Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
AU231A
Colaboración técnica e financeira en materia de infraestruturas hidráulicas.
Procedemento dirixido a: Entidades locais
Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático
O desenvolvemento da Lei 9/2010, do 4 de novembro, de augas de Galicia, nas materias seguintes:
a) A regulación da colaboración técnica e financeira entre a Administración hidráulica de Galicia e as entidades locais de Galicia en materia de infraestruturas hidráulicas.
b) A regulación do procedemento de aprobación das infraestruturas hidráulicas declaradas de interese da Comunidade Autónoma de Galicia.
Poderá ser obxecto da colaboración técnica e financeira que se regula no presente capítulo calquera obra correspondente aos servizos que compoñen o ciclo da auga segundo quedan definidos no artigo 2.16 da Lei 9/2010, así como os correspondentes proxectos técnicos e construtivos.
Enténdese por colaboración financeira aquela referida fundamentalmente ao financiamento da obra, que se concreta na súa contratación por parte da Administración hidráulica de Galicia, mentres que a colaboración técnica se refire á redacción dos documentos técnicos ou proxectos correspondentes, á dirección facultativa das obras e ao control de calidade e de seguranza e saúde das obras.
A colaboración estenderase ás modificacións contractuais aprobadas e aos contratos complementarios adxudicados pola Administración hidráulica de Galicia para as actuacións de que se trate.
As actuacións en materia de abastecemento en zonas que carezan de infraestruturas para a recolla ou tratamento de augas residuais levaranse a cabo cando se poidan executar unhas e outras ao mesmo tempo.
A colaboración financeira da Administración hidráulica de Galicia poderá acadar ata un 100 % do custo da obra.
O ámbito de aplicación do presente decreto é o territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.
Entidades locales
Antes de proceder á licitación das obras, as entidades locais beneficiarias deberán achegar:
a) Certificación acreditativa da posta á disposición efectiva, libres de cargas e gravames, dos terreos necesarios para a normal execución das obras ou, se for o caso, certificación acreditativa do inicio do expediente expropiatorio.
b) Documentación contable consonte o réxime de colaboración fixado no acordo indicado no artigo 8 que acredite a dispoñibilidade orzamentaria nos orzamentos das entidades locais, así como o compromiso de efectuar as achegas correspondentes, se é o caso, a medida que llas requira Augas de Galicia.
c) Compromiso de facerse cargo de calquera tipo de taxa, canon ou imposto de carácter local que, se for o caso, resultaren exixibles con motivo das obras.
d) Compromiso de asumir a explotación, mantemento e conservación das obras e efectuar os traballos ordenados pola inspección facultativa despois da execución das obras, unha vez que sexan recibidas pola Administración hidráulica de Galicia. O dito compromiso incluirá expresamente a obriga de cumprir as determinacións derivadas das declaracións ou ditames ambientais que, se for o caso, se teñan emitido durante a tramitación do proxecto.
e) Compromiso de establecemento ou actualización das tarifas pola prestación do servizo na medida axeitada para cubrir a explotación e amortización das obras, logo da súa cesión á entidade local.
f) Acreditación da solicitude daquelas autorizacións ou concesións que resulten preceptivas e cuxo outorgamento non corresponda á Administración hidráulica de Galicia.
Xunta de Galicia
Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático
Augas de Galicia
Praza Camilo Díaz Baliño, 7 - 10
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981544551/ 981544329
Fax: 981541987
Prazo de presentación: Aberto todo o ano
Quedan excluídas do presente decreto as actuacións en materia de obras hidráulicas no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia que sexan declaradas de interese xeral do Estado.
Exclúense do ámbito da colaboración as conexións domiciliarias ata a arqueta de conexión de servizo.
Solicitude segundo o Anexo I.
Informe xustificativo da necesidade e/ou urxencia de execución de obras.
Informe técnico descritivo das características cualitativas ou cuantitativas, presentes ou previsibles, do abastecemento e dos efluentes de augas residuais.
Informe técnico descritivo das instalacións existentes en materia de abastecemento e saneamento e a súa localización xeográfica.
Información sobre os terreos apropiados para a localización das instalacións obxecto da solicitude de colaboración e sobre a súa dispoñibilidade.
Documento técnico redactado co contido mínimo previsto na vixente normativa de contratación do sector público.
Memoria xustificativa do investimento previsto, xunto cun estudo económico-financeiro da capacidade municipal de dispoñibilidade e endebedamento, no que se xustifique a necesidade de que Augas de Galicia financie a obra na porcentaxe solicitada.
Outra documentación.
- Fase de solicitude
- Documento de solicitude (Anexo I)
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Lei 9/2010, do 4 de novembro, de augas de Galicia (DOG nº 222 do 18 de novembro de 2010).
-
Decreto 59/2013, do 14 de marzo, polo que se desenvolve a Lei 9/2010, do 4 de novembro, de augas de Galicia, en materia de execución e explotación de infraestruturas hidráulicas (DOG nº 73 do 16 de abril de 2013).
-
Corrección de erros. Decreto 59/2013, do 14 de marzo, polo que se desenvolve a Lei 9/2010, do 4 de novembro, de augas de Galicia, en materia de execución e explotación de infraestruturas hidráulicas (DOG nº 74 do 17 de abril de 2013).
-
Outros procedementos relacionados
Autoliquidación do Canon da auga por entidades subministradoras de auga.
Aberto todo o ano
Autoliquidación do coeficiente de vertedura por entidades subministradoras de auga e prestadoras de servizos de sumidoiros.
Aberto todo o ano
Declaración de datos das fontes de abastecemento de auga.
Aberto todo o ano
Declaración de contador nas captacións propias de auga.
Aberto todo o ano