Consulte como proceder cos documentos de gran tamaño e en distintos formatos
PE205F - Axudas a investimentos produtivos, incremento da eficiencia enerxética e fomento da reconversión das empresas acuícolas a fontes de enerxía renovables, e para a obtención de servizos de asesoramento de carácter técnico, científico, xurídico, ambiental ou económico no ámbito da acuicultura.
Esta orde, con código de procedemento PE205F, ten por obxecto establecer as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva das axudas destinadas ás seguintes accións:
1. Modalidade A: axudas destinadas á realización das actuacións que a continuación se detallan, que teñen por obxecto o fomento dunha acuicultura sustentable desde unha perspectiva ambiental, socialmente responsable, baseada no coñecemento e competitiva (artigo 48 (letras: a, b, c, d, f, h) do Regulamento (UE) nº 508/2014):
a) Investimentos produtivos na acuicultura.
b) Diversificar a produción acuícola e as especies cultivadas.
c) Modernizar os centros acuícolas.
d) Melloras e modernización relacionadas coa saúde e o benestar dos animais, incluída a adquisición de equipamentos destinados a protexer as explotacións dos predadores salvaxes.
e) Investimentos na mellora da calidade do produto acuícola ou para incrementar o seu valor.
f) Diversificar os ingresos das empresas acuícolas mediante o desenvolvemento de actividades complementarias.
2. Modalidade B: axudas destinadas a investimentos que aumenten a eficiencia enerxética e fomenten a reconversión das empresas acuícolas a fontes de enerxía renovables (artigo 48, letra k) do Regulamento (UE) nº 508/2014).
3. Modalidade C: axudas destinadas á obtención de servizos de asesoramento de carácter técnico, científico, xurídico, ambiental ou económico, co fin de mellorar o rendemento global e a competitividade das explotacións acuícolas e reducir o impacto ambiental negativo do seu funcionamento (artigo 49, letra b) do Regulamento (UE) nº 508/2014).
Poderán ser persoas beneficiarias das subvencións, sen prexuízo de reunir os demais requisitos establecidos nestas bases, as empresas acuícolas segundo dispón o artigo 46 do Regulamento (UE) nº 508/2014.
Para os efectos desta orde considéranse empresa acuícola as persoas, físicas ou xurídicas, comunidades de bens ou agrupacións ou entidades sen personalidade xurídica, titulares de establecementos que se dedican á realización de actividades de acuicultura en calquera ou todas as súas fases de explotación, cría, cultivo ou reprodución, situados nas zonas terrestre, marítimo-terrestre ou marítima, que teñan as súas instalacións na Comunidade Autónoma de Galicia.
As axudas correspondentes as modalidades A e B están dirixidas ás empresas que teñan a consideración de microempresas, pequenas ou medianas empresas segundo a definición de peme da Recomendación 2003/361/CE da Comisión, do 6 de maio de 2003, así como as que non teñan esa consideración (grandes empresas).
As axudas correspondentes á modalidade C unicamente están dirixidas ás empresas que teñan a consideración de microempresas, pequenas ou medianas empresas.
As persoas beneficiarias das axudas reguladas nesta orde estarán suxeitas aos seguintes requisitos:
a) Non ter pendente de pagamento ningunha obriga por reintegro de subvencións nin sanción firme pendente de pagamento por infracción da normativa marítimo-pesqueira.
b) Non concorrer ningunha das circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
c) Non ter cometido infracción grave:
– Da política pesqueira común definida como tal en actos lexislativos do Parlamento Europeo e do Consello.
– Do Regulamento (UE) nº 1005/2008 do Consello, polo que se establece un sistema contra a pesca ilegal, non declarada e non regulamentada e do Regulamento (UE) nº 1224/2009 do Consello, polo que se establece un réxime comunitario de control; durante os 12 meses anteriores á data da presentación de solicitudes. Se o operador ten nove puntos de infracción polas infraccións graves segundo o Regulamento (UE) nº 404/2011, cada punto de infracción acumulado que se engada aos nove puntos de infracción polas infraccións graves segundo o Regulamento (UE) nº 404/2011, suporá un mes adicional de inadmisibilidade da axuda por punto acumulado.
d) No marco do FEP ou FEMP, non ter sido declarado culpable de cometer fraude, segundo a definición do artigo 1 do Convenio relativo á protección dos intereses financeiros das Comunidades Europeas (DOUE serie C 316, do 27 de novembro de1995).
e) Non estar nin ter estado nos últimos 24 meses involucrado na explotación, xestión ou propiedade dos buques incluídos na lista comunitaria dos buques INDNR (pesca ilegal non declarada e non regulamentada) ou de buques que nin estean nin estivesen nos últimos 12 meses enarborando o pavillón de países considerados terceiros países non cooperantes ao abeiro do Regulamento (CE) nº 1005/2008 do Consello, do 29 de setembro de 2008, polo que se establece un sistema comunitario para previr, desalentar e eliminar a pesca ilegal, non declarada e non regulamentada.
f) Non ser unha empresa en crise de acordo coa definición e condicións establecidas nas directrices comunitarias sobre as axudas estatais de salvamento e de reestruturación de empresas en crise (2014/C249/01).
g) Non ter cometido ningún dos delitos establecidos nos artigos 3 e 4 da Directiva 2008/99/CE, con carácter xeral serán inadmisibles as solicitudes presentadas por un operador que cometese un dos delitos recollidos no artigo 3 durante un período de 12 ou 24 meses en función de se foi cometido por neglixencia grave ou con dolo. No caso de delitos recollidos no artigo 4 da citada directiva, o período de inadmisibilidade será, con carácter xeral, de 24 meses.
h) No suposto de novas construcións de bateas, ter unha produción declarada no ano 2020 que supere o 50 % da media da produción, da súa especie, do polígono en que se encontra fondeada, segundo informe emitido polo Servizo de Análises e Rexistros, tendo en conta as bateas que forman a estrutura ou unidade de produción desa especie do solicitante no dito polígono.
Para tal efecto, cómpre que o solicitante teña efectuadas as preceptivas declaracións no ano 2020.
Quedan exceptuadas deste requisito as bateas de carácter experimental.
i) Estar en posesión dun seguro de responsabilidade civil do establecemento que garanta posibles danos a terceiros e, no caso de que a axuda se solicite para a modernización dun barco auxiliar de acuicultura, deberá estar en posesión, ademais, do seguro e responsabilidade civil da embarcación.
j) Estar en posesión das preceptivas concesións, autorizacións, permisos ou licenzas para levar a cabo os investimentos previstos ou ter presentadas as súas solicitudes. En todo caso, os documentos presentados para a solicitude da subvención deberán ser copias dos presentados para a obtención dos permisos.
k) Acreditar, con anterioridade a ditarse a proposta de resolución de concesión, que está ao día no cumprimento das súas obrigas tributarias, fronte á Seguridade Social e de non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.
l) Ter capacidade administrativa, financeira e operativa para cumprir as condicións da axuda.
As posibles persoas beneficiarias, ao formalizar a súa solicitude, someteranse voluntariamente ao cumprimento das condicións que se establezan para as axudas en materia de acuicultura tanto para o pagamento das subvencións como para a concesión e demais requisitos exixibles pola normativa vixente que sexa de aplicación.
Xunta de Galicia
Consellería do Mar
Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica
Subdirección Xeral de Acuicultura
Servizo de Planificación e Xestión da Acuicultura
Praza Europa 5A, 4º andar
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 881997247
Email: axudas.acuicultura@xunta.gal
Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica
Orde do 17 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións para investimentos produtivos, incremento da eficiencia enerxética e fomento da reconversión das empresas acuícolas a fontes de enerxía renovables, e para a obtención de servizos de asesoramento de carácter técnico, científico, xurídico, ambiental ou económico no ámbito da acuicultura, cofinanciadas co Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP), e se procede á súa convocatoria para o ano 2022, tramitado como expediente anticipado de gasto (DOG nº 249 do 29 de decembro de 2021).
Extracto da Orde do 17 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións para investimentos produtivos, incremento da eficiencia enerxética e fomento da reconversión das empresas acuícolas a fontes de enerxía renovables, e para a obtención de servizos de asesoramento de carácter técnico, científico, xurídico, ambiental ou económico no ámbito da acuicultura, cofinanciadas co Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP), e se procede á súa convocatoria para o ano 2022, tramitado como expediente anticipado de gasto (DOG nº 249 do 29 de decembro de 2021).
Resolución do 16 de xaneiro de 2023, da Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, pola que se dá publicidade das axudas concedidas correspondentes á convocatoria do exercicio 2022. (DOG nº 21 do 31 de xaneiro de 2023).
Prazo de presentación: PECHADO
CONVOCATORIA 2022 (30/12/2021 - 31/01/2022)
O prazo de presentación das solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte á publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.
Forma de presentación de solicitudes .
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Documentación complementaria .
1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación:
Anexo II. Declaración responsable de non inicio do investimento, se é o caso.
Anexo III. Formulario do investimento.
Anexo IV. Pluralidade de persoas físicas, se é o caso.
Anexo V. Comunidades de bens, agrupacións ou entidades sen personalidade xurídica, se é o caso.
Anexo VI. Relación de ofertas solicitadas e elixidas, se é o caso.
Anexo VII.1. Declaración de peme (persoa física, pluralidade de persoas físicas, comunidades de bens ou agrupacións ou entidades sen personalidade xurídica).
Anexo VII.2. Declaración de peme (persoas xurídicas).
Anexo VII.3. Declaración de peme (persoas físicas partícipes en persoas xurídicas).
Anexo VIII. Nomeamento de representante aos efectos de presentación da solicitude.
2. Así mesmo, segundo proceda, presentarase a seguinte documentación complementaria:
2.1. Documentación xurídico administrativa da entidade solicitante:
2.1.1. Para persoas xurídicas:
a) Certificación rexistral actualizada dos estatutos sociais e da escritura de constitución.
b) Copia do poder de representación do representante legal da entidade solicitante, no caso de que tal poder non figure na certificación rexistral.
c) Informe de riscos actualizado expedido pola Central de Información de Riscos do Banco de España, con data posterior á da publicación da orde, asinado electronicamente ou debidamente asinado e selado.
d) Certificación actualizada do Rexistro Mercantil das contas anuais individuais depositadas no exercicio económico 2020, incluíndo informe de auditoría, se é o caso.
e) Imposto de sociedades do exercicio económico 2020 en que conste o seu envío telemático ou a súa presentación.
f) Liquidacións trimestrais ou mensuais do IVE do exercicio económico 2021, en que conste o seu envío telemático ou a súa presentación, se é o caso.
g) No caso de existir grupo empresarial, achegar certificación actualizada do Rexistro Mercantil das contas anuais consolidadas depositadas polo solicitante ou certificación actualizada do Rexistro Mercantil das contas anuais consolidadas, onde o solicitante estea incluído por consolidación, do exercicio económico 2020, incluíndo informe de auditoría, se é o caso.
h) Certificado actualizado da declaración censual de alta en obrigas tributarias.
i) Certificado acreditativo de carecer de antecedentes penais obtido a través do Rexistro Central de Penados do Ministerio de Xustiza, que deberá conter a totalidade de antecedentes penais non cancelados, a efectos de verificar que non foi declarado culpable de cometer fraude no marco do FEP ou FEMP.
j) Certificado acreditativo de non ter cometido ningún dos delitos establecidos nos artigos 3 e 4 da Directiva 2008/99/CE, obtido a través do Rexistro Central de Penados do Ministerio de Xustiza.
2.1.2. Para persoas físicas:
a) Liquidacións trimestrais ou mensuais do IVE do exercicio económico 2021, en que conste o seu envío telemático ou a súa presentación, se é o caso.
b) Declaración da renda dos exercicios 2019 e 2020.
c) Certificado actualizado da declaración censual de alta en obrigas tributarias.
d) Informe de riscos actualizado expedido pola Central de Información de Riscos do Banco de España con data posterior á da publicación da orde, asinado electronicamente ou debidamente asinado e selado.
2.1.3. Se a solicitude corresponde a unha pluralidade de persoas poderá ser formulada nunha única solicitude, as actuacións efectuaranse co representante ou coa persoa interesada que expresamente sinalen no anexo IV e, na súa falta, coa que figure en primeiro termo. A conta bancaria sinalada no anexo I deberá estar a nome de todas as persoas solicitantes:
a) Documento de constitución da comunidade de bens, agrupación ou entidade sen personalidade xurídica, se é o caso.
b) Liquidacións trimestrais ou mensuais do IVE do exercicio económico 2021, en que conste o seu envío telemático ou a súa presentación, se é o caso, de cada persoa solicitante.
c) Declaración da renda dos exercicios 2019 e 2020, de cada persoa solicitante.
d) No caso de comunidades de bens ou agrupacións ou entidades sen personalidade xurídica que estean en réxime de atribución de rendas: «Modelo 184 de declaración informativa de entidades en réxime de atribución de rendas» dos exercicios económicos 2019 e 2020.
e) Certificado actualizado da declaración censual de alta en obrigas tributarias.
f) Informe de riscos actualizado expedido pola Central de Información de Riscos do Banco de España con data posterior á da publicación da orde, asinado electronicamente ou debidamente asinado e selado, de cada persoa solicitante.
g) No caso de comunidades de bens, agrupacións ou entidades sen personalidade xurídica que dispoñan de NIF: certificado acreditativo de carecer de antecedentes penais obtido a través do Rexistro Central de Penados do Ministerio de Xustiza, que deberá conter a totalidade de antecedentes penais non cancelados, para os efectos de verificar que non ten sido declarado culpable de cometer fraude no marco do FEP ou FEMP.
h) No caso de comunidades de bens, agrupacións ou entidades sen personalidade xurídica que dispoñan de NIF: certificado acreditativo de non ter cometido ningún dos delitos establecidos nos artigos 3 e 4 da Directiva 2008/99/CE, obtido a través do Rexistro Central de Penados do Ministerio de Xustiza.
2.2. Plan de financiamento do proxecto:
a) Informe en que se indique a forma en que se vai financiar o proxecto, especificando se se realizará con recursos propios, alleos ou con ambos tipos de financiamento.
b) Documentación xustificativa do tipo de financiamento:
– Recursos propios.
– Certificados bancarios actualizados debidamente asinados e selados das contas do solicitante onde consten o/os seu/s titular/es, o tipo de conta (corrente, aforro, a prazos, etc; as contas de crédito considéranse recursos alleos) e os fondos dispoñibles para realizar o investimento. No caso de que o tipo de conta non sexa unha conta corrente ou conta de aforro, deberá indicar a súa dispoñibilidade, ou, en caso contrario, o prazo de vencemento.
– Ampliación de capital: escritura notarial de ampliación de capital en diñeiro, a súa correspondente inscrición no Rexistro Mercantil e o/os certificado/s bancario/s do/dos seu/seus desembolso/s.
– Recursos alleos.
– Préstamos formalizados con entidades de crédito: póliza de préstamo vixente debidamente intervida por notario.
– Pólizas de crédito formalizadas con entidades de crédito: póliza de crédito vixente (última renovación), debidamente intervida por notario, e certificado bancario actualizado debidamente asinado e selado, onde identifique o número da póliza de crédito a que fai referencia, o límite da póliza, o importe dispoñible e disposto.
– Préstamos formalizados con socios: contrato de préstamo entre socios, debidamente asinado por prestamista e prestameiro, certificado/s bancario/s do/dos seu/seus desembolso/s, e a liquidación definitiva do imposto correspondente no organismo competente, se é o caso.
– Noutros casos, achegar a documentación financeira correspondente (non se admitirán préstamos de entidades provedoras).
2.3. Facturas ou, na súa falta, facturas pro forma ou orzamento detallado de gastos previstos para a realización de cada unha das actividades ou adquisicións para as cales se solicita subvención.
Cando o importe do gasto subvencionable supere a contía de 40.000 euros no caso de execución de obras ou de 15.000 euros no caso de subministración de bens ou servizos, a persoa beneficiaria deberá achegar, como mínimo, tres ofertas de diferentes provedores. Neste suposto, a presentación da solicitude deberá incluír o anexo VI desta orde. A elección entre as ofertas presentadas realizarase de conformidade con criterios de eficiencia e economía e deberá xustificarse expresamente a elección cando non recaia na proposta económica máis vantaxosa.
2.4. As novas empresas que estean entrando no sector deberán presentar un plan empresarial e, cando o custo dos investimentos sexa superior a 50.000 euros, un estudo de viabilidade que inclúa unha avaliación de impacto ambiental das operacións. Estas novas empresas deberán demostrar, claramente, mediante un informe independente de comercialización, que existen boas perspectivas de comercialización sustentable para o produto.
Para os efectos deste punto, enténdese por «estar entrando no sector» ser unha empresa nova, considerándose como tal aquela que obtivese o título habilitante durante os dous anos anteriores á publicación da presente orde. Tamén se entende por «estar entrando no sector» ser unha empresa antiga autorizada para unha nova actividade acuícola durante os dous anos anteriores á publicación da presente orde. En ambos os casos será un requisito que a empresa non obtivese ningunha axuda do FEMP para a actividade acuícola autorizada.
2.5. Seguro de responsabilidade do establecemento que garanta posibles danos a terceiros.
2.6. No caso de que a axuda se solicite para a modernización de barco auxiliar de acuicultura, deberá presentarse:
– Seguro de responsabilidade civil da embarcación.
– Certificación actualizada do Rexistro de Bens Mobles, sección de Buques, acreditativa da propiedade do buque e o estado de cargas ou gravames deste.
2.7. No caso de que a axuda se solicitase para a execución de obra civil ou instalacións, presentaranse as facturas pro forma ou orzamentos da empresa construtora ou instaladora, desagregadas por unidades de obra.
2.8 No caso de que a axuda se solicitase para investimentos en maquinaria, deberá achegarse o catálogo do provedor e detallarse a marca e o modelo, sempre que sexa posible.
2.9. Proxecto técnico visado de forma oficial, en caso necesario, de acordo coa normativa sectorial que sexa de aplicación, e asinado por técnico competente.
2.10. Se a realización do investimento require autorización, concesión, permisos ou licenzas, para levar a cabo os investimentos previstos, deberá achegar o documento que acredita estar en posesión dela ou solicitude de telo presentado.
2.11. No caso de que o establecemento de acuicultura sexa titularidade dun matrimonio casado en réxime de gananciais, deberá presentarse a documentación correspondente ao punto 2.1.3 deste artigo referido á pluralidade de persoas.
3. De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán solicitados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.
De forma excepcional, se non se poden obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.
4. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.
Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.
As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
5. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
6. No caso de que algún dos documentos que se vaia presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
7. Para os efectos de presentación da solicitude, os interesados poderán actuar por medio de representantes; a acreditación da representación deberá realizarse mediante a presentación da correspondente autorización e aceptación utilizando o anexo VIII desta orde.
Comprobación de datos .
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:
a) DNI/NIE da persoa representante nomeada para os efectos da presentación da solicitude.
b) NIF da entidade representante nomeada para os efectos da presentación da solicitude.
c) DNI/NIE de cada persoa solicitante.
d) DNI/NIE da persoa representante legal da persoa xurídica.
e) NIF da persoa xurídica solicitante, da comunidade de bens, agrupación ou entidade sen personalidade xurídica, segundo corresponda.
f) Certificación de estar ao día no cumprimento das súas obrigas coa Axencia Estatal da Administración Tributaria, de cada persoa solicitante.
g) Certificación de estar ao día no cumprimento das súas obrigas coa Tesouraría Xeral de Seguridade Social, de cada persoa solicitante.
h) Certificación de estar ao día no cumprimento das súas obrigas coa Facenda da Xunta de Galicia, de cada persoa solicitante.
i) Informe acreditativo de estar ao día no pagamento de obrigas por reintegro de subvencións emitido pola Consellería de Facenda (Atriga), de cada persoa solicitante.
j) Informe acreditativo de non ter sanción firme pendente de pagamento por infracción da normativa marítimo-pesqueira emitido pola unidade de sancións e reclamacións da Xefatura Territorial correspondente da Consellería do Mar, de cada persoa solicitante.
k) Informe acreditativo de non estar en concurso de acredores (artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia), obtido a través do rexistro público concursal do Ministerio de Xustiza, de cada persoa solicitante.
l) Informe acreditativo de non ter cometido infracción grave da política pesqueira común, do Regulamento (UE) nº 1005/2008, do Consello, polo que se establece un sistema contra a pesca ilegal, non declarada e non regulamentada, e do Regulamento (UE) nº 1224/2009 do Consello, polo que se establece un réxime comunitario de control emitido polo Ministerio de Agricultura Pesca e Alimentación, de cada persoa solicitante.
