Guía de procedementos e servizos

IF310D

Probas de constatación da cualificación inicial para o exercicio da actividade de condutor profesional de determinados vehículos destinados ao transporte de mercadorías ou de viaxeiros por estrada.

Procedemento dirixido a: Cidadáns, Empresas e profesionais

Pechado

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

Sobre o procedemento

Convócanse para o ano 2022, as probas de constatación da cualificación inicial para o exercicio da actividade de condutor/a profesional de determinados vehículos destinados ao transporte de mercadorías ou de viaxeiros/as por estrada que terán lugar na Comunidade Autónoma de Galicia de acordo co calendario e demais condicións previstas nesta resolución.

No ano 2022 realizaranse seis convocatorias, tanto para as categorías D1, D1 + E, D e D + E, como para as categorías C1, C1 + E, C e C + E, que se desenvolverán de acordo co seguinte calendario e prazos de inscrición:

1ª convocatoria. Intervalo de realización: do 19.12.2021 a 09.02.2022

2ª convocatoria. Intervalo de realización: do 16.02.2022 a 060.4.2022

3ª convocatoria. Intervalo de realización: do 13.04.2022 a 11.05.2022

4ª convocatoria. Intervalo de realización: do 18.05.2022 a 27.07.2022

5ª convocatoria. Intervalo de realización: do 03.08.2022 a 12.10.2022

6ª convocatoria. Intervalo de realización: do 19.10.2022 a 14.12.2022

Condutores profesionais de determinados vehículos destinados ao transporte de mercadorías ou de viaxeiros por estrada que terán lugar na Comunidade Autónoma de Galicia.

Xunta de Galicia

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

Dirección Xeral de Mobilidade

Subdirección Xeral de Ordenación do Transporte

Servizo de Coordinación dos Plans de Transporte

San Caetano, s/n

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 881995077

Fax: 981544351

Email: formacion.transportes@xunta.gal

http://civ.xunta.gal/mobilidade

Dirección Xeral de Mobilidade
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: PECHADO

Convocatoria 2022

Prazos de inscrición:

1ª convocatoria: Desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG ata o 07.01.2022.

2ª convocatoria: Desde o 08.01.2022 ata o 28.02.2022

3ª convocatoria: Desde o 01.03.2022 ata o 15.04.2022 

4ª convocatoria: Desde o 16.04.2022 ata o 10.06.2022

5ª convocatoria: Desde o 11.06.2022 ata o 30.08.2022

6ª convocatoria: Desde o 31.08.2022 ata o 31.10.2022

É un requisito imprescindible para poder participar nas probas de cualificación inicial ter realizado e superado o curso de formación correspondente nos 12 meses inmediatamente anteriores á data de realización do exame, para o cal, finalizado este, e con efectos do día da súa finalización, o director docente do centro que o impartise expediralle a cada alumno que o seguise con aproveitamento un certificado acreditativo de ter realizado a formación teórica e práctica exixida sobre as materias obxecto do curso e, simultaneamente, comunicaralle por vía telemática ao órgano competente a finalización do curso e a listaxe de todos os alumnos que o superasen, identificados polo seu nome e apelidos e número de documento nacional de identidade ou, de ser o caso, do número de identificación de estranxeiro.

Recibida esta comunicación, e logo súa da verificación por parte desta administración, o órgano competente procederá a anotar na sección correspondente do Rexistro Xeral de Transportistas e de Actividades Auxiliares e Complementarias do Transporte a realización do curso de que se trate por parte dos correspondentes condutores

  • Inscrición nas probas para a obtención e/ou renovación da competencia profesional para a actividade de transporte ( 31.01.20)

Pode realizar o pago destas taxas na Oficina Virtual Tributaria.

Solicitudes.

a) As solicitudes deberán presentarse obrigatoriamente por vía electrónica na sede electrónica do Ministerio de Fomento. Con esta finalidade poderase acceder á sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, procedemento IF310D (anexo I), onde se amosará o enlace á sede electrónica do Ministerio de Fomento en que se deberá realizar a inscrición cubrindo os datos requiridos para tal efecto.

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela na que fose realizada a emenda.

b) Ao abeiro do establecido no artigo 10.4 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, nos procedementos regulados nesta resolución é obrigatoria a presentación electrónica, tanto das solicitudes como da documentación complementaria, dada a necesidade de inscrición na sede electrónica do Ministerio de Fomento para a comprobación de requisitos de acceso ás probas en todo o territorio estatal e tendo en conta tamén que está dirixido a un colectivo profesional de transportistas de mercadorías e de viaxeiros que, para o exercicio de traballos asociados coa dita profesión, deberán dispoñer de medios para a tramitación electrónica, especialmente nos casos de traballo por conta propia, nos que xa resulta obrigatoria de acordo coa lexislación vixente.

Documentación complementaria necesaria para a tramitación do procedemento.

A documentación complementaria do procedemento de inscrición ás probas (IF310D-anexo I) presentarase obrigatoriamente por vía electrónica, para o cal deberá achegarse na opción habilitada para tal efecto dentro da mesma aplicación do Ministerio de Fomento utilizada para a inscrición.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela na que fose realizada a emenda.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

A documentación complementaria que se deberá presentar será o impreso de liquidación das taxas, que estarán dispoñibles na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, ou poden recollerse nas Oficinas de Atención á Cidadanía e de Rexistro, polo importe que estableza para o efecto a Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia.

Deberase aboar unha taxa por cada unha das actividades mencionadas a que cada interesado se presente, e por cada convocatoria. O pagamento da taxa ten que realizarse durante o período de inscrición da correspondente convocatoria.

O ingreso da/das taxa/s efectuarase en calquera das entidades financeiras colaboradoras autorizadas para a recadación de taxas e prezos pola Comunidade Autónoma de Galicia.

Os códigos que deberán cubrir nos impresos de autoliquidación son os seguintes:

Consellería: 06-Infraestruturas e Mobilidade.

Delegación: 13-Servizos Centrais.

Servizo: 02-Mobilidade.

Taxa: 310120-Inscrición nas probas para a obtención e/ou renovación da competencia profesional para a actividade de transporte, a cualificación profesional para a condución de determinados vehículos dedicados á actividade de transporte, e/ou cualificación como conselleiros de seguridade en transporte de mercadorías perigosas.

Na páxina web da Dirección Xeral de Mobilidade, da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, tamén se dará información dos códigos que correspondan para cubrir os impresos de autoliquidación.

Comprobación de datos.

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas Administracións públicas agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) DNI/NIE en vigor da persoa solicitante.

b) DNI/NIE en vigor da persoa representante, de ser o caso.

c) Inscrición como demandante de emprego.

d) Prestacións ou subsidios por desemprego que se perciban.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

4. Exención da taxa de inscrición para as probas.

De acordo co establecido na Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, terán dereito á exención da taxa do procedemento de inscrición (IF310D-anexo I) as persoas que figuren como demandantes de emprego desde polo menos seis meses anteriores á data da convocatoria das probas nas que soliciten a súa participación e non estean a percibir prestación ou subsidio por desemprego. O órgano responsable do procedemento comprobará de oficio os ditos requisitos, agás que, excepcionalmente, sexa necesario o requirimento á persoa interesada da acreditación documental das ditas circunstancias, debido á imposibilidade de realizar a dita comprobación ou cando sexa necesario, a xuízo do órgano responsable, para acreditar de forma fidedigna o cumprimento dos ditos requisitos.

Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes.

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar trala presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).

Despois de presentar

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Estatal
    • Real Decreto 1032/2007, do 20 de xullo, polo que se regula a cualificación inicial e a formación continua dos condutores de determinados vehículos destinados ao transporte por estrada (BOE nº 184 do 2 de agosto de 2007).

    • Real decreto 284/2021, do 20 de abril, polo que se regula a cualificación inicial e a formación continua dos condutores de determinados vehículos destinados ao transporte por estrada e polo que se modifica o Regulamento da Lei de ordenación dos transportes terrestres, aprobado polo Real decreto 1211/1990, do 28 de setembro (BOE nº 98 do 24 de abril de 2021)

  • Ámbito Autonómico
    • Resolución do 26 de novembro de 2021, da Dirección Xeral de Mobilidade, pola que se convocan as probas de constatación da cualificación inicial para o exercicio da actividade de condutor/a profesional de determinados vehículos destinados ao transporte de mercadorías ou de viaxeiros/as por estrada, que terán lugar na Comunidade Autónoma de Galicia no ano 2022, en desenvolvemento do Real decreto 284/2021, do 20 de abril, polo que se regula a cualificación inicial e a formación continua dos condutores de determinados vehículos destinados ao transporte por estrada e polo que se modifica o Regulamento da Lei de ordenación dos transportes terrestres, aprobado polo Real decreto 1211/1990, do 28 de setembro (DOG nº 235 do 9 de decembro de 2021).

    • Corrección de erros. Resolución do 26 de novembro de 2021, da Dirección Xeral de Mobilidade, pola que se convocan as probas de constatación da cualificación inicial para o exercicio da actividade de condutor/a profesional de determinados vehículos destinados ao transporte de mercadorías ou de viaxeiros/as por estrada, que terán lugar na Comunidade Autónoma de Galicia no ano 2022, en desenvolvemento do Real decreto 284/2021, do 20 de abril, polo que se regula a cualificación inicial e a formación continua dos condutores de determinados vehículos destinados ao transporte por estrada e polo que se modifica o Regulamento da Lei de ordenación dos transportes terrestres, aprobado polo Real decreto 1211/1990, do 28 de setembro (DOG nº 237 do 13 de decembro de 2021).

    • Resolución do 1 de decembro de 2021, da Dirección Xeral de Mobilidade, pola que se establecen as bases e as regras de desenvolvemento das probas de constatación da cualificación inicial para o exercicio da actividade de condutor/a profesional de determinados vehículos destinados ao transporte de mercadorías ou de viaxeiros por estrada que terán lugar na Comunidade Autónoma de Galicia en desenvolvemento do Real decreto 284/2021, do 20 de abril (DOG nº 237 do 13 de decembro de 2021).

    • Resolución do 23 de decembro de 2021, da Dirección Xeral de Mobilidade, pola que se desenvolve a Resolución do 26 de novembro de 2021, pola que se convocan as probas de constatación da cualificación inicial para o exercicio da actividade de condutor/a profesional de determinados vehículos destinados ao transporte de mercadorías ou de viaxeiros/as por estrada que terán lugar na Comunidade Autónoma de Galicia no ano 2022 (Diario Oficial de Galicia número 235, do 9 de decembro de 2021), e se nomea o tribunal para as convocatorias do ano 2022 (DOG nº 9 do 14 de xaneiro de 2022).

    • Resolución do 1 de setembro de 2022, da Dirección Xeral de Mobilidade, pola que se modifica a Resolución do 23 de decembro de 2021 pola que se desenvolve a Resolución do 26 de novembro de 2021 pola que se convocan as probas de constatación da cualificación inicial para o exercicio da actividade de condutor/a profesional de determinados vehículos destinados ao transporte de mercadorías ou de viaxeiros/as por estrada, que terán lugar na Comunidade Autónoma de Galicia no ano 2022 (DOG núm. 235, do 9 de decembro de 2021), e se nomea o tribunal para as convocatorias do ano 2022 (DOG nº 178 do 19 de setembro de 2022).

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

IF204A

Autorización para a execución de obras, instalacións ou a realización de calquera outra actividade, así como os cambios de uso, na zona de dominio público viario e/ou nas zonas de protección das estradas de titularidade da Comunidade Autónoma de Galicia, excepto accesos.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

IF205C

Consulta previa de viabilidade dunha autorización.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

IF205D

Autorización de novo acceso, cambio de uso ou reordenación dun acceso existente na rede de titularidade da Comunidade Autonóma de Galicia.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

IF207B

Reversión de expropiación.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano