Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
MR502D
Axudas para a realización de proxectos e obras que empreguen produtos de madeira como elementos estruturais - Lliña 1.2
Procedemento dirixido a: Cidadáns
Consellería de Economía e Industria
1. As subvencións reguladas por estas bases teñen por obxecto contribuír a fomentar o uso da madeira como elemento estrutural mediante a seguinte liña de apoio:
Liña 1.2 (código de procedemento MR502D): axudas á redacción de proxectos de construción nova, rehabilitación ou reforma de vivendas unifamiliares que empreguen produtos de madeira como elementos estruturais.
2. O procedemento de concesión destas subvencións tramitarase en réxime de concorrencia non competitiva, segundo a excepción recollida no artigo 19.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Para as liñas 1.2 (código de procedemento MR502D) e 2.2 (código de procedemento MR502G): as persoas físicas, sexa de xeito individual ou unha pluralidade delas, que residan en Galicia.
No caso de solicitudes presentadas por unha agrupación de persoas físicas, todas as persoas solicitantes quedan obrigadas solidariamente ao cumprimento das obrigas que se deriven da concesión da subvención e ao cumprimento do establecido no artigo 8.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Ademais, no caso de agrupacións de persoas físicas, deberán facer constar os compromisos de execución asumidos por cada unha das persoas solicitantes que determinarán proporcionalmente o importe da subvención que se aplicará a cada unha delas, que terán igualmente a consideración de persoas beneficiarias. En calquera caso, deberá nomearse unha persoa representante da agrupación, con poder suficiente para cumprir as obrigas que como beneficiaria corresponden á agrupación, e coa que a Administración efectuará as actuacións no marco do procedemento administrativo.
Xunta de Galicia
Consellería de Economía e Industria
Axencia Galega da Industria Forestal
Avda. Fernando de Casas Novoa, 38 (San Lázaro)
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 881995478
Email: xera.cmr@xunta.gal
Prazo de presentación: PECHADO
14/10/2022 00:00 - 08/11/2022 23:59
O 08/11/2022 cerrouse o prazo de presentación de solicitudes por terse esgotado os fondos asignados, de acordo co disposto no ordinal 2 da Resolución do 29 de setembro de 2022 (DOG nº 195 do 13 de outubro de 2022).
Liña 1.2 (código de procedemento MR502D):
– A edificación proxectada deberá estar destinada a uso residencial unifamiliar, segundo as definicións recollidas no anexo XVI.
– O proxecto deberá incluír unha nova edificación ou a intervención nunha preexistente mediante a súa rehabilitación ou reforma, segundo as definicións recollidas no anexo XVI.
– O proxecto deberá incluír a realización total ou parcial da estrutura empregando produtos de madeira ou derivados da madeira.
– O proxecto deberá estar asinado por un técnico competente e visado polo correspondente colexio profesional, en función da súa natureza.
– O sumatorio dos custos recollidos no proxecto e correspondentes aos produtos de madeira ou derivados da madeira e a súa colocación con finalidade estrutural, dos sistemas de compartimentación, envolvente e acabamentos excluíndo os das carpintarías interiores, pavimentos interiores e acabamentos interiores suporá, cando menos, o 20 % do orzamento de execución material do proxecto.
- Solicitude segundo o Anexo II.
- Contratos, orzamentos ou facturas pro forma (segundo sexa o caso) dos investimentos previstos de tres provedores distintos, se fose o caso.
- Anexo V de pluralidade de solicitantes, no caso de solicitudes de persoas físicas agrupadas.
- Documentación que acredite, por calquera medio válido en dereito, a representación con que actúa a persoa que asina a solicitude.
Comprobación de datos.
Os documentos relacionados serán obxecto de consulta ás administracións públicas. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente do Anexo e achegar unha copia dos documentos.
- DNI/NIE da persoa solicitante.
- DNI/NIE da persoa representante.
- Certificado de empadroamento da persoa solicitante.
- Consulta de concesións de subvencións e axudas.
- Consulta de inhabilitacións para obter subvencións e axudas.
- Certificado de estar ao día no cumprimento dos deberes coa Tesouraría Xeral da Seguridade Social.
- Certificado de estar ao día no pagamento das débedas coa Administración pública da Comunidade Autónoma.
Trámites administrativos posteriores á presentación da solicitude.
Para as liñas 1.2 e 2.2, a sede electrónica da Xunta de Galicia permite ás persoas interesadas realizar trámites electrónicos, con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada. Opcionalmente, tamén poderán tramitarse presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Prazo de resolución:
Tres meses
Sentido do silencio:
Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Resolución do 29 de setembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan para o ano 2022, en réxime de concorrencia non competitiva, as subvencións para a realización de proxectos e obras que empreguen produtos de madeira como elementos estruturais, financiadas ao 100 % no marco do eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, como parte da resposta da UE á pandemia da COVID-19 (DOG nº 195 do 13 de outubro de 2022).
-
Extracto da Resolución do 29 de setembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan para o ano 2022, en réxime de concorrencia non competitiva, as subvencións para a realización de proxectos e obras que empreguen produtos de madeira como elementos estruturais, financiadas ao 100 % no marco do eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, como parte da resposta da UE á pandemia da COVID-19 (DOG nº 195 do 13 de outubro de 2022).
-
Resolución do 2 de novembro de 2022 pola que se fai público o esgotamento do crédito da Resolución do 29 de setembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan para o ano 2022, en réxime de concorrencia non competitiva, as subvencións para a realización de proxectos e obras que empreguen produtos de madeira como elementos estruturais, financiadas ao 100 % no marco do eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, como parte da resposta da Unión Europea á pandemia da COVID-19 (DOG nº 212 do 8 de novembro de 2022).
-
Resolución do 2 de decembro de 2022 pola que se amplía o prazo de xustificación das subvencións convocadas ao abeiro da Resolución do 29 de setembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan para o ano 2022, en réxime de concorrencia non competitiva, as subvencións para a realización de proxectos e obras que empreguen produtos de madeira como elementos estruturais, financiadas ao 100 % no marco do eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, como parte da resposta da UE á pandemia da COVID-19 (DOG nº 235 do 13 de decembro de 2022).
-
Resolución do 2 de marzo de 2023 pola que se dá publicidade ás axudas concedidas, ás solicitudes non admitidas a trámite, desistidas e denegadas por falta de crédito, no ano 2022, ao abeiro da Resolución do 29 de setembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan para o ano 2022, en réxime de concorrencia non competitiva, as subvencións para a realización de proxectos e obras que empreguen produtos de madeira como elementos estruturais, financiadas ao 100 % no marco do eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, como parte da resposta da UE á pandemia da COVID-19 (DOG nº 50 do 13 de marzo de 2023).
-
Outros procedementos relacionados
Autorización para a execución de obras, instalacións ou a realización de calquera outra actividade, así como os cambios de uso, na zona de dominio público viario e/ou nas zonas de protección das estradas de titularidade da Comunidade Autónoma de Galicia, excepto accesos.
Aberto todo o ano
Consulta previa de viabilidade dunha autorización.
Aberto todo o ano
Autorización de novo acceso, cambio de uso ou reordenación dun acceso existente na rede de titularidade da Comunidade Autonóma de Galicia.
Aberto todo o ano
Reversión de expropiación.
Aberto todo o ano