Guía de procedementos e servizos

TR357C

Liña I: Axudas para a elaboración e implantación de plans de igualdade.

Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais

Convocatoria 2020 - Prazo pechado: 25/01/2020 00:00 - 24/02/2020 23:59

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

Sobre o procedemento

Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras e convocar, para o ano 2020, en réxime de concorrencia competitiva, axudas e incentivos a pemes, incluídas persoas traballadoras autónomas con persoas traballadoras a cargo, para implantar sistemas de xestión de RSE, código de procedemento administrativo (TR357B), a igualdade laboral, código de procedemento administrativo (TR357C), así como para adoptar medidas de corresponsabilidade e de conciliación da vida familiar, persoal e laboral, código de procedemento administrativo (TR357D), no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

Liña I: Elaboración e implantación de plans de igualdade (TR357C) nos termos e nos ámbitos definidos no artigo 68 do Decreto lexislativo 2/2015 do 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade, tanto de xeito voluntario como en cumprimento da obriga establecida nun convenio colectivo de ámbito superior á empresa.

Conceptos subvencionables

a) Os custos da elaboración dunha diagnose da empresa desde a perspectiva de xénero. Esta diagnose será elaborada segundo o establecido no Real decreto-lei 6/2019, de 1 de marzo, de medidas urxentes para garantía da igualdade de trato e de oportunidades entre mulleres e homes no emprego, é dicir, que conterá alomenos as seguintes materias: a) Proceso de seleción e contratación; b) Clasificación profesional; c) Formación; d) Promoción profesional; e) Condicións de traballo, incluida a auditoría salarial entre mulleres e homes; f) Exercizo corresponsable dos dereitos da vida persoal, familiar e laboral; g) Infrarrepresentación feminina; h) Retribucións; i) Prevención do acoso sexual e por razón de sexo.

A elaboración da diagnose realizarase no seo da Comisión negociadora do plan de igualdade.

b) Os custos derivados da elaboración dun plan de igualdade que recolla as accións ou medidas que corrixan as deficiencias detectadas na diagnose previa, e que como mínimo, deberá conter as medidas establecidas no artigo 65 do Decreto lexislativo 2/2015, do 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade.

c) Os custos derivados da primeira fase de implantación das medidas prioritarias previstas no plan de igualdade elaborado conforme ao establecido no artigo 65 do Decreto lexislativo 2/2015, do 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade.

d) A contratación a xornada completa e como mínimo dun ano dunha persoa con titulación de grao e con experiencia e/ou coñecementos acreditados en materia de igualdade, co obxecto de asesorar e coordinar en calquera das fases de elaboración e implantación do plan de igualdade.

As empresas solicitantes poderán ser pemes ou persoas traballadoras autónomas, que teñan subscritos contratos con persoas traballadoras por conta allea, con domicilio social e centro de traballo en Galicia, calquera que sexa a súa forma xurídica, e que estean validamente constituídas no momento de presentar a solicitude de axudas, e deberán contar cun mínimo de 6 persoas traballadoras.

Tamén poderán presentar solicitude as empresas con axencia, sucursal, delegación ou calquera outra representación en Galicia co mesmo número de persoas traballadoras que no punto anterior.

No caso da liña I (plans de igualdade) as empresas deberán contar como mínimo con 10 persoas traballadoras.

Para os efectos de determinar o número de persoas traballadoras na empresa, atenderase ao número de persoas traballadoras por conta allea na data da presentación da solicitude.

Para todas as liñas será necesario que as entidades solicitantes teñan unha taxa de estabilidade cando menos do 50 % desde o 1 de xaneiro de 2020 e durante todo o período de execución das axudas. Para o cálculo desta porcentaxe non se terán en conta os contratos a tempo parcial.

Xunta de Galicia

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais

Subdirección Xeral de Relacións Laborais

Servizo de Relacións Laborais, Seguridade e Saúde Laboral

San Lázaro, s/n

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981957752 / 981957744

Fax: 981957751

Email: secretaria-xeral.emprego@xunta.gal

Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: PECHADO

25/01/2020 00:00 - 24/02/2020 23:59

1. O prazo para a presentación de solicitudes será dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

2. Se o último día do prazo fose inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

1. As entidades solicitantes deben atoparse ao corrente das súas obrigas tributarias estatais e autonómicas e da Seguridade Social para os efectos de subvencións e non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda, por ningún concepto, coa Administración Xeral da Comunidade autónoma, con anterioridade á proposta de resolución, así como antes das correspondentes propostas de pagamento.

2. No caso da liña I, as solicitantes deberán atoparse nalgún dos supostos seguintes:

a) Empresas que implanten dunha maneira voluntaria un plan de igualdade nos termos esixidos para os plans legalmente obrigatorios.

Para estes efectos, enténdese voluntaria a implantación do plan cando a empresa o pactase coa representación legal de traballadoras e traballadores.

b) Cando a empresa implante, en cumprimento da obriga establecida nun convenio colectivo de ámbito superior á empresa, un plan de igualdade nos termos esixidos para os plans legalmente obrigatorios.

Os plans de igualdade elaborados deberán ser acordados coa representación legal do seu persoal, no caso de habela, ou coas persoas traballadoras, e prever a súa participación no seu desenvolvemento.

3. No caso de grupo de empresas, ou empresas vinculadas segundo a definición do artigo 18 Lei 27/2014, de 27 de noviembre, do imposto sobre sociedades, só se poderá presentar a solicitude da axuda por unha única empresa, e soamente se tramitará aquela que teña o primeiro número de entrada no rexistro administrativo.

4. Así mesmo, non se outorgarán axudas a empresas ou grupos empresariais que xa fosen beneficiarios destas axudas, polos mesmos conceptos, en anos anteriores. 

5. Non poderán ser beneficiarias destas axudas as entidades sen ánimo de lucro nin as entidades públicas.

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

Se algunha das persoas solicitantes presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a corrección.

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Documentación complementaria necesaria para a tramitación do procedemento

a) Copia da escritura de constitución da entidade solicitante, de tratarse dunha persoa xurídica, que acredite o seu domicilio social e a representación da persoa que actúa e asina a solicitude.

b) Vida laboral de todos os códigos de conta cotización da empresa referida aos 30 días inmediatamente anteriores á data de presentación da solicitude.

c) Orzamento detallado dos custos para os que se solicita a subvención emitido por unha entidade experta en igualdade.

d) Se a solicitude é só para o caso do artigo 6.a) elaboración dunha diagnose:

– Compromiso da dirección da empresa de levar a cabo un plan de igualdade de acordo co capítulo III da Lei orgánica 3/2007, do 22 de marzo, para a igualdade efectiva de mulleres e homes

– Acta de constitución da Comisión negociadora do plan de igualdade na que debe acreditarse a representación das persoas traballadoras que formen parte da mesma e a forma de elección.

e) Se a solicitude é só para o caso do artigo 6.b) elaboración do plan de igualdade: copia da diagnose previa da situación da empresa.

f) Se a solicitude é só para o caso do artigo 6.c) primeira fase de implantación das medidas prioritarias: acta de constitución da Comisión de Seguimento e Avaliación do plan de igualdade e nº de depósito do plan no REGCON.

g) Se a solicitude é para os tres primeiros supostos do artigo 6:

– Compromiso da dirección da empresa de levar a cabo un plan de igualdade de acordo co capítulo III da Lei orgánica 3/2007, do 22 de marzo, para a igualdade efectiva de mulleres e homes.

– Acta de constitución da Comisión negociadora do plan de igualdade na que debe acreditarse a representación das persoas traballadoras que formen parte da mesma e a forma de elección.

h) No caso de contratación dunha persoa experta en igualdade (pertencente ao grupo de cotización 1 ou 2), copia do contrato xunto coa documentación xustificativa da súa formación ou experiencia nesta materia ou compromiso por parte da empresa de que se vai contratar unha persoa experta en igualdade.

Forma de presentación da documentación complementaria 

1. Non será necesario achegar os documentos que xa foran presentados anteriormente. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos. Presumirase que esta consulta é autorizada polas persoas interesadas, salvo que conste no procedemento a súa oposición expresa.

Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á persoa interesada a súa presentación, ou, no seu defecto, a acreditación por outros medios dos requisitos aos que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.

2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica.

Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela na que fose realizada a emenda.

Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se se dispón del.

3. No caso de que algún dos documentos que hai que presentar de forma electrónica superase os tamaños máximos establecidos ou tivesen un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Comprobación de datos

1. Para a tramitación destes procedementos consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:

a) DNI/NIE da persoa solicitante.

b) NIF da entidade solicitante.

c) DNI ou NIE da persoa representante.

d) Certificado de estar ao día no pagamento das obrigas tributarias coa AEAT.

e) Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.

f) Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias coa Atriga.

g) Alta no Imposto de Actividades Económicas (IAE), no caso de ser unha persoa autónoma.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado nos formularios de inicio e achegar os documentos.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar durante a tramitación deste procedemento deberán ser realizados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Despois de presentar

Prazo de resolución: Non poderá exceder os 3 meses

Sentido do silencio: Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Autonómico
    • Corrección de erros. Orde do 6 de maio de 2020 pola que se acorda a continuación de determinados procedementos relativos á concesión de subvencións indispensables para a protección do interese xeral ou para o funcionamento básico dos servizos públicos desta consellería durante a vixencia do estado de alarma (DOG nº 96 do 19 de maio de 2020).

    • Orde do 6 de maio de 2020 pola que se acorda a continuación de determinados procedementos relativos á concesión de subvencións indispensables para a protección do interese xeral ou para o funcionamento básico dos servizos públicos no ámbito desta consellería durante a vixencia do estado de alarma (DOG nº 90 do 11 de maio de 2020).

    • Orde do 19 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de axudas para implantar a igualdade laboral, a conciliación e a responsabilidade social empresarial (RSE), e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (códigos de procedemento TR357C, TR357D e TR357B) (DOG nº 16 do 24 de xaneiro de 2020).

    • Extracto da Orde do 19 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de axudas para implantar a igualdade laboral, a conciliación e a responsabilidade social empresarial (RSE), e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (códigos de procedemento TR357C, TR357D e TR357B) (DOG nº 16 do 24 de xaneiro de 2020).

    • Resolución do 18 de febreiro de 2021, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se publican as subvencións concedidas en virtude da Orde do 19 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de axudas para implantar a igualdade laboral, a conciliación e a responsabilidade social empresarial (RSE), e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (DOG nº 39 do 26 de febreiro de 2021).

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

IN612A

Rexistro de entidades recoñecidas para impartir cursos teórico-prácticos no ámbito da seguridade industrial.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

IN612B

Memoria anual de actividades realizadas por entidades de formación no ámbito da seguridade industrial.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

PE621F

Curso para a expedición da certificación profesional para extracción de recursos específicos con técnicas de mergullo.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

PR462A

Homologación de cursos pola Academia Galega de Seguridade Pública

Tramitar en liña

Aberto todo o ano