Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
AU230J
Cese na dedución no canon da auga, canon de xestión de depuradoras e canon de xestión de redes de colectores para familias numerosas
Procedemento dirixido a: Cidadáns, Empresas e profesionais
Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático
Mediante este modelo os usos domésticos (vivendas) aos que se lle concedera a bonificación no canon da auga, canon de xestión de depuradoras e no canon de xestión de redes de colectores por ser familia numerosa e posteriormente perderan dita condición de familia numerosa ou cambiaran de domicilio, están obrigadas a comunicar ditos cambios no pazo dun mes dende o momento en que se produza a perda da condición ou o cambio de domicilio, respectivamente.
Suxeitos pasivos domésticos aos que se lles concedera a bonificación no canon da auga, canon de xestión de depuradoras e no canon de xestión de redes de colectores por ser familia numerosa.
Xunta de Galicia
Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático
Augas de Galicia
Praza Camilo Díaz Baliño, 7-9
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981 541697
Prazo de presentación: Aberto todo o ano
Todo o ano.
- Solicitude normalizada segundo o Anexo IX
- Copia do título de familia numerosa o carné familiar emitido por outra comunidade autónoma, na que figure a data de finalización da vixencia ou, no seu caso de cese da vixencia sobrevida, informe dos servizos competentes de aquela comunidade autónoma relativo á data de cese da vixencia.
- Comprobación de datos.
Os documentos relacionados serán obxecto de consulta ás administracións públicas. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo e aportar unha copia dos documentos.
o DNI/NIE da persoa comunicante.
o Título de familia numerosa (Xunta de Galicia).
- Fase de solicitude
- Documento de solicitude (Anexo IX)
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Lei 9/2010, do 4 de novembro, de augas de Galicia (DOG nº 222 do 18 de novembro de 2010).
-
Decreto 136/2012, do 31 de maio, polo que se aproba o Regulamento do canon da auga e do coeficiente de vertedura a sistemas públicos de depuración de augas residuais (DOG nº 119 do 22 de xuño de 2012).
-
Lei 1/2022, do 12 de xullo, de mellora da xestión do ciclo integral da auga (DOG nº 154 do 12 de agosto de 2022).
-
Orde do 21 de decembro de 2022 pola que se aproban os formularios normalizados dos procedementos relativos ao canon da auga, canon de xestión das depuradoras e canon de xestión das redes de colectores regulados pola Lei 9/2010, do 4 de novembro, de augas de Galicia, e pola Lei 1/2022, do 12 de xullo, de mellora da xestión do ciclo integral da auga. (DOG nº 247 do 29 de decembro de 2022).
-
-
Ámbito Estatal
-
Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria (BOE nº 302, de 18 de decembro de 2003).
-
Outros procedementos relacionados
Autorización de obras ou traballos no dominio público hidráulico ou zona de policía de leitos.
Aberto todo o ano
Actuacións menores no dominio público hidráulico e zona de policía
Aberto todo o ano
Autorización de verteduras de augas residuais (tramitación ordinaria).
Aberto todo o ano
Concesión de augas.
Aberto todo o ano