Guía de procedementos e servizos

MT401A

Concesión do distintivo 'Bandeira Verde de Galicia'

Procedemento dirixido a: Entidades locais

Convocatoria 2020 - Prazo pechado: 28/07/2020 00:00 - 21/09/2020 23:59

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

Sobre o procedemento

1. Esta orde ten por obxecto crear o distintivo Bandeira Verde de Galicia co que premiar aqueles concellos da Comunidade Autónoma de Galicia que destaquen polas súas boas prácticas ambientais e de protección e conservación da paisaxe; e proceder tanto á regulación do procedemento de concesión como á súa convocatoria para o ano 2020.

2. O distintivo Bandeira Verde de Galicia é unha iniciativa que busca distinguir os concellos máis dinámicos neste eido, desenvolvendo boas prácticas para o coidado da súa contorna, o respecto á paisaxe, a redución das súas emisións de CO2, o fomento da correcta xestión do lixo, a adopción de medidas para garantir a integridade e limpeza de espazos de interese, a posta en valor de monumentos naturais, educación e sensibilidade ambiental, a redución do consumo enerxético e moitas outras, cun distintivo que sexa recoñecido pola cidadanía e polos potenciais visitantes, fortalecendo a imaxe das vilas e aldeas máis comprometidas nos ámbitos ambiental, paisaxístico e de respecto ao patrimonio natural.

Criterios para o outorgamento do distintivo Bandeira Verde de Galicia

O distintivo Bandeira Verde de Galicia outorgarase tendo en conta o grao de cumprimento dos criterios de valoración que son obxecto de desenvolvemento no anexo I desta orde. Os ámbitos de actuación nos que se encadrarán as accións incluídas nas candidaturas dos municipios son os seguintes:

a) Protección da paisaxe.

b) Cambio climático e eficiencia enerxética.

c) Xestión responsable dos residuos.

d) Accións de sensibilización e comunicación.

Poderán optar ao recoñecemento do distintivo Bandeira Verde de Galicia, todos os concellos da Comunidade Autónoma de Galicia que desenvolvan actividades relacionadas cos criterios previstos no artigo anterior, sempre que cumpran o establecido nesta orde de convocatoria.

Entrega dos distintivos Bandeira Verde de Galicia

Os concellos premiados recibirán o distintivo Bandeira Verde de Galicia nun acto público para o que serán convocados coa oportuna antelación.

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda autoriza cada un dos concellos recoñecidos a poder utilizar o logotipo específico da bandeira durante un ano. O outorgamento deste distintivo constituirá mérito para os efectos da obtención de subvencións en materia de patrimonio natural.

No caso de que algún concello premiado teña omitido ou falseado a documentación remitida para a obtención deste recoñecemento, poderase considerar a retirada do distintivo acreditado e polo tanto, perder a condición de gañador que teña o distintivo Bandeira Verde de Galicia.

Xunta de Galicia

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

Instituto de Estudos do Territorio (IET)

SAN LÁZARO

15703  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981541755

Email: secretaria.iet@xunta.gal; departamento.xuridico.iet@xunta.gal

Instituto de Estudos do Territorio (IET)
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: PECHADO

28/07/2020 00:00 - 21/09/2020 23:59

O prazo para a presentación das solicitudes das candidaturas será de 40 días hábiles contados a partir do día seguinte ao de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

- As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

Se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela na que fose realizada a emenda.

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

- A presentación da solicitude leva consigo a aceptación por parte de quen as formule, dos termos desta convocatoria.

Documentación complementaria necesaria para a tramitación do procedemento

1. Os concellos interesados deberán achegar, xunto co anexo II de solicitude, a seguinte documentación:

a) Memoria asinada pola persoa titular da alcaldía na que, dun xeito resumido, se poñan de manifesto os aspectos máis relevantes das actuacións realizadas de conformidade cos criterios obxecto de análise, de xeito que se facilite a súa valoración.

b) Documentación oficial acreditativa dos méritos alegados. Sen esta acreditación, os citados méritos non os terá en conta o xurado.

c) Certificación do secretario do concello ou persoa con análogas funcións, na que quede constancia do acordo/decreto/resolución/outro do/da Alcaldía/Xunta de Goberno local/Pleno para solicitar a concesión do distintivo Bandeira Verde de Galicia, de conformidade co modelo previsto no anexo III.

d) Certificación do secretario do concello no que se acredite:

O concello non ten ningunha sanción administrativa firme nos últimos 2 anos anos en relación aos ámbitos obxecto de valoración para o outorgamento do distintivo (infraccións ambientais, en materia urbanística ou de ordenación do territorio ou paisaxe, contra o patrimonio, contra a protección de costas ou do dominio hidráulico,...).

Non constan incumprimentos de ordes de execución de sentenzas firmes de demolición de edificacións ilegais dirixidas ao concello.

O concello conta cun documento de plan adaptado polo menos á Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

En materia de xestión de residuos sólidos urbanos, o concello conta cun sistema propio ou conveniado que dá servizo aos seus cidadáns.

O municipio conta cunha infraestrutura pública de saneamento e depuración de augas residuais, así como de abastecemento de auga que dan servizo polo menos ao asentamento de maior poboación.

2. Con carácter potestativo poderá xuntarse outra documentación que o concello solicitante considere relevante, tal como publicacións, fotografías ou outros documentos.

3. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica.

Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela na que fose realizada a emenda.

4. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se se dispón del.

 Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar durante a tramitación deste procedemento deberán ser realizados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Despois de presentar

Prazo de resolución:

Tres meses

Sentido do silencio:

Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 20 de xullo de 2020 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión do distintivo Bandeira Verde de Galicia (DOG nº 149 do 27 de xullo de 2020).

    • Resolución do 3 de novembro de 2020 pola que se conceden os distintivos Bandeira Verde de Galicia, de conformidade co disposto na Orde do 20 de xullo de 2020 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión do distintivo Bandeira Verde de Galicia (DOG nº 229 do 12 de novembre de 2020).

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

AU230W

Declaración de datos para cuantificación de perdas en redes de abastecemento.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

AU231A

Colaboración técnica e financeira en materia de infraestruturas hidráulicas.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

AU231B

Asunción de explotación de instalación de depuración de augas residuais urbanas.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

MR517A

Solicitude de incorporación/renovación de parcelas para aplicación de produtos do tratamento de lodos de depuradora (PTLD)

Tramitar en liña

Aberto todo o ano