Guía de procedementos e servizos

PE621F

Curso para a expedición da certificación profesional para extracción de recursos específicos con técnicas de mergullo.

Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais

Aberto todo o ano
TRAMITAR PRESENCIALMENTE

Para a realización de actividades subacuáticas en augas mariñas competenciais da Consellería do Medio Rural e do Mar, en materia de marisqueo e coa exclusiva finalidade de recoller ou extraer recursos mariños no marco dun plan de explotación aprobado e de maneira segura, competente e responsable, será necesario que as persoas que as efectúen se encontren en posesión do certificado de recolector/a de recursos específicos con técnicas de mergullo, creado polo Decreto 64/2008, do 27 de marzo, e regulado nesta orde.

Recolector/a de recursos específicos con técnicas de mergullo.

Xunta de Galicia

Consellería do Mar

Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro

Subdirección Xeral de Xestión, Ensino e Relacións Sectoriais

Servizo de Ensino e Titulacións Náutico-pesqueiras

Rúa dos Irmandiños, s/n Salgueiriños

15701  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981546139

Fax: 981546138

Email: cma.dxdesenvolvemento@xunta.es

http://webpesca.xunta.es.

Xunta de Galicia

Consellería do Mar

Departamento Territorial da Consellería do Mar da Coruña

RÚA RAMÓN Y CAJAL, N 2 - 5º ANDAR

15006  Coruña, A  (Coruña, A)

Teléfono: 981182029

Fax: 981182027

Xunta de Galicia

Consellería do Mar

Departamento Territorial da Consellería do Mar de Celeiro

RÚA RAMON CANOSA, N 1- CELEIRO

27863  Viveiro  (Lugo)

Teléfono: 982555002

Fax: 982555005

Xunta de Galicia

Consellería do Mar

Departamento Territorial da Consellería do Mar de Vigo

RÚA CONCEPCIÓN ARENAL, N 8

36201  Vigo  (Pontevedra)

Teléfono: 986817113

Fax: 986817160

Servizo de Ensino e Titulacións Náutico-pesqueiras

Prazo de presentación: Aberto todo o ano

1. Ter cumpridos os dezaoito anos de idade.

2. Ter rematada a ensinanza académica obrigatoria.

3. Superar as probas médicas de aptitude ao mergullo profesional segundo o establecido no anexo IX da orde da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos do 23 de abril de 1999.

4. Para solicitar o curso o alumno/a deberá formalizar o impreso oficial que figura como anexo I desta orde e a fotocopia compulsada do DNI e remitilo á Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro

Para obter a certificación profesional os/as aspirantes deberán asistir ao curso de formación e superar unha proba de coñecementos ante un tribunal designado pola Dirección Xeral de Innovación e Desenvolvemento Pesqueiro.

Os alumnos/as para poder acceder á proba de avaliación final deberán asistir a todas as prácticas e ter unha asistencia presencial mínima do 80% na teoría.

A proba final de coñecementos e avaliación de aptitude será realizada por un tribunal designado pola Dirección Xeral de Innovación e Desenvolvemento Pesqueiro, de acordo co Decreto 428/1993, do 17 de decembro, que estará formado por tres funcionarios docentes da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos, un dos cales actuará en calidade de presidenta/e e outra/o de secretario/a, e pola/o mergullador/a instrutor/ar do curso.

  • Por expedición das tarxetas acreditativas das titulacións. ( 30.26.01)
  • Por renovación e emisión de duplicado das tarxetas acreditativas das titulacións ( 30.26.02)

Pode realizar o pago destas taxas na Oficina Virtual Tributaria.

  • Solicitude segundo o Anexo I.

  • Xustificante de aboamento das taxas.

  • Certificado médico de aptitude física para o mergullo expedido por persoal facultativo habilitado.

  • Documentación que acredite os requisitos exixidos para cada titulación.

  • Comprobación de datos.

Os documentos relacionados serán obxecto de consulta ás administracións públicas. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo e adxuntar unha copia dos documentos.

  • DNI/NIE da persoa solicitante.

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 1 de outubro de 2008 pola que se regula o procedemento de obtención da certificación profesional para a extracción de recursos específicos con técnicas de mergullo na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 196 do 9 de outubro de 2008).

    • Corrección de erros.-Orde do 1 de outubro de 2008 pola que se regula o procedemento de obtención da certificación profesional para a extracción de recursos específicos con técnicas de mergullo na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 206 do 23 de outubro de 2008).

    • Orde do 22 de abril de 2015 do Vicepresidente e Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se adaptan e incorporan á sede electrónica da Xunta de Galicia os procedementos administrativos de prazo aberto da Consellería do Medio Rural e do Mar (DOG nº 77 do 24 de abril de 2015).

Outros procedementos relacionados

PE113E

Axudas destinadas aos familiares dos profesionais do mar falecidos no exercicio da súa actividade.

Tramitar en liña

Prazo aberto: 30/01/2025 00:00 - 15/12/2025 23:59

PE301A

Recoñecemento como organización de produtores pesqueiros (OPP).

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

PE301B

Retirada do recoñecemento como organización de produtores pesqueiros (OPP).

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

PE401B

Permiso de explotación a pé.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano