Guía de procedementos e servizos

AU230C

Declaración de datos das fontes de abastecemento de auga.

Procedemento dirixido a: Cidadáns, Empresas e profesionais

Aberto todo o ano

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

Este modelo ten por obxecto posibilitar aos suxeitos pasivos do canon da auga e, no seu caso, do canon de xestión de depuradoras e do canon de xestión da rede de colectores, que dispoñan de captacións propias de auga, dar cumprimento á obriga de presentar declaración de datos a que fai referencia o artigo 65.4 da Lei 9/2010, do 4 de novembro, de augas de Galicia e o artigo 66.2 Lei 1/2022, do 12 de xullo, de mellora da xestión do ciclo integral da auga.

Por outra parte, este modelo tamén deberá ser presentado por aqueles suxeitos pasivos que unicamente se abastezan de entidade subministradora (sen captacións propias de auga) cando así sexan expresamente requiridos para a súa presentación por Augas de Galicia.

Suxeitos pasivos con captacións propias de auga, agás os usos domésticos que só deberán presentar este modelo no caso de dispoñer de contador instalado nas captacións propias e queiran tributar por estimación directa.

Xunta de Galicia

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

Augas de Galicia

Praza Camilo Díaz Baliño, 7-9

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981 544968/ 981 544941

Augas de Galicia

Prazo de presentación: Aberto todo o ano

Aberto todo o ano

- Declaración normalizada segundo Anexo II

- Copia/s da/s resolución/s administrativa/s autorizando a captación de auga (no caso de que o órgano outorgante non sexa Augas de Galicia).

- Copia da última factura da auga (no caso de abastecerse a partir de entidade subministradora).

Prazo de resolución:

1 ano

Sentido do silencio: Non especificado

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Lei 9/2010, do 4 de novembro, de augas de Galicia (DOG nº 222 do 18 de novembro de 2010).

    • Decreto 136/2012, do 31 de maio, polo que se aproba o Regulamento do canon da auga e do coeficiente de vertedura a sistemas públicos de depuración de augas residuais (DOG nº 119 do 22 de xuño de 2012).

    • Lei 1/2022, do 12 de xullo, de mellora da xestión do ciclo integral da auga (DOG nº 154 do 12 de agosto de 2022).

    • Orde do 21 de decembro de 2022 pola que se aproban os formularios normalizados dos procedementos relativos ao canon da auga, canon de xestión das depuradoras e canon de xestión das redes de colectores regulados pola Lei 9/2010, do 4 de novembro, de augas de Galicia, e pola Lei 1/2022, do 12 de xullo, de mellora da xestión do ciclo integral da auga. (DOG nº 247 do 29 de decembro de 2022).

  • Ámbito Estatal

Outros procedementos relacionados

AU113A

Autorización de obras ou traballos no dominio público hidráulico ou zona de policía de leitos.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

AU113C

Actuacións menores no dominio público hidráulico e zona de policía

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

AU114A

Autorización de verteduras de augas residuais (tramitación ordinaria).

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

AU208A

Concesión de augas.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano