Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
MR517A
Solicitude de incorporación/renovación de parcelas para aplicación de produtos do tratamento de lodos de depuradora (PTLD)
Procedemento dirixido a: Entidades locais
Consellería do Medio Rural
Igualmente, avaliar de novo a aptitude de aquelas superficies agrarias que teñan rematado o seu período de autorización. En función do resultado da avaliación, autorizarase ou non a superficie agraria para que sexa empregada para aplicación agrícola dos PTLD da planta de tratamento.
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias
EDIF, ADMINISTRATIVO SAN CAETANO
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981545732
Fax: 981545735
Prazo de presentación: Aberto todo o ano
Anexo V-b do Decreto 125/2012, debidamente cuberto, xunto coa seguinte documentación:
DNI ou NIF da persoa física/xurídica a quen corresponde a explotación da planta de tratamento
Documento que acredite a representación da persoa asinante da solicitude
De cada titular/explotador cedente de parcelas que apareza no Anexo V-b, o solicitante haberá de achegar a súa correspondente ficha de cesión de parcelas agrarias para aplicación de produtos do tratamento de lodos de depuradora (anexo V-a do Decreto 125/2012), cuberta e asinada por tal titular/explotador
De cada agregado de parcelas que se teña definido dentro da ficha de cesión de parcelas agrarias para aplicación de produtos do tratamento de lodos de depuradora dun titular/explotador cedente, o solicitante haberá de achegar unha análise de solo, coas determinacións analíticas que se indican no anexo VII do Decreto 125/2012.
Se para a identificación dunha parcela cedida non se contase no momento da sinatura da cesión - con referencias SIXPAC por tratarse dun predio de substitución recen atribuído nun proceso de concentración parcelaria, admitiranse as referencias identificativas contidas nas follas de atribucións, das que haberá que achegar copia.
Prazo de resolución: Seis meses
Sentido do silencio: Estimatorio
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Decreto 125/2012, do 10 de maio, polo que se regula a utilización de lodos de depuradora no ámbito do sector agrario na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 107 do 6 de xuño de 2012).
-
-
Ámbito Estatal
-
Real Decreto 1310/1990, do 29 de outubro, polo que se regula a utilización dos lodos de depuración no sector agrario (BOE nº 262 do 1 de novembro de 1990).
-
Orde de 26 de outubro de 1993 sobre utilización de lodos de depuración no sector agrario (BOE nº 265 do 5 de novembro de 1993).
-
Outros procedementos relacionados
Declaración de datos para cuantificación de perdas en redes de abastecemento.
Aberto todo o ano
Colaboración técnica e financeira en materia de infraestruturas hidráulicas.
Aberto todo o ano
Asunción de explotación de instalación de depuración de augas residuais urbanas.
Aberto todo o ano
Subvencións para a execución de actuacións para reducir as infiltracións nas redes de saneamento municipais en concellos da Comunidade Autónoma de Galicia.
Prazo aberto: 23/04/2025 09:00 - 23/05/2025 14:00