Orientámolo/a, paso a paso, para presentar unha solicitude no rexistro electrónico
PE155C - Axudas destinadas á preparación e aplicación dos plans de produción e comercialización de organizacións de produtores pesqueiros e asociacións de organizacións de produtores pesqueiros.
Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas destinadas á seguinte acción:
Liña A: axudas destinadas á preparación e aplicación dos plans de produción e comercialización das organizacións de produtores pesqueiros (OPP) e das asociacións de organizacións de produtores pesqueiros (AOP) recoñecidas con ámbito de actuación na Comunidade Autónoma de Galicia, segundo establece a sección IV do capítulo II do Regulamento (UE) núm. 1379/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 11 de decembro de 2013, e o artigo 66 do Regulamento (UE) nº 508/2014, e o artigo 15.5 do Real decreto 277/2016, do 24 de xuño.
Poderán ser beneficiarias das subvencións reguladas nesta orde as organizacións de produtores pesqueiros (OPP) e asociacións de organizacións de produtores pesqueiros (AOP) cuxo ámbito de actuación sexa a Comunidade Autónoma de Galicia, inscritas no Rexistro de Organizacións de Produtores Pesqueiros e Asociacións de Organizacións de Produtores Pesqueiros establecido no artigo 8 do Real decreto 277/2016, do 24 de xuño.
Requisitos xerais dos beneficiarios.
Os beneficiarios das axudas reguladas pola presente orde estarán suxeitos aos seguintes requisitos:
a) Non ter pendente de pagamento ningunha obriga por reintegro de subvencións nin sanción firme pendente de pagamento por infracción da normativa marítimo-pesqueira.
b) Non incorrer nalgunha das circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
c) Non ter cometido infracción grave:
– Da política pesqueira común definida como tal en actos lexislativos do Parlamento Europeo e do Consello;
– Do Regulamento (UE) núm. 1005/2008 do Consello, polo que se establece un sistema contra a pesca ilegal, non declarada e non regulamentada, e do Regulamento (UE) núm. 1224/2009 do Consello, polo que se establece un réxime comunitario de control, durante os 12 meses anteriores á data da presentación de solicitudes, se o operador ten nove puntos de infracción polas infraccións graves segundo o Regulamento (UE) núm. 404/2011. Cada punto de infracción acumulado que se engada aos nove puntos de infracción polas infraccións graves segundo o Regulamento (UE) núm. 404/2011 suporá un mes adicional de inadmisibilidade da axuda por punto acumulado.
d) No marco do FEP ou FEMP, non ter sido declarado culpable de cometer fraude, segundo a definición do artigo 1 do Convenio relativo á protección dos intereses financeiros das comunidades europeas (DOUE serie C 316, do 27.11.1995).
e) Non estar nin ter estado nos últimos 24 meses involucrado na explotación, xestión ou propiedade dos buques incluídos na lista comunitaria dos buques INDNR (pesca ilegal non declarada e non regulamentada) ou de buques que nin estean nin estivesen nos últimos 12 meses enarborando o pavillón de países considerados terceiros países non cooperantes ao abeiro do Regulamento (CE) núm. 1005/2008 do Consello, do 29 de setembro, polo que se establece un sistema comunitario para previr, desalentar e eliminar a pesca ilegal, non declarada e non regulamentada.
f) Non ter cometido ningún dos delitos establecidos nos artigos 3 e 4 da Directiva 2008/99/CE. Con carácter xeral, serán inadmisibles as solicitudes presentadas por un operador que cometese un dos delitos mencionados no artigo 3 durante un período de 12 ou 24 meses en función de se foi cometido por neglixencia grave ou con dolo. No caso de delitos mencionados no artigo 4 da citada directiva, o período de inadmisibilidade será, con carácter xeral, de 24 meses.
g) Manter a condición de beneficiario, cumprindo os requisitos de admisibilidade previstos no artigo 10 do Regulamento FEMP.
h) Cumprir o disposto nos artigos 71 e 140 do Regulamento 1303/2013, do 17 de decembro de 2013 (Regulamento RDC).
i) Levar unha contabilidade separada, ou dispor dun código contable adecuado das transaccións relacionadas coas operacións obxecto de financiamento.
j) Acreditar, con anterioridade a ditarse a proposta de resolución de concesión, que está ao día no cumprimento das súas obrigas tributarias, fronte á Seguridade Social e de non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.
k) Someterse a actuacións de control dos distintos órganos competentes.
Requisitos específicos e cálculo para a liña de axudas aos plans de produción e comercialización (liña A).
1. Para os efectos da percepción das axudas previstas no artigo 66 do FEMP, consideraranse elixibles os importes das medidas previamente aprobadas no plan de produción e comercialización (PPEC), efectivamente executadas nos informes anuais regulados no artigo 15 do Real decreto 277/2016, do 24 de xuño.
2. A axuda concedida non poderá superar o 3 % do valor medio anual da produción comercializada pola organización de produtores pesqueiros (OPP) ou asociación de produtores pesqueiros (AOP) durante os tres anos civís anteriores.
3. Para o cálculo da produción indicado no número anterior, entenderase a suma do valor da produción comercializada por cada un os membros no caso de OPP, ou a suma do valor da produción de cada un dos membros de cada OPP que compoñan unha AOP.
4. No caso da preparación do plan de produción e comercialización e, se for o caso, de cada informe anual, os gastos subvencionables por estes dous conceptos non poderán ser superiores a 4.000 euros por cada un destes documentos.
5. No caso da aplicación dos PPEC, cando as medidas teñan carácter económico, serán subvencionables en cada medida tanto as actividades do titular do proxecto como as actividades de xestión do proxecto indicadas no anexo Determinación de gastos subvencionables nas axudas aos PPEC, se así se reflectiu na resolución de aprobación do PPEC e do informe anual.
6. As medidas aprobadas no PPEC e posteriormente executadas e xustificadas no informe anual deberán contar coa calidade técnica necesaria. Potestativamente, o órgano instrutor poderá solicitar un informe a outros organismos públicos para que avalíen se os traballos se axustan ao tempo e orzamento presentados no informe anual.
7. No caso de se detectaren traballos plaxiados, a xuízo da comisión de valoración, ou de calidade insuficiente segundo o disposto no número anterior, a comisión de valoración informará de que esa medida non é elixible, sen prexuízo da aplicación da normativa antifraude que corresponda.
Normas en materia de subcontratación no ámbito dos plans de produción e comercialización (liña A)
1. Poderán ser obxecto de subcontratación aquelas actividades dos plans de produción e comercialización (PPEC) que formen parte da actuación subvencionada pero que non poidan ser realizadas pola organización de produtores pesqueiros (OPP) ou AOP correspondente de modo directo.
2. O orzamento global da actividade subcontratada poderá alcanzar o 100 % do orzamento. A subcontratación estará condicionada, nos supostos previstos no artigo 27.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, a que o contrato se celebre por escrito e estea previamente autorizado polo órgano de concesión.
De ser o caso, deberase de cumprir o previsto no artigo 29.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
3. Sen prexuízo do establecido no número anterior, permítese expresamente que a resolución de aprobación do plan de produción e comercialización do ano 2017 constitúa a autorización previa da Administración competente para a subcontratación nos supostos indicados no artigo 27.3 da Lei 9/2007, sen prexuízo do cumprimento do establecido no artigo 27.7 da citada lei e no artigo 43 do Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.
Ademais, autorízase a que a subcontratación acade o 100 % do importe desa actividade para o ano citado no parágrafo anterior.
4. Non se poderá subcontratar coas mesmas entidades beneficiarias que forman parte da organización ou estean vinculadas a ela, nin en ningún dos casos especificados no artigo 27.7 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.
5. Cada un dos beneficiarios é responsable de asegurar o cumprimento das normas de contratación pública que sexan de aplicación. En todos os casos, débense cumprir os principios básicos de transparencia, non discriminación e igualdade, de acordo co artigo 27 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.
Non se permite a contratación entre os beneficiarios para a realización dunha medida recollida no PPEC, nin tampouco a contratación de traballadores dalgunha das entidades beneficiarias do proxecto como prestadores de servizos de profesionais externos e de asesoramento. Cando para a execución dunha medida do PPEC interveñan empresas vinculadas, estas non poderán participar como provedores ou prestadores de servizos, ou a súa actividade non será subvencionable.
Terán a consideración de empresas vinculadas aquelas entre as cales exista algunha das relacións definidas no artigo 3.3 do anexo I do Regulamento (UE) núm. 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño, polo que se declaran determinadas categorías de axudas compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado, cando concorra algún dos seguintes supostos:
a) Unha empresa posúe a maioría dos dereitos de voto dos accionistas ou socias da outra empresa.
b) Unha empresa ten dereito a nomear ou revogar a maioría dos membros do órgano de administración, dirección ou control da outra empresa.
c) Unha empresa ten dereito a exercer unha influencia dominante sobre outra, en virtude dun contrato celebrado con ela ou dunha cláusula estatutaria da segunda empresa.
d) Unha empresa, accionista ou asociada a outra, controla soa, en virtude dun acordo celebrado con outros accionistas ou socios da segunda empresa, a maioría dos dereitos de voto dos seus accionistas ou socios.
Presumirase que non existe influencia dominante cando os investidores non teñan implicación directa ou indirecta na xestión da empresa en cuestión, sen prexuízo dos dereitos que lles correspondan na súa calidade de accionistas.
Tamén se considerarán empresas vinculadas as que manteñan algunha desas relacións a través dunha persoa física ou un grupo de persoas físicas que actúen de común acordo, se estas empresas exercen a súa actividade ou parte dela no mesmo mercado de referencia ou en mercados contiguos. Considérase mercado contiguo o mercado dun produto ou servizo situado nunha posición inmediatamente anterior ou posterior á do mercado en cuestión.
Certificación de non inicio e fin de obra (liña A)
No caso de obras ou adquisición de equipamentos e subministracións que impliquen unha obra, un funcionario designado pola Consellería do Mar deberá levantar acta de non inicio, sempre por petición da OPP/AOP correspondente, antes de comezala.
A solicitude de certificación de non inicio deberá dirixirse ao Servizo de Mercados da Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, que determinará a pertinencia da petición, levantando a citada acta de non inicio ou comunicando por escrito á organización profesional que non é necesario, segundo proceda. No caso de non solicitar a dita acta, a medida non será subvencionable.
A realización da certificación de non inicio en ningún caso implica dereito nin mérito para a concesión da axuda.
As OPP/AOP deberán solicitar a acta de fin de obra antes da finalización do ano en que se executa o plan.
A realización do investimento xustificarase mediante a oportuna acta de fin de obra mediante certificación dos servizos da Consellería do Mar antes da presentación do informe anual. A consellería poderá, en calquera momento, realizar as comprobacións que considere oportunas para verificar a efectiva e correcta realización dos investimentos.
Xunta de Galicia
Consellería do Mar
Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica
Subdirección Xeral de Valorización dos Produtos do Mar
Servizo de Mercados
Edificio San Caetano s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981546261
Fax: 981546288
Email: sxmar.cmrm@xunta.es
Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica
Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia (DOG nº 214 do 5 de novembro de 1999).
Corrección de erros.-Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia (DOG nº 218 do 11 de novembro de 1999).
Lei 3/2009, do 23 de xuño, pola que se modifica o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro (DOG nº 126 do 30 de xuño de 2009).
Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG nº 121 do 25 de xuño de 2007).
Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG nº 20 do 29 de xaneiro de 2009).
Corrección de erros.-Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG nº 61 do 30 de marzo de 2009).
Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG nº 30 do 15 de febreiro de 2016).
Orde do 6 de xullo de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras xerais e a convocatoria, para o ano 2018, para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, ás organizacións de produtores pesqueiros e asociacións de organizacións de produtores pesqueiros do sector dos produtos da pesca e da acuicultura no ámbito exclusivo da Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciadas co Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP) (DOG nº 141 do 24 de xullo de 2018).
Extracto da Orde do 6 de xullo de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras xerais e a convocatoria, para o ano 2018, para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, ás organizacións de produtores pesqueiros e de asociacións de organizacións de produtores pesqueiros do sector dos produtos da pesca e da acuicultura no ámbito exclusivo da Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciadas co Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP) (DOG nº 141 do24 de xullo de 2018).
Resolución do 10 de xaneiro de 2019, da Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, pola que se dá publicidade ás axudas concedidas ás organizacións de produtores pesqueiros correspondentes á convocatoria do exercicio 2018 (DOG nº 16 do 23 de xaneiro de 2019).
Real Decreto 277/2016, do 24 de xuño, polo que se regulan as organizacións profesionais no sector dos produtos da pesca e da acuicultura (BOE nº 164, do 8 de xullo de 2016).
Real Decreto 956/2017, do 3 de novembro, polo que se establece o marco regulador de axudas ás organizacións profesionais do sector da pesca e da acuicultura, cofinanciadas polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca, e as súas bases reguladoras de ámbito estatal, e polo que se modifican o Real Decreto 418/2015, do 29 de maio, polo que se regula a primeira venda de produtos pesqueiros, e o Real Decreto 277/2016, do 24 de xuño, polo que se regulan as organizacións profesionais no sector dos produtos da pesca e da acuicultura (BOE nº 268, do 4 de novembro de 2017).
Corrección de erros e erratas do Real Decreto 956/2017, do 3 de novembro, polo que se establece o marco regulador de axudas ás organizacións profesionais do sector da pesca e da acuicultura, cofinanciadas polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca, e as súas bases reguladoras de ámbito estatal, e polo que se modifican o Real Decreto 418/2015, do 29 de maio, polo que se regula a primeira venda de produtos pesqueiros, e o Real Decreto 277/2016, do 24 de xuño, polo que se regulan as organizacións profesionais no sector dos produtos da pesca e da acuicultura (BOE nº 24, do 27 de xaneiro de 2018).
Regulamento (UE) 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, polo que se establecen disposicións comúns relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo, ao Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural e ao Fondo Europeo Marítimo e da Pesca, e polo que se establecen disposicións xerais relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo, ao Fondo de Cohesión e ao Fondo Europeo Marítimo e da Pesca, e derrógase o Regulamento (CE) 1083/2006 do Consello.
Regulamento de execución (UE) 1418/2013 da Comisión, do 17 de decembro de 2013, relativo aos plans de produción e comercialización en virtude do Regulamento (UE) nº 1379/2013, do Parlamento Europeo e do Consello, polo que se establece a organización común de mercados no sector dos produtos da pesca e da acuicultura.
Regulamento (UE) 1379/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, de 11 de decembro de 2013 polo que se establece a organización común de mercados no sector dos produtos da pesca e da acuicultura, modifícanse os Regulamentos (CE) 1184/2006 e (CE) 1224/2009 do Consello e derrógase o Regulamento (CE) 104/2000 do Consello.
Regulamento (UE) nº 1380/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 11 de decembro, sobre Política Pesqueira Común, polo que se modifican os Regulamentos (CE) 1954/2003 e (CE) nº 1224/2009 do Consello, e derróganse os Regulamentos (CE) 2371/2002 e (CE) 639/2004 do Consello e a Decisión 2004/585/CE do Consello.
Recomendación da Comisión do 3 de marzo de 2014, relativa ao establecemento e aplicación dos plans de produción e comercialización en virtude do Regulamento (UE) non 1379/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, polo que se establece a organización común de mercados no sector dos produtos da pesca e da acuicultura.
Regulamento (UE) 508/2014, do Parlamento Europeo e do Consello, de 15 de maio de 2014 relativo ao Fondo Europeo Marítimo e da Pesca, e polo que se derrogan os Regulamentos (CE) 2328/2003, (CE) 861/2006, (CE) 1198/2006 e (CE) 791/2007 do Consello.
Prazo de presentación: PECHADO
25/07/2018 00:00 - 24/08/2018 23:59
Para esta convocatoria do ano 2018 o prazo de presentación das solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo remata o último día do mes.
-
Solicitude segundo o Anexo I.A, acompañada da seguinte documentación:
-
Formulario de gastos subvencionables por medida. Anexo II.A.
-
Relación de xustificantes. Anexo III.A.
-
Memoria resumo. Anexo IV.A.
-
-
Documentación complementaria
-
Declaración doutras axudas solicitadas (incluídos préstamos subvencionados), concedidas ou que se pretendan solicitar a calquera outra Administración pública, destinadas a subvencionar total ou parcialmente o proxecto para o cal se solicita a subvención. Esta declaración está incluída neste anexo na sección "a persoa representante declara". Deberá achegarse a resolución da axuda no caso de axudas doutras administracións distintas da Xunta de Galicia, de ser o caso.
-
-
Cando o importe do gasto unitario supere a contía de 40.000 euros, no caso de execución de obras ou de 15.000 euros, no caso de subministración de bens ou prestacións de servizos, o/a beneficiario/a deberá achegar, como mínimo, tres ofertas de diferentes provedores/as. A elección entre as ofertas presentadas realizarase de conformidade con criterios de eficiencia e economía e deberá xustificarse expresamente nunha memoria a elección cando non recaia na proposta económica máis vantaxosa. Exceptúase a presentación das tres ofertas no caso de tratarse de plans de produción e comercialización correspondente ao ano 2017.
-
Poder suficiente da persoa representante no caso de que tal poder non figure nos estatutos.
-
Copia da escritura de constitución e estatutos da sociedade, así como as modificacións ulteriores debidamente inscritas no rexistro correspondente.
-
Certificado actualizado da declaración censual de alta en obrigas tributarias.
-
Documentación complementaria de xustificación.
-
Xustificantes dos investimentos efectuados que consistirán, de forma xeral, nas facturas e demais xustificantes de gasto de valor probatorio equivalente, contratos (de obra ou servizos) e nóminas, detalladas ao máximo posible.
-
Xustificantes das transferencias bancarias correspondentes aos pagamentos efectuados.
-
Documento coa descrición de funcións desenvolvidas do posto de traballo e relacionadas coas tarefas que se desenvolverán nas medidas que se inclúan nos plans de produción e comercialización.
-
Rexistro horario en que se inclúa o número de horas dedicadas á medida polo persoal que corresponda.
-
Xustificante do pagamento das correspondentes cargas sociais e retencións fiscais. Para iso, comprobaranse os documentos RNT (relación nominal de traballadores), RLC (recibo de liquidación de cotizacións) e o modelo 111 (retencións e ingresos á conta do IRPF).
-
Xustificante do pagamento das nóminas.
-
-
Comprobación de datos.
Os documentos relacionados serán obxecto de consulta ás administracións públicas.
-
NIF da organización profesional solicitante.
-
DNI/NIE da persoa representante.
-
Resolución da axuda concedida para subvencionar total ou parcialmente o mesmo proxecto solicitado no caso de axudas concedidas pola Xunta.de Galicia.
-
Informe acreditativo de non ter pendente de pagamento ningunha obriga por reintegro de subvencións emitido pola Axencia Tributaria de.Galicia (Atriga).
-
Informe acreditativo de non ter sanción firme pendente de pagamento por infracción da normativa marítimo-pesqueira emitido pola unidade.de sancións e reclamacións da Xefatura Territorial da Consellería do Mar
-
Informe acreditativo de non estar en concurso de acredores -artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia- obtido a través.do Rexistro Público Concursal do Ministerio de Xustiza.
-
Informe acreditativo de non ter cometido infracción grave da política pesqueira común, do Regulamento (UE) nº 1005/2008, do Consello, polo.que se establece un sistema contra a pesca ilegal, non declarada e non regulamentada, e do Regulamento (UE) nº 1224/2009 do Consello, polo.que se establece un réxime comunitario de control emitido polo Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente.
-
Informe acreditativo de non ter sido declarada culpable de cometer fraude, no marco do FEP ou FEMP, obtido a través da base de datos do.Ministerio de Xustiza e do sistema nacional de publicación de subvencións do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas.
-
Informe acreditativo de non estar nin ter estado nos últimos 24 meses involucrada na explotación, xestión ou propiedade dos buques incluídos na lista comunitaria dos buques INDNR obtido a través da base de datos do Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente.
-
Informe acreditativo de non ter cometido ningún dos delitos establecidos nos artigos 3 e 4 da Directiva 2008/99/CE, obtido a través da base de datos do Ministerio de Xustiza e do sistema nacional de publicación de subvencións do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas.
-
Certificación de estar ao día nas obrigas tributarias coa Axencia Estatal de Administración Tributaria (AEAT).
-
Certificación de estar ao día no pagamento coa Tesouraría Xeral da Seguridade Social.
-
Certificación de estar ao día no pagamento coa Axencia Tributaria de Galicia (Atriga).
-
A presentación das solicitudes realizarase por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexos I.A), dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).
Se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requirirase para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
-
Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar durante a tramitación deste procedemento deberán ser realizados electronicamente accedendo á Carpeta do cidadán da persoa interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
A través da carpeta do cidadán dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, os interesados poderán relacionarse electronicamente coa Administración competente e realizar os trámites necesarios para a tramitación do procedemento, consultar o estado de tramitación e coñecer os actos de trámite realizados con indicación do seu contido, así como da data en que foron ditados.
-
Os citados documentos deberán demostrar con claridade que os gastos foron destinados á preparación e/ou execución das medidas dos plans de produción e comercialización, segundo o disposto no anexo Determinación de gastos subvencionables nas axudas aos PPEC.
-
A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.
Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requirirase para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.
-
Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberanse indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se se dispón del.
-
No caso de que algún dos documentos que se vaia presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a súa representación de forma presencial dentro dos prazos previstos. Para iso, e xunto co documento que se presenta, a persoa interesada deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro. Na sede electrónica da Xunta de Galicia publicarase a relación de formatos, protocolos e tamaño máximo admitido da documentación complementaria para cada procedemento.
- Fase de Solicitude
- Relación de xustificantes (Anexo III.A)
Máis información
Localice o procedemento ou servizo na guía de procedementos e servizos, consulte a información do trámite e revise a documentación obrigatoria para presentar a solicitude que figura na pestana "Presentación" no apartado "Documentación para a presentación".
No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles modelos en formato PDF para aqueles documentos para os que se precisan. Se os necesita:
- Primeiro descargue no seu equipo os modelos PDF (asegúrese de que están descargados, non abertos no navegador).
- A continuación cubra os modelos. Se algunha táboa ten filas e non son suficientes pode engadilas nese documento descargado.
- Por último garde ou imprima en versión PDF un arquivo electrónico de cada modelo cuberto.
- Asine o documento, se así se require.
- Para finalizar anexe o modelo ou modelos en PDF na súa presentación.
No caso de que o procedemento non figure na guía, poderá empregar a solicitude xenérica.
Prema en "Tramitar en liña" para iniciar o trámite electrónico.
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Agora xa está dentro do seu espazo persoal "A miña sede".
Cubra o formulario e lembre que pode gardalo para recuperalo máis adiante desde o apartado "Os meus borradores" de "A miña sede".
Cando o teña cuberto, prema en "Continuar".
Anexe a documentación que queira presentar xunto co formulario. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Pode consultar como enviar ficheiros que non teñen o tamaño ou o formato aceptados por esta sede.
Asine o formulario e a documentación que quere entregar.
Pode facelo cun certificado electrónico empregando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá no seu móbil.
Descargue o xustificante da presentación.
Poderá tamén acceder a este documento desde o apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede".
Consulte como proceder cos documentos de gran tamaño e en distintos formatos
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Lembre que este servizo soamente estará disponible desde o espazo "A miña sede" da sede electrónica e naqueles procedementos que teñan habilitados trámites electrónicos posteriores á solicitude cando así o estableza a súa norma reguladora.
Prepare os arquivos electrónicos necesarios e comprobe que utiliza formatos compatibles coa sede: .bmp, .ce3, .cex, .csv, .cte, .dbf, .doc, .docx, .dwg, .dxfn, .gpx, .hexhash, .inp, .jpg, .kml, .kmz, .ods, .odt, .pd2, .pdf, .pdl, .png, .prj, .shp, .shx, .tgd, .tiff, .txt, .xls, .xlsx, .xml, .xsig, .mp4, .avi, .mov e .wmv
O tamaño máximo do conxunto de documentos achegados a unha presentación en esta sede é de 100 MB, e non se admiten arquivos comprimidos.
Comprobe o tamaño total do conxunto de documentos que precisa achegar:
- Se é inferior a 100 MB pode achegar todos os documentos á solicitude
- Se é superior a 100 MB separe os arquivos de máis de 100 MB, agrupe o resto en subconxuntos de documentos que non superen os 100 MB e proceda segundo os seguintes pasos
- Presente a solicitude achegando un subconxunto de documentos de menos de 100 MB.
- Repita o trámite de achega de documentación separada da solicitude para cada un dos subconxuntos restantes de documentos, seguindo estes pasos:
- Unha vez finalizada a presentación acceda ao apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede", seleccione o expediente da solicitude que acaba de realizar, pulse na opción "Accións" e seleccione "Achega de documentación separada da solicitude".
- Cubra o formulario e pulse en "continuar"
- Achegue o seguinte subconxunto de documentos
- Asine e complete a achega de documentación separada
- Repita este proceso para cada subconxunto de documentos de menos de 100 MB
Se algún arquivo supera individualmente os 100 MB:
- Proceda segundo se explica nos pasos anteriores para o resto de arquivos
- Descargue no seu equipo o modelo xenérico para a achega de documentación separada
- Cubra o modelo, indicando o expediente ou número de rexistro de entrada da solicitude electrónica realizada e a unidade responsable do procedemento
- Imprima o modelo e presénteo de forma presencial, xunto coa documentación en formato físico -CD, DVD, USB-, en calquera das oficinas de rexistro
Prazo de resolución: Tres meses
Sentido do silencio: Negativo
Máis información
Consulte como responder a unha emenda de documentación
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos. Na pestana "Presentación", no apartado "Documentación para a presentación" figura o listado de documentos requiridos para a presentación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos. Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede". Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365. Busque o expediente relacionado co requirimento e seleccione no menú "Acción" da dereita a opción "Emenda ao requirimento".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Emenda ao requirimento" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a emenda utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario indicando os datos ou documentos achegados para a emenda.
Anexe os documentos que queira presentar. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a emenda.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da emenda.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Coñeza como achegar documentación xustificativa a un expediente en curso
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Na pestana "Despois da presentación", no apartado "Xustificación" figura o listado de documentos requiridos para a xustificación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos.
Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede".
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Busque o expediente para o que precisa achegar documentación xustificativa. No menú "Acción" que aparece á dereita seleccione a opción "Achega de documentación xustificativa".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Achega de documentación xustificativa" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a xustificación utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario.
Indique os documentos que achega para a xustificación.
Anexe os documentos que queira presentar para a xustificación. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a xustificación.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da xustificación.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Todos os seus expedientes, presentacións e borradores en "A miña sede"
Para xestionar os seus expedientes o primeiro que debe facer é acceder o seu espazo persoal premendo en "A miña sede" e, a continuación, identificarse empregando calquera dos certificados admitidos nesta sede ou Chave365.
Poderá ver na súa bandexa de entrada os seus últimos expedientes, presentacións e borradores.
Verá en pantalla información detallada de cada expediente ou presentación (número de expediente/rexistro, código e nome do procedemento etc.).
Se desexa ver todos os seus expedientes e presentacións, prema no botón "Ver todos/Buscar".
Ao acceder á pantalla de busca, pode buscar expedientes ou borradores por distintos criterios ou localizalos directamente se coñece o código de acceso.
Poderá realizar accións concretas sobre un expediente (achegar documentación adicional, mellorar unha solicitude, modificar os seus datos de notificación etc.) desde:
- A bandexa de entrada dos seus últimos expedientes, presentacións e borradores, premendo o botón "Acción" da columna "Que podo facer?"
- O detalle do expediente electrónico, premendo directamente nas accións dispoñibles da columna "Que podo facer?"
Outras convocatorias ou publicacións
Procedementos e servizos relacionados
Axudas destinadas a servizos de asesoramento para fomentar a pesca sostible
Axudas autonómicas para proxectos ao abeiro das Estratexias de Desenvolvemento Local Participativas.