Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
PR450A
Equipamento de emerxencias a concellos de menos de 50.000 habitantes, mancomunidades e agrupacions de concellos galegos, Fondos FEDER 2014-2020.
Procedemento dirixido a: Entidades locais
Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes
O obxecto desta orde é establecer as bases reguladoras para a adxudicación, en réxime de concorrencia competitiva, de equipamentos de emerxencias aos concellos, mancomunidades e agrupacións de concellos galegos que conten con AVPC inscrita no Rexistro de Protección Civil da Comunidade Autónoma de Galicia, conforme a Lei 5/2007, do 7 de maio, e o Decreto 56/2000, do 3 de marzo, e a súa convocatoria para o ano 2018.
O procedemento regulado nesta orde habilitarase na Guía de procedementos e servizos..
O equipamento que se vai ceder distribúese nas seguintes liñas de axuda:
Liña 1: 15 vehículos todo terreo tipo pick-up.
Liña 2: 20 remolques para a atención ás emerxencias.
Poderán solicitar este equipamento os concellos de menos de 50.000 habitantes, mancomunidades ou agrupacións de concellos galegos.
Obrigas dos beneficiarios.
a) Os beneficiarios desta axuda quedan suxeitos ás obrigas recollidas no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
b) Serán por conta das entidades beneficiarias os gastos do imposto especial sobre determinados medios de transporte, seguros, mantemento, conservación e calquera outro gasto que poida supor a cesión, así como as indemnizacións derivadas de posibles declaracións de responsabilidade civil ou criminal polo uso dos vehículos e demais equipamento, calquera que sexa a súa contía.
c) Compromiso de que o equipamento sexa destinado a misións de protección civil e emerxencias. O incumprimento da obriga de destino referida será causa de reintegro, nos termos establecidos no artigo 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.
d) Compromiso da inalterabilidade das condicións tidas en conta para a concesión.
e) O/a alcalde/sa do concello, presidente/a da mancomunidade ou representante da agrupación de concellos ao cal se lle conceda o equipamento solicitado, disporá dun prazo de dez días hábiles, contados a partir da recepción da comunicación individual da resolución favorable, para a súa aceptación ou renuncia tamén enviada por vía telemática.
f) Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión e, en todo caso, a obtención concorrente de axudas e subvencións outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados para o mesmo fin poderán dar lugar á modificación da resolución de concesión.
Xunta de Galicia
Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes
Dirección Xeral de Emerxencias e Interior
Subdirección Xeral de Planificación e Protección Civil
Servizo de Protección Civil
R/ Roma, 25-27. Fontiñas
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981546024 / 981546022
Fax: 981546002
Email: pedro.luis.sanchez.castro@xunta.es
Prazo de presentación: PECHADO
04/08/2018 00:00 - 03/09/2018 23:59
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, e se no mes de vencemento non hai día equivalente ao de publicación, entenderase que o prazo remata o último día do mes.
a) Que o solicitante teña unha AVPC con persoal voluntario operativo e asegurado, inscrita no Rexistro de Protección Civil da Comunidade Autónoma de Galicia, conforme a Lei 5/2007, do 7 de maio, e o Decreto 56/2000, do 3 de marzo, ou que tivese presentado oficialmente a solicitude de inscrición de nova AVPC nel; neste caso, a concesión da subvención quedará condicionada á efectiva inscrición, segundo se establece no artigo 59 e concordantes do Decreto 56/2000, do 3 de marzo. Esta condición débese cumprir, como máis tarde, o último día do prazo de presentación de solicitudes.
b) Ter presentado as contas a que se refire o artigo 208 e seguinte do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, correspondentes ao exercicio orzamentario 2016, no Consello de Contas de Galicia.
c) Que non recibisen axudas por parte da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza ou organismos e entidades adscritas a esta para o mesmo equipamento nos últimos cinco anos, incluído 2018, de acordo co establecido no artigo 4.
d) As mancomunidades ou agrupación de concellos, no caso de prestaren de xeito mancomunado o servizo de protección civil e emerxencias, terán que presentar a súa solicitude de forma conxunta e mancomunada, e será incompatible coa solicitude individual dos concellos que compoñen a entidade.
As persoas interesadas deberán presentar coa solicitude a seguinte documentación:
a) Certificado da compañía aseguradora das pólizas subscritas (accidentes e responsabilidade civil) en que conste o número de asegurados que é persoal voluntario de protección civil. No caso de estaren incluídos dentro das pólizas de seguro do concello, mancomunidade ou agrupación de concellos, remitirase unha certificación do/a secretario/a do concello ou mancomunidade na cal se indique o número de persoal voluntario de protección civil incluído dentro das pólizas.
b) Certificado ou declaración dos servizos de emerxencia provinciais ou das entidades locais a que se refire o artigo 9.2 desta orde.
c) Certificado do/a secretario/a da entidade solicitante da presentación das contas da entidade no Consello de Contas de Galicia, a que fai referencia o artigo 3 desta orde. No caso de agrupación de concellos, un certificado por cada concello.
d) Certificado do órgano competente da mancomunidade ou agrupación de concellos en que se indique a prestación mancomunada dos servizos de emerxencia e protección civil.
e) No caso de realizar a petición conxunta como agrupación de concellos, a certificación de cada pleno ou xunta de goberno aprobatoria de tal acordo e as condicións deste.
f) No caso de realizar a petición como mancomunidade ou agrupación de concellos, terán que presentar a memoria de aforros de custo e os últimos orzamentos publicados e aprobados, para os efectos da aplicación do artigo 9 número 3.c).
1. A documentación complementaria deberase presentar electronicamente. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.
Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requirirase para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.
Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberanse indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
No caso de que algún dos documentos que cómpre presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pódese consultar na sede electrónica da Xunta de Galicia.
2. A presentación da solicitude leva implícita a autorización para a publicidade, inscrición no rexistro procedente e o tratamento necesario dos datos persoais das persoas beneficiarias para esas finalidades, así como a especificada no artigo 10, por exixencia normativa, segundo se establece no artigo 15 desta orde.
3. O defecto na solicitude ou a falta de documentos complementarios e obrigatorios seralles notificado por medios telemáticos aos interesados pola Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, que é o órgano competente para a instrución do procedemento, e de conformidade co previsto no artigo 20.5 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, daráselles un prazo improrrogable de dez días para emendaren os erros ou omisións.
Transcorrido este prazo e de non se producir a dita emenda, as peticións serán arquivadas conforme o disposto no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Presentación de solicitudes.
1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal. Se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requirirase para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
Para a presentación das solicitudes poderase empregar calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
2. Os concellos, individualmente, mancomunados ou agrupados, que desexen acollerse aos beneficios desta orde presentarán solicitude dirixida á Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, segundo o modelo que figura como anexo I desta orde. A solicitude deberá ir acompañada da documentación complementaria que se establece no artigo 6 desta norma, segundo proceda.
Cada solicitante, en función das súas necesidades, deberá pedir por orde de preferencia o equipamento das liñas, tendo en conta o dito na alínea c) do artigo 3 desta orde e, de ser o caso, concederáselle o solicitado ata o límite de existencia de acordo cos seguintes criterios:
a) As entidades que xa obtivesen algún tipo de vehículo nos últimos cinco anos, incluído 2018, sexa todo terreo, pick-up ou furgón, non poderán solicitar a liña 1 desta orde.
b) As entidades que xa obtivesen remolque de emerxencias nos últimos cinco anos, incluído 2018, non poderán solicitar a liña 2 desta orde.
c) Unha vez cumpridas as dúas letras anteriores, o equipamento asignarase en función da orde de puntuación total, de maior a menor, e da orde de preferencia solicitada.
d) Na primeira quenda de adxudicación, cada solicitante só poderá obter equipamento dunha liña; unha vez resolta e, de seguir quedando existencias, poderían acceder ao equipamento da outra liña, seguindo os criterios xa establecidos.
e) Os beneficiarios de equipamento da liña 1 comprométense a aceptar a cesión de terminais TETRA da nova rede de comunicacións de emerxencias da Xunta de Galicia que, nun número máximo de tres, e en función das existencias, cederá esta Administración co compromiso por parte das entidades beneficiadas de facerse cargo do seu mantemento.
- Fase de solicitude
- Documento de solicitude (Anexo I)
Prazo de resolución: Cinco meses
Sentido do silencio: Negativo
- Fase de xustificación
- Declaración (Anexo II)
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 16 de xullo de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria de subvencións para a adxudicación de equipamentos de emerxencias, en réxime de concorrencia competitiva, a concellos de menos de 50.000 habitantes, mancomunidades ou agrupacións de concellos galegos, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder-Galicia 2014-2020 (DOG nº 148 do 3 de agosto de 2018).
-
Extracto da Orde do 16 de xullo de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria de subvencións para a adxudicación de equipamentos de emerxencias, en réxime de concorrencia competitiva, a concellos de menos de 50.000 habitantes, mancomunidades ou agrupacións de concellos galegos, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder-Galicia 2014-2020 (DOG nº 148 do 3 de agosto de 2018).
-
Corrección de erros. Orde do 2 de agosto de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria de subvencións para a adxudicación de equipamentos de emerxencias, en réxime de concorrencia competitiva, a concellos de menos de 50.000 habitantes, mancomunidades ou agrupacións de concellos galegos, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder-Galicia 2014-2020 (DOG nº 155 do 14 de agosto de 2018).
-
Corrección de erros. Extracto da Orde do 2 de agosto de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria de subvencións para a adxudicación de equipamentos de emerxencias, en réxime de concorrencia competitiva, a concellos de menos de 50.000 habitantes, mancomunidades ou agrupacións de concellos galegos, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder-Galicia 2014-2020 (DOG nº 155 do 14 de agosto de 2018).
-
Resolución do 13 de novembro de 2018 pola que se resolve a adxudicación, en réxime de concorrencia competitiva, de equipamentos de emerxencias a concellos de menos de 50.000 habitantes, mancomunidades ou agrupacións de concellos galegos, cofinanciados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 (DOG nº 221 do 20 de novembro de 2018).
-
Outros procedementos relacionados
Informe de usos especiais da estrada
Aberto todo o ano
Acceso, modificación e baixa, ás instalacións portuarias controladas por barreiras físicas e para uso de puntos de fornecemento de auga e electricidade.
Aberto todo o ano
Outorgamento de licenzas para a prestación do servizo público de comunicación audiovisual radiofónica por entidades locais.
Aberto todo o ano
Subvencións para a prestación de servizos bancarios básicos.
Prazo pechado: 23/06/2021 00:00 - 22/07/2021 23:59