Guía de procedementos e servizos

MT724A

Axudas para estudos e investimentos vinculados á conservación recuperación e rehabilitación do patrimonio natural e cultural e á sensibilización ecolóxica na rede de reservas da biosfera de Galicia.

Procedemento dirixido a: Entidades locais

Convocatoria 2019 - Prazo pechado: 10/08/2019 00:00 - 09/09/2019 23:59

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

Sobre o procedemento

Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2019 (procedemento MT724A) das axudas recollidas no parágrafo 1.f) do artigo 20 do Regulamento 1305/2013 (UE) do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, relativo á axuda ao desenvolvemento rural a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader); axudas recollidas no marco da operación 7.6 do Programa de desenvolvemento rural de Galicia para o período de programación 2014-2020, cuxa denominación é estudos e investimentos vinculados á conservación do patrimonio cultural, natural e sensibilización ecolóxica.

A finalidade desta orde é promover a conservación e valorización do patrimonio natural e cultural de zonas rurais cun elevado e contrastado valor natural como son as reservas da biosfera

1. Poderán ser beneficiarios destas axudas os concellos incluídos no ámbito territorial de calquera das reservas da biosfera de Galicia.

2. É condición necesaria para a admisibilidade das accións que estas estean incluídas especificamente ou ben sexan coherentes cun instrumento de planificación: plan de acción dunha reserva da biosfera, plan de xestión dun espazo ou especie protexida, plans de ordenación cinexética, plans de xestión de poboacións ictícolas e plans técnicos de ordenación dos aproveitamentos piscícolas, entre outros. Ademais, realizaranse en coherencia cos plans de desenvolvemento dos municipios, cando existan os devanditos plans ou, de ser o caso, coas estratexias de desenvolvemento local pertinentes.

3. En especial, se a actuación se realiza dentro dun espazo natural protexido, debe ser acorde coa normativa establecida nos instrumentos de planificación aprobados pola Administración autonómica.

4. Por tratarse dun requisito de admisibilidade, farase referencia obrigada no anexo I desta orde á disposición, ao acordo ou á decisión pola que se aprobou o instrumento de planificación en que se enmarca ou tipifica a actuación proposta. Comprobarase ao longo do procedemento a súa validez e vixencia.

5. Os investimentos realizaranse sobre propiedades da entidade beneficiaria da axuda e sempre que a súa execución non corresponda a persoas xurídicas de dereito privado, aspecto que se comprobará ao longo da tramitación deste procedemento. Tampouco se considerarán subvencionables os investimentos para os que exista unha reserva de dominio ou cesión a favor de terceiros.

6. Non será subvencionable a compra e instalación de maquinaria ou equipos de segunda man, nin os gastos relativos ao traslado de maquinaria xa existente ata o local ou emprazamento do proxecto.

7. Os investimentos en maquinaria e equipamentos financiados mediante leasing poden ser subvencionables se existe un compromiso de adquisición do ben ao termo do contrato de leasing e, en todo caso, dentro do prazo previsto para a execución do proxecto.

8. En ningún caso poderán ter a condición de entidades beneficiarias aquelas que concorran nalgunha das circunstancias previstas nos artigos 10.2 e 3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

9. Quedan excluídas do ámbito de aplicación desta orde as deputacións provinciais e as mancomunidades de concellos.

Xunta de Galicia

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

Dirección Xeral de Patrimonio Natural

Subdirección Xeral de Espazos Naturais

San Lázaro, s/n

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981-547202

Email: dxpn.cmatv@xunta.gal

Dirección Xeral de Patrimonio Natural
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: PECHADO

10/08/2019 00:00 - 09/09/2019 23:59

O prazo de presentación de solicitudes, anexo I, será de 1 mes contado a partir do día seguinte ao publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. As solicitudes irán dirixidas aos servizos de Patrimonio Natural da xefatura territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda correspondente. Entenderase como último día de prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte. Se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo finaliza o último día do mes.

1. As solicitudes presentaranse por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal), de conformidade co establecido no artigo 24.2 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e das entidades dela dependentes.

2. Se se presenta a solicitude presencialmente, requirirase a súa emenda a través da súa presentación electrónica. Para tales efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

3. Para a presentación das solicitudes poderase empregar calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Documentación necesaria

Xunto coa solicitude, deberá presentarse copia da seguinte documentación:

1. Para toda persoa interesada:

a) Acreditación do/da representante que figure na solicitude por calquera medio válido en dereito de acordo co disposto no artigo 5 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

b) Anteproxecto ou memoria técnica das actuacións asinada por persoal técnico competente xustificativa das accións que deberá conter, como mínimo, a descrición de traballos ou actividades xustificando na ZEC en que se vai traballar, a superficie de actuación e os obxectivos ambientais aos cales contribuirá a actuación, a relación valorada, os planos de situación e detalle, o orzamento detallado e co IVE desagregado, o calendario e o prazo aproximado de execución. No caso de prever recorrer a medios propios da entidade, presentarase a documentación do proxecto desagregado diferenciando o custo da man de obra que vai usar xunto cos seus previsibles custos materiais. Achegaranse, como mínimo, os datos indicados no anexo III.

Cando a axuda solicitada sexa aprobada e o investimento supere os 12.000 € presentarase, no prazo dun mes desde o día seguinte ao da notificación da resolución de concesión da axuda, un proxecto cos mesmos datos que o documento descritivo, asinado por persoal técnico competente. No caso de que a documentación técnica presentada xunto coa solicitude cumpra con todos os requisitos exixibles a un proxecto de obra, non será necesaria a presentación dun novo proxecto debendo a persoa beneficiaria comunicalo ao Servizo Provincial de Conservación da Natureza no prazo dun mes desde o día seguinte ao da notificación da resolución de concesión.

c) Tres ofertas de tres empresas diferentes orzando a execución daquelas unidades que se prevexa executar mediante contratación. Os prezos das unidades de obra das actuacións subvencionables deben axustarse ao valor de mercado. As ofertas presentadas deberán incluír os mesmos elementos para ser comparables. Débese respectar a moderación de custos tal como establece o artigo 48.2.e) do Regulamento de execución (UE) 809/2014 da Comisión, do 17 de xullo de 2014. Para iso, e para todos os gastos incluídos na solicitude de axuda, deberase solicitar como mínimo tres ofertas de diferentes provedores con carácter previo á contratación e presentalas xunto coa solicitude de axuda. As ofertas presentadas para cada gasto deberán cumprir os seguintes requisitos:

  • a) Deberán proceder de empresas que teñan como obxecto social a fabricación ou a subministración dos bens ou servizos incluídos na oferta, salvo no caso da compra de terreos e edificacións.

  • b) Non poderán proceder de empresas vinculadas entre elas, nin coa entidade solicitante, nos termos establecidos na lexislación de contratos do sector público.

  • c) Deberán incluír, como mínimo, o NIF, nome e enderezo da empresa ofertante, o nome ou razón social da empresa solicitante da axuda, a data de expedición e unha descrición detallada dos conceptos ofertados. Para que a descrición dos conceptos se considere detallada deberá incluír, no caso de obra civil e instalacións, a relación pormenorizada e cuantificada das unidades de obra que inclúa, no caso de equipamentos, a súa marca, modelo e características técnicas e, no caso de presentación de servizos, a descrición detallada destes.

Non se considerarán admisibles as ofertas presentadas que non reúnan estes requisitos, o cal poderá dar lugar á exclusión como subvencionable do gasto xustificado con esa oferta.

A elección entre as ofertas presentadas realizarase conforme aos criterios de eficiencia e economía, e debe xustificarse expresamente nunha memoria a elección, baseada nos criterios sinalados, cando non recaia na proposta económica máis vantaxosa.

Excepcionalmente, no caso de conceptos subvencionables que polas súas características especiais non exista no mercado suficiente número de entidades que o ofrezan, a moderación de custos poderá xustificarse alternativamente mediante un informe dun taxador, perito ou dun organismo público autorizado no cal se determine xustificadamente o seu valor de mercado.

Non se considerarán subvencionables os gastos en que non se xustifique a moderación de custos conforme os criterios e requisitos sinalados neste punto.

  • d) Autorizacións ou permisos correspondentes para levar a cabo a intervención ou, polo menos, a súa solicitude.

2. Débese presentar, ademais, a seguinte documentación complementaria:

a) Certificación expedida pola secretaría do concello relativa á resolución adoptada polo órgano local competente, na cal dispón solicitar a subvención regulada nesta orde e da dispoñibilidade dos terreos, en caso de ser necesario.

b) Certificación expedida pola secretaría do concello relativa á titularidade municipal do ben, no caso de que estean previstas actuacións sobre bens inmobles.

A documentación complementaria presentarase obrigatoriamente por vía electrónica. As entidades interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presentan. Se presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

No caso de que algún dos documentos para presentar de forma electrónica supere os tamaños límite establecidos pola sede electrónica ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Comprobación de datos

1. Para toda persoa interesada:

a) NIF da entidade solicitante.

b) DNI/NIE da persoa representante, de ser o caso.

c) Documento que acredite a titularidade dos terreos ou bens.

d) Certificado de estar ao día nas obrigacións tributarias coa Axencia Estatal da Administración Tributaria.

e) Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.

f) Certificado de estar ao día no pagamento coa Consellería de Facenda.

g) Fichas Sixpac das parcelas beneficiadas pola acción a partir das referencias proporcionadas pola entidade solicitante.

2. No caso de que as entidades interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no anexo I e achegar os documentos.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilita a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás entidades interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar durante a tramitación deste procedemento deberán ser realizados electronicamente accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Despois de presentar

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 6 de agosto de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2019 das axudas para estudos e investimentos vinculados á conservación, recuperación e rehabilitación do patrimonio natural e cultural e á sensibilización ecolóxica na Rede de reservas da biosfera de Galicia, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020 (DOG nº 151 do 9 de agosto de 2019).

    • Extracto da Orde do 6 de agosto de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2019 das axudas para estudos e investimentos vinculados á conservación, recuperación e rehabilitación do patrimonio natural e cultural e á sensibilización ecolóxica na Rede de reservas da biosfera de Galicia, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020 (DOG nº 151 do 9 de agosto de 2019).

    • Resolución do 26 de novembro de 2019, da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, pola que se publican as entidades beneficiarias das subvencións concedidas en virtude da Orde do 6 de agosto de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2019 das axudas para estudos e investimentos vinculados á conservación, recuperación e rehabilitación do patrimonio natural e cultural e á sensibilización ecolóxica na Rede de reservas da biosfera de Galicia, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2014-2020 (DOG nº 235 do 11 de decembro de 2019)

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

AU230W

Declaración de datos para cuantificación de perdas en redes de abastecemento.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

AU231A

Colaboración técnica e financeira en materia de infraestruturas hidráulicas.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

AU231B

Asunción de explotación de instalación de depuración de augas residuais urbanas.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

MR517A

Solicitude de incorporación/renovación de parcelas para aplicación de produtos do tratamento de lodos de depuradora (PTLD)

Tramitar en liña

Aberto todo o ano