Guía de procedementos e servizos

AU231B

Asunción de explotación de instalación de depuración de augas residuais urbanas.

Procedemento dirixido a: Entidades locais

Aberto todo o ano

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

Sobre o procedemento

O desenvolvemento da Lei 9/2010, do 4 de novembro, de augas de Galicia, nas materias seguintes:

a) A regulación das condicións en que as entidades locais poderán solicitar de Augas de Galicia a asunción da prestación dos servizos que leven a cabo en materia de depuración de augas residuais urbanas.

b) A regulación do réxime de asunción por parte de Augas de Galicia das funcións de xestión e explotación das infraestruturas de adución e depuración, nos supostos excepcionais previstos no artigo 27.6 da Lei 9/2010.

Entidades locais

Xunta de Galicia

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

Augas de Galicia

Praza Camilo Díaz Baliño, 7 - 10

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981544551/ 981544329

Fax: 981541987

Augas de Galicia
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: Aberto todo o ano

Quedan excluídas do presente decreto as actuacións en materia de obras hidráulicas no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia que sexan declaradas de interese xeral do Estado.

O ámbito de aplicación do presente decreto é o territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

  • Solicitude segundo o anexo II.

  • Certificación do acordo plenario da solicitude da asunción da explotación de instalacións de depuración de augas residuais urbanas.

  • Certificación da aprobación e entrada en vigor da Ordenanza ou Regulamento do servizo de saneamento que contén as previsións técnicas suficientes para que as verteduras á rede de sumidoiro cheguen á estación depuradora en condicións axeitadas en función da súa capacidade de tratamento.

  • Documentación técnica descritiva das instalacións cuxa xestión se pretende traspasar e as súas características, xunto con analíticas da auga bruta e do efluente tratado, así como a documentación administrativa correspondente e contratos de subministracións.

  • Documentación técnica descritiva da rede de saneamento á que dá servizo a instalación obxecto da solicitude.

  • Compromiso de mantemento da explotación da rede.

  • Acreditación de permiso municipal de vertedura ás instalacións municipais.

  • Contrato de explotación e follas de prescrición do concello co explotador das instalacións e certificación da intervención municipal sobre os pagamentos correspondentes.

  • Informe económico-financeiro sobre o servizo, elaborado pola súa intervención municipal.

  • Concesión de ocupación do dominio público marítimo-terrestre, ou solicitude presentada perante a Administración do Estado.

  • Autorización de vertedura outorgada polo Organismo de conca competente ou solicitude presentada perante tal organismo.

  • En todo caso, documentación técnica e administrativa detallada no anexo III do Decreto 59/2013, do 14 de marzo.

  • No seu caso, se procede, documentación técnica e administrativa recollida nos Anexos IV e V.

  • Outra documentación

Despois de presentar

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Autonómico
    • Lei 9/2010, do 4 de novembro, de augas de Galicia (DOG nº 222 do 18 de novembro de 2010).

    • Decreto 59/2013, do 14 de marzo, polo que se desenvolve a Lei 9/2010, do 4 de novembro, de augas de Galicia, en materia de execución e explotación de infraestruturas hidráulicas (DOG nº 73 do 16 de abril de 2013).

    • Corrección de erros. Decreto 59/2013, do 14 de marzo, polo que se desenvolve a Lei 9/2010, do 4 de novembro, de augas de Galicia, en materia de execución e explotación de infraestruturas hidráulicas (DOG nº 74 do 17 de abril de 2013).

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

AU230A

Autoliquidación do Canon da auga por entidades subministradoras de auga.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

AU230B

Autoliquidación do coeficiente de vertedura por entidades subministradoras de auga e prestadoras de servizos de sumidoiros.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

AU230C

Declaración de datos das fontes de abastecemento de auga.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

AU230D

Declaración de contador nas captacións propias de auga.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano