Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
MT401A
Concesión do distintivo Bandeira Verde de Galicia.
Procedemento dirixido a: Entidades locais
Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático
1. Esta orde ten por obxecto aprobar as bases reguladoras polas cales se rexerá a convocatoria pública para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva do distintivo Bandeira Verde de Galicia co que premiar aqueles concellos da Comunidade Autónoma de Galicia que destaquen polas súas boas prácticas ambientais e de protección e conservación da paisaxe.
2. O distintivo Bandeira Verde de Galicia é unha iniciativa creada no ano 2020 que busca distinguir os concellos máis dinámicos neste eido, desenvolvendo boas prácticas para o coidado da súa contorna, o respecto á paisaxe, a redución das súas emisións de CO2, a redución do consumo enerxético e moitas outras, cun distintivo que sexa recoñecido pola cidadanía e polos potenciais visitantes, fortalecendo a imaxe das vilas e pobos máis comprometidos nos ámbitos ambiental, paisaxístico e de respecto ao patrimonio natural.
3. O código de procedemento administrativo é MT401A.
Criterios para o outorgamento do distintivo Bandeira Verde de Galicia.
O distintivo Bandeira Verde de Galicia outorgarase tendo en conta o grao de cumprimento dos criterios de valoración que son obxecto de desenvolvemento no anexo I desta orde. Os ámbitos de actuación nos que se encadrarán as accións incluídas nas candidaturas dos municipios son os seguintes:
a) Ordenación do territorio, protección do ambiente e da paisaxe.
b) Cambio climático e eficiencia enerxética.
c) Xestión responsable dos residuos.
d) Accións de sensibilización e comunicación relacionadas cos puntos a), b) e c)
Concellos da Comunidade Autónoma de Galicia.
Xunta de Galicia
Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático
Instituto de Estudos do Territorio (IET)
San Lázaro, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981541755
Email: secretaria.iet@xunta.gal
Prazo de presentación: PECHADO
06/04/2022 00:00 - 30/05/2022 23:59
O prazo para a presentación das solicitudes das candidaturas comezará a partir do día seguinte ao de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e durará ata o 30 de maio de 2022.
Non serán admitidas a trámite, en ningún caso, as candidaturas presentadas fóra do prazo e de forma distinta á que se establece nesta orde.
Poderán optar ao recoñecemento do distintivo Bandeira Verde de Galicia todos os concellos da Comunidade Autónoma de Galicia que desenvolvan actividades incluídas no artigo anterior e cumpran o establecido nesta orde de convocatoria.
Entrega dos distintivos Bandeira Verde de Galicia.
1. Os concellos premiados recibirán o distintivo Bandeira Verde de Galicia nun acto público para o que serán convocados coa oportuna antelación.
A relación de concellos recoñecidos será publicada, así mesmo, na páxina web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda https://www.xunta.gal/cmatv
2. A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda autoriza a cada un dos concellos recoñecidos a poder utilizar o logotipo específico da bandeira durante un ano. O outorgamento deste distintivo constituirá mérito para os efectos da obtención de subvencións en materia de patrimonio natural.
3. No caso de que algún concello premiado omitise ou falsease a documentación remitida para a obtención deste recoñecemento, poderase considerar a retirada do distintivo acreditado e, polo tanto, perder a condición de gañador que teña o distintivo Bandeira Verde de Galicia.
Solicitudes.
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que sexa realizada a emenda.
Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Documentación complementaria.
1. Os concellos interesados deberán achegar, xunto co anexo II de solicitude, a seguinte documentación:
a) Memoria asinada pola persoa titular da alcaldía en que se poñan de manifesto, dun xeito resumido, os aspectos máis relevantes das actuacións que se propoñen. A memoria será unicamente texto e terá unha extensión máxima de 700 palabras.
b) Fichas resumo das accións previstas no anexo III.
A memoria, xunto co anexo III de cada acción, será a documentación obxecto de avaliación.
O órgano instrutor do procedemento poderá pedir documentación complementaria se o considera necesario.
c) Certificación do secretario do concello ou persoa con análogas funcións, de conformidade co modelo previsto no anexo IV, en que se recolla o seguinte:
1º. O acordo/decreto/resolución/outro do/da alcaldía/xunta de goberno local/pleno para solicitar a concesión do distintivo Bandeira Verde de Galicia.
2º. O número de accións propostas co estado en que se atopan: a) aprobadas polo concello, b) en execución ou c) executadas. Neste último caso, as accións se teñen finalizado nos cinco últimos anos contados a partir da data de publicación desta orde.
3º. Existe compromiso de financiamento das accións aprobadas ou en execución e está vixente.
4º. O concello non ten ningunha sanción administrativa firme nos últimos 2 anos anos en relación aos ámbitos obxecto de valoración para o outorgamento do distintivo (infraccións ambientais, en materia urbanística ou de ordenación do territorio ou paisaxe, contra o patrimonio, contra a protección de costas ou do dominio hidráulico...).
5º. Non constan incumprimentos de ordes de execución de sentenzas firmes de demolición de edificacións ilegais dirixidas ao concello.
6º. En materia de xestión de residuos sólidos urbanos, o concello conta cun sistema propio ou conveniado que dá servizo aos seus cidadáns.
7º. O municipio conta cunha infraestrutura pública de saneamento e depuración de augas residuais, así como de abastecemento de auga, que dan servizo, polo menos, ao asentamento de maior poboación.
Sen esta acreditación os citados méritos non se terán en conta polo xurado. Esta certificación recóllese como anexo IV.
2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.
Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que sexa realizada a emenda.
As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
4. No caso de que algún dos documentos que hai que presentar de forma electrónica superase os tamaños máximos establecidos ou tivese un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a súa presentación de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no número anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes.
Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser realizados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Prazo de resolución:
Catro meses
Sentido do silencio:
Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG nº 121 do 25 de xuño de 2007).
-
Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG nº 20 do 29 de xaneiro de 2009).
-
Corrección de erros.-Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG nº 61 do 30 de marzo de 2009).
-
Orde do 23 de marzo de 2022 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión do distintivo Bandeira Verde de Galicia e se convocan para o ano 2022 (DOG nº 66 do 5 de abril de 2022).
-
Resolución do 29 de setembro de 2022 pola que se conceden os distintivos Bandeira Verde de Galicia, de conformidade co disposto na Orde do 23 de marzo de 2022 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión do distintivo Bandeira Verde de Galicia (DOG nº 201 do 21 de outubro de 2022).
-
-
Ámbito Estatal
-
Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións (BOE nº 276 de 18 de novembro de 2003)
-
Real Decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións (BOE nº 176 do 25 de xullo de 2006).
-
Corrección de erros do Real Decreto 887/2006, de 21 de xulio, polo que se aproba o Regulamento da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións (BOE nº 270 de 11 de noviembre de 2006).
-
Lei 39/2015, da 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas (BOE nº 236 do 2 de outubro de 2015).
-
Outros procedementos relacionados
Declaración de datos para cuantificación de perdas en redes de abastecemento.
Aberto todo o ano
Colaboración técnica e financeira en materia de infraestruturas hidráulicas.
Aberto todo o ano
Asunción de explotación de instalación de depuración de augas residuais urbanas.
Aberto todo o ano
Solicitude de incorporación/renovación de parcelas para aplicación de produtos do tratamento de lodos de depuradora (PTLD)
Aberto todo o ano