Así mesmo, informe sobre sancións graves dos solicitantes de axudas cofinanciadas co FEMP de conformidade co artigo 10.1.a) do Regulamento (UE) nº 508/2014, relativo ao Fondo Europeo Marítimo e de Pesca, emitido polo servizo Técnico Xurídico da Consellería do Mar, de cada persoa solicitante.
m) No caso de persoas físicas, pluralidade de persoas físicas ou agrupacións ou entidades sen personalidade xurídica que carezan de NIF: certificado acreditativo de carecer de antecedentes penais obtido a través do Rexistro Central de Penados do Ministerio de Xustiza, que deberá conter a totalidade de antecedentes penais non cancelados, para os efectos de verificar que non ten sido declarado culpable de cometer fraude no marco do FEP ou FEMP. Se da información anterior non se entende acreditada a ausencia de antecedentes penais, solicitarase ao interesado que achegue certificado que acredite a totalidade de antecedentes penais ou a ausencia deles.
n) Informe acreditativo do sistema nacional de publicación de subvencións do Ministerio de Facenda de non ter sido declarado culpable de cometer fraude, no marco do FEP ou FEMP, de cada persoa solicitante.
ñ) Informe acreditativo de non estar nin ter estado nos últimos 24 meses involucrado na explotación, xestión ou propiedade dos buques incluídos na lista comunitaria dos buques INDNR obtido do Ministerio de Agricultura Pesca e Alimentación, de cada persoa solicitante.
o) No caso de persoas físicas, pluralidade de persoas físicas ou agrupacións ou entidades sen personalidade xurídica que carezan de NIF: certificado acreditativo de non ter cometido ningún dos delitos establecidos nos artigos 3 e 4 da Directiva 2008/99/CE, obtido a través do Rexistro Central de Penados do Ministerio de Xustiza. Se da información anterior non se entende acreditada a ausencia de delitos solicitarase ao interesado que achegue certificado que acredite a totalidade de antecedentes penais ou a ausencia deles.
p) Informe acreditativo do sistema nacional de publicación de subvencións do Ministerio de Facenda e Función Pública de non ter cometido ningún dos delitos establecidos nos artigos 3 e 4 da Directiva 2008/99/CE, de cada persoa solicitante.
q) Resolución de concesión doutra axuda para o mesmo proxecto concedida pola Xunta de Galicia, se é o caso.
r) Concesións de subvencións e axudas.
s) Inhabilitacións para obter subvencións e axudas.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente (anexo I, anexo IV, anexo V ou anexo VIII) e achegar os documentos.
Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Tramites administrativos posteriores á presentación da solicitude .
Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
- Fase de solicitude
- Declaración responsable de non inicio (Anexo II)
- Comunidades de bens ou agrupacións ou entidades sen personalidade xurídica (Anexo V)
- Declaración relativa á condición de peme (persoa física, pluralidade de persoas físicas, comunidades de bens ou agrupacións ou entidades sen personalidade xurídica) (Anexo VII.1)
- Declaración relativa á condición de peme (persoas xurídicas) (Anexo VII.2)
- Formulario de investimento (Anexo III)
- Pluralidad de persoas físicas (Anexo IV)
- Declaración de persoa física partícipe na persoa xurídica (Anexo VII.3)
- Nomeamento de representante (Anexo VIII)
- Solicitude (Anexo I)
- Relación de ofertas solicitadas e elixidas (Anexo VI)
Máis información
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Lembre que este servizo soamente estará disponible desde o espazo "A miña sede" da sede electrónica e naqueles procedementos que teñan habilitados trámites electrónicos posteriores á solicitude cando así o estableza a súa norma reguladora.
Prepare os arquivos electrónicos necesarios e comprobe que utiliza formatos compatibles coa sede: .bmp, .ce3, .cex, .csv, .cte, .dbf, .doc, .docx, .dwg, .dxfn, .gpx, .hexhash, .inp, .jpg, .kml, .kmz, .ods, .odt, .pd2, .pdf, .pdl, .png, .prj, .shp, .shx, .tgd, .tiff, .txt, .xls, .xlsx, .xml, .xsig, .mp4, .avi, .mov e .wmv
O tamaño máximo do conxunto de documentos achegados a unha presentación en esta sede é de 100 MB, e non se admiten arquivos comprimidos.
Comprobe o tamaño total do conxunto de documentos que precisa achegar:
- Se é inferior a 100 MB pode achegar todos os documentos á solicitude
- Se é superior a 100 MB separe os arquivos de máis de 100 MB, agrupe o resto en subconxuntos de documentos que non superen os 100 MB e proceda segundo os seguintes pasos
- Presente a solicitude achegando un subconxunto de documentos de menos de 100 MB.
- Repita o trámite de achega de documentación separada da solicitude para cada un dos subconxuntos restantes de documentos, seguindo estes pasos:
- Unha vez finalizada a presentación acceda ao apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede", seleccione o expediente da solicitude que acaba de realizar, pulse na opción "Accións" e seleccione "Achega de documentación separada da solicitude".
- Cubra o formulario e pulse en "continuar"
- Achegue o seguinte subconxunto de documentos
- Asine e complete a achega de documentación separada
- Repita este proceso para cada subconxunto de documentos de menos de 100 MB
Se algún arquivo supera individualmente os 100 MB:
- Proceda segundo se explica nos pasos anteriores para o resto de arquivos
- Descargue no seu equipo o modelo xenérico para a achega de documentación separada
- Cubra o modelo, indicando o expediente ou número de rexistro de entrada da solicitude electrónica realizada e a unidade responsable do procedemento
- Imprima o modelo e presénteo de forma presencial, xunto coa documentación en formato físico -CD, DVD, USB-, en calquera das oficinas de rexistro
Prazo de resolución:
Seis meses
Sentido do silencio:
Negativo
- Fase de xustificación
- Explicación das diferencias entre os investimentos previstos e os realizados (Anexo X)
Máis información
Consulte como responder a unha emenda de documentación
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos. Na pestana "Presentación", no apartado "Documentación para a presentación" figura o listado de documentos requiridos para a presentación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos. Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede". Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365. Busque o expediente relacionado co requirimento e seleccione no menú "Acción" da dereita a opción "Emenda ao requirimento".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Emenda ao requirimento" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a emenda utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario indicando os datos ou documentos achegados para a emenda.
Anexe os documentos que queira presentar. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a emenda.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da emenda.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Coñeza como achegar documentación xustificativa a un expediente en curso
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Na pestana "Despois da presentación", no apartado "Xustificación" figura o listado de documentos requiridos para a xustificación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos.
Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede".
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Busque o expediente para o que precisa achegar documentación xustificativa. No menú "Acción" que aparece á dereita seleccione a opción "Achega de documentación xustificativa".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Achega de documentación xustificativa" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a xustificación utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario.
Indique os documentos que achega para a xustificación.
Anexe os documentos que queira presentar para a xustificación. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a xustificación.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da xustificación.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Todos os seus expedientes, presentacións e borradores en "A miña sede"
Para xestionar os seus expedientes o primeiro que debe facer é acceder o seu espazo persoal premendo en "A miña sede" e, a continuación, identificarse empregando calquera dos certificados admitidos nesta sede ou Chave365.
Poderá ver na súa bandexa de entrada os seus últimos expedientes, presentacións e borradores.
Verá en pantalla información detallada de cada expediente ou presentación (número de expediente/rexistro, código e nome do procedemento etc.).
Se desexa ver todos os seus expedientes e presentacións, prema no botón "Ver todos/Buscar".
Ao acceder á pantalla de busca, pode buscar expedientes ou borradores por distintos criterios ou localizalos directamente se coñece o código de acceso.
Poderá realizar accións concretas sobre un expediente (achegar documentación adicional, mellorar unha solicitude, modificar os seus datos de notificación etc.) desde:
- A bandexa de entrada dos seus últimos expedientes, presentacións e borradores, premendo o botón "Acción" da columna "Que podo facer?"
- O detalle do expediente electrónico, premendo directamente nas accións dispoñibles da columna "Que podo facer?"
Outras convocatorias ou publicacións
Procedementos e servizos relacionados
Axudas a investimentos produtivos en acuicultura.
Axudas para o incremento da eficiencia enerxética e o fomento da reconversión das empresas acuícolas a fontes de enerxía renovables.
Axudas a investimentos que potencien os efectos positivos no medio ambiente, a eficiencia dos recursos e a redución do uso da auga e químicos.
Axudas a operacións innovadoras relacionadas coa conservación dos recursos biolóxicos mariños
Axudas para compensar aos acuicultores que tiveran perdas de produción entre o 1 de febreiro e o 31 de decembro de 2020 como consecuencia do brote de Covid-19, cofinanciadas co Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP).
Axudas para compensar aos acuicultores pola suspensión temporal da colleita de moluscos cultivados durante o ano 2022, cofinanciadas co Fondo Europeo Marítimo e de pesca nun 75% (FEMP).