Orientámolo/a, paso a paso, para presentar unha solicitude no rexistro electrónico
FA500A - Subvencións para a prestación de servizos bancarios básicos.
Esta orde ten por obxecto aprobar as bases reguladoras e a convocatoria para as anualidades 2021 a 2025 das subvencións destinadas a incentivar e fomentar a prestación de servizos bancarios básicos, consistentes na instalación, mantemento e posta en funcionamento de caixeiros automáticos e a prestación dun servizo de asistencia e formación financeira en entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia (prioritariamente nos concellos sen entidade financeira no seu territorio), que se tramitará co código de procedemento FA500A.
Gastos subvencionables .
1. Instalación e posta en funcionamento dos caixeiros automáticos
1.1. Consideraranse subvencionables os gastos derivados da instalación e posta en funcionamento dos caixeiros automáticos que se axusten ás características técnicas establecidas no artigo 9 desta orde.
1.2. En particular, teñen esta consideración:
– Os gastos derivados do transporte do caixeiro ás dependencias municipais.
– Os gastos derivados da instalación, ancoraxe, configuración de probas e posta en servizo do caixeiro automático, incluída obra civil necesaria, de ser o caso, as conexións ás redes eléctricas e de datos e calquera outra adaptación que sexa necesario realizar na dependencia municipal.
– Os gastos derivados da xestión integral, dispoñibilidade e correcto funcionamento do caixeiro automático.
– Os gastos derivados da elaboración dun proxecto de obra nos casos en que, para a instalación do caixeiro automático, sexa exixible.
– Os gastos de seguros, transportes e instalación final e cantos deriven do cumprimento das condicións estipuladas nestas bases.
2. Mantemento dos caixeiros automáticos.
2.1. Consideraranse subvencionables os gastos derivados do mantemento dos caixeiros automáticos.
2.2. En particular, teñen a consideración de subvencionables:
– Os gastos derivados do mantemento integral do caixeiro, incluído o custo das pezas, o hardware, software, limpeza e man de obra.
– Os gastos derivados da asistencia de mantemento, incluída a reparación por avarías ou danos.
– Os gastos de conservación e seguridade (comprenderá a man de obra, o desprazamento, medios auxiliares, pezas e demais compoñentes).
2.3. Non terán a consideración de gasto subvencionable:
– Os gastos derivados da substitución do caixeiro automático, en caso de avaría definitiva.
– Os gastos derivados da restitución completa do estado de funcionamento do caixeiro automático en caso de vandalismos e accións similares.
– Os gastos derivados da limpeza e conservación dos espazos e locais cedidos para a instalación dos caixeiros e para a prestación dos servizos de asistencia financeira e formación (entenderase por tales a reparación de cristais, pinturas, pavimentos, mostradores…).
3. Servizo de asistencia e formación financeira.
3.1. Consideraranse subvencionables os gastos derivados da prestación do servizo de asistencia e formación financeira, ata un máximo de 104 horas anuais.
3.2. O servizo de asistencia financeira consistirá na prestación de servizos bancarios e financeiros de forma personalizada nas dependencias municipais facilitadas polo concello onde se instale o caixeiro e poderán concertarse con cita previa, de maneira que permita proporcionar aos seus habitantes un nivel de servizo equivalente ao dunha oficina bancaria convencional (agás o servizo de caixa), como asesoramento en servizos e produtos bancarios ou contratación de operacións de activo ou pasivo.
3.3. O servizo de formación financeira deberá prestarse en cada concello con carácter anual sempre e cando se poida garantir unha asistencia mínima de polo menos 5 persoas, e consistirá na prestación de servizos de formación nas seguintes materias:
– Utilización do caixeiro automático.
– Banca electrónica.
– Educación financeira.
Poderán ser beneficiarias destas subvencións as entidades que poidan acreditar o cumprimento dos requirimentos legais exixibles para a prestación dos servizos subvencionables.
Obrigas da entidade beneficiaria .
1. A entidade beneficiaria está suxeita ás obrigacións xerais derivadas da normativa vixente sobre axudas e subvencións públicas e, en particular, ás que fai referencia o artigo 11 da Lei 9/2007, así como, de ser caso, ás exixencias que determina a normativa vixente en materia de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, e en materia de retirada de efectivo en caixeiros automáticos.
2. As entidades beneficiarias que non estean inscritas no Rexistro de Entidades de Crédito do Banco de España deberán subcontratar integramente o servizo de asistencia financeira e o servizo de formación, e terán que cumprir as obrigas establecidas no artigo 27 da Lei 9/2007.
3. As entidades beneficiarias están obrigadas a realizar as actividades subvencionadas nos termos da resolución de concesión e a xustificar a súa realización nos prazos establecidos na dita resolución.
En particular, estarán obrigadas a:
a) Cumprir o obxectivo de instalar os caixeiros automáticos en todos os concellos que asinasen o convenio de colaboración ou que o asinen antes do 30 de xuño de 2024, coas características técnicas establecidas no artigo 9 e no prazo de instalación que oferten na súa solicitude de subvención e, en todo caso, dentro do prazo de 90 días recollido no número 5 do artigo 9 desta orde.
b) Realizar a actividade de mantemento do caixeiro nas condicións descritas no número 7 do artigo 9 desta orde e prestar o servizo de asistencia e formación financeira que recolle o número 3 do artigo 8 desta orde e, en xeral, realizar as actuacións e adoptar o comportamento que fundamenta a concesión da subvención.
c) Xustificar o cumprimento dos requisitos e condicións, así como realizar as actividades e cumprir a finalidade que determina a concesión da subvención.
d) Dar adecuada publicidade do carácter público do financiamento da actuación subvencionada, en cumprimento do previsto no artigo 15.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, e o artigo 20 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro. Esta publicidade consistirá en:
– Colocación do logotipo da imaxe institucional da Xunta de Galicia na parte frontal do caixeiro e na pantalla de acceso ao menú principal.
A imaxe deberá estar adaptada ao Manual de identidade corporativa da Xunta de Galicia, dispoñible no seguinte enlace: https://www.xunta.gal/identidade-corporativa/descarga-do-manual
– Información na páxina web da entidade beneficiaria relativa á actividade subvencionada e na cal se incluirá o logotipo da imaxe institucional da Xunta de Galicia.
– Inclusión do logotipo da imaxe institucional da Xunta de Galicia nas comunicacións escritas relacionadas coa execución da actuación.
e) Cumprir os requisitos que sexan exixibles en cumprimento da Decisión da Comunidade Europea do 20 de decembro de 2011.
f) Someterse ás actuacións de comprobación, que efectuará o órgano concedente, así coma calquera outra actuación de comprobación e control financeiro que correspondan á Intervención Xeral, o Tribunal de Cuentas, o Consello de Contas e outros órganos de control en relación coas subvencións concedidas, achegando canta información lle sexa requirida no exercicio das ditas actuacións.
g) Comunicarlle ao órgano concedente a obtención doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien total ou parcialmente a actividade ou proxecto subvencionado.
O incumprimento das anteriores obrigacións dará lugar á exixencia das responsabilidades que correspondan segundo a lexislación vixente, e de forma especial no que dispón a Lei 9/2007, xeral de subvencións de Galicia, e o seu regulamento.
O servizo de asistencia financeira deberá ser prestado por persoal de entidades inscritas no Rexistro de Entidades de Crédito do Banco de España, segundo o disposto na Lei 10/2014, do 26 de xuño, de ordenación, supervisión e solvencia de entidades de crédito, ou ter a correspondente autorización para operar en territorio español. En consecuencia, se a entidade beneficiaria non reúne tal condición deberá subcontratar integramente o servizo de asistencia financeira e o servizo de formación, e terán que cumprir as obrigas establecidas no artigo 27 da Lei 9/2007.
Non poderán obter a condición de beneficiarias das subvencións reguladas nestas bases as entidades nas cales concorra algunha das circunstancias ou prohibicións sinaladas nos números 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.
Xunta de Galicia
Consellería de Facenda e Administración Pública
Secretaría Xeral Técnica e do Tesouro
ADMINISTRATIVO SAN CAETANO
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981957804
Secretaría Xeral Técnica e do Tesouro
Orde do 18 de xuño de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, destinadas a incentivar e fomentar a prestación de servizos bancarios básicos consistentes na instalación, mantemento e posta en funcionamento de caixeiros automáticos e a prestación dun servizo de asistencia e formación financeira en entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia (prioritariamente nos concellos sen entidade financeira no seu territorio), e se convocan para as anualidades 2021 a 2025 (DOG nº 117 do 22 de xuño de 2021).
Orde do 18 de xuño de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, destinadas a incentivar e fomentar a prestación de servizos bancarios básicos consistentes na instalación, mantemento e posta en funcionamento de caixeiros automáticos e a prestación dun servizo de asistencia e formación financeira en entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia (prioritariamente nos concellos sen entidade financeira no seu territorio), e se convocan para as anualidades 2021 a 2025 (DOG nº 117 do 22 de xuño de 2021).
Corrección de erros. Orde do 18 de xuño de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, destinadas a incentivar e fomentar a prestación de servizos bancarios básicos consistentes na instalación, mantemento e posta en funcionamento de caixeiros automáticos e a prestación dun servizo de asistencia e formación financeira en entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia (prioritariamente nos concellos sen entidade financeira no seu territorio), e se convocan para as anualidades 2021 a 2025 (DOG nº 126 do 5 de xullo de 2021).
Resolución do 26 de novembro de 2021, da Dirección Xeral de Política Financeira, Tesouro e Fondos Europeos, pola que se ordena a publicación da Resolución do 26 de novembro de 2021 pola que finaliza o procedemento de concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, destinadas a incentivar e fomentar a prestación de servizos bancarios básicos (DOG nº 233 do 3 de decembro de 2021).
Resolución do 24 de marzo de 2023, da Dirección Xeral de Política Financeira e Tesouro, pola que se ordena a publicación da Resolución do 24 de marzo de 2023 de modificación da Resolución pola que finaliza o procedemento de concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, destinadas a incentivar e fomentar a prestación de servizos bancarios básicos (DOG nº 60 do 27 de marzo de 2023).
Prazo de presentación: PECHADO
23/06/2021 00:00 - 22/07/2021 23:59
O prazo de presentación será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, e se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último do mes.
Solicitudes .
1. As entidades interesadas deberán presentar a solicitude segundo o modelo normalizado que figura como anexo I dirixida á Dirección Xeral de Política Financeira, Tesouro e Fondos Europeos da Consellería de Facenda e Administración Pública, na cal se farán constar a totalidade de datos reflectidos naquel.
A súa presentación implica a aceptación da totalidade de prescricións previstas nesta orde, así como no resto da normativa aplicable. Coa solicitude xuntarase a documentación complementaria indicada no artigo seguinte.
2. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
Para a presentación electrónica poderase empregar calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Estes formularios só terán validez se están debidamente asinados por quen represente legalmente a entidade correspondente ou persoa debidamente acreditada.
Será causa de desestimación da solicitude, sen prexuízo do disposto nos artigos 54 a 56 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, non axustarse aos termos da convocatoria, así como a ocultación de datos, a súa alteración ou calquera manipulación de información.
Documentación complementaria .
1. Coa solicitude achegarase, como mínimo, documentación complementaria sobre os seguintes aspectos:
a) Guía dos caixeiros automáticos: documento en que se especificará cada un dos dispositivos de que se compón o terminal, así como as funcionalidades do terminal que se vai instalar. En particular, deberá incluír fotografías ou representacións gráficas dos caixeiros, elementos que compoñen o caixeiro, sistemas de información e xestión do caixeiro, así como sistemas de seguridade, control e vixilancia e, en todo caso, os servizos mínimos previstos no punto 3 do artigo 9 desta orde.
b) Plan de limpeza e mantemento dos caixeiros: documento no cal se recollerán as condicións en que realizará a limpeza e mantemento dos caixeiros e onde se relacionen as seguintes cuestións:
i. Recursos humanos adscritos ao servizo.
ii. Metodoloxía para a prestación do servizo.
iii. Periodicidade na prestación do servizo.
c) Plan do servizo de asistencia financeira: documento no cal se recollerán as condicións de prestación do servizo en que se relacionen as seguintes cuestións:
i. Recursos humanos adscritos ao servizo.
ii. Metodoloxía para a prestación do servizo.
iii. Servizos bancarios que se van prestar.
iv. Periodicidade na prestación do servizo.
d) Plan do servizo de formación financeira: documentación sobre as condicións de prestación do servizo en que se relacionen as seguintes cuestións:
i. Recursos humanos adscritos ao servizo.
ii. Metodoloxía para a prestación do servizo.
iii. Formación que se vai impartir.
iv. Periodicidade na prestación do servizo.
e) Certificado asinado polo representante da entidade solicitante en que acredite, de ser o caso, para os efectos do establecido no punto 2 do artigo 18 desta orde:
i. Número de traballadores fixos con discapacidade superior ao 2 %.
ii. Acreditación da implantación dun plan de igualdade.
f) Grao de cofinanciamento proposto polo solicitante, tal e como se establece no artigo 18.1.e).
g) Prazo de instalación proposto polo solicitante, tal e como se establece no artigo 18.1.f).
2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.
As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal
3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
4. No caso de que algún dos documentos que se vaia presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no número anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
5. Se a solicitude non está debidamente cuberta ou non se presenta a documentación exixida, a unidade administrativa encargada da tramitación do expediente requirirá a entidade solicitante para que, no prazo máximo de dez (10) días hábiles, emende a falta ou achegue os documentos preceptivos, coa advertencia de que, de non facelo, se considerará que desistiu da súa solicitude, de acordo co previsto no artigo 20.5 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, e no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, despois de que se dite resolución ao abeiro do artigo 21 desta lei.
Sen prexuízo do disposto no punto anterior, en calquera fase do procedemento anterior á proposta de resolución poderase requirir á entidade solicitante que achegue a información e/ou a documentación complementaria que se considere conveniente para a correcta definición, avaliación e comprobación da solicitude presentada.
6. Serán causas de exclusión non emendables as seguintes:
– A presentación da solicitude fóra do prazo establecido.
– A petición da subvención exclusivamente para actividades non incluídas no obxecto da convocatoria.
Comprobación de datos .
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña a súa consulta:
a) DNI/NIE da persoa representante.
b) NIF da entidade solicitante.
c) Certificado de estar ao día no pagamento de débedas tributarias coa AEAT.
d) Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.
e) Certificado de estar ao día no pagamento das débedas coa Administración pública da Comunidade Autónoma.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.
Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Trámites administrativos posteriores á presentación da solicitude .
Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta do cidadán da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
- Iniciación
- Solicitude de pagamento (Anexo III)
- Fase de solicitude
- Solicitude (Anexo I)
Máis información
Localice o procedemento ou servizo na guía de procedementos e servizos, consulte a información do trámite e revise a documentación obrigatoria para presentar a solicitude que figura na pestana "Presentación" no apartado "Documentación para a presentación".
No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles modelos en formato PDF para aqueles documentos para os que se precisan. Se os necesita:
- Primeiro descargue no seu equipo os modelos PDF (asegúrese de que están descargados, non abertos no navegador).
- A continuación cubra os modelos. Se algunha táboa ten filas e non son suficientes pode engadilas nese documento descargado.
- Por último garde ou imprima en versión PDF un arquivo electrónico de cada modelo cuberto.
- Asine o documento, se así se require.
- Para finalizar anexe o modelo ou modelos en PDF na súa presentación.
No caso de que o procedemento non figure na guía, poderá empregar a solicitude xenérica.
Prema en "Tramitar en liña" para iniciar o trámite electrónico.
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Agora xa está dentro do seu espazo persoal "A miña sede".
Cubra o formulario e lembre que pode gardalo para recuperalo máis adiante desde o apartado "Os meus borradores" de "A miña sede".
Cando o teña cuberto, prema en "Continuar".
Anexe a documentación que queira presentar xunto co formulario. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Pode consultar como enviar ficheiros que non teñen o tamaño ou o formato aceptados por esta sede.
Asine o formulario e a documentación que quere entregar.
Pode facelo cun certificado electrónico empregando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá no seu móbil.
Descargue o xustificante da presentación.
Poderá tamén acceder a este documento desde o apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede".
Consulte como proceder cos documentos de gran tamaño e en distintos formatos
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Lembre que este servizo soamente estará disponible desde o espazo "A miña sede" da sede electrónica e naqueles procedementos que teñan habilitados trámites electrónicos posteriores á solicitude cando así o estableza a súa norma reguladora.
Prepare os arquivos electrónicos necesarios e comprobe que utiliza formatos compatibles coa sede: .bmp, .ce3, .cex, .csv, .cte, .dbf, .doc, .docx, .dwg, .dxfn, .gpx, .hexhash, .inp, .jpg, .kml, .kmz, .ods, .odt, .pd2, .pdf, .pdl, .png, .prj, .shp, .shx, .tgd, .tiff, .txt, .xls, .xlsx, .xml, .xsig, .mp4, .avi, .mov e .wmv
O tamaño máximo do conxunto de documentos achegados a unha presentación en esta sede é de 100 MB, e non se admiten arquivos comprimidos.
Comprobe o tamaño total do conxunto de documentos que precisa achegar:
- Se é inferior a 100 MB pode achegar todos os documentos á solicitude
- Se é superior a 100 MB separe os arquivos de máis de 100 MB, agrupe o resto en subconxuntos de documentos que non superen os 100 MB e proceda segundo os seguintes pasos
- Presente a solicitude achegando un subconxunto de documentos de menos de 100 MB.
- Repita o trámite de achega de documentación separada da solicitude para cada un dos subconxuntos restantes de documentos, seguindo estes pasos:
- Unha vez finalizada a presentación acceda ao apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede", seleccione o expediente da solicitude que acaba de realizar, pulse na opción "Accións" e seleccione "Achega de documentación separada da solicitude".
- Cubra o formulario e pulse en "continuar"
- Achegue o seguinte subconxunto de documentos
- Asine e complete a achega de documentación separada
- Repita este proceso para cada subconxunto de documentos de menos de 100 MB
Se algún arquivo supera individualmente os 100 MB:
- Proceda segundo se explica nos pasos anteriores para o resto de arquivos
- Descargue no seu equipo o modelo xenérico para a achega de documentación separada
- Cubra o modelo, indicando o expediente ou número de rexistro de entrada da solicitude electrónica realizada e a unidade responsable do procedemento
- Imprima o modelo e presénteo de forma presencial, xunto coa documentación en formato físico -CD, DVD, USB-, en calquera das oficinas de rexistro
Prazo de resolución:
Tres meses
Sentido do silencio:
Negativo
Máis información
Consulte como responder a unha emenda de documentación
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos. Na pestana "Presentación", no apartado "Documentación para a presentación" figura o listado de documentos requiridos para a presentación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos. Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede". Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365. Busque o expediente relacionado co requirimento e seleccione no menú "Acción" da dereita a opción "Emenda ao requirimento".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Emenda ao requirimento" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a emenda utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario indicando os datos ou documentos achegados para a emenda.
Anexe os documentos que queira presentar. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a emenda.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da emenda.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Coñeza como achegar documentación xustificativa a un expediente en curso
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Na pestana "Despois da presentación", no apartado "Xustificación" figura o listado de documentos requiridos para a xustificación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos.
Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede".
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Busque o expediente para o que precisa achegar documentación xustificativa. No menú "Acción" que aparece á dereita seleccione a opción "Achega de documentación xustificativa".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Achega de documentación xustificativa" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a xustificación utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario.
Indique os documentos que achega para a xustificación.
Anexe os documentos que queira presentar para a xustificación. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a xustificación.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da xustificación.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Todos os seus expedientes, presentacións e borradores en "A miña sede"
Para xestionar os seus expedientes o primeiro que debe facer é acceder o seu espazo persoal premendo en "A miña sede" e, a continuación, identificarse empregando calquera dos certificados admitidos nesta sede ou Chave365.
Poderá ver na súa bandexa de entrada os seus últimos expedientes, presentacións e borradores.
Verá en pantalla información detallada de cada expediente ou presentación (número de expediente/rexistro, código e nome do procedemento etc.).
Se desexa ver todos os seus expedientes e presentacións, prema no botón "Ver todos/Buscar".
Ao acceder á pantalla de busca, pode buscar expedientes ou borradores por distintos criterios ou localizalos directamente se coñece o código de acceso.
Poderá realizar accións concretas sobre un expediente (achegar documentación adicional, mellorar unha solicitude, modificar os seus datos de notificación etc.) desde:
- A bandexa de entrada dos seus últimos expedientes, presentacións e borradores, premendo o botón "Acción" da columna "Que podo facer?"
- O detalle do expediente electrónico, premendo directamente nas accións dispoñibles da columna "Que podo facer?"
Procedementos e servizos relacionados
Acceso, modificación e baixa, ás instalacións portuarias controladas por barreiras físicas e para uso de puntos de fornecemento de auga e electricidade.
Plan de Rehabilitación de camiños de zonas de concentración ou reestruturación parcelaria.
Subvencións en concorrencia non competitiva para os concellos galegos con poboación inferior a 20.000 habitantes para a creación ou mellora de infraestruturas.
Equipamento de vehiculos e motocicletas a concellos de menos de 50.000 habitantes, que conten con Corpo de Policía Local (Fondos Feder 2007-2013).
Fondo de compensación ambiental. Subvencións en réxime de concorrencia competitiva a concellos para adquisición de vehículos alternativos mediante o sistema de renting con destino aos corpos de Policía Local.
Outorgamento de licenzas para a prestación do servizo público de comunicación audiovisual radiofónica por entidades locais.