Guía de procedementos e servizos

IF310D

Probas de constatación da cualificación inicial para o exercicio da actividade de condutor profesional de determinados vehículos destinados ao transporte de mercadorías ou de viaxeiros por estrada.

Procedemento dirixido a: Cidadáns, Empresas e profesionais

Convocatoria 2021 - Prazo pechado: 03/03/2021 00:00 - 15/11/2021 23:59

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

Sobre o procedemento

Convócanse para o ano 2021 as probas de constatación da cualificación inicial para o exercicio da actividade de condutor/a profesional de determinados vehículos destinados ao transporte de mercadorías ou de viaxeiros/as por estrada que terán lugar na Comunidade Autónoma de Galicia de acordo co calendario e demais condicións previstas nesta resolución.

No ano 2021 realizaranse seis convocatorias, tanto para as categorías D1, D1+E, D e D+E, como para as categorías C1, C1+E, C e C+E, que se desenvolverán de acordo co seguinte calendario e prazos de inscrición:

1ª convocatoria. Intervalo de realización: do 22/03/2021 ao 24/04/2021

2ª convocatoria. Intervalo de realización: do 10/05/2021 ao 29/05/2021

3ª convocatoria. Intervalo de realización: do 07/07/2021 ao 31/07/2021

4ª convocatoria. Intervalo de realización: do 07/09/2021 ao 04/10/2021

5ª convocatoria. Intervalo de realización: do 20/10/2021 ao 08/11/2021

6ª convocatoria. Intervalo de realización: do 24/11/2021 ao 18/12/2021

Condutores profesionais de determinados vehículos destinados ao transporte de mercadorías ou de viaxeiros por estrada que terán lugar na Comunidade Autónoma de Galicia.

Xunta de Galicia

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

Dirección Xeral de Mobilidade

Subdirección Xeral de Ordenación do Transporte

Servizo de Coordinación dos Plans de Transporte

San Caetano, s/n

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 881995077

Fax: 981544351

Email: formacion.transportes@xunta.gal

http://civ.xunta.gal/mobilidade

Dirección Xeral de Mobilidade
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: PECHADO

03/03/2021 00:00 - 15/11/2021 23:59

Prazos de inscrición: 1ª convocatoria: Do 03.03.2021 ao 24.03.2021 2ª convocatoria: Do 25.03.2021 ao 12.04.2021 3ª convocatoria: Do 13.04.2021 ao 18.06.2021 4ª convocatoria: Do: 19.06.2021 ao 20.08.2021 5ª convocatoria: Do 21.08.2021 ao 10.10.2021 6ª convocatoria: Do 11.10.2021 ao 15.11.2021

É un requisito imprescindible para poder participar nas probas de cualificación inicial ter realizado e superado o curso de formación correspondente nos 6 meses inmediatamente anteriores á data de realización do exame, para o cal, finalizado este, e con efectos do día da súa finalización, o director docente do centro que o impartise expediralle a cada alumno que o seguise con aproveitamento un certificado acreditativo de ter realizado a formación teórica e práctica exixida sobre as materias obxecto do curso e, simultaneamente, comunicaralle por vía telemática ao órgano competente a finalización do curso e a listaxe de todos os alumnos que o superasen, identificados polo seu nome e apelidos e número de documento nacional de identidade ou, de ser o caso, do número de identificación de estranxeiro.

Recibida esta comunicación, e logo súa da verificación por parte desta administración, o órgano competente procederá a anotar na sección correspondente do Rexistro Xeral de Transportistas e de Actividades Auxiliares e Complementarias do Transporte a realización do curso de que se trate por parte dos correspondentes condutores.

Exíxese tamén para poder participar nas probas de cualificación inicial que os aspirantes teñan residencia habitual en Galicia con independencia do lugar en que realizaran o curso preceptivo.

Para tales efectos, presumirase que a residencia habitual do aspirante se atopa no lugar en que figure o seu domicilio no documento nacional de identidade en vigor; só se admitirá que o domicilio sexa distinto ao que apareza no referido documento cando se dea algunha das seguintes circunstancias:

- Que o aspirante acredite, mediante o certificado de empadroamento, que tivo o seu domicilio en Galicia, cando menos, durante cento oitenta e cinco (185) días naturais do último ano contados desde a finalización do prazo de presentación de solicitudes para concorrer aos exercicios;

- Que o aspirante acredite que, sen cumprir o requisito do punto anterior, se viu obrigado por razóns familiares ou profesionais a cambiar a súa residencia en Galicia; non obstante, non se entenderá cumprida esta exixencia nin cando se trate de estadías temporais nunha localidade para a realización dunha actividade de duración determinada, nin cando se trate de supostos de asistencia a unha universidade, escola ou centro docente.

  • Inscrición nas probas para a obtención e/ou renovación da competencia profesional para a actividade de transporte ( 31.01.20)

Pode realizar o pago destas taxas na Oficina Virtual Tributaria.

Solicitudes.

a) As solicitudes deberán presentarse obrigatoriamente por vía electrónica na sede electrónica do Ministerio de Fomento. Con esta finalidade poderase acceder á sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, procedemento IF310D (anexo I), onde se amosará o enlace á sede electrónica do Ministerio de Fomento en que se deberá realizar a inscrición cubrindo os datos requiridos para tal efecto.

b) Ao abeiro do establecido no artigo 10.4 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, nos procedementos regulados nesta resolución é obrigatoria a presentación electrónica, tanto das solicitudes como da documentación complementaria, dada a necesidade de inscrición na sede electrónica do Ministerio de Fomento para a comprobación de requisitos de acceso ás probas en todo o territorio estatal e tendo en conta tamén que está dirixido a un colectivo profesional de transportistas de mercadorías e de viaxeiros que, para o exercicio de traballos asociados coa dita profesión, deberán dispoñer de medios para a tramitación electrónica, especialmente nos casos de traballo por conta propia, en que xa resulta obrigatoria de acordo coa lexislación vixente.

Documentación complementaria necesaria para a tramitación do procedemento.

A documentación complementaria do procedemento de inscrición ás probas (IF310D-anexo I) presentarase obrigatoriamente por vía electrónica, para o cal deberá achegarse na opción habilitada para tal efecto dentro da mesma aplicación do Ministerio de Fomento utilizada para a inscrición. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten.

A documentación complementaria que se deberá presentar será o impreso de liquidación de taxas, que estará dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, ou pode recollerse na Dirección Xeral de Mobilidade, servizos de Mobilidade de cada provincia, ou nos departamentos territoriais da consellería, polo importe que estableza para o efecto a Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia.

Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada, segundo o disposto no artigo 28.5 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Comprobación de datos.

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) DNI/NIE en vigor da persoa solicitante.

b) DNI/NIE en vigor da persoa representante, de ser o caso.

c) Certificado de residencia da persoa solicitante.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes.

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal) co código IF310D (anexo I) para o procedemento de inscrición ás probas.

Despois de presentar

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 19 de novembro de 2009 pola que se establecen as bases e as regras de desenvolvemento das probas de constatación da cualificación inicial para o exercicio da actividade de condutor profesional de determinados vehículos destinados ao transporte de mercadorías ou de viaxeiros por estrada que terán lugar na Comunidade Autónoma de Galicia e se convocan as probas que se realizarán no ano 2010, en desenvolvemento do Real decreto 1032/2007, do 20 de xullo (DOG nº 233 do 27 de novembro de 2009).

    • Resolución do 16 de febreiro de 2021, da Dirección Xeral de Mobilidade, pola que se convocan as probas de constatación da cualificación inicial para o exercicio da actividade de condutor/a profesional de determinados vehículos destinados ao transporte de mercadorías ou de viaxeiros/as por estrada, que terán lugar na Comunidade Autónoma de Galicia no ano 2021, en desenvolvemento do Real decreto 1032/2007, do 20 de xullo (Boletín Oficial del Estado número 184, do 2 de agosto) e da Orde do 19 de novembro de 2009, da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas (Diario Oficial de Galicia número 233, do 27 de novembro) (DOG nº 41 do 2 de marzo de 2021).

    • Resolución do 9 de xuño de 2021, da Dirección Xeral de Mobilidade, pola que se desenvolve a Resolución do 16 de febreiro de 2021, pola que se convocan as probas de constatación da cualificación inicial para o exercicio da actividade de condutor/a profesional de determinados vehículos destinados ao transporte de mercadorías ou de viaxeiros/as por estrada que terán lugar na Comunidade Autónoma de Galicia no ano 2021, en desenvolvemento do Real decreto 1032/2007, do 20 de xullo (Boletín Oficial del Estado número 184, do 2 de agosto), e da Orde do 19 de novembro de 2009, da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas (Diario Oficial de Galicia número 233, do 27 de novembro) (códigos de procedemento IF310D/IF310E, Diario Oficial de Galicia número 41, do 2 de marzo de 2021) e se procede ao nomeamento do tribunal para as vindeiras convocatorias do ano 2021 (DOG nº 116 do 21 de xuño de 2021).

  • Ámbito Estatal
    • Real Decreto 1032/2007, do 20 de xullo, polo que se regula a cualificación inicial e a formación continua dos condutores de determinados vehículos destinados ao transporte por estrada (BOE nº 184 do 2 de agosto de 2007).

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

IF204A

Autorización para a execución de obras, instalacións ou a realización de calquera outra actividade, así como os cambios de uso, na zona de dominio público viario e/ou nas zonas de protección das estradas de titularidade da Comunidade Autónoma de Galicia, excepto accesos.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

IF205C

Consulta previa de viabilidade dunha autorización.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

IF205D

Autorización de novo acceso, cambio de uso ou reordenación dun acceso existente na rede de titularidade da Comunidade Autonóma de Galicia.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

IF207B

Reversión de expropiación.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano