 29 de xuño, de establecementos de turismo rural; albergues turísticos, recollidos no Decreto 48/2006, do 21 de abril, polo que se establece a ordenación dos albergues turísticos, e apartamentos turísticos, recollidos no Decreto 12/2017, do 26 de xaneiro, polo que se establece a ordenación dos apartamentos turísticos, vivendas turísticas e vivendas de uso turístico na Comunidade Autónoma de Galicia.
3. Estas actuacións deberán alcanzar as dúas condicións seguintes:
– Unha redución do consumo de enerxía primaria non renovable do 30 % respecto á situación de partida.
– A mellora da cualificación enerxética total do edificio en, polo menos, unha letra medida na escala de emisións de dióxido de carbono (kg CO2/m2 ano). Este último criterio non será de aplicación cando o edificio acredite ter unha cualificación enerxética A.
Para a obtención das condicións anteriores poderanse combinar as actuacións que se vaian realizar, e non é necesario o seu cumprimento por cada actuación individualmente.
4. As actuacións obxecto da axuda deberán cumprir coa normativa vixente que lles sexa de aplicación, así como contar coas preceptivas licenzas e autorizacións administrativas, no caso de que as ditas actuacións as requiran.
5. Adicionalmente, deberán cumprirse os seguintes requisitos:
a) Polo menos o 70 % (en peso) dos residuos de construción e demolición non perigosos (excluíndo o material natural mencionado na categoría 17 05 04 na Lista europea de residuos establecida pola Decisión 2000/532/EC) xerados no sitio de construción prepararase para a súa reutilización, reciclaxe e valorización, incluídas as operacións de recheo, de forma que se utilicen residuos para substituír outros materiais, de acordo coa xerarquía de residuos establecida no artigo 8 da Lei 22/2011, do 28 de xullo, de residuos e solos contaminados, e co Protocolo de xestión de residuos de construción e demolición da Unión Europea.
Os operadores deberán limitar a xeración de residuos nos procesos relacionados coa construción e demolición, de conformidade co Protocolo de xestión de residuos de construción e demolición da Unión Europea e tendo en conta as mellores técnicas dispoñibles e utilizando a demolición selectiva para permitir a eliminación e manipulación segura de substancias perigosas e facilitar a reutilización e reciclado de alta calidade mediante a eliminación selectiva de materiais, utilizando os sistemas de clasificación dispoñibles para residuos de construción e demolición.
Así mesmo, establecerase que a demolición se leve a cabo preferiblemente de forma selectiva e a clasificación realizarase de forma preferente no lugar de xeración dos residuos. Os deseños dos edificios e as técnicas de construción apoiarán a circularidade e, en particular, demostrarán, con referencia á ISO 20887 ou outras normas para avaliar a capacidade de desmonte ou adaptabilidade dos edificios, como están deseñados para ser máis eficientes no uso de recursos adaptables, flexibles e desmontables para permitir a reutilización e reciclaxe.
b) En materia de rehabilitación enerxética, os compoñentes e materiais de construción utilizados no desenvolvemento das actuacións previstas nesta medida non conterán amianto nin substancias moi preocupantes identificadas a partir da lista de substancias suxeitas a autorización que figura no anexo XIV do Regulamento (CE) nº 1907/2006 do Parlamento Europeo e do Consello, do 18 de decembro de 2006, relativo ao rexistro, a avaliación, a autorización e a restrición das substancias e preparados químicos (REACH), polo que se crea a Axencia Europea de Substancias e Preparados Químicos, se modifica a Directiva 1999/45/CE e se derrogan o Regulamento (CEE) nº 793/93 do Consello e o Regulamento (CE) nº 1488/94 da Comisión, así como a Directiva 76/769/CEE do Consello e as directivas 91/155/CEE, 93/67/CEE, 93/105/CE e 2000/21/CE da Comisión.
6. Non serán subvencionables as seguintes actuacións:
a) As realizadas en edificios de nova construción.
b) As intervencións en edificios existentes que supoñan unha ampliación, en que se incremente a superficie ou o volume construído.
c) As intervencións en edificios existentes que supoñan un cambio de uso do edificio.
d) As seguintes actividades incluídas na lista de exclusión establecida na Decisión de execución do Consello e que se relacionan no punto 5 da base 17 do Acordo do 29 de marzo de 2022:
– As actividades relacionadas cos combustibles fósiles, incluída a utilización ulterior destes; excepto os proxectos no marco desta medida relacionados coa xeración de electricidade e/ou calor utilizando gas natural, así como coa infraestrutura de transporte e distribución conexa, que cumpran as condicións establecidas no anexo III da Guía técnica sobre a aplicación do principio de «non causar un prexuízo significativo» (DO C 58 do 18.2.2021, p. 1).
– As actividades no marco do réxime de comercio de dereitos de emisión da UE (RCDE) en relación coas cales se prevexa que as emisións de gases de efecto invernadoiro que van provocar non se situarán por debaixo dos parámetros de referencia pertinentes. Cando se prevexa que as emisións de gases de efecto invernadoiro provocadas pola actividade subvencionada non van ser significativamente inferiores aos parámetros de referencia pertinentes, deberá facilitarse unha explicación motivada respecto diso. Parámetros de referencia establecidos para a asignación gratuíta de dereitos de emisión en relación coas actividades que se inscriben no ámbito de aplicación do réxime de comercio de dereitos de emisión, segundo o establecido no Regulamento de execución (UE) nº 2021/447 da Comisión.
– As actividades relacionadas con entulleiras de residuos, incineradoras (esta exclusión non se aplica ás accións emprendidas no marco desta medida en plantas dedicadas exclusivamente ao tratamento de residuos perigosos non reciclábeis, nin ás plantas existentes, cando as ditas accións teñan por obxecto aumentar a eficiencia enerxética, capturar os gases de escape para o seu almacenamento ou utilización, ou recuperar materiais das cinzas de incineración, sempre que tales accións non leven consigo un aumento da capacidade de tratamento de residuos das plantas ou a unha prolongación da súa vida útil; estes pormenores deberán xustificarse documentalmente por cada planta); e plantas de tratamento mecánico-biolóxico (esta exclusión non se aplica ás accións emprendidas no marco desta medida en plantas dedicadas exclusivamente ao tratamento de residuos perigosos non reciclábeis, nin ás plantas existentes, cando as ditas accións teñan por obxecto aumentar a eficiencia enerxética, capturar os gases de escape para o seu almacenamento ou utilización, ou recuperar materiais das cinzas de incineración, sempre que tales accións non leven consigo un aumento da capacidade de tratamento de residuos das plantas ou a unha prolongación da súa vida útil; estes pormenores deberán xustificarse documentalmente por cada planta).
– As actividades en que a eliminación a longo prazo de residuos poida causar danos ao ambiente. O prego de condicións exixirá ademais que só poidan seleccionarse aquelas actividades que cumpran a lexislación ambiental nacional e da UE pertinente.
7. En cumprimento do disposto no Regulamento (UE) nº 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro de 2021, polo que se establece o Mecanismo de recuperación e resiliencia e a súa normativa de desenvolvemento, todos os proxectos de investimento deben de respectar o «principio de non causar un prexuízo significativo ao ambiente» (principio DNSH, Do No Significant Harm) e as condicións da etiquetaxe climática e dixital. Iso inclúe o cumprimento das condicións específicas asignadas previstas nos compoñente 14 (punto 8), así como nos investimentos en que se enmarcan os devanditos proxectos, tanto no referido ao principio DNSH como á etiquetaxe climática e dixital.
8. O prazo máximo para a conclusión das actuacións obxecto da axuda será o que se fixe na resolución de concesión, sen que poida superar os 12 meses contados desde a data da notificación da resolución de concesión da axuda.
1. Poderán ser beneficiarias destas axudas as pequenas e medianas empresas (pemes), sempre que teñan residencia fiscal en España, e se encadren nalgún dos seguintes colectivos:
a) As persoas físicas ou xurídicas de natureza privada que sexan propietarias de edificios existentes destinados a aloxamento turístico.
b) As empresas explotadoras, arrendatarias ou concesionarias de edificios destinados a aloxamento turístico, que acrediten a dita condición mediante contrato vixente que lles outorgue facultade expresa para acometer as obras de reforma obxecto do Acordo do 29 de marzo de 2022.
2. As entidades solicitantes deberán estar inscritas no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Xunta de Galicia (en diante, REAT), con base nos artigos 50 e 51 da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia.
Os datos que figuran no REAT relativos ao establecemento, á súa titularidade e á representación, teñen que coincidir cos datos achegados pola persoa solicitante da subvención. No caso de que o/a representante legal non sexa o/a mesmo/a que o/a que figura no REAT, deberá acreditarse esta condición coa presentación da solicitude.
3. Para os efectos das axudas de minimis conforme a normativa aplicable, enténdese por empresa calquera entidade que exerza unha actividade económica, con independencia da súa natureza xurídica e da súa forma de financiamento.
En todo caso, a entidade solicitante das axudas deberá acreditar que exerce actividade económica, para os efectos do previsto no parágrafo anterior.
4. Para que as persoas físicas sexan beneficiarias deberán posuír a nacionalidade española ou a dalgún dos Estados membros da Unión Europea ou do Espazo Económico Europeo ou Suíza. No caso de estranxeiros non comunitarios, deberán ter o seu domicilio fiscal e centro operativo permanente en España e mantelos, polo menos, durante o período de prestación das actividades obxecto da subvención.
5. Para que as persoas xurídicas de natureza privada sexan beneficiarias, deberán acreditar que se atopan debidamente constituídas, conforme a normativa que lles resulte de aplicación.
6. As persoas e entidades beneficiarias deberán atoparse ao día no cumprimento das súas obrigacións tributarias e coa Seguridade Social, así como do resto de obrigacións establecidas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro.
7. Non poderán obter a condición de persoa ou entidade beneficiaria destas axudas:
a) Quen incorra nalgunha das circunstancias previstas no artigo 21 do Regulamento da Lei 38/2003, do 17 de novembro, aprobado mediante o Real decreto 887/2006, do 21 de xullo.
b) As empresas que se atopen en situación de crise, conforme a definición que para estes efectos se realiza no Regulamento (UE) nº 651/2014, do 17 de xuño de 2014, e nas directrices comunitarias sobre axudas estatais de salvamento e reestruturación de empresas non financeiras en crises (Comunicación da Comisión, 2014/C 249/1, do 31 de xullo de 2014).
c) As empresas que se atopen suxeitas a unha orde de recuperación pendente sobre calquera axuda ou subvención que lles fose outorgada con anterioridade, ben por declararse axuda ilegal e incompatible co mercado interior, ben por calquera tipo de incumprimento das obrigacións que lles viñesen atribuídas na concesión.
8. As persoas e as entidades beneficiarias deberán destinar o importe íntegro da axuda ao pagamento das correspondentes actuacións subvencionables.
Xunta de Galicia
Presidencia da Xunta de Galicia
Axencia Turismo de Galicia
Dirección de Competitividade
Área de Fomento e Desenvolvemento Empresarial
A Barcia. Estrada Santiago - Noia, km 3
15896 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981546360/ 981547404
Email: fomento.turismo@xunta.gal
Axencia Turismo de Galicia
Resolución do 25 de novembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións para actuacións de eficiencia enerxética en empresas turísticas, incluídas no Plan de modernización e competitividade do sector turístico do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria por anticipado de gasto para o ano 2023 (DOG nº 230 do 2 de decembro de 2022).
Extracto da Resolución do 25 de novembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións para actuacións de eficiencia enerxética en empresas turísticas, incluídas no Plan de modernización e competitividade do sector turístico do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria por anticipado de gasto para o ano 2023 (DOG nº 230 do 2 de decembro de 2022).
Resolución do 31 de xaneiro de 2023 pola que se modifica a Resolución do 25 de novembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións para actuacións de eficiencia enerxética en empresas turísticas, incluído no Plan de modernización e competitividade do sector turístico do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria por anticipado de gasto para o ano 2023 (DOG nº 26 do 7 de febreiro de 2023).
Resolución do 15 de marzo de 2023 pola que se acorda a ampliación do prazo para a presentación de solicitudes no procedemento regulado pola Resolución do 25 de novembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións para actuacións de eficiencia enerxética en empresas turísticas, incluído no Plan de modernización e competitividade do sector turístico do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU e se procede á súa convocatoria por anticipado de gasto para o ano 2023 (DOG nº 59 do 24 de marzo de 2023).
Extracto da Resolución do 15 de marzo de 2023 pola que se acorda a ampliación do prazo para a presentación de solicitudes no procedemento regulado pola Resolución do 25 de novembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións para actuacións de eficiencia enerxética en empresas turísticas, incluído no Plan de modernización e competitividade do sector turístico do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU e se procede á súa convocatoria por anticipado de gasto para o ano 2023 (DOG nº 59 do 24 de marzo de 2023).
Resolución do 18 de abril de 2023 pola que se acorda unha nova ampliación do prazo para a presentación de solicitudes no procedemento regulado pola Resolución do 25 de novembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións para actuacións de eficiencia enerxética en empresas turísticas, incluído no Plan de modernización e competitividade do sector turístico do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria por anticipado de gasto para o ano 2023 (DOG nº 81 do 27 de abril de 2023).
Extracto da Resolución do 18 de abril de 2023 pola que se acorda unha nova ampliación do prazo para a presentación de solicitudes no procedemento regulado pola Resolución do 25 de novembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións para actuacións de eficiencia enerxética en empresas turísticas, incluído no Plan de modernización e competitividade do sector turístico do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria por anticipado de gasto para o ano 2023 (DOG nº 81 do 27 de abril de 2023).
Resolución do 16 de abril de 2024 pola que se dá publicidade ás axudas concedidas ao abeiro da Resolución do 25 de novembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións para actuacións de eficiencia enerxética en empresas turísticas, incluídas no Plan de modernización e competitividade do sector turístico do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria por anticipado de gasto para o ano 2023 (DOG nº 81 do 24 de abril de 2024).
Corrección de erros. Resolución do 16 de abril de 2024 pola que se dá publicidade ás axudas concedidas ao abeiro da Resolución do 25 de novembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións para actuacións de eficiencia enerxética en empresas turísticas, incluídas no Plan de modernización e competitividade do sector turístico do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria por anticipado de gasto para o ano 2023 (DOG nº 209 do 29 de outubro de 2024).
Prazo de presentación: PECHADO
03/12/2022 00:00 - 29/05/2023 23:59
Segundo a Resolución do 18 de abril de 2023 (DOG nº 81 do 27 de abril de 2023), amplíase o prazo de presentación de solicitudes ata o día 29 de maio de 2023.
Solicitudes .
1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, e que se incorpora á presente resolución como anexo IV.
De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, se algunha das persoas ou entidades interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en a que fose realizada a corrección.
Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
2. Só se admitirá unha solicitude por establecemento.
3. No modelo de solicitude constan como de obrigada consignación os seguintes campos: os datos do edificio ou establecemento en que se van realizar as actuacións, o consumo de enerxía primaria non renovable e a cualificación enerxética actuais e as previstas tras as actuacións que se van realizar, o investimento total, o gasto subvencionable e o importe total da axuda solicitada. No caso de solicitar dúas ou máis tipoloxías de actuacións e optar, ademais, pola axuda adicional, deberán indicar a porcentaxe de mellora da demanda global de enerxía de calefacción e refrixeración resultante despois da rehabilitación.
Tamén será de obrigada consignación o número de inscrición do certificado de eficiencia enerxética do edificio no seu estado actual no Rexistro de Certificados de Eficiencia Enerxética de Edificios de Galicia (RXEEE).
Non se admitirán certificados de eficiencia enerxética que, estando rexistrados, non se axusten ao estado actual do edificio. Neste caso deberá tramitarse un novo certificado do edificio actual. Isto supón a necesidade de emenda da solicitude presentada e entenderase por rexistro de entrada da dita solicitude a data en que se xunte o novo certificado do edificio actual.
4. No modelo de solicitude deberán realizarse as seguintes declaracións:
a) Declaración responsable de que non solicitou nin se lle concedeu ningunha outra axuda para a mesma finalidade. No caso de solicitar ou obter algunha outra axuda, deberá indicar cales e a súa contía, así como o organismo concedente.
b) Compromiso de comunicar calquera outra axuda que solicite ou lle sexa concedida para esa mesma finalidade, con indicación da súa contía e do organismo concedente.
c) Declaración responsable, en relación con outras axudas de minimis concedidas ou solicitadas, relativa a se solicitou, ou non, ou se recibiu, ou non, algunha outra axuda de minimis durante os dous exercicios fiscais anteriores e durante o exercicio fiscal en curso.
d) Declaración responsable de non estar incursa en ningunha das circunstancias previstas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, e no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.
e) Declaración responsable de que está ao día no pagamento de obrigas por reintegro de subvencións, de conformidade co artigo 21 do Regulamento da Lei 38/2003, do 17 de novembro, aprobado polo Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, o artigo 10.2.g) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, e o artigo 9 do seu regulamento, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.
f) Declaración responsable de que se atopa ao día no cumprimento das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social e de non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da comunidade autónoma.
g) Se é o caso, declaración responsable de que a empresa, de acordo coa definición que se establece no punto 18 do artigo 2 do Regulamento (UE) nº 651/2014, do 17 de xuño de 2014, non está en crise, segundo o establecido polas directrices comunitarias sobre axudas estatais de salvamento e de reestruturación de empresas en crises (Comunicación da Comisión, 2014/C 249/1, do 31 de xullo de 2014).
h) Se a subvención solicitada supera o importe de 30.000,00 euros, a entidade solicitante está incluída no ámbito de aplicación subxectivo da Lei 3/2004, do 29 de decembro, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade en operacións comerciais, e cumpre os requisitos establecidos no artigo 258 do Real decreto lexislativo 1/2010, do 2 de xullo, polo que se aproba o texto refundido da Lei de sociedades de capital para os efectos de presentación de conta de perdas e ganancias abreviada, declaración responsable de que se atopa ao día no cumprimento dos prazos de pagamento establecidos no artigo 4 da devandita Lei 3/2004, do 29 de decembro.
i) Declaración responsable de que coñece e acepta os contidos e obrigas recollidos nestas bases reguladoras e no Acordo do 29 de marzo de 2022.
j) Declaración responsable relativa á execución do Plan de recuperación, transformación e resiliencia (PRTR), entre as que se atopan os estándares máis exixentes en relación co cumprimento das normas xurídicas, éticas e morais, adoptando as medidas necesarias para previr e detectar a fraude, a corrupción e os conflitos de intereses, así como o principio de non causar un prexuízo significativo ao ambiente (DNSH).
k) Declaración de que todos os datos da súa solicitude son certos.
l) Para os efectos do previsto no punto 6 do anexo II desta resolución, declaración de que a empresa solicitante cumpre cos criterios de definición de peme, segundo a definición establecida pola Recomendación 2003/361/CE da Comisión, de 6 de maio de 2003, sobre a definición de microempresas, pequenas e medianas empresas (DO L124, do 20 de maio de 2003).
Documentación complementaria .
1. As persoas ou entidades interesadas deberán presentar coa solicitude a seguinte documentación:
a) Documentación acreditativa da representación da persoa ou entidade que actúe no nome da persoa ou entidade solicitante, se é o caso. A representación deberá acreditarse a través do modelo normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia ou por calquera outro medio válido en dereito. O modelo normalizado pódese descargar na seguinte ligazón: https://sede.xunta.gal/tramites-e-servizos/modelos-xenericos
b) Escritura pública, certificado ou nota simple rexistral ou calquera outro documento que acredite a titularidade do inmoble. No caso de que o solicitante da actuación non sexa o propietario, deberase achegar adicionalmente a documentación ou contrato que acredite a facultade expresa para poder executar as obras correspondentes á actuación obxecto de axuda (contrato de arrendamento, de explotación, etc.).
c) Informe xustificativo asinado pola persoa ou entidade solicitante en que se indicarán as tipoloxías de actuación en que se encadra a axuda solicitada, a descrición das actuacións subvencionables, a xustificación do custo elixible, a xustificación do cumprimento dos requisitos establecidos no anexo III segundo a tipoloxía de actuación e, se é o caso, o cumprimento dos requisitos establecidos para optar á axuda adicional e a contía máxima da axuda solicitada, indicando se opta á axuda adicional.
d) Certificado da eficiencia enerxética do edificio que se prevé alcanzar coas melloras propostas e coas actuacións específicas para as que se solicita a axuda, segundo o Real decreto 390/2021, do 1 de xuño, asinado por un/unha técnico/a competente, que demostre que o proxecto permite dar un salto en, polo menos, unha letra medida na escala de emisións de dióxido de carbono (kg CO2/m2 ano) e que se consegue un aforro mínimo de enerxía primaria non renovable do 30 % con respecto ao certificado da eficiencia enerxética do edificio actual inscrito no RXEEE. O certificado estará firmado por un/unha técnico/a competente e non será necesario que este certificado de eficiencia enerxética estea inscrito no Rexistro de Certificados de Eficiencia Enerxética de Edificios de Galicia (RXEEE). Con este certificado achegaranse os arquivos dixitais xerados polo programa utilizado para a súa elaboración. O certificado enerxético do edificio mellorado e o certificado do edificio actual deben achegarse elaborados coa mesma versión e programa recoñecido de certificación, de xeito que os datos sexan comparables.
e) Proxecto ou memoria técnica, no caso de que non se requira proxecto, onde se describan adecuadamente as actuacións para realizar e a situación de partida, subscrita por un/unha técnico/a competente ou instalador, se é o caso. No proxecto ou memoria técnica xustificarase o cumprimento das exixencias básicas do documento básico do aforro de enerxía DB-HEI do Código técnico da edificación que sexa de aplicación á tipoloxía para a que se solicita a axuda.
O proxecto ou memoria técnica incluirá un estudo de xestión de residuos onde se xustifique o cumprimento do punto 8, letra b), da base 17 do Acordo do 29 de marzo de 2022, asinado por técnico competente ou, na súa falta, declaración responsable asinada polo representante do beneficiario en que se compromete a cumprir e achegar toda a documentación necesaria para xustificar o cumprimento do indicado no punto 8, letra B), da base 17 do Acordo do 29 de marzo de 2022.
Xustificarase que as actuacións previstas non causarán un prexuízo significativo ao ambiente ou, se é o caso, as medidas correctoras que se adoptarán para cumprir cos criterios da Guía técnica da Comisión Europea sobre o DNSH.
f) Orzamento/s da empresa ou empresas que realizarán a execución das actuacións, suficientemente desagregado/s, de data posterior ao 1 de xaneiro de 2021.
No caso de que o importe correspondente aos custos elixibles da actuación supere a contía de 40.000,00 euros para obras e/ou 15.000,00 euros en servizos ou subministracións, presentaranse tres presupostos, de conformidade co establecido no artigo 31 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, e no artigo 29 da Lei 9/2007, do 13 de xuño. A elección entre as ofertas presentadas realizarase conforme criterios de eficiencia e economía, e deberase xustificar expresamente nunha memoria a elección cando non recaia na proposta económica máis vantaxosa.
g) Documento ou oferta vinculante contractual formalizada coa empresa ou profesional correspondente para a xestión técnica, administrativa e documental da solicitude, se é o caso.
h) Declaración responsable de cumprimento do principio de «non causar un prexuízo significativo ao ambiente» no sentido establecido no punto 6) do artigo 2 do Regulamento (UE) nº 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro de 2021, polo que se establece o Mecanismo de recuperación e resiliencia.
i) Reportaxe fotográfica, preferentemente en cor, do estado actual da edificación en que se van a levar a cabo as actuacións subvencionables.
j) Declaración responsable relativa ao compromiso de cumprimento dos principios transversais establecidos no PRTR e que puidesen afectar o ámbito obxecto de xestión, incluíndo o cumprimento do principio de «non causar un prexuízo significativo ao ambiente» (DNSH) (anexo VI), de acordo co recollido no artigo 8.1 da Orde HFP/1030/2021, do 29 de setembro, en todas as fases de deseño e execución das actuacións.
k) Aceptación da cesión de datos entre as administracións públicas implicadas para dar cumprimento ao previsto na normativa europea de aplicación e de conformidade coa Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais, de acordo co recollido no artigo 8.1 da Orde HFP/1030/2021, do 29 de setembro, pola que se configura o sistema de xestión do PRTR (anexo VII).
2. De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente pola persoa ou a entidade interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa ou a entidade interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán solicitados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, salvo que conste no procedemento a oposición expresa da persoa ou entidade interesada. De forma excepcional, se non se poden obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.
Forma de presentación da documentación complementaria .
1. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. Se algunha das persoas ou entidades interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a corrección.
2. As persoas e as entidades interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias presentadas pola persoa ou entidade interesada, para o que poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberanse indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
4. No caso de que algún dos documentos para presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a súa presentación de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no número anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Comprobación de datos .
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, salvo que a persoa interesada se opoña á súa consulta:
a) Documento nacional de identidade (en diante, DNI) ou número de identidade de estranxeiro/a (en diante, NIE) da persoa solicitante.
b) DNI/NIE da persoa representante.
c) NIF da entidade solicitante.
d) NIF da entidade representante.
e) Certificado acreditativo de non ter débedas coa Axencia Estatal da Administración Tributaria (en diante, AEAT), coa Seguridade Social e/ou coa Comunidade Autónoma de Galicia, da persoa solicitante.
f) Certificado catastral do edificio.
g) Consulta descritiva e gráfica de datos catastrais do inmoble en que se van levar a cabo as actuacións que acredite o uso turístico daquel e o seu ano de construción, que debe ser anterior a 2007.
h) Certificado de residencia fiscal en España da persoa solicitante.
i) Certificación da eficiencia enerxética do edificio existente no seu estado actual, co contido que establece o artigo 6 do procedemento básico para a certificación da eficiencia enerxética dos edificios do Real decreto 390/2021, do 1 de xuño, inscrito no Rexistro de Certificados de Eficiencia Enerxética de Edificios de Galicia (RXEEE).
j) Consulta de subvencións e axudas.
k) Consulta de concesións pola regra de minimis.
l) Consulta de inhabilitacións para obter subvencións e axudas.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no espazo habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos. Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas ou ás entidades interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes .
Todos os trámites administrativos que as persoas ou entidades interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
- Iniciación
- Solicitude (Anexo IV)
- Fase de Solicitude
- Aceptación da cesión de datos entre as administracións públicas implicadas para dar cumprimento ao previsto na normativa europea de aplicación e de conformidade coa Lei orgánica 3/2018 (Anexo VII)
- Declaración responsable relativa ao compromiso de cumprimento dos principios transversais establecidos no PRTR de «non causar un prexuízo significativo ao ambiente» (DNSH) (anexo VI)
Máis información
Localice o procedemento ou servizo na guía de procedementos e servizos, consulte a información do trámite e revise a documentación obrigatoria para presentar a solicitude que figura na pestana "Presentación" no apartado "Documentación para a presentación".
No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles modelos en formato PDF para aqueles documentos para os que se precisan. Se os necesita:
- Primeiro descargue no seu equipo os modelos PDF (asegúrese de que están descargados, non abertos no navegador).
- A continuación cubra os modelos. Se algunha táboa ten filas e non son suficientes pode engadilas nese documento descargado.
- Por último garde ou imprima en versión PDF un arquivo electrónico de cada modelo cuberto.
- Asine o documento, se así se require.
- Para finalizar anexe o modelo ou modelos en PDF na súa presentación.
No caso de que o procedemento non figure na guía, poderá empregar a solicitude xenérica.
Prema en "Tramitar en liña" para iniciar o trámite electrónico.
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Agora xa está dentro do seu espazo persoal "A miña sede".
Cubra o formulario e lembre que pode gardalo para recuperalo máis adiante desde o apartado "Os meus borradores" de "A miña sede".
Cando o teña cuberto, prema en "Continuar".
Anexe a documentación que queira presentar xunto co formulario. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Pode consultar como enviar ficheiros que non teñen o tamaño ou o formato aceptados por esta sede.
Asine o formulario e a documentación que quere entregar.
Pode facelo cun certificado electrónico empregando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá no seu móbil.
Descargue o xustificante da presentación.
Poderá tamén acceder a este documento desde o apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede".
Consulte como proceder cos documentos de gran tamaño e en distintos formatos
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Lembre que este servizo soamente estará disponible desde o espazo "A miña sede" da sede electrónica e naqueles procedementos que teñan habilitados trámites electrónicos posteriores á solicitude cando así o estableza a súa norma reguladora.
Prepare os arquivos electrónicos necesarios e comprobe que utiliza formatos compatibles coa sede: .bmp, .ce3, .cex, .csv, .cte, .dbf, .doc, .docx, .dwg, .dxfn, .gpx, .hexhash, .inp, .jpg, .kml, .kmz, .ods, .odt, .pd2, .pdf, .pdl, .png, .prj, .shp, .shx, .tgd, .tiff, .txt, .xls, .xlsx, .xml, .xsig, .mp4, .avi, .mov e .wmv
O tamaño máximo do conxunto de documentos achegados a unha presentación en esta sede é de 100 MB, e non se admiten arquivos comprimidos.
Comprobe o tamaño total do conxunto de documentos que precisa achegar:
- Se é inferior a 100 MB pode achegar todos os documentos á solicitude
- Se é superior a 100 MB separe os arquivos de máis de 100 MB, agrupe o resto en subconxuntos de documentos que non superen os 100 MB e proceda segundo os seguintes pasos
- Presente a solicitude achegando un subconxunto de documentos de menos de 100 MB.
- Repita o trámite de achega de documentación separada da solicitude para cada un dos subconxuntos restantes de documentos, seguindo estes pasos:
- Unha vez finalizada a presentación acceda ao apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede", seleccione o expediente da solicitude que acaba de realizar, pulse na opción "Accións" e seleccione "Achega de documentación separada da solicitude".
- Cubra o formulario e pulse en "continuar"
- Achegue o seguinte subconxunto de documentos
- Asine e complete a achega de documentación separada
- Repita este proceso para cada subconxunto de documentos de menos de 100 MB
Se algún arquivo supera individualmente os 100 MB:
- Proceda segundo se explica nos pasos anteriores para o resto de arquivos
- Descargue no seu equipo o modelo xenérico para a achega de documentación separada
- Cubra o modelo, indicando o expediente ou número de rexistro de entrada da solicitude electrónica realizada e a unidade responsable do procedemento
- Imprima o modelo e presénteo de forma presencial, xunto coa documentación en formato físico -CD, DVD, USB-, en calquera das oficinas de rexistro
Prazo de resolución:
Cinco meses
Sentido do silencio:
Negativo
Máis información
Consulte como responder a un requirimento de emenda de documentación
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos. Na pestana "Presentación", no apartado "Documentación para a presentación" figura o listado de documentos requiridos para a presentación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos. Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede". Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365. Busque o expediente relacionado co requirimento e seleccione no menú "Acción" da dereita a opción "Emenda ao requirimento".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Emenda ao requirimento" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a emenda utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario indicando os datos ou documentos achegados para a emenda.
Anexe os documentos que queira presentar. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a emenda.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da emenda.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Coñeza como achegar documentación xustificativa a un expediente en curso
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Na pestana "Despois da presentación", no apartado "Xustificación" figura o listado de documentos requiridos para a xustificación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos.
Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede".
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Busque o expediente para o que precisa achegar documentación xustificativa. No menú "Acción" que aparece á dereita seleccione a opción "Achega de documentación xustificativa".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Achega de documentación xustificativa" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a xustificación utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario.
Indique os documentos que achega para a xustificación.
Anexe os documentos que queira presentar para a xustificación. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a xustificación.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da xustificación.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Todos os seus expedientes, presentacións e borradores en "A miña sede"
Para xestionar os seus expedientes o primeiro que debe facer é acceder o seu espazo persoal premendo en "A miña sede" e, a continuación, identificarse empregando calquera dos certificados admitidos nesta sede ou Chave365.
Poderá ver na súa bandexa de entrada os seus últimos expedientes, presentacións e borradores.
Verá en pantalla información detallada de cada expediente ou presentación (número de expediente/rexistro, código e nome do procedemento etc.).
Se desexa ver todos os seus expedientes e presentacións, prema no botón "Ver todos/Buscar".
Ao acceder á pantalla de busca, pode buscar expedientes ou borradores por distintos criterios ou localizalos directamente se coñece o código de acceso.
Poderá realizar accións concretas sobre un expediente (achegar documentación adicional, mellorar unha solicitude, modificar os seus datos de notificación etc.) desde:
- A bandexa de entrada dos seus últimos expedientes, presentacións e borradores, premendo o botón "Acción" da columna "Que podo facer?"
- O detalle do expediente electrónico, premendo directamente nas accións dispoñibles da columna "Que podo facer?"
Outras convocatorias ou publicacións
Procedementos e servizos relacionados
Adhesión dos establecementos e axencias de viaxes ao programa Bono Turístico #QuedamosenGalicia.
Tarxeta Bono Turístico #QuedamosEnGalicia
Selección dunha entidade financeira colaboradora para a entrega e distribución dos fondos das axudas do Programa #DescubreGaliciaenOutono a través dos bonos turísticos.
Informe previo relativo ao cumprimento dos requisitos mínimos de infraestrutura e servizos para apartamentos e vivendas turísticas.