Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
MR502B
Axudas para a realización de proxectos e obras que empreguen produtos de madeira como elementos estruturais - Liña 1.1
Procedemento dirixido a: Asociacións e ong, Empresas e profesionais
Consellería de Economía e Industria
1. As subvencións reguladas por estas bases teñen por obxecto contribuír a fomentar o uso da madeira como elemento estrutural mediante a seguinte liña de apoio:
Liña 1.1 (código de procedemento MR502B): axudas á redacción de proxectos de construción nova, rehabilitación ou reforma de naves e establecementos de negocio que empreguen produtos de madeira como elementos estruturais.
2. O procedemento de concesión destas subvencións tramitarase en réxime de concorrencia non competitiva, segundo a excepción recollida no artigo 19.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Para as liñas 1.1 (código de procedemento MR502B) e 2.1 (código de procedemento MR502F): as pequenas e medianas empresas, incluídas as persoas autónomas, que conten con domicilio social ou cun centro de traballo radicado en Galicia, e as asociacións, organizacións, fundacións e entidades sen ánimo de lucro, públicas ou privadas, que desenvolvan a súa actividade en Galicia.
Para efectos das axudas de minimis conforme a normativa aplicable, enténdese por empresa calquera entidade que exerza unha actividade económica, con independencia da súa natureza xurídica e da súa forma de financiamento. En todo caso, a persoa solicitante das axudas deberá acreditar que exerce actividade económica, para os efectos do previsto no parágrafo anterior.
Tomarase a definición de peme incluída no anexo I do Regulamento (UE) 651/2014, do 17 de xuño de 2014 (inclúe persoas autónomas que cumpran a condición de empresa). A Axencia Galega da Industria Forestal fará as comprobacións documentais necesarias para garantir que as empresas beneficiarias teñen a condición de peme.
Xunta de Galicia
Consellería de Economía e Industria
Axencia Galega da Industria Forestal
Avda. Fernando de Casas Novoa, 38 (San Lázaro)
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 881995478
Email: xera.cmr@xunta.gal
Prazo de presentación: PECHADO
14/10/2022 00:00 - 08/11/2022 23:59
O 08/11/2022 cerrouse o prazo de presentación de solicitudes por terse esgotado os fondos asignados, de acordo co disposto no ordinal 2 da Resolución do 29 de setembro de 2022 (DOG nº 195 do 13 de outubro de 2022).
Liña 1.1 (código de procedemento MR502B):
– A edificación proxectada deberá estar destinada a un uso industrial (incluídos os vinculados á transformación e comercialización de produtos agrarios ou forestais), comercial, recreativo, hoteleiro, oficinas, sanitario-asistencial, educativo, cultural ou deportivo, segundo as definicións recollidas no anexo XVI.
– O proxecto deberá incluír unha nova edificación ou a intervención nunha preexistente mediante a súa rehabilitación ou reforma, segundo as definicións recollidas no anexo XVI.
– O proxecto deberá incluír a realización total ou parcial da estrutura empregando produtos de madeira ou derivados da madeira.
– O proxecto deberá estar asinado por un técnico competente e visado polo correspondente colexio profesional, en función da súa natureza.
– O sumatorio dos custos recollidos no proxecto e correspondentes aos produtos de madeira ou derivados da madeira e a súa colocación con finalidade estrutural, dos sistemas de compartimentación, envolvente e acabamentos, excluíndo os das carpintarías interiores, pavimentos interiores e acabamentos interiores suporá, cando menos, o 20 % do orzamento de execución material do proxecto.
- Solicitude segundo o Anexo I.
- Copia das contas anuais do último exercicio económico pechado.
- Informe oficial da Seguridade Social de vida laboral dos doce meses anteriores á data de publicación da convocatoria para todos os réximes nos que figure dada de alta.
- Declaración da condición de peme, segundo os anexos VI.1, VI.2 e VI.3:
- Anexo VI.1 - Declaración relativa á condición de peme (persoas físicas ou pluralidade de persoas físicas).
- Anexo VI.2 - Declaración relativa á condición de peme (persoas xurídicas).
- Anexo VI.3 - Declaración de persoa física partícipe na persoa xurídica.
- No caso de empresas vinculadas ou asociadas coa empresa solicitante:
- Copia das contas anuais do último exercicio pechado de cada unha das empresas.
- Informe oficial da Seguridade Social de vida laboral dos doce meses anteriores á data de publicación da convocatoria para todos os réximes nos que figure dada de alta cada unha das empresas.
- Contratos, orzamentos ou facturas pro forma (segundo sexa o caso) dos investimentos previstos de tres provedores distintos, se fose o caso.
- Documentación que acredite, por calquera medio válido en dereito, a representación con que actúa a persoa que asina a solicitude.
- Escrituras sociais de constitución e modificacións posteriores, no caso de sociedade.
- Certificado de situación censual, no caso de persoas autónomas.
- Resolución da inscrición no Rexistro de Asociacións da Xunta de Galicia para as asociacións sen ánimo de lucro.
- Copia dos estatutos sociais da entidade solicitante.
Comprobación de datos.
Os documentos relacionados serán obxecto de consulta ás administracións públicas. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente do Anexo e achegar unha copia dos documentos.
- DNI/NIE da persoa solicitante.
- DNI/NIE da persoa representante.
- Consulta de concesións de subvencións e axudas.
- Consulta de inhabilitacións para obter subvencións e axudas.
- Consulta de concesións pola regra de minimis.
- Certificado de estar ao día no cumprimento dos deberes coa Tesouraría Xeral da Seguridade Social.
- Certificado de estar ao día no pagamento das débedas coa Administración pública da Comunidade Autónoma .
Trámites administrativos posteriores á presentación da solicitude.
Para as solicitudes vinculadas as liñas 1.1 e 2.1, todos os trámites administrativos posteriores que as persoas interesadas deban facer trala presentación da solicitude deberán ser realizados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa ou entidade interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Prazo de resolución:
Tres meses
Sentido do silencio:
Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Resolución do 29 de setembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan para o ano 2022, en réxime de concorrencia non competitiva, as subvencións para a realización de proxectos e obras que empreguen produtos de madeira como elementos estruturais, financiadas ao 100 % no marco do eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, como parte da resposta da UE á pandemia da COVID-19 (DOG nº 195 do 13 de outubro de 2022).
-
Extracto da Resolución do 29 de setembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan para o ano 2022, en réxime de concorrencia non competitiva, as subvencións para a realización de proxectos e obras que empreguen produtos de madeira como elementos estruturais, financiadas ao 100 % no marco do eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, como parte da resposta da UE á pandemia da COVID-19 (DOG nº 195 do 13 de outubro de 2022).
-
Resolución do 2 de novembro de 2022 pola que se fai público o esgotamento do crédito da Resolución do 29 de setembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan para o ano 2022, en réxime de concorrencia non competitiva, as subvencións para a realización de proxectos e obras que empreguen produtos de madeira como elementos estruturais, financiadas ao 100 % no marco do eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, como parte da resposta da Unión Europea á pandemia da COVID-19 (DOG nº 212 do 8 de novembro de 2022).
-
Resolución do 2 de decembro de 2022 pola que se amplía o prazo de xustificación das subvencións convocadas ao abeiro da Resolución do 29 de setembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan para o ano 2022, en réxime de concorrencia non competitiva, as subvencións para a realización de proxectos e obras que empreguen produtos de madeira como elementos estruturais, financiadas ao 100 % no marco do eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, como parte da resposta da UE á pandemia da COVID-19 (DOG nº 235 do 13 de decembro de 2022).
-
Resolución do 2 de marzo de 2023 pola que se dá publicidade ás axudas concedidas, ás solicitudes non admitidas a trámite, desistidas e denegadas por falta de crédito, no ano 2022, ao abeiro da Resolución do 29 de setembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan para o ano 2022, en réxime de concorrencia non competitiva, as subvencións para a realización de proxectos e obras que empreguen produtos de madeira como elementos estruturais, financiadas ao 100 % no marco do eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, como parte da resposta da UE á pandemia da COVID-19 (DOG nº 50 do 13 de marzo de 2023).
-
Outros procedementos relacionados
Autorización para a execución de obras, instalacións ou a realización de calquera outra actividade, así como os cambios de uso, na zona de dominio público viario e/ou nas zonas de protección das estradas de titularidade da Comunidade Autónoma de Galicia, excepto accesos.
Aberto todo o ano
Consulta previa de viabilidade dunha autorización.
Aberto todo o ano
Autorización de novo acceso, cambio de uso ou reordenación dun acceso existente na rede de titularidade da Comunidade Autonóma de Galicia.
Aberto todo o ano
Reversión de expropiación.
Aberto todo o ano