Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
BS304A
Cesión do uso de instalacións xuvenís da administración galega para a realización de programas de ocio educativo e de tempo libre.
Procedemento dirixido a: Asociacións e ong, Cidadáns, Entidades locais
Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude
A Consellería de Política Social convoca a presente oferta do uso das súas instalacións xuvenís para a Campaña de verán 2021, nos termos que se establecen nesta orde e de acordo coa distribución de prazas que se recolle no anexo I (código de procedemento BS304A).
Servizos ofertados e duración das quendas.
O uso das instalacións ofertadas suporá dispoñer:
a) Dos servizos de auga, gas, electricidade e alimentación en réxime de pensión completa.
b) Do material, excepto o correspondente ás actividades que a entidade ou grupo vaia desenvolver na instalación, e que, no caso dos campamentos, comprende tamén as tendas de campaña, colchóns e mantas.
c) Xerencia e persoal de servizo.
A duración das quendas e as instalacións ofertadas serán as recollidas no anexo I.
O primeiro servizo de alimentación será o xantar do día da incorporación e o último, o xantar do último día de estancia concedida.
Os custos de traslado á instalación, tanto o día de chegada como o de saída, serán por conta da entidade ou grupo adxudicatario.
Poderán solicitar o uso das instalacións de referencia:
a) As asociacións xuvenís, as entidades prestadoras de servizos á xuventude e as escolas de tempo libre, debidamente constituídas e legalizadas.
b) Os consellos locais e municipais de xuventude.
c) Corporacións locais.
d) Outras entidades públicas ou privadas que realicen actividades coa xuventude.
e) Grupos de persoas mozas non asociadas que organicen actividades de tempo libre sen ánimo de lucro e, en todo caso, para a realización dun programa de actividades para un mínimo de 15 persoas. Unha persoa integrante do grupo asumirá o papel de representante deste e con poderes suficientes para cumprir as obrigas que, como beneficiario, lle corresponden ao grupo e, en consecuencia, a todas as persoas que o forman. Será necesario que o grupo teña unha denominación que o identifique.
Xunta de Galicia
Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude
Dirección Xeral de Xuventude
Instituto da Xuventude de Galicia
Edificio Administrativo San Lázaro, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 881999025
Xunta de Galicia
Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude
Departamento Territorial da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Coruña
Servizo de Xuventude e Voluntariado da Coruña
CC. Elviña - Avda. Salvador de Madariaga, 9-1º
15008 Coruña, A (Coruña, A)
Teléfono: 881881240/ 881881238/ 881881239
Xunta de Galicia
Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude
Departamento Territorial da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude de Lugo
Servizo de Xuventude e Voluntariado de Lugo
Ronda da Muralla, 70
27001 Lugo (Lugo)
Teléfono: 982294224/ 982294599
Xunta de Galicia
Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude
Departamento Territorial da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude de Ourense
Servizo de Xuventude e Voluntariado de Ourense
Celso Emilio Ferreiro, 27
32004 Ourense (Ourense)
Teléfono: 988386120/ 988386117
Xunta de Galicia
Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude
Departamento Territorial da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude de Pontevedra
Servizo de Xuventude e Voluntariado de Vigo
Praza da Estrela, s/n
36201 Vigo (Pontevedra)
Teléfono: 986817078/ 986817079
Prazo de presentación: PECHADO
20/05/2021 00:00 - 28/05/2021 23:59
O prazo de presentación de solicitudes será de sete (7) días hábiles, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
Solicitudes.
1. As solicitudes dos grupos de persoas mozas non asociadas presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado (anexo II) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
A presentación electrónica será obrigatoria para as demais entidades establecidas no artigo 3 desta orde.
De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións Públicas, se algunha das persoas interesadas obrigadas á presentación electrónica presenta a súa solicitude presencialmente, requeriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela na que fose realizada a emenda.
Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Aquelas persoas interesadas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
2. No número de prazas solicitadas incluiranse as correspondentes ás persoas integrantes do equipo de animación no caso de que a instalación se solicite para o desenvolvemento de actividades de tempo libre. Así mesmo, incluiranse as persoas que acompañen ás persoas mozas en calidade de responsables destas, ou outro persoal que vaia estar na instalación durante o período solicitado.
Documentación complementaria.
A documentación complementaria relacionada no artigo 12 desta orde presentarase preferiblemente por vía electrónica.
A presentación electrónica será obrigatoria para os suxeitos obrigados á presentación electrónica da solicitude. Se algunha destas persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos considerarase como data de presentación aquela na que fose realizada a emenda.
Aquelas persoas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se se dispón del.
Comprobación de datos.
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas Administracións públicas agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:
a) NIF da entidade solicitante.
b) DNI / NIE da persoa representante.
2. Consultaranse ademais os seguintes datos cando a persoa interesada faga constar na solicitude que lle é de aplicación a circunstancia que acredita o documento correspondente:
a) Inscrición no Rexistro de Entidades Xuvenís da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.
b) Inscrición no Rexistro de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais da Consellería de Política Social.
3. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os documentos.
Cando así o esixa a normativa aplicable solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
4.Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes.
A sede electrónica da Xunta de Galicia permite ás persoas interesadas realizar trámites electrónicos, con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada. Cando as persoas interesadas non resulten obrigadas á presentación electrónica das solicitudes tamén poderán realizarse os ditos trámites presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
- Fase de solicitude
- Solicitude (Anexo II)
Prazo de resolución:
Dous meses
Sentido do silencio:
Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 7 de maio de 2021 pola que se regula o uso de instalacións xuvenís para a realización de programas de ocio educativo e tempo libre durante a campaña de verán 2021 para colectivos xuvenís (DOG nº 92 do 19 de maio de 2021).
-
Resolución do 8 de xuño de 2021, da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, pola que se publica a Resolución do 7 de xuño de 2021, relativa á adxudicación do uso de instalacións xuvenís ao abeiro da Orde do 7 de maio de 2021 pola que se regula o uso de instalacións xuvenís para a realización de programas de ocio educativo e tempo libre durante a Campaña de verán 2021 para colectivos xuvenís (DOG nº 116 do 21 de xuño de 2021).
-
Outros procedementos relacionados
Declaración responsable de inicio da actividade, prestación de servizos de escolas de tempo libre.
Aberto todo o ano
Inclusión no censo de entidades xuvenís.
Aberto todo o ano
Expedición de títulos de ensinanzas impartidas nas escolas de tempo libre.
Aberto todo o ano
Declaración responsable de inicio da actividade, prestación de servizos de actividades ao aire libre .
Aberto todo o ano