Guía de procedementos e servizos

PE621B

Tarxeta de mergullo profesional.

Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais

Aberto todo o ano
TRAMITAR PRESENCIALMENTE

Se vostede ten superado un curso para obter unha titulación de mergullo profesional e quere solicitala tarxeta que así o acredita ou renova-la que xa ten, agora pode solicitalo da Consellería do Medio Rural e do Mar.

Solicitantes das tarxetas de mergullador profesional.

Xunta de Galicia

Consellería do Mar

Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro

Subdirección Xeral de Xestión, Ensino e Relacións Sectoriais

Servizo de Ensino e Titulacións Náutico-pesqueiras

Rúa dos Irmandiños, s/n Salgueiriños

15701  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981546139

Fax: 981546138

Email: cma.dxdesenvolvemento@xunta.es

http://webpesca.xunta.es.

Xunta de Galicia

Consellería do Mar

Departamento Territorial da Consellería do Mar da Coruña

RÚA RAMÓN Y CAJAL, N 2 - 5º ANDAR

15006  Coruña, A  (Coruña, A)

Teléfono: 981182029

Fax: 981182027

Xunta de Galicia

Consellería do Mar

Departamento Territorial da Consellería do Mar de Celeiro

RÚA RAMON CANOSA, N 1- CELEIRO

27863  Viveiro  (Lugo)

Teléfono: 982555002

Fax: 982555005

Xunta de Galicia

Consellería do Mar

Departamento Territorial da Consellería do Mar de Vigo

RÚA CONCEPCIÓN ARENAL, N 8

36201  Vigo  (Pontevedra)

Teléfono: 986817113

Fax: 986817160

Servizo de Ensino e Titulacións Náutico-pesqueiras

Prazo de presentación: Aberto todo o ano

Ter superadas as probas de aptitude.

  • Por expedición das tarxetas acreditativas das titulacións. ( 30.26.01)
  • Por renovación e emisión de duplicado das tarxetas acreditativas das titulacións ( 30.26.02)

Pode realizar o pago destas taxas na Oficina Virtual Tributaria.

  • Solicitude segundo o Anexo I.

  • Fotografía recente.

  • Xustificante de aboamento das taxas.

  • Certificado médico de aptitude física para o mergullo.

  • Certificado de aptitude psicolóxica para o mergullo profesional.

  • Copia da 5 e 15 folla do libro diario de mergullo profesional.

  • Certificado de ter superado o curso de primeiros auxilios para mergulladores/as profesionais no seu nivel correspondente, se non foi expedido pola Comunidade Autónoma de Galicia.

  • Documentación que acrediten os requisitos esixidos para cada titulación.

  • Declaración xurada de extravío ou roubo.

  • Certificado expedido pola entidade xestora da Seguridade Social de non ser pensionista nin por xubilación nin por invalidez.

  • Certificado de ter superado o curso de primeiros auxilios para mergulladores/as profesionais no seu nivel correspondente, se foi expedido pola Comunidade Autónoma de Galicia.

  • Copia da tarxeta profesional se foi expedida pola Comunidade Autónoma de Galicia.  

  • Comprobación de datos.

Os documentos relacionados serán obxecto de consulta ás administracións públicas. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo e adxuntar unha copia dos documentos.

  • DNI/NIE da persoa solicitante.

Prazo de resolución: Tres meses

Sentido do silencio: Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 23 de abril de 1999, pola que se regula o exercicio do mergullo profesional na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 90 do 12 de maio de 1999).

    • Corrección de erros.-Orde do 23 de abril de 1999 pola que se regula o exercicio de mergullo profesional na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 119 do 23 de xuño de 1999).

    • Orde do 30 de marzo de 2001, pola que se establece o réxime de equivalencias e validacións das titulacións de mergullo profesional reguladas na Orde do 23/04/99 pola que se regula o exercicio do mergullo profesional na CC.AA. de Galicia, para os posuidores dos títulos expedidos polo Organismo Técnico de Mergulladores da Armada (Centro de Mergullo da Armada) ( DOG nº 87 do 7 de maio de 2001).

    • Orde do 13 de xuño de 2001 pola que se modifica a do 23 de abril de 1999 pola que se regula o exercicio do mergullo profesional na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 123 do 26 de xuño de 2001).

    • Orde do 22 de abril de 2015 do Vicepresidente e Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se adaptan e incorporan á sede electrónica da Xunta de Galicia os procedementos administrativos de prazo aberto da Consellería do Medio Rural e do Mar (DOG nº 77 do 24 de abril de 2015).

    • Resolución do 6 de abril de 2020, da Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, pola que se amplía o prazo de vixencia das tarxetas de mergullo profesional e de recolector de recursos específicos con técnicas de mergullo na Comunidade Autónoma de Galicia. (DOG núm. 73 do 16 de abril de 2020).

Outros procedementos relacionados

PE113E

Axudas destinadas aos familiares dos profesionais do mar falecidos no exercicio da súa actividade.

Tramitar en liña

Prazo aberto: 30/01/2025 00:00 - 15/12/2025 23:59

PE209P

Axudas para proxectos colectivos que contribúan a reforzar a xestión dos recursos da pesca costeira artesanal para garantir unha actividade económica, social e ambientalmente sustentable.

Tramitar en liña

Prazo aberto: 30/04/2025 00:00 - 29/05/2025 23:59

PE301A

Recoñecemento como organización de produtores pesqueiros (OPP).

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

PE301B

Retirada do recoñecemento como organización de produtores pesqueiros (OPP).

Tramitar en liña

Aberto todo o ano